San Vicenzo de Froián-Sárria ( 1753 )
SAN VICENZO DE FROIÁN.
Parroquia do actual concello de Sárria (Lugo ), que formou parte das xurisdicións do Marquesado de Sárria e do Mosteiro de Samos, ata 1820.En 1840 a parte dependente de Samos integrouse no Concello de Sárria.
A parte dependente dos Marqueses de Sárria pagaba as rendas de fanegas e servizos ( seis ferrados de centeo e 4 reais e medio en cada ano ) , e a que dependía da Abadía de Samos pagaba por loitosa una media 80 reais.
Estremas: "Principia a súa demarcación no PORTO DA VEIGA, que se acha a Levante, e segue de alí cara o Norte, dividindo as freguesías de Santa María e San Salvador da Pena ao MUIÑO DE PEDRO LÓPEZ, de este ao MARCO DE PEDRA TAÍDE, de alí ao PENEDO DO PENSO , de aquí ao PORTO DO COUSO, e segue polo sitio de BARXA ao ARROXO DA COVA. de este a un PENEDO que está por baixo do MONTE DO SISTO, de aquel corta polo PORTO DE REDONDELO que está cara Poñente, ata o ARROXO DE MONELO, de alí segue coa freguesía de de San Martiño de Loureiro, ata o PENEDO DE CASARES, de este baixa ao MUIÑO DO FERREIRO, e polo ARROXO DO BASIDEN ( ? ), ao CASTRO e CAMIÑO DE RIBEIRAS , correspondente ao Sur , daquel vai ao sitio de TRAS AS PEDRAS, de aquí volve estremando coa freguesía de Suñide, ao sitio chamado o REGATO, e fenece no PORTO DA VEIGA, primeira demarcación".
Estremas da parte pertencente ao Mosteiro de Samos: " Principiando no MARCO DO SEIXOCAOS, que se acha ao Norte, que se acha ao Norte, de onde segue á CANCELA DE SAN VICENZO e a carón da IGREXA deste nome, ao MARCO DO COUTO, de alí polo ARROXO DE MONELO que divide da freguesía de Santo Estevo do Mato, onde fenece"
VECIÑOS
01.-Eclesiástico: XOÁN PARDO RIBADENEIRA, presbítero , de 32 anos.
FIDALGOS
02.-ANXO MÉNDEZ, 56 anos, casado, un fillo maior , outro menor e unha filla.
03.-FRANCISCO TABOADA, 40 anos, casado, un irmán e un criado maiores, outros dous criados menores e catro criadas. Polo oficio de escribano que exercía tiña unha utilidade de 200 reais de vellón.
04.-ANA MONTENEGRO, viuva, ten a Manuel Pardo, fillo seu, e outros dous maiores, unha filla , un criado maior, outro menor e tres criadas. Polo emprego de Tenente de Xuiz que exercía Manuel Pardo na Xurisdición de Samos, tiña unha utilidade de 50 euros.
LABREGOS
05.-ANTONIO DO CURRAL.- 48 anos, casado, un fillo maior, tres fillas.
06.- ANTONIO GARCÍA.- 74 anos, casado, un fillo maior tamén casado , e dous fillos deste menores.
07.-ANTONIO DE CASTRO.- 35 anos, casado, tres fillos menores e unha filla. Polo oficio de xastre que exercía a terceira parte do ano tiña unha utilidade de 100 reais de vellón.
08.-ALONSO GONZÁLEZ.- 55 anos, casado, catro fillos maiores e dúas fillas. Polo oficio de arrieiro que exercía con unha cabalería , a sesta parte do ano, tiña unha utilidade de 20 reais de vellón.
09.-DOMINGOS ANTONIO VILLANUEVA.- 40 anos, casado, dous fillos menores e dúas fillas.
10.-DOMINGOS VILACHÁ.-58 anos, casado, dous fillos maiores e catro fillas.
11.-VICENZO RODRÍGUEZ.- 54 anos, casado, un fillo maior, tres fillas.
12.-FRANCISCO RODRÍGUEZ.-60 anos, casado, dous fillos, un deles casado, e unha filla maiores.
13.-FRANCISCO LÓPEZ DO SISTO.- 70 anos, casado, un fillo maior casado, e este un fillo menor ,catro fillas.
14.- GREGORIO LÓPEZ.- 50 anos, casado, dous fillos menores e unha filla.
15.- GREGORIO DO SISTO.- 54 anos, viuvo, un fillo maior casado,, unha filla menor.
16.-XOSÉ DO CAMPO.- 70 anos, casado, un sobriño maior.
17.-XOSÉ LÓPEZ.-30 anos, libre, dous irmáns maiores, un deles miliciano, un criado maior e unha criada,
18.-XOSÉ SÁNCHEZ.-40 anos,casado, dous fillos menores,catro fillas e un irmán maior.
19.-XOSÉ LÓPEZ POLEIRO.- 60 anos, casado,dous fillos maiores, outros dous menores e unha filla.
20.-XOÁN RODRÍGUEZ.- 44 anos, casado,dúas fillas. Polo oficio de Ferreiro que exercía , a terceira parte do ano, tiña unha utilidade de 80 reais.
21.-XOÁN GONZÁLEZ.- 60 anos, casado, catro fillos maiores, un deles casado, unha filla, unha irmá.
22.-XOÁN LÓPEZ.- 28 anos, casado, dous fillos menores, un irmán maior ,dous menores, unha irmá e a nai, viuva.
23.-LOURENZO LÓPEZ.- 50 anos, casado, un fillo maior, un fillo menor, unha irmá, unha sobriña.
24.-MATÍAS GONZÁLEZ.-46 anos, casado, dous fillos menores e unha filla.
25.-MELCHOR FERNÁNDEZ LÓPEZ.- 40 anos, casado, dous fillos menores. unha filla, un tío " de 93 anos" , unha tía. Polo oficio de ferreiro que exercía a terceira parte do ano, tiña unha utilidade de 120 reais de vellón.
26.-PEDRO LÓPEZ LABANDEIRO.-50 anos, casado, dous fillos maiores, un menor, tres fillas. Polo oficio de carpinteiro que exercía a terceira parte do ano percibía unha utilidade de 80 reais de vellón.
27.-PEDRO LÓPEZ DO SISTO.- 26 anos, casado, un fillo menor e unha tía. Polo oficio de xastre que exercía a terceira parte do ano tiña unha utilidade de 30 reais de vellón.
28.-PEDRO SÁNCHEZ.- 40 anos, casado , dúas fillas.
29.-TOMÁS LÓPEZ.- 30 anos, casado, un fillo menor, tres fillas, un irmán maior e dúas fillas.
VIUVA
30.-FRANCISCA LÓPEZ.- un fillo menor e dúas fillas.
Resultan 138 individuos non comprendidos no persoal e 49 que entran nel
BENS E RENDAS DE ECLESIÁSTICOS
ISIDRO DE YEBRA , Cura párroco de San Vicenzo de Froián, posuía os bens do Igrexario:
Vale ( medio ferrado ), Cortiña de Vale ( medio ferrado ) que as levaba en arrendo Manuel Pardo; Silón ( 3 ferrados ), levada en arrendo por Xoán Macía ; Prado de Bon de Castro ( un terzo de ferrado ), levada polo pàrraco.
( Darredor de 1850 )
DICCIONARIO MADOZ .- FROIÁN ( SAN VICENZO ): Freguesía na provincia e diocese de Lugo ( 5 e media lègoas ;, partido xudicial e partido de Sárria ( media légoa ). SITUACIÓN: nunha chaira ben ventilada:CLIMA frío e húmido no inverno, mais san , comprende os lugares de Abuín, Lavandeira , O Sisto e A Vilanova que reúnen 33 CASAS de poucas comodidades. A igrexa parroquial ( San Vicenzo ) é anexa de San Martiño de Loureiro . O TERMO estrema polo Norte con San Salvador da Pena ; por Leste , con Suñide, interposto un regueiro afluente do Sárria e leva o seu curso a Norte; por Sur, con Loureiro, e por Oeste, coa Serra de Santa Icía : está bañada polo indicado regueiro. O TERREO é de mediana calidade e hai algún arboredo . Os CAMIÑOS veciñais e pouco coidados e reciben o CORREO pola capital do partido . PRODUCIÓNS: centeo, patacas, millo, liño ,castañas, herbas e pasteiros. Cria gado vacún, porcos e ovellas. Hai algunha caza. INDUSTRIA: a agrícola e varios teares. POBOACIÓN: 33 vecinos. 165 almas. CONTRIBUCIÓN: co seu Concello.
Comentarios
Publicar un comentario