Poemas do río Sárria
RIO ABAIXO ( Xaime Félix López Arias )
( 2007 )
O Monte da Meda,
de vellas seituras de centeo,
de tolas fumegantes
de gándara e de tesos,
"Monte Seiro", onde os osos feros
probaron brazo e esforzo
de Froilas e de Vermudos......
A Serra do Iribio,
cincenta esfinxe de uces miragreiras
e neves na invernía,
as brancas penedas da Albela ,
cal en Compostela,
carga mol de peregrinos.......,
chegados de lonxanas terras,
acollen as mil fontes
que recollen
regueiros esnaquizados en fervenzas,
arroxos que baixan polas abas
nas feras horas das treboadas,
carrionzas luxuriosas
e as augas de covas e lameiros,
que falan de misterios esquecidos,
lagoas atoadas polo tempo,
madoiros e macedas,
que a neve branca e fría
reventa mainamente
en fíos de escuma.
Eis o Río-Neno,
saloucante nos illós e nos trolleiros.
Eis os espelliños
onde as folerpas
esmorecen dondamente.
Pinga
a
pinga
fio
a
fio
nas horas de xistra
de curisco e vento frío
nace
paseniño
o noso río.
Augas que baixan na percura
de veiga e val, dos chaos de sequeiro
e das lonxícuas foces...
augas pregoadoras, augas de seitura,
andadoras de légoas para morrer no Neira
levando a súa maquía
de ecoar de saloucos e de voces
ao Miño pousón, vello pregador,
que rosmando manseniño
a lembranza da outonía
vai cara a mar facendo o seu camiño.
Augas que son fío nas fontelas.
coitelo nas fervenzas
espello nos encoros....
fío de vida, retrouso miragreiro....
Augas do Neno-Sárria
garuleiro.
Augas do Río-Mozo,
Augas da Madre-Vella,
Algareiro...
Gozo......
Fita Vella
O BAUTISMO
Con augas frías foi o teu bautismo:
Sárria che chamou o seurro,
que gardou os castros montesíos.
O romao, Sárria che deu por nome
na universal lingua latina,
e veu o suevo e Sárria repetiu
na guerreira fala do xermano.
Dende as Penas Negras ata o Neira,
o teu nome, inxel palabra,
en veiga e val,
entre as montañas
do nacer gaioso ( Río-Neno )
ata o morrer saudoso ( Río-Vello)
foi nome da auga e máis da terra.
Sárria te chamaron os antergos
e as augas xenerosoas
deron vida, froitos e seituras,
por séculos de séculos,
farturenta aceifa,
seitura de terra prometida
e a terra toda
tomou por nome
o lene fío prateado
que bican ameneiros
e sauda o ceo gaiso
da aberta veiga entre montañas.
AUGAS BRAVAS
Augas bravas nadas na alta serra,
na Boca de Reigosa morden penas,
e na Fervenza de Toca
un tapís de escuma tecen algareiras.
Ruxidoiras, augas indómitas
que moveron mazos,
batáns e relos vellos,,,
e souberon aló nas ferrarías
do xogo das moxenas coas pingotas,
e onde o marmurio das augas
foi o requilorio
de horas sen reloxo
e sen camiño.
Augas bravas de serra grisenta
e de albo monte,
que bican docemente os ameneiros,
e fan cantigas de escuma
nas penas talladas e nos rairos,
onde decote soñou o pegureiro
achar a donceliña malfadada,
a trave de ouro, o pente de prata
ou o tesouro....
soños de tolicie que nos queiman
e nos levan polos camiños do mundo,
engordiño,
xeración a xeración
e percurando o que o río encerra
e o que o río abre.
Relos de centeo e de pantrigo,
muiños de ecoares ledos,
amansan as augas ceibes, garuleiras
e falan connosco vellas verbas:
" Camiñante, ti que pasas,
da beira do río vagaroso,
non lle contes os mundos que coñeces,
déixao soñar. ...Ti es caridoso"
" Peregrino, ti que percuras,
dos camiños poirentos na secura,
saciar a sede de amenceres,
non lle fales das coitas que te magoan
deixa que de vagar camiñe,
déixao que beba as augas das fontelas
e xogue coas oucas verdes e os muiños"
PENA PARTIDA
En Pena Partida fala o río
de sesigas muiñeiras e camiños
miragreiros.
Fala de vieiros tallados nos rochedos,
carreira de pedra dura
por onde pasaron
cabaleiros, e santos,
e moitos peregrinos
que ían só coa compaña do bon río,,,,
e paseniño
no amencer
as augas xogan coas raiolas
bicndo, agarimosas, o verde fento e a carqueixa.
As uces inzan as abas e os penedos,
e na fontela xorde a auga fría
coma un don entregado ao camiñante,
palma gozosa , ramallo de loureiro, flor de primavera leda
para o duro saccrificio,
e a Virxe miragreira,
abrideira foi na pedra do camiño
e nel sinala con sombra protectora
o seu labor de raiña., de nai
e de señora.
( Rodeiras de carro cantareiro,
lembranzas de Xelmírez
que vai para Castela
deixando a patria en desamparo....)
- sempre se van e o lar patrio
orfo queda de amparo e de xustiza-.
Ollade aquí campos a poulo,
saudades e preguiza,
e como o miñato tece pousón
danzas no aire
nun monótono labor
de bailes parvos.
Pasando Pena Partida
tiven no peito unha mágoa,
bebín auga na fontiña
e enxuguei unha bágoa.
¡ Malpocado camiñante,
coidei achar un segredo
e o río dixo : " É cedo
e hai que seguir cara adiante ! "
SAN CRISTOVO DO REAL
Na Ponte de Almirón
vin alindando á pastora
e nas augas reflectida
a súa alma soñadora.
O río, na paz da aldea,
quere xogar cos lousados
e máis coa igrexa cativa...
cando o río é só unha vea
de suores alugados
e silandeira cantiga.
San Cristovo co seu neno
molla as canelas no río
mentres doce danza tece
a saudosa cotovía.
As foxa do camposanto,
e os sinos. - din-don-din-dan- ,
tanguendo sons de verea,
verdadeira esmola dan :
falan de que todo morre
e só a uga que corre
bicando os pés do pontigp
lembra vidas fuxidías
sen saloucos cara o frío
- dinguilindón-dingulindán-.
Xa brincadeiros meniños
son historias doutros tempos.
O Sárria baixa calado,
pola tristura envolveito,
- e no solpor do verán
os sinos berran saudosos:
"Este val é cadaleito"-
Din-don-din.don-din-dan
pasa o río, pasa a vida,
pasan os intres gaiosos
e os ecoares saudosos
van afogando o verán
con lición mal deprendida.
LUSÍO
Os muros da ferraría
inzados están hoxe de edras.
Só quedan as vellas pedras
onde houbo o lume sagro,
lume que forxou as rellas,
para o duro traballo,
lume que fixo as espadas
e cataventos de igrexas...
O Pazo é un grande pardiñeiro
e Vicenzo Vázquez Queipo,
vagaroso peregrino
coas táboas de logaritmos,
fai cálculos imposibles
e quimeras sen sentido.
A donceliña pacega
que coa cerviña brincaba
é fume de esquecemento,
vagalume esmorecido
na soedade da casa
onde o brasón non dí nada.
Brétema de séculos anda
polas cortiñas e os soutos
e as edras, vellos castiros
e carballos morriñentos
sombras de verde proxetan
riba do espello do río.
Xá non hai gra nos muiños,
está o tempo parado,
e todos os vellos ritmos
de peneiras e sesigas,
de rairos e de rodicios
son ecoar do pasado,
silenzo son, vento e fume
¡ Mala adaxe !
" ¿A canle non fai molaxe,
as augas non teñen vida !
O río olla en silenzo,
e como non garda memoria,
vai de vagar camiñando,
alleo ao ritmo da historia;
e cando vai avanzando
anda a facer novo lenzo
con tanxentes e cosenos,
numéricas formiguiñas
a todas horas falando
de imposibles mantisas.
Matemático frustrado
baixa saloucando o río,
tolambián enrabexado
presume de moi sabido....
e nunca detén o tempo
no seu reloxo parado.
Don Vicenzo cos seus libros
fica estantío no pazo,
por tras dos acuosos vidros:
tanxentes e cotanxentes
non aquecen o seu frío
Río abaixo van os soños,
os paraisos perdidos,
na percura do océano,
soño infindo , - pozo inmenso -,
onde acougan , cifras máxicas,
as ringleiras logarítmicas
do soñador de Lusío.
Rosma o vento
unha cantiga,
e na portada un cativo
bate co chamador con forza....
"Por caridade , unha esmola "
pide teimudo e repite
" Por caridade, unha escola
quero tecer logarítmos...
e tamén eu desexaba
un anaco de boroa"
Don Vicenzo sorrí, moi maino,
espertando coa garola
de nenos no río metidos....
A CAPELA DO ALCIPRÉS
A Capela de San Salvador
co seu lanzal alciprés
beira do fio calado das augas,
preguicerias, mansas,
imaxe é doutro tempo
e doutras horas.
Fala de monxes xa esquecidos,
e lévanos vagaroso a lonxanas horas
de rabela, de arado e máis de pregos
´de vedraños homes de caluga afeita ao xugo,
con pés alegres e lizgairos
para os rezos,
a quen os ventos fríos e o curisco
ferían os corpos polo inverno
e o ferro cego e mesto
do traidor sol de agosto
do báratro temeroso eran preludio.
Monxe, prendidos ao cantar da paxariña
pregoadora de eternidades pequeneiras,,,
con laudes e maitines percuraban ceo
nun estreito val de bágoas,
val de xiadas, val de lazo e de peneiras
da gra da fartura e do noxento coaño..
.horas de lacrimoso chumbo
que facían de cada veiguiña un mundo,
circo pechado , cheo de miserias
e da gloria prometida unha xanela.
"Ora et labora " foi a súa bandeira
e foi a capela limiar da súa renuncia,
comezo da escada arxéntea,
da coroa
da palma e máis do premio
prometidos a quen con unción pronuncia
o nome do Santo dos Santos noite e día
e ten a mente e beizos sempre abertos
ás augas vivas, augas limpas,
saciadoras de corpos e de espritos,
augas vivas,
augas ledas...
a terra vivifican....
E o río
paseniño,
vai engorde
bicando os ameneiros verdinegos
e o alciprés, antergo fito silandeiro,
pregúntalle decote ao río Sárria:
"¿ Cal é o teu camiño , compañeiro?
¿ Son cecais as túas augas sempiternas ?
Pasan e pasan, van e volven,,
Eu aquí só vexo o setestrelo
en noites de luar non bretemosas.
"¿ Hai outros mundos ? "
" ¿ Están as túas augas sempre vivas ? "
O río cala:
Sabe das horas traidoras do galo cantareiro,
das horas para a mortificación dos corpos,
das caladas horas dos pregos
e das tentacións morosas,
das foxas onde acougan corpos santos,
almas dondas........
O río cala.
¿ Cal pode ser a fiel resposta ?
Non ten ningunha.
Quen co río fala
o tempo perde
E o silenzo a alma fende.
SAMOS
Bica o Sárria os muros do mosteiro,
baixa calado marmuriando un prego,
acha ecoar no monxe samanego
que traballa no corazón un leiro
Non son augas de lama e de bulleiro,
augas son de bica, de fonte ou rego,
exemplo para quen é mudo e cego
para a pompa, a gloria e o diñeiro.
Augas manseliñas que a todos falan,
e vagarosas son; poucos escoitan
a mensaxe que a cotío nos regalan.
Son silenzos que en cada día adoitan
encher os muros do cenobio e calan
guerras de almas que contra corpos loitan
MORRER NO NEIRA
O Sárria con agarimo,
as augas ao Neira rende
nos ameneiros prendido.
E o Sárria vai paseniño,
pola veiga, de vagar,
fundir as augas no Miño.
Baixou da serra, gaioso,
e aínda mozo morreu
co seu andar preguizoso.
Río Sárria, non che envexo
esa morte prematura
cando te vías tan rexo.
...................................................................................................................................................................
PONTE RIBEIRA
Pola veiga , manseniño, o río vai Nove pontes ten a vial ;
e nos peares de pontes e pontigos nove peneiras de pedra,
en mil escumas brancas se desfai. nove gaiolas de pedra
pechando o arco da vella.
Con sede, tolambián, baixa do Iribio E a auga cantareira,
soñando liberdade cando cai xogantina e soñadora
nos rairos famentos do muiño. con fonda saudade chora
baixo da Ponte Ribeira.
E as pontes son como peneiras Peneira de auga e lúa
para iauga cobizosa dun ronsel non sinte hoxe as pegadas
que xoga coas árbores das beiras dos pelengríns pola rúa.
nas prácidas horas de lecer.
XAIME F. LÓPEZ ARIAS
..................................................................................................................................................................
CANTIGAS DO TOLEIRO
Eu fun moer ao Toleiro , Sentado riba da ponte ,
fun por ver á muiñeira ; ollando as augas do río
ao pasar polo pontigo pedínlle a unha lavandeira
souben que ía na feira. a fita do seu corpiño.
Malia de quen quere amores, " Non quero trato con mozos,
malpocado quen percura taravelos, presumidos,
manciñeira que doenzas roubadores son de beixos
dos rapaciños non cura. por outro bico esquecidos.
...................................................................................................................................................................
( 2007 )
NACEMENTO
O Monte da Meda,
de vellas seituras de centeo,
de tolas fumegantes
e armentíos
reguengos,de gándara e de tesos,
"Monte Seiro", onde os osos feros
probaron brazo e esforzo
de Froilas e de Vermudos......
A Serra do Iribio,
cincenta esfinxe de uces miragreiras
e neves na invernía,
as brancas penedas da Albela ,
cal en Compostela,
carga mol de peregrinos.......,
chegados de lonxanas terras,
acollen as mil fontes
que recollen
regueiros esnaquizados en fervenzas,
arroxos que baixan polas abas
nas feras horas das treboadas,
carrionzas luxuriosas
e as augas de covas e lameiros,
que falan de misterios esquecidos,
lagoas atoadas polo tempo,
madoiros e macedas,
que a neve branca e fría
reventa mainamente
en fíos de escuma.
Eis o Río-Neno,
saloucante nos illós e nos trolleiros.
Eis os espelliños
onde as folerpas
esmorecen dondamente.
Pinga
a
pinga
fio
a
fio
nas horas de xistra
de curisco e vento frío
nace
paseniño
o noso río.
Augas que baixan na percura
de veiga e val, dos chaos de sequeiro
e das lonxícuas foces...
augas pregoadoras, augas de seitura,
andadoras de légoas para morrer no Neira
levando a súa maquía
de ecoar de saloucos e de voces
ao Miño pousón, vello pregador,
que rosmando manseniño
a lembranza da outonía
vai cara a mar facendo o seu camiño.
Augas que son fío nas fontelas.
coitelo nas fervenzas
espello nos encoros....
fío de vida, retrouso miragreiro....
Augas do Neno-Sárria
garuleiro.
Augas do Río-Mozo,
Augas da Madre-Vella,
Algareiro...
Gozo......
Fita Vella
O BAUTISMO
Con augas frías foi o teu bautismo:
Sárria che chamou o seurro,
que gardou os castros montesíos.
O romao, Sárria che deu por nome
na universal lingua latina,
e veu o suevo e Sárria repetiu
na guerreira fala do xermano.
Dende as Penas Negras ata o Neira,
o teu nome, inxel palabra,
en veiga e val,
entre as montañas
do nacer gaioso ( Río-Neno )
ata o morrer saudoso ( Río-Vello)
foi nome da auga e máis da terra.
Sárria te chamaron os antergos
e as augas xenerosoas
deron vida, froitos e seituras,
por séculos de séculos,
farturenta aceifa,
seitura de terra prometida
e a terra toda
tomou por nome
o lene fío prateado
que bican ameneiros
e sauda o ceo gaiso
da aberta veiga entre montañas.
AUGAS BRAVAS
Augas bravas nadas na alta serra,
na Boca de Reigosa morden penas,
e na Fervenza de Toca
un tapís de escuma tecen algareiras.
Ruxidoiras, augas indómitas
que moveron mazos,
batáns e relos vellos,,,
e souberon aló nas ferrarías
do xogo das moxenas coas pingotas,
e onde o marmurio das augas
foi o requilorio
de horas sen reloxo
e sen camiño.
Augas bravas de serra grisenta
e de albo monte,
que bican docemente os ameneiros,
e fan cantigas de escuma
nas penas talladas e nos rairos,
onde decote soñou o pegureiro
achar a donceliña malfadada,
a trave de ouro, o pente de prata
ou o tesouro....
soños de tolicie que nos queiman
e nos levan polos camiños do mundo,
engordiño,
xeración a xeración
e percurando o que o río encerra
e o que o río abre.
Relos de centeo e de pantrigo,
muiños de ecoares ledos,
amansan as augas ceibes, garuleiras
e falan connosco vellas verbas:
" Camiñante, ti que pasas,
da beira do río vagaroso,
non lle contes os mundos que coñeces,
déixao soñar. ...Ti es caridoso"
" Peregrino, ti que percuras,
dos camiños poirentos na secura,
saciar a sede de amenceres,
non lle fales das coitas que te magoan
deixa que de vagar camiñe,
déixao que beba as augas das fontelas
e xogue coas oucas verdes e os muiños"
PENA PARTIDA
En Pena Partida fala o río
de sesigas muiñeiras e camiños
miragreiros.
Fala de vieiros tallados nos rochedos,
carreira de pedra dura
por onde pasaron
cabaleiros, e santos,
e moitos peregrinos
que ían só coa compaña do bon río,,,,
e paseniño
no amencer
as augas xogan coas raiolas
bicndo, agarimosas, o verde fento e a carqueixa.
As uces inzan as abas e os penedos,
e na fontela xorde a auga fría
coma un don entregado ao camiñante,
palma gozosa , ramallo de loureiro, flor de primavera leda
para o duro saccrificio,
e a Virxe miragreira,
abrideira foi na pedra do camiño
e nel sinala con sombra protectora
o seu labor de raiña., de nai
e de señora.
( Rodeiras de carro cantareiro,
lembranzas de Xelmírez
que vai para Castela
deixando a patria en desamparo....)
- sempre se van e o lar patrio
orfo queda de amparo e de xustiza-.
Ollade aquí campos a poulo,
saudades e preguiza,
e como o miñato tece pousón
danzas no aire
nun monótono labor
de bailes parvos.
Pasando Pena Partida
tiven no peito unha mágoa,
bebín auga na fontiña
e enxuguei unha bágoa.
¡ Malpocado camiñante,
coidei achar un segredo
e o río dixo : " É cedo
e hai que seguir cara adiante ! "
SAN CRISTOVO DO REAL
Na Ponte de Almirón
vin alindando á pastora
e nas augas reflectida
a súa alma soñadora.
O río, na paz da aldea,
quere xogar cos lousados
e máis coa igrexa cativa...
cando o río é só unha vea
de suores alugados
e silandeira cantiga.
San Cristovo co seu neno
molla as canelas no río
mentres doce danza tece
a saudosa cotovía.
As foxa do camposanto,
e os sinos. - din-don-din-dan- ,
tanguendo sons de verea,
verdadeira esmola dan :
falan de que todo morre
e só a uga que corre
bicando os pés do pontigp
lembra vidas fuxidías
sen saloucos cara o frío
- dinguilindón-dingulindán-.
Xa brincadeiros meniños
son historias doutros tempos.
O Sárria baixa calado,
pola tristura envolveito,
- e no solpor do verán
os sinos berran saudosos:
"Este val é cadaleito"-
Din-don-din.don-din-dan
pasa o río, pasa a vida,
pasan os intres gaiosos
e os ecoares saudosos
van afogando o verán
con lición mal deprendida.
LUSÍO
Os muros da ferraría
inzados están hoxe de edras.
Só quedan as vellas pedras
onde houbo o lume sagro,
lume que forxou as rellas,
para o duro traballo,
lume que fixo as espadas
e cataventos de igrexas...
O Pazo é un grande pardiñeiro
e Vicenzo Vázquez Queipo,
vagaroso peregrino
coas táboas de logaritmos,
fai cálculos imposibles
e quimeras sen sentido.
A donceliña pacega
que coa cerviña brincaba
é fume de esquecemento,
vagalume esmorecido
na soedade da casa
onde o brasón non dí nada.
Brétema de séculos anda
polas cortiñas e os soutos
e as edras, vellos castiros
e carballos morriñentos
sombras de verde proxetan
riba do espello do río.
Xá non hai gra nos muiños,
está o tempo parado,
e todos os vellos ritmos
de peneiras e sesigas,
de rairos e de rodicios
son ecoar do pasado,
silenzo son, vento e fume
¡ Mala adaxe !
" ¿A canle non fai molaxe,
as augas non teñen vida !
O río olla en silenzo,
e como non garda memoria,
vai de vagar camiñando,
alleo ao ritmo da historia;
e cando vai avanzando
anda a facer novo lenzo
con tanxentes e cosenos,
numéricas formiguiñas
a todas horas falando
de imposibles mantisas.
Matemático frustrado
baixa saloucando o río,
tolambián enrabexado
presume de moi sabido....
e nunca detén o tempo
no seu reloxo parado.
Don Vicenzo cos seus libros
fica estantío no pazo,
por tras dos acuosos vidros:
tanxentes e cotanxentes
non aquecen o seu frío
Río abaixo van os soños,
os paraisos perdidos,
na percura do océano,
soño infindo , - pozo inmenso -,
onde acougan , cifras máxicas,
as ringleiras logarítmicas
do soñador de Lusío.
Rosma o vento
unha cantiga,
e na portada un cativo
bate co chamador con forza....
"Por caridade , unha esmola "
pide teimudo e repite
" Por caridade, unha escola
quero tecer logarítmos...
e tamén eu desexaba
un anaco de boroa"
Don Vicenzo sorrí, moi maino,
espertando coa garola
de nenos no río metidos....
A CAPELA DO ALCIPRÉS
A Capela de San Salvador
co seu lanzal alciprés
beira do fio calado das augas,
preguicerias, mansas,
imaxe é doutro tempo
e doutras horas.
Fala de monxes xa esquecidos,
e lévanos vagaroso a lonxanas horas
de rabela, de arado e máis de pregos
´de vedraños homes de caluga afeita ao xugo,
con pés alegres e lizgairos
para os rezos,
a quen os ventos fríos e o curisco
ferían os corpos polo inverno
e o ferro cego e mesto
do traidor sol de agosto
do báratro temeroso eran preludio.
Monxe, prendidos ao cantar da paxariña
pregoadora de eternidades pequeneiras,,,
con laudes e maitines percuraban ceo
nun estreito val de bágoas,
val de xiadas, val de lazo e de peneiras
da gra da fartura e do noxento coaño..
.horas de lacrimoso chumbo
que facían de cada veiguiña un mundo,
circo pechado , cheo de miserias
e da gloria prometida unha xanela.
"Ora et labora " foi a súa bandeira
e foi a capela limiar da súa renuncia,
comezo da escada arxéntea,
da coroa
da palma e máis do premio
prometidos a quen con unción pronuncia
o nome do Santo dos Santos noite e día
e ten a mente e beizos sempre abertos
ás augas vivas, augas limpas,
saciadoras de corpos e de espritos,
augas vivas,
augas ledas...
a terra vivifican....
E o río
paseniño,
vai engorde
bicando os ameneiros verdinegos
e o alciprés, antergo fito silandeiro,
pregúntalle decote ao río Sárria:
"¿ Cal é o teu camiño , compañeiro?
¿ Son cecais as túas augas sempiternas ?
Pasan e pasan, van e volven,,
Eu aquí só vexo o setestrelo
en noites de luar non bretemosas.
"¿ Hai outros mundos ? "
" ¿ Están as túas augas sempre vivas ? "
O río cala:
Sabe das horas traidoras do galo cantareiro,
das horas para a mortificación dos corpos,
das caladas horas dos pregos
e das tentacións morosas,
das foxas onde acougan corpos santos,
almas dondas........
O río cala.
¿ Cal pode ser a fiel resposta ?
Non ten ningunha.
Quen co río fala
o tempo perde
E o silenzo a alma fende.
SAMOS
Bica o Sárria os muros do mosteiro,
baixa calado marmuriando un prego,
acha ecoar no monxe samanego
que traballa no corazón un leiro
Non son augas de lama e de bulleiro,
augas son de bica, de fonte ou rego,
exemplo para quen é mudo e cego
para a pompa, a gloria e o diñeiro.
Augas manseliñas que a todos falan,
e vagarosas son; poucos escoitan
a mensaxe que a cotío nos regalan.
Son silenzos que en cada día adoitan
encher os muros do cenobio e calan
guerras de almas que contra corpos loitan
MORRER NO NEIRA
O Sárria con agarimo,
as augas ao Neira rende
nos ameneiros prendido.
E o Sárria vai paseniño,
pola veiga, de vagar,
fundir as augas no Miño.
Baixou da serra, gaioso,
e aínda mozo morreu
co seu andar preguizoso.
Río Sárria, non che envexo
esa morte prematura
cando te vías tan rexo.
...................................................................................................................................................................
PONTE RIBEIRA
Pola veiga , manseniño, o río vai Nove pontes ten a vial ;
e nos peares de pontes e pontigos nove peneiras de pedra,
en mil escumas brancas se desfai. nove gaiolas de pedra
pechando o arco da vella.
Con sede, tolambián, baixa do Iribio E a auga cantareira,
soñando liberdade cando cai xogantina e soñadora
nos rairos famentos do muiño. con fonda saudade chora
baixo da Ponte Ribeira.
E as pontes son como peneiras Peneira de auga e lúa
para iauga cobizosa dun ronsel non sinte hoxe as pegadas
que xoga coas árbores das beiras dos pelengríns pola rúa.
nas prácidas horas de lecer.
XAIME F. LÓPEZ ARIAS
..................................................................................................................................................................
CANTIGAS DO TOLEIRO
Eu fun moer ao Toleiro , Sentado riba da ponte ,
fun por ver á muiñeira ; ollando as augas do río
ao pasar polo pontigo pedínlle a unha lavandeira
souben que ía na feira. a fita do seu corpiño.
Malia de quen quere amores, " Non quero trato con mozos,
malpocado quen percura taravelos, presumidos,
manciñeira que doenzas roubadores son de beixos
dos rapaciños non cura. por outro bico esquecidos.
...................................................................................................................................................................
Atopei este blogue por casualidade. Foi un pracer dar con estes versos, hei de compartir a ligazón :)
ResponderEliminar