Concello de Sárria ( 1931 )
1931
30 de xaneiro.- Nomeamento de tenentes de alcalde: Cándido López Lópea, Emilio Zaera Vázquez, Nestor González Fuentes e Xesús Abad López.
5 de febreiro.- Toma de posesión do novo alcalde, Cándido López López.
15 de marzo.- Fixan en 19 o número de concelleiros do novo Concello.
18 de marzo.- Aprobación da Xunta Administrativa da Pena.
29 de marzo.- Aprobación de Xuntas Administrativas en Loureiro e Santiago da Veiga.
14 de abril: Proclamación da II República Española
Concelleiros eleitos, segundo o número de votos : Antonio González Méndez , Xosé Moreira Rodríguez, Antonio Valiña López, Pedro López Vázquez, Clemente López Rodríguez, Antonio Sánchez Arias, Manuel Pardo Armesto, Manuel González López, Xosé Ramón castro López, Xosé Vázquez López , Manuel Valladares López, Delfín Yebra Vázquez , Fernando Taboada de Zúñiga, Modesto Pardo Rodríguez , David López Rivas , Enrique López Álvarez, Santiago Pombo Pombo, Xoán Manuel Somoza García, Xosé Loureiro López.
23 de abril.- Posesión da Comisión Xestora Interina de nomeamento gubernativo, efectuada por Xesús Abad Díaz.
Presidente : Camilo González Macía. Xestores: Dalmiro González Macía, Vicente Páramo Losada, José Fernández Márquez. Realización do arqueo de contas.
24 de abril.- Satisfación pola proclamación da República en ben de España , nos cocpdetos de liberdade , xustiza e progreso , que constitúen o seu programa, e que se felicite ao Goberno , expresándolle sincera adhesión e ferventes votos polo triunfo da Democracia española.- Garda Municipal: Un diurno ( servizo no Matadoiro e Tablaxerías ) e dous de noite, de 21 ás 4 horas.
30 de abril.- Festa do Traballo.- Celebración con actuación da Banda de Música, por conta do Comité Republicano.- Leonardo Prieto López pide licenza para facer un forno na Corga de Vales ( actual rúa Pedro Saco ).- Pedro Páramo Arias, párraco de Meixente, solicita licenza para facer una Casa-Escola no Castelo.- Reparación da porta do Cemiterio Municipal.- Arranxo do Camiño da Ponte Ribeira.- Adquisición de bandeiras ( republicana e galega ) e de carimbos ou selos oficiais.
7 de maio.- Novos nomes para as rúas da vila : Casares Quiroga ( antes Porvir ); Liberdade ( antes Alfonso XIII); 14 de Abril ( antes Raiña Victoria ) ; Capitán Galán ( antes Rúa Maior ); Alcalá Zamora ( antes Praza da Constitución ). Licenza para o forno de facer pan a Xesús Neira Seijido de Goián.- Autorización de obras na Casa Reitoral de San Xulián da Veiga.- Petición de creación dunha escola en San Fiz de Reimóndez.- Licenza ao secretario Ernesto López Martínez para vacacións.- Resolución sobre a "Corga de Pérez" en Corvelle.
5 de xuño.- Alcalde: Xoán Manuel Somoza García-
Tenentes de Alcalde: Antonio Sánchez Arias , Antonio González Méndez, Manuel Pardo rmesto, David López Rivas. Síndico : Modesto Pardo Rodríguez.
5 de xuño.- Ramiro Armesto López, de Farbán, autorizado para o alargamento dun camino para acceso a unha Pedreira.- Autorización para facer una alcantarilla no nº 57 da Rúa Maior.- Arqueo de fondos existentes no Concello: 61.007, 36 pesetas.
11 de xuño.- Aprobación do expediente de prófugos.
12 de xuño.- Só concurriu o alcalde ao Plenario.
19 de xuño.- Só concurriu o alcalde ao Plenario.
27 de xuño.- Designación de Comisións: Facenda e Orzamentos, Gobernanza, Fomento e Abastecementos.- Autorización de acometida de augas a Alfonso Alcalde Santander, na Rúa Benigno Quiroga.- Solicitude de reapertura da Oficina de Telégrafos , pechada por xubilación do encargado.
3 de xullo.- Eduardo Antonio Gómez Rodríguez, fotógrafo, autorizado para enganche no servizo de augas na Rúa Maior 43. Concesión de nicho en propiedade a Xosé López Soto.- Regulación do consumo de auga.- Requerimento aos veciños para arranxo de canos e baixantes de augas pluviais.- Venda do "Camiño de Pérez" en Corvelle.
11 de xullo.- Aprobación do gasto de 376 pesetas para arranxo da casa do mestre de Sárria.- Concesión da axuda de 50 pesetas para as festas do San Xoán ( 23 e 24 de xuño ).- Enganche de augas no nº 62 da Rúa Maior ( Xosé Viñas López).
20 de xullo.- Os veciños de Louseiro solicitan unha axuda de 2000 pesetas para as obras das Escolas promovidas pola Asociación Fillos do Distrito de Sárria en La Habana. A petición quedou riba da mesa para estudo.- Ultimación de expediente de creación de escolas.- 50 pesetas de axuda para a Tómbola de "La Unión".
31 de agosto.- Contas de Ingresos.- Autorización dun alpendre en Lousadela, "Camiño de Abelairas".- Solicitude de Carterías en Barbadelo, Biville, Cesar e Louseiro. -Arranxo do Camiño das Nogueiras en Ortoá ( 300 pesetas ).- Necesitan acondicionamento camiños en Betote, Lezoce, Barbadelo ( Vilei e Baxán), San Fiz de Reimóndez, Santo Estevo e Tosal.- Concesión de 100 pesetas para camiños de Regueiro, Teibente e Quintela.- 150 pesetas para o Camiño de Santo Antolín á estrada de Becerreá.- Apertura de expediente para arranxos de camiños "Raiceira" á estrada do Oural ao Incio, en San Sadurniño de Froián e Camiño Real de Cervos a o Mercado da Serra.- Arranxo de Pontóns: Pezais, na Pena e Goimil.- Arranxo da Travesa dos Fornos.- Arranxo do Depósito de Cadáveres no Cemiterio Municipal.- Arranxo da Avenida da Feira.- Novo proxecto de acondicionamento da Rúa Maior.- Expediente para a contratación de alumeado público por electricidade.- Normas sobre o peso do pan.- Compra de medidas para grá ( ferrados ) para uso no Mercado dos Domingos.- Adquisición de carimbo ( selo )mnpara Veterinario Municipal.- Normas sobre o sacrificio de gado.- Tarifas aplicables nas Tablaxerías ( "Carnicerías").
7 de setembro.- Peche no Souto de Ardiñal, en Callás, feito por Manuel Carrozas.- Deron conta de instancia suscrita por Ricardo Núñez Rodríguez , veciño de San Fiz de Vilapedre, en súplica de licenza para a construcción dun edificio no Agro de San Fiz, a Corporación en votación nominal e por unanimidade acordou pase á Comisión de Fomento para estudo previo.- Arranxo da Fonte do Sisto en Meixente.- Aprobación de obras nos Pontóns da Veiga e de Sobrado en Louseiro, e da Ponte de Valiñas na Pinza.- Escolas de San Martiño de Louseiro :"....... O concelleiro Fernando Taboada de Zúñiga pon en coñecemento da Corporación que no punto denominado Barrio pertencente á parroquia de San Martiño de Louseiro, en virtude de aportacións feitas en metálico polos naturais do país residentes en América e aportación persoal de todas clases, prestada polos veciños da expresada parroquia , con residenza na mesma construiron e teñen e n perfeto estado de poder ser utilizado un edificio que reúne como feito ao obxeto todas as condicións hixiénicas e pedagóxicas para poder instalar dentro del dúas Escolas Nacionais, con locais capaces e independentes un para nenos e outro para nenas, contando ademáis con habitacións axeitadas , tamén independentes, para destinalas a vivenda do Mestre e Mestra , e en consecuencia propón e interesa da Corporación, se sirva esta acordar se solicite do Ministerio de Instrución Pública, a creación dunha Escola Nacional de Nenos e outra de Nenas na expresada parroquia, para así poder utilizar o mentado edificio, expresamente construido en ben do ensino público , que é sen dúbida o mellor co que se conta nos demais pobos do termo municipal. a Corporación estimando a proposta do expresado Sr. Concelleiro, por unanimidade e en votación nominal acorda solicitar a creación unha Escola Nacional de nenos e outra de nenas en Louseiro e que se faga todo o demais necesario para cumprimento deste acordou, dándolle ao efeto un amplo voto de confianza ao Sr. Presidente, xestión que este acepta no acto no ben do ensino , agradecendo esta mostra de confianza da Corporación.- Alargo do Camiño do Hospital a Treilán. Renovación da Xunta Pericial ( consumos).
19 de outubro.- Contas de Ingresos.- Gastos: 208 pesetas para tapar dous furados grandes abertos pola chea do río Sárria no Agro da Ponte Ribeira.- Axuda de 30 pesetas a Gregorio Fernández barrio, pobre de solemnidade, de 83 anos, para que vaia aos baños a Lugo ( Balnario ).- Acordo de hixienizar o Pozo de Outeiro en Ferreiros.- División da Escola de nenas de Sárria , para, por trámite de urxenza, facer dúas aulas.- Redación do prego de condicións para alumeado público por electriciade e nos edificios municipais.- Casas-Escola: Quedan para estudo as subvencións para as de Vilamaior e San Miguel de Vilapedre.- Prorrogación dos orzamentos.- Nomeamento de escribente fora de plantilla a favor de Xosé López Limeres, co soldo de 5 pesetas diarias.
9 de novembro.- Licenza de obras a Ramón Mourelo de la Bastida na Avenida da Feira.- Aprobación do acondicinamento de camiños , pontóns e fontes : 1.- Do camino de Albán aCedrón pola Ciguñeira. 2.- Da Feira de Vilamaior a Vilamaior.- 3.- Alcantarilla na Corga de Requeixo,da estrada de Sárria a San Martiño de Castro á Estación. 4.- Reparación da Ponticela, no Camiño de Barreiros a Ortoá. 5.- Camiño dos Remedios a Pape. 6.- "Corga de Vales", en Sárria. 7.- Camiño de Betote a Lousadela. 8.- De Fontela á Pontella, en San Salvador da Pena. 9.- Camiño da Lamarrigueira á Ciguñeira. 10.- Camiño desde a estrada á Corga da Ponte en Biville. 11.- Camiño da Airexe a San Mamede do Camiño.- Pontóns: 1.- Pontón de Crecente ( Vilar ). 2.-Pontón de Paderne ( Vilamaior ).3.- Pontón de Cervos ( Barbadelo-Maside ). 4.- Pontóns da Veiguiña ( Vilar de Sárria ). Arranxo de Fontes: 1.- Fonte do Barrio ( Louseiro ).2.- Fonte de Outeiro ( Goián ). 3.- Fonte Vella ( Vilar do Monte ).4.- Fonte da Brea ( A Pinza ). 5.- Fonte de Biville. 6.-Fonte de Pape ( Cesar ).- 7.- Fonte da Tuiña ( Lousadela ).8.- Fonte de Castelo ( Loureiro ). 9.- Fonte de Peruscallo ( Belante ). 10.- Fonte de Pintín ( Calvor ). 11.- Fonte de Arxemil ( Santalla ).12.- Fonte de Cortiñas ( Biville ). 13.- Fonte de Castelo dos Infantes, 14.-Fonte de Baixo e Lavadoiro en Lier. 15.- Fonte de Treilán ( Requeixo ).16.- Fonte da Ponte Ribeira ( Sárria ). 17.- Fonte do Sisto ( Meixente ). - Axuda para o Camiño das Ribeiras de Pereiro ( Corvelle ) e 160 pesetas máis para o de Santo Antolín.-Prego de condciións para submisntro eléctrico para o alumeado.- Fixación de días inhábiles para 1932: 24 de xuño, 25 de xullo, Día de Galicia, e Martes de Antroido.- Praza de Abastos: Acordo de elevación de u metro do muro do circundo, dotación dun deposito e dunha bomba de auga.- Acordo de dotación na Rúa Maior de soleira de granito.
Comentarios
Publicar un comentario