Hospital Vello de Sárria
HOSPITAIS NO CAMIÑO DE SANTIAGO
HOSPITAL DA FONFRÍA ( TRIACASTELA )
HOSPITAL DE TRIACASTELA
HOSPITAL DE SAMOS
Dotado con casa e rendas polo Mosteiro de Samos, e ubicado na vila samonense en edificio arredado da institución monacal.
HOSPITAL DE GUERRA DE SAMOS
Instalado con ocasión da Guerra da Indepencia no Mosteiro de Samos, para atender aos feridos na loita cos franceses.
HOSPITAL DE MONTÁN
( SAN MIGUEL DA COSTA/ SANTA MARÍA DA COSTA)
Na ctual parroquia de Santa María de Montán , Concello de Samos.
HOSPITAL DA AGUIADA
No lugar da Aguiada , parroquia de Santo Estevo de Calvor, dependente no civil de Samos ata 1840.
HOSPITAL DE SAN COSME DO CARBALLAL
Na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria. Documentado no século XIII na coroa do Castro do Carballal onde perdurou ata o século XIX a ermida de San Cosme ou San Cosmede, con afamada romaxe.
O HOSPITAL VELLO DE SÁRRIA
( 21.12.1580 )
Antonio Díaz de Guitián no seu testamento sinala ás reparacións que se deben facer no edificio do Hospital.
Este edificio, hoxe con fachada emodernista dos anos 1930, conserva a traza dos dous corpos,
Na parroquia de San Pedro de Maside, en espazo incorporado á vila de Sárria en 1891.
OBRA PÍA DOS HOSPITAIS DE SANTO ANTÓN E SAN LÁZARO
Formada a partir de 1700 pola agrupación de fondos e rendas dos hospitais de Santo Antón Abade e San Lázaro. Xestionaba o edificio do Hospital de Santo Antón Abade de Sárria e a capela de San Lázaro ( de Masaide ), xa que o casarón do antigo hospital de gafos ( leprosos ) xa ficara abandoado nas décadas finais do século XVII.
HOSPITAL DA MALATA DE SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA
Só quedan referenzas toponímicas en varias fincas ( Leiras da Malata ) , perto do lugar de Santo Alberte. A este hospital debeu estar vencellada a ermida de Santo Alberte, mandada derrubar en visita do bispo lucense por estar "indecente", que se achaba no Souto de Santo Alberte.
HOSPITAL DE BARBADELO
Na parroquia de Snatiago de Barbadelo.
HOSPITALIÑO DE BARBADELO
Na parroquia de Satiago de Barbadelo. Está no anexo alzado no século XVIII para sancristía e "hospitaliño". Ten entrada dende o adro-cemiterio.
HOSPITAL DE SANTA MARTA
Na parroquia de Santa María de Ortoá., no lugar de Santa Marta do Camiño Francés.
HOSPITAL DE MORGADE
No lugar de Morgade, parroquia de San Salvador da Pinza, que foi dependente da Encomenda de Portomarín, do Orde de San Xoán , incorporado ao Concello de Sárria en 1840.
HOSPITAL DE MIRALLOS
No lugar de Mirallos, parroquia de Santa María de Ferreiros, que foi dependente da Encomenda de Portomarín, do Orde de San Xoán ( Orde de Malta ), icorporado ao Concello de Paradeea en 1840.
************************************************************************************
CAMIÑO DE LEMOS A ASTURIAS
HOSPITAL DE SAN MAURO DE LOUSEIRO
Na parroquia de San Martiño de Louseiro ( Sárria)
HOSPITAL MUNICIPAL DA NOSA SEÑORA DO CARME
( O MAZADOIRO )
Na parroquia de San Martiño de Requeixo

CAMIÑO FRANCÉS DE LUGO A LEMOS
HOSPITAL DE GOIÁN ( SÁRRIA )
Na parroquia de San Miguel de Goián, lugar de O Hospital, que estaba baixo a protección dos señores territoriais do Couto de Goián ( Pallares e outos ).
HOSPITAL DE TREBOLLE ( O PÁRAMO )
Na parroquia de San Martiño da Torre. Estivo baixo o patrocinio dos señores da Casa da Barreira e outros.
***********************************************************************************
CAMIÑO DE QUIROGA
HOSPITAL DE SAN FIZ DO HOSPITAL DO INCIO
Na parroquia de San Fiz do Hospital, na Encomenda do Incio e A Broza, do Orde de San Xoán ( Orde de Malta).

Documentación
(21.09.1908 ).- Orzamento Extraodinario de Beneficncia Hospital
Capítulo 1º.- Ingresos propios do establecemento
Art. 1.- Inscrición intransferible, pts..................................1.200
Capº 2,- Subvencións
Art. 1.- Da Deputación provincial.......................................1.250
Art. 2.- Do Concello............................................................ 299
Capº 3.- Imprevistos
Art. 1.- Os donativos que ocorran.................................... 250
Total............................ 2.999
Gastos
Capº 1º.- Soldo do persoal
artº 1º.- Conserxe pts...................................................... 547,50
artº 2º.- Enfermeiro..........................................................600,00
artº 3.- Cociñeira........................................................... 182,50
Capº 2.- Gastos do Establecemento
artº 1.- Estadías de enfermos............................................626,00
artº 2.- Medicamentos.....................................................400,00
artº 3.- Combustible........................................................300,00
artº 4.- Lavado de roupa e limpeza................................100,00
artº 5.- Alumado.............................................................150,00
Capº 3.- Imprevistos
artº 1.- Imprevistos......................................................... 94,73
Total de gastos......................2,999,73
( XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS )

No soar que ocupa a casa nº 16 da Rúa Maior, no antigo nomeamento de "Sárria", parroquia de San Salvador de Sárria, dende data que descoñecemos , houbo un HOSPITAL para a atención de peregrinos e pasaxeiros pobres, do que só temos referenzas no século XVI, que ao resultar ruinoso deixou de ter ese destino, cando entrou en funcionamento o Hospital promovido por don Dinís de Castro e Portugal, e que foi alzado fronte a San Salvador, no soar que hoxe ocupa o Xulgado ( Rúa Maior 1 ). Este hospital gozaba da proteción da familia dos Díaz de Guitián, e estaba baixo do amparo dos Condes de Lemos, como Condes e Marqueses de Sárria.
Hai referenzas documentais a varios leiros chamados "do Hospital" ( 1536) no inventario de bens do igrexario de Santa Mariña de Sárria( 21.12.1580 )
Antonio Díaz de Guitián no seu testamento sinala ás reparacións que se deben facer no edificio do Hospital.
Pedro López de Ronfe, alcalda Vila , os rexedores Domingos Fernández de Cedrón, Lopo A. do Campo, Xoán López do Barrio e o Conde Lemos concertaron con Melchor ( carpinteiro de Rubín ) e Bartolomeu López ( canteiro da Ponte Ribeira) a reparación da parte dianteira do Hospitl para "quitarlle a barriga que parece querer caer á parte da propiedade de Pedro López, así como para acabar de lousar e realziar outras obras que faltaban por facer na cámara que estaba detrás do Hospital, ademáis de retellar todo o Hospital coa fin de que non chova.
( 6.11.1582 )
Antonio Díaz de Guitián, doa unha cama de roupa, pagando a fabricación dunha cámara para colocala nunha parte alta do altar, pechada, para que podan usala algúns pobres limpos que viñesen a este hospital e aclarando que esta cama sustentaraa sempre o vínculo da súa familia e mentres viva sexa a súa muller, Milia Vázquez Quiroga e logo os heredeiris que levasen os seus bens e que o fagan umprir a Xustiza e o Reximento da Vila.
Anos máis adiante o crego Xoán Díaz de Guitián, párroco de San Salvador, institui unha Tulla para a axuda de labregos pobre ubicada no antigo hospital, e ademais creou unha fundación para casar doncelas pobres, preferentemente da familia dos Díaz de Guitián, e ao mesmo tempo instituiu na cámara da parte traseira un dereito de habitación a favor dos cregos da comarca para que tivesen pousada en Sárria , cando á vila viñesen.
O especial coidado da famlia Díaz Guitián mantido a través do tempo, tanto con relación á súa Obra Pía como coa capela, aínda se ve hoxe reflectido nun pequeno escudo, da familia, en pedra que está na cornixa da casa nº 16 da Rúa Maior.
Este edificio, hoxe con fachada emodernista dos anos 1930, conserva a traza dos dous corpos,
na dianteira o espazo da antiga capela, da que non hai moitos anos se descubriu unha porta en arco, e na traseira o que foi a antiga cámara destinada a acoller "pobres limpos" e sacerdotes de paso por
Sárria. O arcos e balcós da frenteira desaparceron cando se fixo a nova fachada.
Cando a famlia Díaz de Guitián esmoreceu, o Hospital Vello foi pasando por diversas mans, sabendo que desde finais do s. XIX foi de Tomás González, de Manuel Pérez Batallón , de Puche e dos seus herdeiros, pasando hai poucos anos a mans dunha famlia residente en Cataluña, que oficiou o que fora entrada e escaparate de "Mercearía Puche" para facer a porta da cocheira, ocasión na que se decubriu a porta da antiga capela .
O edificio nº 16 debeu firmar unidade coa casa nº 18 ( Casa de Reboiro).Entre a Casa do Concello (nº 14) e a casa do Hospital Vello consérvase un estreito espazo propio dos antigos xeitos de construción ("calella") que tiña por finalidade a escorrentía das augas dos tellados ao tempo que cada casa quedaba arredada das colindantes.
HOSPITAL DE SAN ROQUE OU DA MADALENA ( SÁRRIA )
Na parroquia de San Salvador de Sárria.
Orixinariamente creado nos primeiros anos do século XII , polos frades italianos e Orde dos Laudantes Deum, asistido ata 1568 pola Orde da Penitenza dos Benaventurados Mártires de Cristo ( "Os Madalenos" ) e posteriormente a cargo da Orde de Santo Agostiño da Regular Ouservancia ( ata 1786) , que lle adicaban una boa parte das rendas e dereitos que cobraban os frades, foi sustituido na súa función de acollida polos chamados "Hisoitaliños " novos.
O Hospital de San Roque, dependen te do Mosterio da Madalena, era un edificio situado a carón da chamada Horta do Pombal ( actual cemiterio municipal novo ) , fronte do Mosteiro e arredrado deste pola Lonxa e o Camiño Real.
Constaba de pranta baixa e un andar e incluí a Capela de San Roque e a vivenda do hospitaleiro , amais dun espazo dotado de camas dos pelegríns.
Era una casa grande con capela tarrea e coro alto, e debaixo deste que estaba dividido da capela con balaustres de madeira , había sitio para os pelegríns capaz de abondo. Na capela estaba a imaxe de San Roque e na súa festa cantaban ali misa e era celebrado como padrón do hospital
A primeiros do século XVIII puxeron a imaxe do santo no altar da Nosa Señora de Graza , na igrexa mosteiral, e seguiron celebrando a súa festa con rito doble maior festivo, costume que se mantiña áinda finais do dito século. A imaxe do santo pelegrín posiblemete sexa unha das que hai na igrexa de Santiago de Farbán.
Había tamén na casa un cuarto alto para o hospitaleiro, con cociña baixa arredrada deste.
Na porta de entrada ao Hospital había una imaxe en pedra, nunha fornela, que reprsentaba a San Brais ( pervivenza da primera fundación), e unha pedra coa inscrición " Hospes fui et collegisti me " ( "Hóspede fun e acollíchesme" ). Algúns autores din que a imaxe que había era a de San Roque.
O Hospital de San Roque foi derrubadio no ano 1786 e no sitio onde estivo o altar puxeron un cruceiro de cantaría. O demáis da casa foi reducido a cortiña, que ocupaba dende o cubo baixo ata o dito cruceiro de cantaría , que non se puxo exactamente onde estba o altar, senón a unha beira. No demais quedou a praciña e camiño que estaba fronte dos Hospitaliños, o mesmo que estaba a parede do Hospital Vello, agás a lápida, que no Hospital Vello estaba riba da porta principal, e que a puxeron nos Hospitaliños entre as dúas portas.
Hai unha referenza a que en 3 de febreiro de 1699, tendo en conta que o Hospital tiña a obriga de asistenza de doentes e esmola de pobres, así naturais da contorna como pelegríns que pasaban á cidade do Apóstolo, estando atrasadas algunhas persoas que pagaban renda de pan ( centeo), trigo e viño, adicada ao dito hospital, outorgou o convento poderes para que se prantexasen as reclamacións xudiciais oportunas.
No Catastro do Marqués de la Ensenada ( 1753 ) describen o hospital como unha casa de doce varas de longo por oito de largura ( 96 varas cadradas, uns 70 m/2 ) que tiña por anexos unha terra de un ferrado no Barredo , un horto de carto ferrado a carón da casa e un leiro de un ferrado no Novo.
OS HOSPITALIÑOS NOVOS DA MADALENA ( SÁRRIA )
Na parroquia de San Salvador de Sárria. Foron alzados no semisoto da Obra Nova e noutra edificación adosada, á esquerda da Porta dos Carros, no recanto noroeste da ampliación do Mosteiro da Madalena , feita no século XVIII.
Tiña dúas portas de entrada, entre as que colocaron a lápida do "Hospital Vello de San Roque ", na que se lía "Hospes fuit et collegisti me " ( "Hospede fun e acollechesme " ), e riba da porta do semisoto, que aínda se conserva , darredor dun escudo agostiño, puxeron a lenda "Charitas aedificat ".
Foron alzados no priorado de frei Domingos Antonio Basantte ( 1775 a 1779 ) como consecuencia do derrube do Hospital de San Roque, e coa mesma finalidade co precedente.
Os frades agostiños mantiveron a edificación para a acollida de pelegríns e cando en 1835 abandoron o mosteiro, entraron en desuso, de maneira que a edificación de pranta baixa acabou desaparecendo, posiblemnte ocupada por xentes da vila para usos degradantes e os materiais foron roubados, por razón da desidia municipal, porque as autoridades locais non souberon protexer e conservar o mosteiro desamortizado, nin darlle outro uso co de cárcere.
Cando os Padres Mercedarios adicaron parte da Obra Nova a Albergue de Peregrinos, ese semisoto pasou a estar vencellado de novo á finalidade de acollida dentro dous usos xerais dese equipamento.
HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE ( SÁRRIA )
Na parroquia de San Salvador de Sárria, fronte da igrexa e perto da Fortaleza de Sárria. Foi fundado e dotado polo crego don Dinís de Castro e Portugal, fillo non matrimonial do Conde de Lemos, que residiu nunha das casas que había dentro da Fortaleza, antes de asentar en Valladolid, cidade na que morreu.
HOSPITAL DE SAN LÁZARO ( MASIDE )
HOSPITAL DE SAN ROQUE OU DA MADALENA ( SÁRRIA )
Na parroquia de San Salvador de Sárria.
Orixinariamente creado nos primeiros anos do século XII , polos frades italianos e Orde dos Laudantes Deum, asistido ata 1568 pola Orde da Penitenza dos Benaventurados Mártires de Cristo ( "Os Madalenos" ) e posteriormente a cargo da Orde de Santo Agostiño da Regular Ouservancia ( ata 1786) , que lle adicaban una boa parte das rendas e dereitos que cobraban os frades, foi sustituido na súa función de acollida polos chamados "Hisoitaliños " novos.
O Hospital de San Roque, dependen te do Mosterio da Madalena, era un edificio situado a carón da chamada Horta do Pombal ( actual cemiterio municipal novo ) , fronte do Mosteiro e arredrado deste pola Lonxa e o Camiño Real.
Constaba de pranta baixa e un andar e incluí a Capela de San Roque e a vivenda do hospitaleiro , amais dun espazo dotado de camas dos pelegríns.
Era una casa grande con capela tarrea e coro alto, e debaixo deste que estaba dividido da capela con balaustres de madeira , había sitio para os pelegríns capaz de abondo. Na capela estaba a imaxe de San Roque e na súa festa cantaban ali misa e era celebrado como padrón do hospital
A primeiros do século XVIII puxeron a imaxe do santo no altar da Nosa Señora de Graza , na igrexa mosteiral, e seguiron celebrando a súa festa con rito doble maior festivo, costume que se mantiña áinda finais do dito século. A imaxe do santo pelegrín posiblemete sexa unha das que hai na igrexa de Santiago de Farbán.
Había tamén na casa un cuarto alto para o hospitaleiro, con cociña baixa arredrada deste.
Na porta de entrada ao Hospital había una imaxe en pedra, nunha fornela, que reprsentaba a San Brais ( pervivenza da primera fundación), e unha pedra coa inscrición " Hospes fui et collegisti me " ( "Hóspede fun e acollíchesme" ). Algúns autores din que a imaxe que había era a de San Roque.
O Hospital de San Roque foi derrubadio no ano 1786 e no sitio onde estivo o altar puxeron un cruceiro de cantaría. O demáis da casa foi reducido a cortiña, que ocupaba dende o cubo baixo ata o dito cruceiro de cantaría , que non se puxo exactamente onde estba o altar, senón a unha beira. No demais quedou a praciña e camiño que estaba fronte dos Hospitaliños, o mesmo que estaba a parede do Hospital Vello, agás a lápida, que no Hospital Vello estaba riba da porta principal, e que a puxeron nos Hospitaliños entre as dúas portas.
Hai unha referenza a que en 3 de febreiro de 1699, tendo en conta que o Hospital tiña a obriga de asistenza de doentes e esmola de pobres, así naturais da contorna como pelegríns que pasaban á cidade do Apóstolo, estando atrasadas algunhas persoas que pagaban renda de pan ( centeo), trigo e viño, adicada ao dito hospital, outorgou o convento poderes para que se prantexasen as reclamacións xudiciais oportunas.
No Catastro do Marqués de la Ensenada ( 1753 ) describen o hospital como unha casa de doce varas de longo por oito de largura ( 96 varas cadradas, uns 70 m/2 ) que tiña por anexos unha terra de un ferrado no Barredo , un horto de carto ferrado a carón da casa e un leiro de un ferrado no Novo.
OS HOSPITALIÑOS NOVOS DA MADALENA ( SÁRRIA )
Na parroquia de San Salvador de Sárria. Foron alzados no semisoto da Obra Nova e noutra edificación adosada, á esquerda da Porta dos Carros, no recanto noroeste da ampliación do Mosteiro da Madalena , feita no século XVIII.
Tiña dúas portas de entrada, entre as que colocaron a lápida do "Hospital Vello de San Roque ", na que se lía "Hospes fuit et collegisti me " ( "Hospede fun e acollechesme " ), e riba da porta do semisoto, que aínda se conserva , darredor dun escudo agostiño, puxeron a lenda "Charitas aedificat ".
Foron alzados no priorado de frei Domingos Antonio Basantte ( 1775 a 1779 ) como consecuencia do derrube do Hospital de San Roque, e coa mesma finalidade co precedente.
Os frades agostiños mantiveron a edificación para a acollida de pelegríns e cando en 1835 abandoron o mosteiro, entraron en desuso, de maneira que a edificación de pranta baixa acabou desaparecendo, posiblemnte ocupada por xentes da vila para usos degradantes e os materiais foron roubados, por razón da desidia municipal, porque as autoridades locais non souberon protexer e conservar o mosteiro desamortizado, nin darlle outro uso co de cárcere.
Cando os Padres Mercedarios adicaron parte da Obra Nova a Albergue de Peregrinos, ese semisoto pasou a estar vencellado de novo á finalidade de acollida dentro dous usos xerais dese equipamento.
HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE ( SÁRRIA )
Na parroquia de San Salvador de Sárria, fronte da igrexa e perto da Fortaleza de Sárria. Foi fundado e dotado polo crego don Dinís de Castro e Portugal, fillo non matrimonial do Conde de Lemos, que residiu nunha das casas que había dentro da Fortaleza, antes de asentar en Valladolid, cidade na que morreu.
HOSPITAL DE SAN LÁZARO ( MASIDE )
Na parroquia de San Pedro de Maside, en espazo incorporado á vila de Sárria en 1891.
OBRA PÍA DOS HOSPITAIS DE SANTO ANTÓN E SAN LÁZARO
Formada a partir de 1700 pola agrupación de fondos e rendas dos hospitais de Santo Antón Abade e San Lázaro. Xestionaba o edificio do Hospital de Santo Antón Abade de Sárria e a capela de San Lázaro ( de Masaide ), xa que o casarón do antigo hospital de gafos ( leprosos ) xa ficara abandoado nas décadas finais do século XVII.
HOSPITAL DA MALATA DE SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA
Só quedan referenzas toponímicas en varias fincas ( Leiras da Malata ) , perto do lugar de Santo Alberte. A este hospital debeu estar vencellada a ermida de Santo Alberte, mandada derrubar en visita do bispo lucense por estar "indecente", que se achaba no Souto de Santo Alberte.
HOSPITAL DE BARBADELO
Na parroquia de Snatiago de Barbadelo.
HOSPITALIÑO DE BARBADELO
Na parroquia de Satiago de Barbadelo. Está no anexo alzado no século XVIII para sancristía e "hospitaliño". Ten entrada dende o adro-cemiterio.
HOSPITAL DE SANTA MARTA
Na parroquia de Santa María de Ortoá., no lugar de Santa Marta do Camiño Francés.
HOSPITAL DE MORGADE
No lugar de Morgade, parroquia de San Salvador da Pinza, que foi dependente da Encomenda de Portomarín, do Orde de San Xoán , incorporado ao Concello de Sárria en 1840.
HOSPITAL DE MIRALLOS
No lugar de Mirallos, parroquia de Santa María de Ferreiros, que foi dependente da Encomenda de Portomarín, do Orde de San Xoán ( Orde de Malta ), icorporado ao Concello de Paradeea en 1840.
************************************************************************************
CAMIÑO DE LEMOS A ASTURIAS
HOSPITAL DE SAN MAURO DE LOUSEIRO
Na parroquia de San Martiño de Louseiro ( Sárria)
HOSPITAL MUNICIPAL DA NOSA SEÑORA DO CARME
( O MAZADOIRO )
Na parroquia de San Martiño de Requeixo
************************************************************************************
CAMIÑO FRANCÉS DE LUGO A LEMOS
HOSPITAL DE GOIÁN ( SÁRRIA )
Na parroquia de San Miguel de Goián, lugar de O Hospital, que estaba baixo a protección dos señores territoriais do Couto de Goián ( Pallares e outos ).
HOSPITAL DE TREBOLLE ( O PÁRAMO )
Na parroquia de San Martiño da Torre. Estivo baixo o patrocinio dos señores da Casa da Barreira e outros.
***********************************************************************************
CAMIÑO DE QUIROGA
HOSPITAL DE SAN FIZ DO HOSPITAL DO INCIO
Na parroquia de San Fiz do Hospital, na Encomenda do Incio e A Broza, do Orde de San Xoán ( Orde de Malta).
***********************************************************************************
HOSPITAL MUNICIPAL DA NOSA SEÑORA DO CARME
Documentación
( 12.06.1908 ).- Concello de Sárria.- " Conceelleiro Anxo Fernández López ..." Que ao seu xuizo e á vista do fausto acontecemento que se aveciña, debe propoñer , e propón, ao Concello que conste en acta a inmensa satisfación, o entusiasmo e xúbilo que sinte esta Corporación , interpretando tamén os sentimentos de todos os viciños deste termo, polo magnífico donativo que fai a este concello, a filantrópica Excma. Sra. Dª Andrea Andrés, Marquesa de Casa López, filla predileta desta Vila, para a realización do fin benéfico que se propuxo, ao construir e dotar ás súas espensas , o HOSPITAL DA NOSA SEÑORA DO CARME.
Que o Sr, Alcalde llo comunique á ilustre interesada , se así o acorda a Corporación como non o dubida. E que vendo pola correspondenza de que se deu conta, que moi axiña chegará a esta vila en representación da xenoerosa doante , o seu fillo político o Excmo. Sr, Don Estevo Fernández del Pozo, Marqués de Torrelaguna, feito que amosa o acendrado cariño que aquela demostra cara este pobo ao designar a persoa tan distinguida, que o Concello o agarde á súa chegada na estación do camiño de ferro para saludalo e darlle a benvida, dando o maior realce ao acontecenento e todos os gastos que se realicen co motivo da inauguración do Hospital da mellor maneira , pagando cantos gastos se ocasiones con cargo ao seguinte orzamento municipal.
A Corporación Municipal en votación nominal e por unanimidade acorda, que dando conformidade e igualmente que o espuxo sexa realizado o proposto polo Sr. Fernández López , rogándolle ao Sr. Presidente se sirva dispoñer todo ao efecto necesario e para o que ampliamente é facultado como preciso sexa, outorgándolle un amplísimo voto de confianza.
Recoñecendo a Corpoiración muncipal a necesidade de que haxa persoa que debidamente autorizada polo Concello represente ou estea no acto da entrega do Hospital e suscriba o documento ou documentos que sexan necesarios; en votación nominal por unanimidade , acorda designar para tal representación ao Sr. Alcalde Presidente, ou a quen o sustitúa nas súas funcións , concedéndolle cantas faculdades sexan necesarias , para o bon desempeño de tan honroso encargo, e na súa virtude , apodera ao dito Sr. Alcalde para que no nome do Concello , acepte a entrega do Hospital da Nosa Señora do Carme, que a Excma. Sra, Dª Andrea Andrés, Marquesa de Casa López construiu e dotou ás súas espensas para os enfermos deste termo municipal en tarreo que adquirira dos fillos e herdeiros de Xosé López Arias, denominado "Mazadoiro", por escritura de 11 de maio de 1905 , a fe do notario desta Vila D. Faustino Lois, que foi inscrito no Rexistro da Propiedade deste partido ao folio 85 volto do Tomo 66 do termo deSárria, finca nº 1288, inscrición 3ª que se acha libre de cargas.
Para que se faga cargo do mobiliario , efixies, ornamentos e roupas da Capela-Oratorio, roupas, botiquin e acesorios do Hospital que a dita Excma. Sra. ten a filantropía de entregar. Así como a lámina ou inscrición nominativa intrasferible da Débeda interior con xuros do catro por cento anual representattiva do capital nominal de 37.500 pta. e renda anual de 1.500, que menciona a carta do Marqués de Torrelaguna e así acepte a entrega de todo o referido, e coas condicións que a repetida Excma.Sra, teña por ben establecer.
O Concello tamén faculta ao Sr. Alcalde que en nome da Corporación no acto de entrega se faga intérprete dos sentimentos de inmensa gratitude que embargan á Corporación que o autoriza e ao pobo que representa polo seu xeneroso desprendemento en favor da Beneficencia Municipal".
(17.06,1908 ).- Concelleiro Amador Macía López: "Que se ben quixera ocuparse neste día a maneira de perpetuar a memoria da filla adoptiva e predileta desta Vila Excma. Sra. Dª Andrea Andrés , Marquesa de Casa López, cuxa xenerosidade e filantropía é ben coñecida de todos igualmente que oa seu inesquecible espsoso o Excmo Sr D Matías López, distinguido fillo desta poboación , e do que este pobo ostenta magníficos testemuños; mais como non pode ser este asunto tratado na sesión que ten lugar , rógalle ao Sr, Presidente que o faga figurar na orde do día da primeira que celebre o Concello"
( 15.07.1908).- Entrega do Hospital de da Nosa Señora do Carme.-
(12.08.1908).- Hospital da Nosa Señora do Carme.- O Sr. Alcalde Presidente presentoulle á Corporación a copia de escritura de entrega do Hospital da Nosa Señora do Carme outorgada pola Sra Dona Andrea Andrés, Marquesa de Casa López, a favor do Concello desta Vila, en 22 de xuño do corrente ano, perante o Doutor Don Xosé Barja e Alonso; e na súa vista en votación nominal e por unanimidade , acorda ratificar a aceptación da dita escritura de entrega , polo Sr. Don Amadeo Macía Vázquez como Alcalde-Presidente e representante do Concello, con prace , e un voto de grazas a este señor, pola súa atinada intervención no citado documento e máis actos que co motivo da entrega do dito Hospital, que tiveron lugar e que a Corporación fai seus.
Da mesma maneira e por unanimidade acorda a Corporación ratificar a aceptación do ofrecemento dos servizos médicos gratuítos polo facultativo Don Antonio Quiroga Macía, designado pola representación da Excma. Sra. Marquesa de Casa-López, nomeándoo Médico Direitor do nomeado Hospital da Nosa Señora do Carme e quen na compaña do Sr. Alcalde verificará a exactitude do inventario dos instrumentos e máis obxectos entregados co Hospital, e nomea igualmente Conserxe de este establecemento ao Sr, González Rodríguez, que está exercendo xa provisoriamente tal cargo por nomeamento da Alcaldía , asignándolle o soldo de 1,50 pta. diario, pagadeiro por conta do produto da inscrición nominativa da Débeda perpetua Interior ao 4% de que tamén se fixo cargo o Sr Presidente , co Hospital e os seus accesorios , e cuxo salario empezará disfrutalo o 22 de xuño prósimo pasado interinamente , o que ratifica o Concello.
Tamén en votación nominal por unanimidade acorda que pola Comisión permanente de Facenda se estude e forme un orzamento extraordinario para o réxime do citado Hospital , e que se xestione a concesión duha subvención para o mesmo pola Deputación Provincial, interesando para iso o valioso concurso do distinguido fillo desta vila e Presidente da mesma Sr. Don Manuel P. Batallón . E que no vindeiro orzamento ordinario deste Concello se adicione o expresado de Beneficencia.
(21.09.1908 ).- Orzamento Extraodinario de Beneficncia Hospital
Capítulo 1º.- Ingresos propios do establecemento
Art. 1.- Inscrición intransferible, pts..................................1.200
Capº 2,- Subvencións
Art. 1.- Da Deputación provincial.......................................1.250
Art. 2.- Do Concello............................................................ 299
Capº 3.- Imprevistos
Art. 1.- Os donativos que ocorran.................................... 250
Total............................ 2.999
Gastos
Capº 1º.- Soldo do persoal
artº 1º.- Conserxe pts...................................................... 547,50
artº 2º.- Enfermeiro..........................................................600,00
artº 3.- Cociñeira........................................................... 182,50
Capº 2.- Gastos do Establecemento
artº 1.- Estadías de enfermos............................................626,00
artº 2.- Medicamentos.....................................................400,00
artº 3.- Combustible........................................................300,00
artº 4.- Lavado de roupa e limpeza................................100,00
artº 5.- Alumado.............................................................150,00
Capº 3.- Imprevistos
artº 1.- Imprevistos......................................................... 94,73
Total de gastos......................2,999,73
( XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS )
Comentarios
Publicar un comentario