Escola de Primeiras Letras de Sárria

 ( 21 de xaneiro de 1820 )

"Congregados na sala de Axuntamento os señores dos que se compuxo o de vinte, coferenciando sobor das atribucións que estaban ao seu cargo e tendo en conta a notable falla dunha Escola de primeiras letras nesta Vila e na súa contorna, en consecuencia das Ordes que lles estaban comunicadas acordaron que mentres o sabio goberno non decretase outra cousa, se establecese a dita Escola nas Aulas onde se ensinaba  Gramática, coa asinación de 2.750 reais de vellón ao ano, satisfeitos en tres terzos  iguais, ao mestre e a este habíalle de contribuir o Administrador dos Hospitais  de Santo Antón e San Lázaro , desta vila , das rendas e máis afectas que quedaron fora da enaxenación, e mediante estas, por Orde superior  despois de posta Escola, se agregaron  ao creto público , non deu isto para satisfacer ao Mestre , que  foi elixido  e titulado coa aprobación de todos pola súa probidade, suficiencia e conduta , que foi MANUEL VÁZQUEZ, veciño da freguesía de  San Salvador de Vilar de Sárria, por acta de 6 de outubro do ano de 820, quen o acetou, e deu comezo  en 7 do mes novembro e ano deferido, desempeñando o seu encargo a satisfación de todos, ata vencer dous terzos, e vendo que non se daban trazas  de lle pagar, e  ao non pode subsistir sen estes medios pola contina asistenza, manténdose de conta da súa bulsa, viuse precisado a suspender ,  a pesares das varias reclamacións, que fixo aos ditos Concellos, con esposición de todos...."
( Escrito dos vecinos de Sárria dirixido ao Concello Constitucional da Vila de Sárria , Cabeza de Partido , no 21 de xaneiro de 1822)
                                  **************
" E  para que no sucesivo non sexa ignorado o día no que se deu comezo a poñer escola este ano, en virtude do mandado polo Señor Xefe Político, acordouse estampalo como se estampa aquí para eterna memoria :..................DON MANUEL VÁZQUEZ principiou a poñer Escola de Primeiras Letras na vila de Sárria ,  aos nenos que quixeron concorrer, así da vila como de fora dela, en 22 de abril de 1822.

( Concello de Sárria. Acta do Consistorio  de 30 de abril  de 1822 )

                          ****************

Comentarios

Publicacións populares