TERRA DE SÁRRIA : DOCUMENTOS MEDIEVAIS ( 838 )

 TERRA DE SÁRRIA:  DOCUMENTOS MEDIEVAIS 

                                                                                         MARÍA JOSÉ PORTELA SILVA 

Na obra  DOCUMENTOS  DA CATEDRAL DE LUGO, SÉCULO XIV ,  da que é autora  MARÍA JOSÉ PORTELA SILVA   figuran  varios deles referidos  a parroquias e lugares  da Terra de Sárria  que na actualidade  forman parte dos sete concellos  da " Comarca de Sárria"   .

Para que  as  persoas residentes neses concellos tomen coñecemento da riqueza do seu patrimonio cukltural, e do mellor monumento alzado polos nosos devanceiros, A LINGUA GALEGA, resulta de interese  facer unha escolma   de maneira  que  ao coñecelos  sintamos o orgullo de sermos unha comunidade cun pasado  merecente  de  ser  estudado   e posto diante dos ollos das xerazóns  actuais.

............................................................................................................................................................. 

1347 .  outubro , 18 . Lugo. 

O Cabido da Catedral de Lugo afóralle a Eynes Lopes de San Xoán de Pena  diversos bens en San Martiño do Río, San Pedro de Seteventos e San Pedro de Seteventos en renda de quince maravedís  e coa obriga de facer  unha casa e mantela  feita en bon estado, no caso de non habela. 

( Documento gardado no Arquivo  Histórico Nacional , Madrid. Cod 416 B. folio  55  )

Sabeam quantos esta  carta  virem commo nos, o cabidoo da iglesia  de Lugo  co outorgamento  dos coengos  de aniversario desta iglesia avervamos  a vos Eynes Lopes, filla de Lopo Diaz de Sanyoane da Penna por en todos vossos dias et a huna  pessoa apus vossa morte qual vos para esto nomeardes  todo quanto herdamento  os ditos aniversarios da dita iglesia de Lugo han en Río  et en Sam Martino et en Toldaos  et en Guymir con todas suas dereyturas  et pertenças , casas, arvores et formaes, a montes et a fontes, per u quer que vaam, sub signos  de San Martino de Río et de San Pero de Seteventos . et de San Viçenço  de Toldaos , o qual herdamento teveron afforado da dita iglesia de Lugo Marina Perez de Río et seu fillo  Lopo Garçia et a sua neta Maria Lopes, que ora finou , a a tal pleito et vervo que vos  et a pessoa  sobredita lavredes  ben o dito herdamento , et  se y  esta cassa ou cassas algunas feitas que as mantenades en boo estado, senon que façades y huna cassa et a mantenades  feita en boo estado, et dedes cada anno a aquel que tever  os aniversarios  da dita  iglesia  quinse moravedis d ' oyto soldos o moravedi  da moneda  del rey don  Affonso que ora corre en salvo en  Lugo  por día de San Briço  et a morte d ' aquela pessoa  que foi nomeada no dito vervo  o dito herdamento  fique livre  et quito  a a iglesia de Lugo , et  a dita cassa feita con todos los boos paramentos  que y foren feitos.

Sayoane de Penna   Río   San Martino  Toldaos  Guymir  San Martino de Río  San Pero de Seteventos  San Viçenco de Toldaos  Deçon 

Eynes  Lopes  Lopo Diaz   Marina Perez de Río  Lopo Garcia  Maria Lopes  Don Affonso Alvar Diaz Fernando  Garçia 

 

 

Comentarios

Publicacións populares