Sárria nos Cantares de Eduardo Lence Santar
CANTARES
Pouco importa ter diñeiro,
Pouco importa ter honores
Si vivo fora d' a terra
D' a terra dos meus amores.
D' a terra dond'eu nacín,
D 'a terra dond'eu gocei,
D' a terra qu'eu admiro,
D 'a terra que sempre amei.
D' a miña terra gallega,
D' a miña terra amada,
D' a miña patria Galicia ,
¡ Galicia d'a miña y-alma !
¡ Como s'escornan as olas
Contr'o cabo de Burela !...
¡ Como berra o vendabal .
Como berra , como berra !...
Esmelándranse as olas
Contr' a area e contr' as penas;
As gueivotas fuxen tolas ;
¡Ay d' as probiñas traineiras !
Coitadiños pescadores
Cando volverés a terra ;
Mariñeiriños valentes
Os do porto de Burela.
As traineiras dos focegos
Non poden pasal-a barra
E teñen que dal-a volta
Para o porto de Tapia.
¡ Ai glorioso San Cosmede !
¡ Meu santiño da Montaña !
Non permitás qu'eu me morra
Eiquí solo en terra extraña.
Campaiñas, Campaiñas,
Campaíñas de Goyán,
Se non tocás de cotío
Que de soidades me dan.
Rapazas cal-as de Sarria
Non as hay no mundo enteiro :
¡ Que gallamardas, que ollos ,
Que trato tan churrusqueiro !
Teño d' ir ao San Eufrasio,
Teño d' ir coa miña nena;
Heille levar de regalo
Unha veliña de cera.
Adios calles , adios plazas
D' a meiga Vila de Sarria
Anque xa nunca vos ollo
Eyvos lembrar co-a y-alma .
EDUARDO LENCE -SANTAR E GUITIÁN
( El Progreso, 11 de febreiro de 1912
Pouco importa ter diñeiro,
Pouco importa ter honores
Si vivo fora d' a terra
D' a terra dos meus amores.
D' a terra dond'eu nacín,
D 'a terra dond'eu gocei,
D' a terra qu'eu admiro,
D 'a terra que sempre amei.
D' a miña terra gallega,
D' a miña terra amada,
D' a miña patria Galicia ,
¡ Galicia d'a miña y-alma !
¡ Como s'escornan as olas
Contr'o cabo de Burela !...
¡ Como berra o vendabal .
Como berra , como berra !...
Esmelándranse as olas
Contr' a area e contr' as penas;
As gueivotas fuxen tolas ;
¡Ay d' as probiñas traineiras !
Coitadiños pescadores
Cando volverés a terra ;
Mariñeiriños valentes
Os do porto de Burela.
As traineiras dos focegos
Non poden pasal-a barra
E teñen que dal-a volta
Para o porto de Tapia.
¡ Ai glorioso San Cosmede !
¡ Meu santiño da Montaña !
Non permitás qu'eu me morra
Eiquí solo en terra extraña.
Campaiñas, Campaiñas,
Campaíñas de Goyán,
Se non tocás de cotío
Que de soidades me dan.
Rapazas cal-as de Sarria
Non as hay no mundo enteiro :
¡ Que gallamardas, que ollos ,
Que trato tan churrusqueiro !
Teño d' ir ao San Eufrasio,
Teño d' ir coa miña nena;
Heille levar de regalo
Unha veliña de cera.
Adios calles , adios plazas
D' a meiga Vila de Sarria
Anque xa nunca vos ollo
Eyvos lembrar co-a y-alma .
EDUARDO LENCE -SANTAR E GUITIÁN
( El Progreso, 11 de febreiro de 1912
Comentarios
Publicar un comentario