RIO CELEIRO. SÁRRIA: O RIO SEN ALMA ( 837 )

        RÌO CELEIRO , SÁRRIA :  O RÍO SEN ALTA ( 837 )

O rio Celeiro ( o medieval rio Barbadelo )   recibiu unha navallada de morte nos anos que van de 1943  a 1957  nos que estivo  en funcionamento a factoría  das Feculeras Españolas instalada   no Barrio da Estación de Sárria.  A inexistenza de calquera xeito de elementos depuradores dos restos de patacas usadas na indusria, que eran vertidos direitamente ao río, fixo que a concentración  de materia orgánicas matase primeiramente a fauna e  vexetación    fluviais   e  fixese medrar  un cheirento entullo  especialmente molesto no tempo de verán.

No Libro Programa das Festas do San Xoán de Sárria do ano 1953  aparece reflectida a alarma social diante  desa situación  constituindo o primeiro  texto " ecoloxico" nun tempo no que nin as autoridades locais, nin as provinciais nin as esttatais  asumiron as responsabilidades que lles correspondían e pecharon os ollos diante dos vertidos " a cachón" que emporcaron  o río .

Ë de xustiza  poñer diante dos ollos das novas xerazóns as palabras  de Narciso Campillo, palabras valentes , ás que as autoridades  non fixeron aprezo e foi así  como  nas  décadas seguintes  tiveron a mesma actidude de permisividade   fronte ás emisións  envenedalras das augas e da atmòsfera das factorias   cementeira do Oural  e  da  de Magnesitas de Vila de Mouros, e  das producidas polas granxas avícolas  toleradas nas instalacións da desparecida Feculeira e  na finca de Vera , na rúa Pedro Saco, bendecidas e toleradas polo Concello, nugallán e  temerario,  que con total desprezo cara a veciñanza  permitiu  no interior da vila   semellante atentado á súa salubridade,

 Reciba  Narciso Campillo a nosa  homenaxe por ser o primeiro autor ecólogo   defensos  da pureza das augas  do que fora queido río da súa nenez.         

 Eis , versionado en galego,  o meritorio traballo daquel xornalista  amigo da Sárria da súa infancia.

                                                       O RÍO SEN ALMA

                                                                                              NARCISO CAMPILLO

                                                                                              Direitor  de El Ideal Gallego

Despois de 40 anos  voltei a Sárria.  Na miña imaxinación  de súpeto  reviviron as lembranzas  lonxanas da miña primeira nenez . Paseei polas súas rúas ; percorrín as corgas  e voltei a andar  polos camiños que van  ás súas aldeas e parroquias . E aquelas lembranzas  que na lonxanía  dos 8 aos 10 anos , esmorecían  e desdebuxaban velados pola distancia  e o tempo , de sutaque  cobrou actualidade  e presentñaronse, outravolta ,   pertectamente deliñados , coa claridade  da presenza.

As lembranzas  de hai 40 anos , púxenas parellas , coas impresións  do presente.  Ao punto, prodecateime  do forte crecemento  da vila, porque , ao compás  dos signos externos  da civilizaciòn moderna , Sárria incrementou os seus habitantes , a súa urbanizaciòn , a súa industria ,  o seu comerzo ,  os seus medios de transporte.  Nunha palabra , convertiuse  nunha grande cidade , con alma e fisonomía propias. 

Porén as  nostalxias teñen  a súa parte   de sombra,  sen reverso  ou  o seu lado triste.  Un dos recordos  máis intensos ou gratos  dos días  aqueles   da miña nenez  é  das incomparables Insuas.

Ir ás Insuas , para min daquela, era o máis grande ilusión  do día , porque era o lugar  preferido  no meu contino  folgar  vrancego.  Na súa incomparable  e fresca umbría  da carballeira  relaxábanse  os músculos cansos de  garulear polas corgas. As mil trasnadas de raparigo desocupado  nas vacacións  tiñan digno remate e colofón . no seu pintoresco   riacho  Celeiro, que circunda As Insuas.

Pois ben, As Insuas e o río  desapareceron . A civilización moderna , baixo do signo da máquina , do movemento e da velocidade, acabaron coa poesía , que ngaiolaba os nosos soños de  neno. 

O bosque desapareceu. No seu lugar hai  un magnífico campo de deportes.  E notade que digo bosque, sabendo ben o que digo , non percurando  a hipérbole, equivalente ao  " ¡  viva Cartagena ! ª . As Insuas  irán unidas, no recoedo, coa idea de bosque, porque ninguén houbo que fose quen de se  convencer entón  , daquelo tan fermoso , non fose un auténtico bosque.

Tamén o río Celerio desapareceu . Unha fábrica de fécula  acabou con el. É posible que o trazado dos seus cauces e dos seus meandros  sexa o mesmo; case seguro, que tamén sexan as mesmas as árbores  que enmarcan as súa ribeira; mais o río  que me amosaba o meu acompañante non tiña alma,  E o río da miña nenez tiña unha alma moi bela, cunhas irisacións, tan harmoniosas, cuns cambiantes de luz, tan suxestivos , cunha tersura  na supeficie tan suave  e maxestuosa , que  convidaba a  escrutar  as súas interioridades,

Aquel río que eu estaba a ollar , estaba morto. Cheiraba a botica  e a cadáver.Nun esforzo da miña imaxinación olfativa  relembrei  arrecendos  daquel río da miña nenez  embriagueime  cos  moi mainos  perfumes da terra meiga de Galicia . ¡ Que a iso arrecendía o río das Insuas cando eu era neno !.

Cando o meu acompañante me sacou das miñas cavilacións- " ¿ Por que o home. cando dí  que crea riqueza, ten que destruir  a obra admirable de Deus ? ". ¡ Co doado que sería extraer  da natureza a utilidade. deixando intacto o que ten de beleza e de poesía !. Abondaría sinxelamente cumprir coa lei, que preceptúa sabiamente que, cando unha industria usa das augas dos ríos, está obrigada a deixalo no mesmo estado de pureza e salubridade no que os tomou".

Se os homes cumprisemos   as leis, o triste río Cñleiro que hoxe non ten alma voltaría a ser o poético  río dos meus lonxanos recordos de neno.

                                                    ............................................................. 

NARCISO CAMPILLO  CORREA 

Comentarios

Publicacións populares