Lier- Sárria ( 1753 )

                                         SANTA MARÍA DE LIER ( 1753 )

Parroquia da antiga Xurisdición  da Abadía de Samos , integrada no Concello de Sárria en 1840. Entre 1920 e 1923  e entre 1835 e 1840 formara parte do Concello de Samos.
Está atravesada polo río Sárria . Lugares:  Canceleiras, Lier e Mundín.

Estremas ( 1753 ): "Principiaba a demarcación no sitio DOS CASARES, de alí seguía  á CRUZ DE PROELO,  de esta á CRUZ DA PEDRA, de alí á VEIGA DA PROMA, de esta ao sitio de VAL  DE ROZADA , de alí ao sitio de AMIEIRO DE VILAR , de este ao CAMIÑO DA BRE DE MOURELLE, de alí ás PEDREIRAS  DE CODELO, e de alí ao dito sitio de CASARES , primeira demarcación ".

                                                            Eclesiásticos
ANTONIO SAAVEDRA, Cura párroco da freguesía de  Santiago de Zoo, percibía por razón de desmos, 26 ferrados de centeo.

BARTOLOMEU PÉREZ, crego, veciño da freguesía  de San Miguel de Frollais, tiña como bens patrimoniais  en Lier,  a título dos que fora ordeado, para congrua sustentación:  Roupeira (  12 ferrados ),  Cancela da Brea ( 10 ferrados ), Cancela da Brea (  6 ferrados ).
O CABIDO DA IGREXA DE SANTIAGO, percibía por Voto  un total de  28 ferrados e medio de centeo.
A FÁBRICA DA IGREXA DE SANTA MARÍA percibía  33 ferrados de centeo, para sostemento do culto e conservación do templo.
MATÍAS ARIAS,  presbítero, veciño de Madrid,  percibía por razón de desmos  5 ferrados de tigo,  100 de centeo, 6 ferrados de millo,  32 ferrados de castaña verde, 2 carros de herba,  3 años ,  3 leitonciños  e libra e media de la.
MANUEL SOMOZA, cura párroco da freguesía de Lier, e veciño de Santo Estevo de Reiriz, tiña como bens beneficiáis, que eran o igrexario anexo á súa función :  Eiravor ( 1 ferrado ), Eiravor (  medio ferrado ), Escadar ( medio ferrado ), Escadar (  2 ferrados ), Barredo ( medio ferrado ), Airexe (  1 ferado ),  Campo ( 3 ferrados ), Campo ( ferrado e medio ), Morán ( 2 ferrados ), Morán ( 2 ferrados), Pedregal ( medio ferrado ), Pedredo ( 1 ferrado ), Pedredo ( un cuarto de ferrado ), Pedredo ( unha oitava de ferrado ),  Agro da Veiga ( un cuarto de ferrado ), Limeiro (medio ferrado ), Limeiro ( medio ferrado ), Vale ( medio ferrado ),Penelas ( medio ferrado ). As 19 herdades do igrexario levábaa en arrendamento  Fraiz ( Eufrasio ) López, que pagaba a renda aneira de 12 ferrados de pan centeo. Posuía ademáis: Prado da Ponte de Arriba ( 2 ferrados ), que a levaba en arrendo Domingos  e Xosé da Cancela, de Santo Estevo de Calvor, por metades, polo que pagaban  57 reais de vellón. Prado do Bao ( 1 ferrado ), que a levaba en arrendo  Miguel Valiña, que pagaba  34 reais de vellón, Prado da Senra ( 2 ferrados ), levada por Xoán González, en arrendo, pagando  40 reais de vellón, Sueiras ( 1 ferrado ), levada en arrendo por Miguel Valiña, que pagaba 20 reais cada ano, Pedredo (  un cuarto de ferrado ), que a levaba o cura, Chan ( un ferrado ),Brea ( 4 ferrados ), Ribas ( 1 ferrado ), e estas tres traballábanas os seus criados . Por desmos  percibía 5 ferrados de trigo, 100 de centeo,  32 de castaño verde, 2 carros de herba seca, 3 años,  3 leitonciños, libra e media de la  e 4 reais  e 24 maravedís  por razón de ofrenda anual, e 4 reais e  e 16 maravedís pola ofrenda de defuntos.
O MOSTEIRO DE SAMOS  percibía por loitosa una media de 80 reais de vellón en cada un ano

Era pedáneo Francisco Díaz

Veciñanza composta por todos os individuos seglares  dos dous sexos con distinción  de estado, oficio , arte e industria , e das utilidades producidas.
                                                FIDALGOS
01.- FRANCISCO SÁNCHEZ,  de 52 anos, casado, tiña dous fillos maiores, dous menores, unha  filla e unha criada.
                                                LABREGOS
02.-ANTONIO GARCÍA.-  de 36 anos, casado, tiña tres fillos menores,  dúas fillas, unha cuñada, un criado maior e unha criada.
03.-ANTONIO DE PACIO.-  de 50 anos, casado,  tiña un fillo maior, dous menore, catro fillas, e á súa nai.
04.-ANDRÉ GONZÁLEZ DA BALIÑA.- de 50 anos, casado, tiña  un fillo maior,  e na súa compaña a Francisco da Valiña, de 30 anos, casado, que tiña un fillo menor e tres fillas.
05.-ALONSO DA BALIÑA.- de 48 anos, casado, tiña dous fillos menores  e una filla
06.-ALONSO ARMILLÁN.- de 64 anos, casado, tiña un fillo maior, casado,  que tiña dous fillos menores e tres fillas.
07.-DOMINGOS DA BALIÑA DE MUNDÍN.- de 39 anos, casado, tiña un fillo menor, una irmá viuva,  que tiña un fillo maior , una filla e a súa nai.
08.-DOMINGOS DA BALIÑA.- de 37 anos, casado, tiña tres fillos menores, unha filla , ao seu pai, de 70 anos, a súa nai , unha irmá e un irmán maior dos 18 anos.
09.-DOMINGOS REBOREDO.- de 54 anos,casado, tiña un fillo maior, outro menor , dúas fillas e unha irmá.
10.-FRAIZ ( EUFRASIO ) LÓPEZ.- de 60 anos, casado, tiña tres  fillos menores, unha filla  e unha criada.
11.- XOÁN GARCÍA "HERDEIRO".- de 54 anos , casado, tiña dous fillos maiores, un menor  e tres fillas.
12.- XOÁN LÓPEZ CAROPO.- de 34 anos, casado, tiña dúas fillas e unha irmá.
13.-XOÁN GONZÁLEZ.-  de 53 anos, casado,  tiña un fillo menor e unha filla.
14.-XOÁN GARCÍA DE MUNDÍN.- de 45 anos, casado, tiña un  fillo menor, catro fillas, un irmán maior e unha irmá.
15.-XOÁN DÍAZ.-de 67 anos, viuvo, tiña unha filla, e na súa compaña a Xacinto Díaz , casado,  que tiña tres fillos menores  e tres fillas.
16.-MIGUEL DA VILA.- de 39 anos, casado.
17.-MIGUEL DA BALIÑA.- de 46 anos, casado, tiña tres fillas.
18.-PEDRO DA BALIÑA.- de 56 anos, casado, dous fillos menores, unha filla, e na súa compaña a Xoán Fernández , maior, que tiña unha filla.
19.-RAFAEL ENRÍQUEZ.- de 36 anos, casado, tiña dous fillos menores e unha filla.
20.-SANTIAGO DA VILA.- de 54 anos, casado, tiña tres fillos menores, e na súa compaña un irmán maior.
                              VIUVAS
21.-ANTONIA LÓPEZ.- tiña un fillo maior dos 18 anos e dúas fillas.
22.-BASILISA DE ARMESTO.-tiña  unha filla.
                              SOLTEIRAS
23.- SABELA LÓPEZ.- tiña na súa compaña un irmán maior.
24.- XULIANA LÓPEZ.- tiña unha filla.

Na parroquia había  154 persoas, con inclusión de  32 que correspondían ao persoal.








Comentarios

Publicacións populares