Santiago da Veiga ( Sárria )
SANTIAGO DA VEIGA ( Sárria )
1753
1753
Santiago da Veiga era unha parroquia de señorío particular dos Marqueses de Sárria, na súa maior parte, e do Mosteiro de Samos ( a aldea de Fonteabuín ).
Por razón de señorío os Marqueses percibían en cada un ano 31 ferrados de centeo e 26 reais con 26 maravedís.. O Mosteiro de Samos , por dereito de loitosa, recibía un promedio de 30 reais en cada un ano.
ESTREMAS
Principiaba a demarcación " na MODORRA BRANCA, da que segue ao MARCO DAS MATELAS, de este á FONTE DE CERXEDO, de alí ao ARROXO DE RIBAS, seguindo ata meterse no RÍO DA SÁRRIA, e por este abaixo ata o POZO DA REZA. de onde corta ao MARCO DA TRAVE, que a divide de Sur Leste de Lousadela; dende alí segue pola CARREIRA DA FOLGUEIRA, ata a POZA DAS CALDAS; de alí vai ao AGRO DE AGOLADA , e ao PONTÓN DA UZ e de alí segue á FONTE DAS GARZAS, de esta á FONTE DO CARDO, de esta ao CANCELO chamado de XOÁN LÓPEZ ; de este vai ao sitio da VEIGA, por onde entra no RÍO DA SÁRRIA , e vai polo río abaixo ata o ARROXO DE CABANAS e segue ata a PRESA DE GOLÁS, e de alí á MODORRA BRANCA , sinalada ao comezo da demarcación".
A xurisdicIón dependente do Mosteiro de Samos dividía da do Marquesado "principiando ao Sur na MEDORRA BRANCA da que segue polo CAMIÑO REAL da Ponte de Carracedo ata a casa na que mora Matías Ribeirego, e desta vai fenecer no ARROXO DE RODICELO, situación do MONTE DA PEDRA...."
ECLESIÁSTICOS
MARCOS DÍAZ CAPÓN ( 67 anos ). XOÁN DE NÁXERA.- párroco.- XOSÉ DE ARMESTO ( do Mato). Capelán da Nosa Señora do Rosario inclusa en Santiago da Veiga , que disfrutaba de leiros en Caldeira ( 1 ferrado ), Pereira ( 2 e 3 ferrados e medio ), Grileira ( 6 ferrados ), Veiguiña ( 2 ferrados) e O Feal ( 1 ferrado).
FIDALGO
DIEGO DÍAZ.- Casado , de 64 anos, 1 fillo maior dos 18 anos, un fillo menor, dúas fillas e unha criada.
LABREGOS
ANTONIO RODRÍGUEZ.-viuvo, de 74 anos, e con el un xenro casado, un neto e tres fillas.
BARTOLOME RIVEIRA.-casado , de 70 anos,un criado, dous fillos menores dos 18 , dúas fillas e dúas criadas.
BLAS LÓPEZ.- casado, de 70 anos , un fillo maior casado, un neto, unha irmá e tres fillas.
DOMINGO LÓPEZ.-casado, de 70 anos, e con el tres fillos menores, dúas fillas e unha tía.
DOMINGO DIAZ.-casado, de 44 anos, 1 fillo menor dos 18 e tres fillas.
DOMINGO VÁZQUEZ.-casado, de 60 anos , un fillo maior de 18 anos, un fillo menor deles, 3 fillas e unha irmá.
DOMINGO GONZÁLEZ.- casado, de 50 anos,un xenro casado e unha cuñada.
DOMINGO ABAD.- casado, de 46 anos, un fillo maior de 18 anos e dúas irmás.
EUFRASIO DE NIEVES.-viuvo, de 56 anos, un fillo maior casado e un neto.
FRANCISCO RODRÍGUEZ.-casado, 40 anos, con el o seu avó, de 70 anos, un cuñado, dúas irmás e dúas criadas.
FRANCISCO RODRIGUEZ DA AIREXE.-viuvo , de 80 anos, un fillo casado, unha filla, un neto e unha criada.
FROILÁN LÓPEZ DE SILVA.- casado, de 60 anos, un fillo casado, unha irmá.
IGNACIO LÓPEZ.-casado, 25 anos, tres irmás e a nai.
JOSÉ LÓPEZ.-casado, 50 anos, dous fillos menores de 18 anos, unha irmá.
JOSÉ DE ARMESTO.- casado, de 34 anos, unha criada, dous fillos, a nai, unha tía e unha irmá.
JOSÉ LÓPEZ.-casado, de 54 anos, dous fillos menores de 18, unha irmá.
JUAN LÓPEZ.- casado, de 51 anos, dous fillos menores de 18 anos, tres irmás e unha criada.
JUAN NÚÑEZ.-casado, de 36 anos, tres fillos menores , a nai, dúas criadas.
JUAN LÓPEZ BLANCO.-casado, de 33 anos, dous fillos menores de 18 anos.Era taberneiro e estanquilleiro.
JUAN DA TORRE.-casado, 60 años, un fillo menor dos 18 anos, dúas irmás.
JUAN CAPÓN.-casado,58 anos, dous fillos maiores de 18 anos, un fillo menor deles, unha irmá , dúas criadas.
JUAN RODRÍGUEZ.-casado, 44 anos, un fillo menor dos 18, tres fillas, unha irmá.
MATÍAS RIBEIREGO.-casado, 60 anos,dúas fillas, un criado.
MARTÍN FERNÁNDEZ.-casado, 56 anos, cinco fillos menores dos 18, dúas fillas, unha tía, un irmán,
MARTÍN DA TORRE.-casado, 75 anos,un fillo casado, dous netos, unha neta, unha criada.
PASCUAL GARCÍA.-casado, 22 anos,un fillo, un irmán,a nai, unha tía e unha sobriña.
PEDRO FERNÁNDEZ, DE FONTEABUÍN.-casado, 50 anos, e con el unha sobriña.
PEDRO LÓPEZ.- 48 anos, dous fillos menores de 18 anos, dúas fillas, a sogra e unha cuñada.
SEBASTIÁN LÓPEZ.- casado, 36 anos, dous fillos menores de 18 anos, tres fillas, unha cuñada.
TOMÁS DE MELLE.- casado, 46 anos, un fillo menor de 18 anos, dúas fillas, a nai e unha irmá.
......................................................................................
ANTONIA NÚÑEZ.- celibata, un criado, dúas irmás e unha sobriña.
MARÍA FERNÁNDEZ.-viuva, un criado , un neto e a nora, tamén viuva.
PASCUA ARES.-viuva, un fillo menor dos 18 anos, unha filla.
TERESA FERNÁNDEZ.- viuva, un fillo menor dos 18 anos e unha filla.
.................................................................................................
ALONSO CALOTO DE BERSELOS.- Como siseiro do viño declaraba utilidades cada ano.
Total de individuos na parroquia: 188.
EMOLUMENTOS DO COMÚN.- VINTE FERRADOS de monte de primeira calidade ao sitio da REXIDOIRA, cara a parte do sur, SESENTA de segunda, cara o Norte, e DOUSCENTOS VINTE, de terceira cara Levante e Poñente, que todos estreman a Leste coa freguesía de Touville , Poñente, camiño público , Norte con propiedade dos veciños e ao Sur, coa freguesía de Rubín.
TRINTA ferrados de primeira calidade, ao sitio de RIXIDOIRA, cara a parte do Sur, SESBTA de segunda, cara a parte de poñente, CENTO VINTE DE TERCEIRA, cara Norte, e CEN in ñtiles por natureza, cara Levante, que todos lindan ao Levante propiedade dos ditos vecinos , Poñente con monte de Juan Capónn e Antonio Rodríguez, Norte, murado, e ao Sur, con doña María Quiroga.
CENTO VINTE ferrados de terceira ao sitio das REBOUZAS , linda a levante con zarras propiedade de veciños, Poñente, murado, Norte, con terras de Sebastián López e ao Sur con Juan Capón.
CATRO ferrados ao sitio de RODICELO ( primeira calidade ) e a RÍA, a Levante, SEIS de segunda, a Levante e a Poñente e DEZ de terceira ao Norte e Sur, que todo o dito monte linda a Levante con propiedades dos veciños, Poñente coa freguesía de San Salvador de Larín, Norte coa de Oliros, Sur.
QUINCE ferrados de primeira, no sitio de MUIÑELO, á parte de Poñente, TRINTA E CICNO de segunda á parte do Sur, CINCUENTA de terceira a Levante e Nacente. Linda a Levante con propiedade dos ditos vecinos, Poñente, coa freguesía de San Salvador de Larín, Norte coa de Oleiros, Sur, murado.
TRINTA ferrados de primeira no sitio de QUEIMADOS, e á parte do Sur CORENTA de segunda, á parte de Levante, e TRINTA de terceira na parte de Norte e Poñente. Linda a Levante, con don Diego Díaz, Poñente Antonio Rodríguez e Juan Capón e ao Sur, con Domingo González.
A Fábrica da Igrexa, percibía 49 ferrados e medio de centeo cada ano por primicias, para a atención do mantemento do culto e do templo parroquial, xestionado por un mordomo nomeado para cada ano.
O cura percibía dos seus fregueses 282 ferrados de centeo, 12 ferrados de trigo, 100 ferrados de castañas, 25 carros de nabos, 2 carros de herba e 270 reais.
Os veciños de Céltigos pagabanlle ao cura de Lousadela 5 ferrados de centeo, un carro e medio de nabos e 12 reais.
O Cabido de Santiago de Compostela polo Voto de Santiago percibía 30 ferrados e medio de centeo dos labregos con xugada.
Na parroquia había 36 veciños e 39 casas.
Os veciños de Fonteabuín tiñan unha TABERNA dada en aluguer , pola que Alonso Caloto, de Berselos, pagaba 176 reais. Xoán Blanco era taberneiro e estanquilleiro. Tomás López traballaba como ferreiro.
Había trea muiños , un no CHOUSO ( no Río da Sárria, de dúas rodas , propiedade de Juan Rodríguez ), outro no ARROXO DE GOIZ ( de unha roda ) e o do RECONCO ( de dúas rodas, de Pedro Capón de Rubín ).
Tiñan trobos e colmeas para obter mel e cera: Pedro López ( 12 ); José Rodríguez ( 6 ); Bartolomé Ribeira ( 2 ); Juan da Torre ( 2 ); José de Armesto ( 4 ); Antonio Núñez ( 3 ); Pascual García ( 1 ); Antonio Rodríguez ( 1 ) ; Juan Capón ( 1 ).
DICCIONARIO MADOZ.- SANTIAGO DA VEIGA.- Freguesía na provincia e diocese de Lugo ( 5 légoas ), partido xuidicial e concello de Sárria ( 1 ) .SITUACIÓN: á esquerda do río Sárria, que a circunda por Norte, Leste e Sur; o CLIMA morno e húmido.Consta dos lugares de Céltigos, Pedrafita e A Veiga, que reúnen 28 CASAS, unha escola temporal e indotada, e moito arboredo. A igrexa parroquial ( Santiago ) é a matriz de San Salvador do Mato; o curato é de primeiro ascenso, e padroado leigo. O termo confina polo Norte co de Larín, Leste, Rubín , Sur, San Xulián da Veiga, Oeste, Mato. O terreo é de mediana calidade . Os CAMIÑOS locais. O CORREO recíbese na capital do partido . PRODUCIÓNS: centeo, patacas, algún trigo, millo, legumes, hortalizas e pastos. ; cría gado vacún , porcos, ovellas e cabras; hai caza de perdices e lebres, e pesan ricas troitas , anguías e peixes. INDUSTRIA: a agrícola, muiños fariñeiros e varios teares caseiros.POBOACIÓN: 28 vecinos, 148 almas. CONTRIBUCIÓN: co seu concello.
Comentarios
Publicar un comentario