San Xulián da Veiga de Sárria ( 1753 )
SAN XULIÁN DA VEIGA DE SÁRRIA ( 1753 )
( Sucesivas denominacións : Sancti Iuliani de Veiga, San Jullao da Veiga, San Jillao da Veiga ). Eclesiásticamente aparece coa denominación de San Xulián da Veiga de Sárria, para distinguila da parroquia de San Xulián da Veiga ( no Concello da Pobra do Brollón )
Parroquia do actual Concello de Sárria, que ata 1820 formou parte da Xurisidición do Marquesado de Sárria, no Partido da Veiga- Entre 1820 e 1823 integrouse no primeiro Concello Constitucional de Sárria. Foi una das parroquias do segundo Concello sarriao, e en 1840 pasou xa definitivamente no terceiro Concello de Sárria. No eclesiástico formou curato coa freguesía de Santa Mariña de Rubín.
( Sucesivas denominacións : Sancti Iuliani de Veiga, San Jullao da Veiga, San Jillao da Veiga ). Eclesiásticamente aparece coa denominación de San Xulián da Veiga de Sárria, para distinguila da parroquia de San Xulián da Veiga ( no Concello da Pobra do Brollón )
Estremas : Principia a súa demarcación a Levante no MARCO DO MORELLE, de alí vai ao MARCO DE LAMAS DE MUIÑO, de alí cortando ao Norte vai ao MARCO DE RIBAS ALTAS , de alí río arriba vai ata a CAL DA CASA NOVA , de segue ao ao MARCO DOS TRANCOS , de aquel á FONTE DO CARDO de esta ao MARCO DO AGRO DA COSTA, e de aquí volve fenecer no MARCO DO MORELLE"
Veciños ( 1753 )
Fidalgos
01.- FRANCISCO PARDO, casado, 45 anos, un fillo maior dos 18, tamén casado e dúas fillas.
02.- XOÁN DÍAZ DE FREIJO, casado de 40 anos, tres fillos menores dos 18, un tío Fidalgo de 60 anos e dúas criadas.- Polo exercizo de taberneiro reguláronlle un beneficio de 15 reais.
Labregos
03.- FRANCISCO GONZÁLEZ, casado, 60 anos, 2 fillos maiores, un deles tamén casado, chamado Francisco, unha filla e dúas netas. Francisco González, polo exercizo de zapateiro obtiña un beneficio de 60 reais, na cuarta parte do ano.
04.- XOÁN GARCÍA, casado, 46 anos, dúas fillas, unha delas casada con Domingos López de Vilar, de 35 anos, e un neto menor. Pola actividade de zapateiro, Domingos López tiña unhha utilidade de 30 reais, na cuarta parte do ano.
05.- MARCOS REAL, casado, 41 anos, tres fillos menores.- Polo exercizo de carpinteiro, na sesta parte do ano, tiña unha utilidade de 30 reais de vellón.
06.- PEDRO PÉREZ LABRADOR , casado, 45 anos, tres fillos menores, unha filla e unha criada.
Como carpinteiro, na sesta parte do ano, tiña un gaño de 30 reais.
07.- ANTONIO MOURÍN, casado, 30 anos, a nai e dúas fillas.
08.- DOMINGOS RODRÍGUEZ, casado, 36 anos, unha filla, a sogra , unha tía e unha cuñada.
09.- DOMINGOS TOIRÁN, casado, 36 anos, un fillo menor, a sogra e unha cuñada.
10.- DOMINGOS MOURÍN, casado, 62 anos, un xenro casado, e tres netos menores.
11.- FRANCISCO GARCÍA , casado , 40 anos, catro fillos menores e dúas fillas.
12.- FELIPE QUIROGA, casado, 27 anos, un cuñado menor dos 18, unha tía e unha criada.
13.- XOSÉ GARCÍA, casado, 56 , un fillo menor e dúas fillas.
14.- XOÁN LÓPEZ, viuvo, 56 anos, un fillo maior , casado, un neto menor, unha filla e unha neta.
15.- XOSÉ CAPÓN, casado, 50 anos, dous fillos menores, un neto e una cuñada.
16.- XOÁN LÓPEZ, casado, 27 anos, unha filla , a sogra e catro cuñadas.
17.- PEDRO PAZ, casado, 27 anos, un cuñado maior, dous fillos maiores.
18.- PEDRO VILAR , casado, 36 anos, dous fillos menores, unha filla e a nai.
19.- ANTONIA DÍAZ, viuva , dúas fillas.
Resultan 99 individuos que entran na veciñanza , 21 no persal e 165 reais vellón por industria.
Cregos
20.- PEDRO RIVERA E QUIROGA, Cura Párraco, 80 anos, un criado menor e unha criada.
BENS E RENDAS DE ECLESIÁSTICOS
O APÓSTOLO SANTIAGO.- Percibe por razón de Voto de cada veciño que labraba con xugada , medio ferrado de centeo , reunindo oito ferrados e medio de pan centeo en cada un ano.
A FÁBRICA DA IGREXA DE SAN XULIÁN.- Por razón de primicia 27 ferrados de cento e 2 reais de vellón anuais.
PEDRO RIVERA E QUIROGA , CURA PÁRRACO, posuía os bens do Igrexario.:
UNHA CASA no lugar da Airexe de doce por oito varas ; Agra da Veiga ( 4 ferrados ), Toiral ( unha cuarta de ferrado ) ; O Barredo ( 2 ferrados ) ; Toiral ( 5 ferrados ) ; Toiral ( 3 ferrados ); Cortiña da Lama ( 3 ferrados ) : A Xorda ( 11 ferrados ); Prado da Fonte ( ferrado e medio ); Horto da Fonte ( una cuarta de ferrado ) ; Leiro do Agro ( 12 ferrados ); Leira do Monte ( 20 ferrados ); O Monte ( 15 ferrados ); Leiro de Cerdán ( 10 ferrados ); Leiro de Cerdán ( 6 ferrados ); Leiro de Cerdán ( 4 ferrados ) ; Monte de Cerdán ( 5 ferrados ) ; Agro de Cerdán ( 28 ferrados ); Cerdán ( 12 ferrados ); Horto da Aira ( unha cuarta de ferrado ); Leiro da Aira ( 4 ferrados ).- Percibe os desmos maiores que producen os termos da freguesía , agás a terza parte dos de lugares antigos que leva don Diego de Oca , veciño da cidade de Betanzos, e os do cura estaban regulados en 1.000 reais ao ano.- Polas pezas do Igrexario percibía o Arcediago de Sárria, 6 ferrados de centeo , e por dereitos de procuracións 12 reais de vellón.- O Visitador por dereitos de visita percibía 12 reais. E ademáis os bens estaban gravados con 28 reais de subsidio e excusado. Gado propio.- Dous porcos de ano e medio e outros tres de a un ano.
EMOLUMENTOS DO COMÚN
Dez ferrados de monte de primeira calidade , cara Sur, vinte de segunda, a Poñente e 170 de terceira , a Levante e Norte, no sitio do MORELLE . Estrema a Levante coa freguesía de San Sadurniño de Ferreiros, a Poñente, camiño público, Sur a freguesía de San Salvador de Vilar de Sárria
FONDOS DOCUMENTAIS
No Arquivo Diocesano de Lugo ( Praza de Santa María ), poden ser consultados os libros que recollen partidas sacramentais, libros de Confrarías e da Fábrica da Igrexa. Os interesados en coñecer as súas liñas familiares poderán seguilas, nalgúns casps, ata darredor
do ano 1600. Freguesías de San Xulián da Veiga e Santa Mariña de Rubín.
01.- Libro de Batismos ( 22.05.1680 / 17.07.1759 )
02.- Libro de Batismos ( 26.09.1759/ 21.04.1853 )
03.- Libro de Batismos ( 28.02.1852/ 10.09.1900 )
04.- Libro de Batismos ( 19.11.1900/...................)
05.- Libro de Matrimonios ( 11.02.1715 / 20.02.1806 )
06.- Libro de Matrimonios ( 29.01.1807 / 28.04.1853 )
07.- Libro de Matrimonios ( 24.04.1852 / 11.03.1941 )
08.- Libro de Matrimonios ( 25.03.1940 /..............)
09.- Libro de Defuntos ( 1.04.1807 / 19/10/1839 )
10.- Libro de Defuntos ( 14.03.1852 / 20/10/1882 )
11.- Libro de Defuntos ( 28.08.1881 / 5.08.1924 )
12.- Libro de Defuntos ( 24.08.1924 /.................)
13.- Libro de Confirmacións ( 14.12.1964/..........)
14.- Libro de Rexistro de Sepulturas ( 1964 / ......)
15.- Libro de Fábrica ( 1660 / 1758 )
16.- Libro de Fábrica. Primicias ( 1717/1881)
Legaxo de Fábrica de Rubín ( 1881/1892 )
17.- Libro de Fábrica ( 1760 / 1922 )
18.- Libro de Fábrica Rubín ( 25.01.1823/.........)
19.- Libro da Confraría do Smo. Nome de Xesús ( 1724 a 1800 )
20.- Libro da Confraría do Santísimo ( 1765 a 1851 )
Escritura da compra da Casa Reitoral , Sárria , 13 de novembro de1920
Relación tomada do libro "Catálogo de los Archivos Parroquiales del Obispado de Lugo "
( Elías Valiña Sampedro)
Comentarios
Publicar un comentario