Corvelle ( Sárria )
Veciños de Santa María de Corvelle ( Sárria )
1753FIDALGOS
1.- GREGORIO NÚÑEZ CAPÓN.- casado, de 60 anos, ten Francisco Núñez, fillo seu, casado, maior de 18 anos; dous criados tamén maiores de 18 anos; un criado e un neto, menores de 18 anos, dúas netas e tres criadas. Francisco Núñez era siseiro de viño.
2.- JOSEPH DE PÁRAMO.- casado, de 60 anos; ten un fillo casado, maior dos 18; un criado tamén maior deles ; outro menor; unha filla, tres netas e dúas criadas.
LABREGOS
3.- ANTONIO FERNÁNDEZ.-casado de 60 anos; ten con el a Fernando López, xenro, casado, maior dos 18; un criado maior deles; dúas irmás,un neto menor e unha criada. O Fernando López, como ferreiro,obtiña 30 reais ao ano.
4.- ANTONIO FERNÁNDEZ DE CORVELLE.- casado , de 30 anos; dúas fillas. Como estanquilleiro de tabaco obtiña 20 reais ao ano.
5.- JOSEPH LOPEZ.- casado, de 47 anos; tiña con el a Pedro López, fillo seu , de máis de 18 anos; e outros catro menores deles, cinco fillas e unha cuñada. Pedro López, que era xastre tiña a utilidade de 30 reais ano ano.
6.- JUAN DÍAZ.- casado, de 47 anos; tiña un fillo maior dos 18 anos, tamén casado, outro menor deles, dúas fillas e unha irmá. Poo ser taberneiro tiña unha utilidade de 30 reais en cada un ano.
7.- ANTONIO ARIAS.- casado, de 58 anos; tiña un fillo maior dos 18 anos e unha filla.
8.- ALONSO DIAZ.- casado, de 60 anos; tiña un irmán maior dos 18 anos, dous fillos menores deles e dúas fillas.
9.- BLAS LÓPEZ.- casado, de 30 anos; tiña con el un fillo e un criado menores dos 18 anos, unha filla, unha irmá, a súa nai e unha criada.
10.- DOMINGO ANTONIO DE CASTRO.- casado, de 49 anos; tiña un fillo maior dos 18 anos, dous fillos menores deles , unha filla e dúas criadas.
11.- FRANCISCO DE CASTRO.- viuvo, de 60 anos; tiña un fillo menor dos 18 anos, e catro fillas.
12.- JUAN DO REGO.- solteiro, de 54 anos, tiña con el dous sobriños.
13.- JUAN FERNÁNDEZ PEDROSO.- casado, de 44 anos; tiña tres fillos menores e dúas fillas.
14.- JUAN LOPEZ.- casado, de 66 anos; tiña un fillo maior dos 18 anos, tamén casado, tres netos menores deles e dúas netas.
15.- JUAN LÓPEZ DA SILVA.- casado, de 51 anos ; tiña un fillo menor dos 18 anos, dúas fillas , unha parenta e unha criada.
16.- JUAN GARCÍA.- casado, de 37 anos; na súa compaña estaban un irmán maior dos 18, unha irmá e dúas criadas.
17.- JACOB LÓPEZ.- casado, de 51 anos; tiña tres fillos e un criado menores dos 18 anos, dúas fillas e unha sobriña.
18.- MANUEL DE NEIRAS.- casado, de 60 anos; tiña con el ao seu xenro maior dos 18 , casado, un neto menor deles e unha irmá.
19.- MANUEL ARIAS.- viuvo de 70 anos, tiña un fillo casado, outro fillo e un fillastro maior dos 18, un neto menor deles , unha filla e unha neta.
20.- MATHEO LÓPEZ DA SILVA.- casado, de 60 anos; tiña un fillo maior dos 18, casado, dous menores deles e tres fillas.
21.- MATHEO LÓPEZ.- casado, de 34 anos; na súa compaña estaban un cuñado maior dos 18 anos, tres fillos menores deles, dúas fillas e unha criada.
22.- MARTÍN LÓPEZ.- viuvo, de 66 anos; tiña dous fillos maiores dos 18 anos, un deles casado, un neto e un criado menores e dúas fillas.
23.- FELIPE DE CASTRO.- Casado de 36 anos;catro fillos menores dos 18 e unha filla.
Resultan 147 individuos que entran na veciñanza e 33 do persoal, e 163 reais de industria.
Os interesados en coñecer as circunstancias persoais de sucesivos moradores en Corvelle-Sárria, poderán seguir as averiguacións precisas consultando os Libros de Batismos, Matrimonios e Enterramentos do Curato de Corvelle, que se conservan no Arquivo Diocesano de Lugo ( Praza de santa María ).
Comentarios
Publicar un comentario