Xosé Quiroga Espín ( deputado )

XOSÉ QUIROGA ESPÍN.- Fillo matrimonial de Benigno Quiroga López-Ballesteros  e da que fora musa de  Bécquer.
Foi dono da Casa Grande da Pobra de San Xiao e deputado a cortes polo distrito de Sárria.
Tomou parte activa na consecución da traída de augas para a vila de Sárria, que se completou en 1920, e por isa razón foi nomeado Fillo Adoptivo de Sárria.  O seu retrato figura na Galería de Sarriaos Ilustres, no Salón de Plenos do Concello de de Sárria.

En 1920 , no concello  de Sárria, tiña as seguintes propiedades e rendas :

          1.- Na parroquia de Santa Mariña de Sárria : A renda aneira de unha fanega de centeo , que pagaba don Manuel Saco Pradeda. Redemida en agosto de 1920, perate o notario Sr. Acevedo.

         2.- En Santa Mariña de Sárria ( en realidade era na parroquia de San Salvador, dende 1891 ).- O dereito reservado en escritura, por virtude,da que lle foi dada en foro, a casa nº 30 da Rúa Maior da vila de Sárria,  "que linda pola fronte coa dita rúa , á derrita con outra dos Herdeiros de don Luis e doña Xosefa Somoza ; á esquerda con outra de don Froilán Cabarcos, e pola traseira con horta dos mesmos heredeiros, co dereito de utilizar  a aira de mallar existente na dita casa e  e durmir e  morar nela , algúns días de cada un ano.
( Trátase da agora  chamada Casa de  Vera, decorada con azulexos azuis, onde houbo fonda, unha ferretería e a consulta primeira do dentista Xosé Vera ).

        3.- En Santo Estevo de Calvor: A posesión de 12 fanegas de centeo e unha de trigo, pola medida nova, que pagaba Amador López.  Redemida  en abril  de 1920 ( Notario do Pàramo, Gumersindo López Pardo )

       4.- En San Sadurniño de Feriros: 2 fanegas e media de cento pola media nova, que pagaba Ramón López (  Redemida en documento privado en 28.-02.1925)

         5.- En San Xuliàn de Meixente.-  Renda de 1 fanega de centeo que pagaba  Ramón López, redemida en data imprecisa.

        6.- Parroquia de San Miguel de Goián:  Renda de 4 fangas de centeo pola medida nova,  que a pagaba Francisco Vázquez. Redemida en abril de 1920, perante López Pardo.

       7.- Parroquia de San Miguel de Vilapedre: Renda de 1 fanega de ceneteo  pola medida nova, que pagaba  Manuel Vázquez. Redemida: 18,12.1928, notario de Sárria, Sr. Morillo.

      8.- Parroquia de Santa  María de Vilar: Renda de media fanega de centeo, pola medida vella, que a paga Xosé López ( sen redemir)



Comentarios

Publicacións populares