CAPELANÍA DE SAN BARTOLOMEU DE CANEIROS NAS CORTES - PARADELA ( 595 )
A CAPELANÍA DE SAN BARTOLOMÉU DE CANEIRO ( 595 )
SAN SALVADOR DAS CORTES.CONCELLO DE PARADELA
PORTO CANEIRO
Na parroquia de San Salvador das Cortes, non lonxe do Camiño de Portomarín a Lemos, na beira dereita do río Loio, antes de chegar ao Bao e Porto do Poio, foi fundada unha Capela cunha casiña anexa para o foreiro , e ese conxunto viña a ser un elemento de seguridade para os camiñantes que dende Santa María de Loio ou dende As Cortes baixaban a Costa cara o río e seguían o camiño pola súpeta e longa Costa que subía cara San Vicenzo de Paradela e Castro do Rei de Lemos.
( 1910 )
FAGO SABER : Que debendo procederse , con suxeición á lexislación conocordante á conmutación dos bens dotáis das capelanías colativas, de padroado familiarne advocación de SAN BARTOLOMÉU , fundada na ermida do lugar de CANEIROS, freguesía de San Vicenzo de Paradela ( ¿ ) , polo doutor don Bartoloméu López , cura que foi de San Miguel de Paradela, por escritura pública que o mesmo outorgóu na vila de Portomarín , a fe de Pedro Núñez de Baamonde , en dazasete de febreiro de mil seiscentos sesenta e seis , coa fin de levala a efecto, polo presente cítase, chámase e emprázase a cantos se crean con dereito a conmutar os bens pertencentes á dita Capelanía, para que dentro de trinta días , contados desde a publicación deste Edito no Boletín Oficial do Bispado e no da provincia de Lugo . comparezan nesta Delegación a xustificalo en forma, con apercibimento de que se non o verfican no expresado termo, procederase á conmutación cos suxeición á lei, parándolles os perxuizos conseguintes.
Lugo, 23 de agosto de 1910
Dr. Xosé Díaz Andión
( 1915 )
MEMORIAL DOS BENS E RENDAS DA CAPELANÍA DE SAN BARTOLOMÉU DE CANEIROS , SEGUNDO RESULTA DA FUNDACIÓN. DOS DATOS QUE OBRAN NA ADMINISTRACIÓN XERAL DE CAPELANÍAS E DOS ÚLTIMAMENTE ADQUIRIDOS POLA MESMA.
1ª Partida.- A GRANXA DA CAL DA CASIÑA.- Linda a Norte con viña dos herdeiros de Pedro López Rodríguez, de Celmán ; Sur, río Loio ; Leste, souto de Francisco López, do pobo dos Moimentos e herdeiros de Xosé Armesto de Celmán. ; Oeste, camiño público e souto dos herdeiros de Domingos Boado, de Castrelo. Levadores actuáis, XOSÉ ARIAS a súa esposa CONCEPCIÓN e a nai desta MANUELA LÓPEZ. O seu valor ............................................................................................. 650 pesetas
2ª Partida.- A CHOUSA E PRADO DE PENA DE LOBO ( hoxe souto de castiros e monte ) , Linda a Norte con fincas de Domingos López, de Suar , herdeiros de Brais González e outros ; Sur, con fincas de Francisco López; Leste, con fincas de Domingos González , Xosé Pérez e os herdeiros de Bieito García ; , Oeste, con fincas de Manuel Castro. Levadores actuáis: BIEITO GARCÍA e o seu fillo XOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ GARCÍA, de Outeiro de Santa Cristiña .O seu valor........................... 300 pesetas
3ª Partida.- VACELO.- ( hoxe a monte e labradío ) Linda , Norte ,con souto de Bieito García, de Outeiro ; Sur, co río Loio ; Leste, con fincas de Pedro López , da Tellada e camiño publico que vai ao Porto do Poio ; e Oeste, con viña de Xoán López, de Moutrás. O seu valor.............................................. 20 pesetas.
4ª Partida.- SOUTO DA HORTA DO BAO. A castiros ( antigamente 70 pés de castiñeiros ). Linda Nort, río Loio ; Sur e Oeste, con fincas dos herdeiros de Xosé Armesto, de Celmán : Leste con fincas de Francisco López, da Tellada. O seu valor ...................................................................................... 15 pesetas
5ª Partida .- HORTA DO BAO.- A prado. Linda, Norte con souto da Parrocha; Sur, río Loio; Leste, con monte e castiros de Xosé López Pérez, da Parrocha; e Oeste, con fincas de Xoán López, de Moutrás. Levadores destas últimas fincas os mesmo sa GRANXA. O seu valor.........................................25 pesetas.
6ª Partida.- TRES FANEGAS DE PAN DE RENDA, pagador antigo Antonio de Randulfe, actual Pedro López Yáñez, do citado pobo, parroquia de San Miguel de Paradela. O seu valor................ 100 pesetas.
7ª Partida.- SEIS FERRADOS DE PAN E UN DUCADO, ou sexa dúas pesetas e setenta e cinco céntimos; pagador antigo Domingos Fernández de Millarados; actual, Manuel López Rodríguez . do mesmo pobo, parroquia de San Miguel de Paradalea. O seu valor..........................................100 pesetas.
8ª Partida.- TRES CANADOS E MEDIO DE VIÑO, que pagaban Bartolomé e Domingos do Cereixal, hoxe os herdeiros de Antonio Rivera, do dito Cereixal. O seu valor......................................... 125 pesetas.
9ª Partida.- TRES FANEGAS DE PAN E CATRO CAPÓNS que se pagaban na casa de Martiño da Nogueira de Barán . Desta só se cobran dous ferrados e é pagador Antonio López Gómez , da veciñanza indicada. O seu valor.......................................................................................................................75 pesetas.
10ª Partida.- UNHA FANEGA DE PAN DE RENDA que pagaba Antonio de Vilar de Aldixe e SEIS FERRADOS na casa de Antonio de Vilar de Abaixo . Hoxe son pagadores das ditas rendas Xesús Arias Pérez e a súa nai Antonia de Vilar de Aldixe , parroquia de San María de Vilaragunte. O seu valor...............................................................................................................................................100 pesetas.
11 ª Partida.- CATRO FANEGAS DE CENTEO que pagaban Alberte e Francisco de Guián - Destas só se pagan seis ferrados e son pagadores Xosé López e esposa. O seu valor.................................. 75 pesetas.
12 ª Partida.- DÚAS FANEGAS DE PAN DE RENDA, que pagaba Antonio Sánchez , veciño de Vilaragunte : hoxe só se pagan seis ferrados e é pagador Xosé López Sánchez, da parroquia de Vilaraguntee,. O seu valor........................................................................................................... 90 pesetas.
13ª Partida.- TRES FANEGAS DE PAN DE RENDA na casa dos herdeiros de Martiño da Torre , hoxe pagador , Pedro Pérez Arias de Vilaragunte. O seu valor.............................................................25 pesetas.
14ª Partida.- TRES FANEGAS DE PAN DE RENDA E TRES CAPÓNS que paga Antonio Rodríguez de Vilaragunte, polo lugar no que vive. O seu valor...........................................................................50 pesetas
15 ª Partida.- DOUS FERRADOS DE PAN DE RENDA, que Amaro de Guián, veciño de San Xoán de Friolfe , paga polo lugar e casa na que vive. O seu valor............................................................50 pesetas.
16 ª Partida.- SETE FERRADOS DE PAN DE RENDA, que paga Domingos de Amieira , de San Xulián de Vilacaíz, polo lugar no que vive e outros CINCO que paga PEDRO LÓPEZ Carreño por UN MUIÑO. O seu valor.......................................................................................................................50 pesetas.
17ª Partida.- SETE FANEGAS DE PAN DE RENDA, que se cobran na casa de Xoán de Martiño, veciño do lugar de Celmán , na parroquia de San Lourenzo de Suar , FANEGA E MEDIA DE PAN na de Amaro de Vilar de Abaixo e DÚAS TEGAS E MEDIA DE PAN na de Amaro Quiroga, O seu valor...............400 pesetas-
Total............................................................................. 2.200 pesetas.
Ascende o valor dos bens e rendas relacionados á suma de dúas mil duascentas pesetas, advertíndose que a maioría das partidaas levan un prezo notablemente baixo en atención á inseguridade das mesmas , pois hai que contar con que varias delas son certamente fallidas ; maís como non se recoñecen sen previo litixio , procurouse buscar a compensación fixando a todas elas un prezo módico .
Lugo, 31 de xullo de 195.- Entre liñas "bens". Valla/.
Asinado: Xosé Díaz
PROVIDENZA
O testemuño da fundación e das sentenzas de adxudicación da Capelanía de Caneiros nas súas dúas derradeiras provisións , así como o Memorial dos seus bens e rendas , xúntese ao expediente respectivo , e practíquese a oportuna liquidación a teor dos dados que os ditos documentos ofrecen e dos demáis que existen na Delegación .
Acordouno e asina o Sr. Delegado Xeral , en Lugo a dous de agosto de mil novecentos quince , do que dou fe.
Asinado: Doutor Xosé Díaz Andión
Á marxe.- Selo en tinta azul.- Arquivo Diocesán . Bispado de Lugo.
Como Arquiveiro Diocesán, Certifico que é copia fiel do escrito que se garda no Arquivo Diocesán , Fondo Capelanías, de Paradela, Mazo 1.
Para que conste, asínoo e séloo en Lugo a sete de outubro de 1986
Asinado: Xosé Lebón.
........................................................................................
Os bens da Capelanía de San Bartoloméu despóis de seren subhastados foron adxudicados a particulares.
A Casiña da Granxa foi ocupada clandestinamente por unha parella de forasteiros que foron desaloxados, e ao abandoala puxéronlle lume, quedando dende entón a pardiñeiro .
Na actualidade o camiño que dende o Porto vai cara Santa María de Loio forma parte do Roteiro que dende a Ruxidoira, - en Paradela -, pasando polo Muiño da Retorta alcanza a parroquia de San Xoán de Loio.
Comentarios
Publicar un comentario