Ricardo Núñez Rodríguez
( El Regional, Lugo, 4 de xaneiro de 1918 )
MANSIÓN DE ORATES
A CASA DE SAÚDE DE VILAPEDRE
Temos escoitado moitas veces relacións sorprendentes de enaxenacións mentais voltas á sana saúde no "petit" manicomio do Doutor Ricardo Núñez.
Os nosos desexos de coñecer persoalmente a obra do alienista e as referenzas da bondade ilimitada do director do ( establecemento víronse colmados ) conseguíndose a realización dos propósitos hai tempo concebidos.
Falemos da obra
O lugar de Vilapedre áchase emprazado no punto medio de distancia entre a vila de Sárria e a Pobra de San Xiao. É alegre como as as paisaxes de Galicia, coa sereidade adusta dos terreos montañosos.: san , moi san, e de pouca veciñanza.
A casa de saúde é pintoresca , con máis trazas de de chalet de adiñeirado que de masión de loucos , e só se albisca a anormalidade dos seus hóspedes en algúns detalles de construción constitutivas de medidas de seguridade. O edificio é novo: todos os anos introducen reformas en consonancia cos nvísimos estudos da ciencia médica na especialidade de patoloxía mental, e co pedido cada vez máis crecente de lugares para doentes de novo ingreso.
Rodean o edificio hortos espléndidos e agros vastísimos , lugar de esparcimento dos recluídos coa puntual vixianza de competentes encargados.
O sistema de construción do Sanatorio é tan sorprendente como novísimo. Esguíos pavillóns , de constante solleiro e ventilación están comunicados por amplo corredor que permite asistir simultáneamente a todos os asilados que, por outra parte, están localizados con rigorosa separación de sexos, idades , categorías da doenza , tempo de curación, etc.
O Doutor Ricardo Núñez recórdanos aquel outro Doutor Rodrigo Vázquez en "El Caso Clínico " do soberbo novelista Antonio de Hoyo y Vicent. É tan exacto o paralelo espiritual dos dous alienistas que, reproducindo algúns párrafos da singular novela retrata xustamente a psicoloxía do Doutor Núñez e o método de curación dos seus anormais : " O sistema era todo dozura , bondade, alegría. Nada de martirizar aos pobres loucos con esixenzas que non podían comprender e que só mecánicamente eran capaces de realizar con grande perxuizo para a súa saúde misérrima.Darlles benestar , satisfación interna , a partir do seu espíritu, ás preocupacións e ás inquedanzas , facerlles cobrar forzas e agardar o intre propicio , o intre no que unha vacilación da súa loucura , unha oscilación entre a razón e o desequilibrio, lles permitise pesar na balanza sen violenza , facéndoos retornar á verdade..."
Ese é o programa que se desenvolve en Vilapedre.Só un home tan forte de cerebro como san de corazón tal é D. Ricardo Núñez sería apto para manter o progreso dun plano así. Discípulo predileto do Doutor Esquerdo , de inesquecible memoria, recolleu do sabio alienista os cánones da moderna ciencia, nutríuse coa seiva fecunda das súas explicacións e labores prácticas e constantes das súas clínicas numerosas e co estudo asiduo na soberba biblioteca do grande mestre .
Nada de coacción , nada de forza cos infelices asilados : procurar sempre a maior liberdade harmoniada coa situación do doente en cura.
"- Na miña casa - dicíame enérxicamente D. Ricardo- non se coñecen eses cilcios brutais que se chaman camisas de forza.- "Ne pas rsterindre": velaí o lema da nov´sim patoloxía mental.
- ¿ Por qué non se anuncia ?,- tivemos que preguntarlle.
- O mellor anuncio desta Casa de Saúde realízana as curacións gañadas. Vostede mesmo - enadiu inxenuo- .¿ Por qué ven visitarme ?. ¿ Onde leu a existenza do "Manicomio de Vilapedre ?".
Despedímonos do sabio , compracidos da súa bondade , e da súa ciencia ; admiramos ao mesmo tempo o servizo persoal da Casa . polo seu trato afable , innúmeras atencións co visitante e cordialidade inmensa para os pobres asilados; e ao lembrar a oca suntuosidade dos grandes manicomios, pensamos que a eficacia da curación mental máis esixe acougo de espíritu e asistenza técnica que enormes pazos que recibirían por nome xusto o de "restaurantes de orates".
JOSÉ CASAIS
( Texto versionado en galego por Xaime F. López Arias )
Comentarios
Publicar un comentario