BARBADELO: FOROS DE SAN MARTIÑO DE BARBADELO ( 1555 ) ( 713 )

                    BARBADELO :  FOROS DE SAN MARTIÑO DE BARBADELO  (  1555 )    ( 713 )

sarriaacentogalego                                                                                               Xaime Félix López Arias  

SAN MARTIÑO é un lugar da parroquia de Santiago de Barbadelo ( Sárria ) onde na Idade Media houbo un  mosteiro chamado  "Sancti Martini Barbatelli ",  do que só gardan memoria o nome da  aldea ,  varias fincas rústicas e  unha ermida ou capela a pardiñeiro que se conserva non lonxe desta localidade.

For,mando parte do Priorado de Barbadelo, dependnete do Mosteiro de San Xulián de Samos, no ano 1555   fíxose  apeo dos bens dos forais  co seguinte resultado.

En decembro do ano 1555   de pedimento de frei Alonso de Ribas de Sil , monxe da abadía de Samos, comisionado  polo seu abade e congregación , na compaña do  Meiriño e Xuiz da tera e xurisdición de Samos , Lopo Díaz de Freixo,  e na presenza de Afonso Gallina ( Galiña )  escribán e  notario púiblico na xurisdiciòn de Samos e os seus partidos,  personado en Rente ( Barbadelo ) fixo comparecer  ao caseiro e foreiro dos dous lugares de SAN MARTIÑO DE BARBADELO.  Coa participación de testemuñas, tomoulles xuramento para que dixesen verdade encol   da  titularidade dominical e a identificación  de posuidores dos bens  que compoñían eses casares , sinalando situación e estremas, así como o recoñecemento  das rendas pagadeiras ao Mosteiro de Samos e a outras persoas  en cada un ano, indicando   en que consistían as rendas e o lugar e tempos de pagamento das mesmas.  
Este acto de recoñecemento, coa confesión dos disfrutadores dos bens ( caseiro, foratarios e suforatatios ) remata en todos os casos  co recoñecemento xudicial das obrigas dos  posuidores do dominio útil a favor do Mosteiro de Samos ( titular do dereito dominio ), sinalando  en cada caso    a persoa ou voz do foro  ao tempo do apeo.

A totalidade dos apeos de bens de Samos realizados con formais escrituras a fe de escribáns, e clasificadas   por partidos e coutos, aparecen recollidos en libros  que poden ser consultados  en PARES,

............................................................................................................................................................................ 

                                                                          I 

( Rente  ,  1 de decembro de 1555 ) 

 APEO DO LUGAR DE SAN MARTIÑO QUE TEN  ALONSO DE SAN MARTIÑO, NO NOME  DE  FRANCISCO LÓPEZ DE MONTÁN.

No  lugar de RENTE   a primeiro día  do mes de decembro  do ano do Señor de  mil e cincocentos cincuenta  e cinco anos, en presenza   de min  o escribán publico  e testeuñas de xuso escritas  o dito  señor meiriño   LOPE  DÍAZ DE FREIXO , meiriño de terra e xuridición de  Samos,  proseguindo o dito apeo , consonte  á provisiòn   que de  pedimento  do dito padre  frei ALONSO DE RIBAS DE SIL  e no nome do dito mosteiro  de Samos  para o apeo  do lugar de SAN MARTIÑO no que vive ALONSO DE SAN MARTIÑO por e no nome de  FRANCISCO LÓPEZ DE MONTÁN  fixo vir   parecer perante el  ao dito ALONSO DE SAN MARTIÑO, caseiro do dito lugar e a XOÁN DE SAN MARTIÑO, o seu veciño  e a GÓMEZ DE SAN SILVESTRE, veciños do dito COUTO DE BARBADELO,   que estaban presentes , de quen , de cada un deles  se tomou  e recibiu xuramento  en forma  debida  de sobre un sinal  de cruz tal como esta ( + )  ,  na que corporalmente  puxeron as súas mans  dereitas,  so cargo do que prometeron de declararen  o lugar ; testemuñas  GABRIEL DÍAZ DE MARZÁN,  GRIGORIO DÍAZ  e ALBERTE DE SURRIBA  e outros;   e  as ditas testemuñas  e vedraños  susoditos  de suso  contidos  , nomeados e declarados , dixo cada un por si que sabían e era verdade  que o dito lugar de SAN MARTIÑO no que vive o dito ALONSO DE SAN MARTIÑO polo dito FRANCISCO  LÓPEZ DE MONTÁN   era propìo do dito mosteiro  de Samos do cal  dito  lugar dixeron  pertencelle o seguinte :

*  Primeiramente  a CASA de moradía , coas súas cámaras , cortes e reparos , segundo e da maneira  que o dito ALONSO DE SAN MARTIÑO  a ten e posúe , con máis a ERMIDA  que é dos dous lugares de Samos.

*  Item máis  a LEIRA DOS PETOS  que parte coa herdade do outro lugar de San Martiño que labra  XOÁN DE SAN MARTIÑO ,  que levará de semente seis ou sete tegas  pouco máis ou menos e  topa por outra parte con herdade do lugar de Melle, que é de Samos , que o trae  PERO  RODRÍGUEZ DE MELLE.

* Máis  outra peza de monte  que está a carón da dita herdade labradía  de suso contida , que levará de semente  o dito monte seis tegas  de pan pouco máis ou menos  e topa con herdade do  outro lugar de San Martiño  e da outra parte herdade de Samos , do lugar que trae Perdo Rodríguez de Melle.

* Item máis outro leiro cabo  da LEIRA DAS FONTELAS  que a labra BARTOLOMEU DE MELLE  que é do mosteiro pola compra  que fixeron ALDARA DO PÁRAMO, muller de GONZALO DA CERVELA , que levará de semente o dito leiro  un celemín de   pan de semente.

* Item  máis outro leiro  á AGRA  DE MELLE   que pega na CORGA , cabo de outro de ALONSO GALLINA , veciño de Samos,  que leva BARTOLOMEU DE MELLE , que levará de semente  un celemín   e medio , pouco máis ou  menos.

* Un leiro ó  VALADO DA PERDIGUEIRA ,  cabo doutro do lugar de San Martiño  e do lugar de Melle  que ten GRIGORIO CORUJO , que levará unha tega de pan  semente pouco máis ou menos.

*   E máis ouyra leira   a PA MÍGUEZ , que levará de semente unha fanega  de pan e topa con herdade de Samos dos lugares de Melle  que levan o dito Grigorio López  e PERO DÍAZ DE MELLE.

* Máis na AGRA DE  MELLE   o leiro chamado DAS CAVADAS , que levará  semente   unha tega de pan  e parte con herdade de Samos  que trae o  dito Pero Rodríguez de Melle.

*  Máis outro leiro ás PENAS DE MELLE , que leva semente un celemín  e parte   con herdade  de propiedade de LOPO CORUJO  e do lugar da Serra.

*  Máis  outro leiro que pega   na CORTIÑA DE OUTEIRO , que levará de semente   un celemín e medio  de pan e topa  na CASA de Valentín de Melle , riba dela ,e topa no CAMIÑO DAS BESTAS ,

*   Máis  a LEIRA DA FONTE LIMPA  co leiro que vai debaixo  e co toxal e bouza  que está darredor   da  dita leira da Fonte Limpa  da parte de  baixo e  de  riba  , que levará todo de semente   cinco tegas de pan  e topa en herdade de Xoán de San Martiño, que é do dito mosteiro.

*  Máis o TOXAL  DE ROZAS   que din LAMELA  DE ROZAS   , que será de semente unha fanega  de pan  pouco máis ou menos , e topa con herdade de  Xoán de San Martiño.

*  Máis a LEIRA DO PEREIRO DE ARRIBA , que levará de semente   unha fanega  e cun leiro que dá por baixo dela  , que topa  na FONTE  DO PEREIRO DE ARRIBA , que levará dous celemíns de pan e parte en herdade  do outro lugar de  San Martiño.

*  Máis a leira  chamada  DO XUNCO cos seus lindeiros   o derredor   que será de semente . labrada e por labrar,  catro tegas  e media , pouco máis ou menos , que parte  con herdade  do outro lugar veciño deste.

* Item máis  a leira que pega na ERMIDA  DE SAN  MARTIÑO , co seu monte , que levará de semente  unha  fanega de pan  , pouco máis ou menos.

* Máis outro leiro  á PORTA DA ERMIDA , segundo está cerrado de sobre sí , que levará semente  un celemín de pan.

* Máis a LEIRA DO BAÑO , que levará de semente co seu monte e lindeiros, sete tegas de pan  , segundo parte  con herdade do outro lugar.

*  Máis a LEIRA DA COSTA DE CORVELLE ,  co seu monte , que levará de semente,   labrada e por labfrar,  seis tegas de pan ,  e topa con herdade  do outro lugar.

*  Máis outra leira en PAZMIGUEZ  que levará de semente  co monte tres tegas  de pan pouco máis ou menos  e parte e topa  con herdade do outro lugar.

*  Máis o LEIRO DA SENRA , levará de semente  tres celemíns de pan  e parte con herdade do outro lugar. 

* Máis  a CORTIÑA DA PAREDE DE RIBA   que está entre dous leiros    do lugar de Melle que labra  Grigorio Corujo , que dará de semente  unha fanega de trigo  pouco máis ou menos.

*  Item máis   un leiro na CORTIÑA DE MELLE  SO OS HORTOS , que levará de semente  dous celemíns de trigo  e topa   con herdade   do lugar de Samos  que leva Grigorio Corujo.

*  Item   máis a CORTIÑA   DE TRAS A AIRA   DA VEREA , segundo vai da aira do outro lugar  até topar   cun leiro   do outro lugar   que leva de semeadura   tres tegas de trigo  pouco máis ou menos.

*  Máis outro CORTIÑEIRO   que está a carón da dita casa  que levará de semente un celemín , segundo está cerrado de sobre si , a carón da dita casa,

*  Máis a LEIRA DE SU PORTO , que leva unha tega de trigo   que topa con herdade do outro lugar. 

* Máis  outra leira  BAIXO DA NOGUEIRA  con dous leiros   e topa con prado do outro lugar   e co Leiro da Senra , que levará de semente  cos seus campos e silveiros  e toxeiros tres tegas de pan , pouco máis ou menos, 

* Máis o LEIRO  DA CANCELA coas súas árbores , con máis o PRADO DE SOLE   e topa con leiros e prados  do outro lugar, que leva de  semente  o dito leiro e prado  tres tegas de pan.

*  Máis o PRADO DA FONTE LIMPA  co seu toxeiro e monte , que vai abaixo del . segundo está cerrado de sobre si , todo será de semente   unha fanega de pan .

* Item máis o LAMELO que está Á PORTA , que será   de semente un celemín de pan.

   O cal todo dixeron  ser propio  do dito mosteiro  de Samos  e que pagaba de foro  ao dito mosteiro   SEIS FANEGAS DE PAN  , UN PORCO ESCALDADO  CON MEDIO REAL DE PAN  e ao dito   Francisco López   págalle   de gaño   OITO FANEGAS DE PAN   E UN CABRITO   E SEIS CAPÓNS , e o dito Francisco López   é segunda persoa   do dito foro  e así o confesaron  e niso se afriman  e non o asinan   por non saberen, e  rogáronlle a   MIGUEL FERNÁNDEZ , crego, asinase por eles.

E visto o susodito  polo dito  señor meiriño  dixo que adxudicaba e adxudicou  o dito lugar por propio   do dito mosteiro   de Samos   e condeaba e condeou   ao dito ALONSO DE SAN MARTIÑO   a que como tal caseiro   pague a dita pensión   das ditas seis fanegas   de pan ao dito   mosteiro   durante as voces do dito foro , cada mes de agosto ou de setembro   , limpo   e bon   e medido por   medida del   e posto á súa costa   na dita TULLA DO MOSTEIRO , apercibindoo  de que en non o pagando  será  executado por iso  sen outra, sen maior   determinación  algunha   e así  o consentiu   o dito Alonso de San Martiño  e o mesmo o dito  Francisco López de Montán , que recoñeceu   o susodito ser verdade   e asinou aqui o seu nome  , e o dito  señor meiriño  asinou aquí o seu nome . Testemuñas dos ditos.- Lopo Díaz.-  Francisco López..  Miguel Fernández, crego, - Afonso Gallina, escribán, 

                                                                  PERSOAS  

LOPO DIAZ DE FREIXO.- Meiriño e Xuiz na terra e xurisdición de Samos.                                      ALONSO DE RIBAS DE SIL ( FREI ).- Monxe bieito comisionado polo Abade de Samos para facer o apeo de bens e rendas.                                                                                                                      ALONSO DE SAN MARTIÑO.-   Labrego, caseiro na Casa de San Martiño ( 1 ) , por acordo co foratario Francisco López  de Montán, que pagaba rendas ao mosteiro e  ao titular do foral                                     .  FRANCISCO LÓPEZ DE MONTÁN.- Como segunda voz tiña o foro da Casa de San Martiño  (  1 )   na que tiña por caseiro de Alonso de San Martiño.                                                                                      XOÁN DE SAN MARTIÑO.- Labrego,  titular do foro da Casa de San Martiño ( 2  ), Era  primeia voz do foro.                                                                                                                                                      GÓMEZ DE SAN SILVESTRE.- Labrego, de San Silvesstre ( Barbadelo ), .                                  GABRIEL DÍAZ DE MARZÁN:- Labrego de Marzán (  Barbadelo ).                                                  GRIGORIO DÍAZ.- Labrego de Barbadelo.                                                                                    ALBERTE DE SORRIBA.-. Labrego de Sorriba ( Barbadelo ).                                                             PERO RODRÍGUEZ DE MELLE.- Labrego de Melle ( Barbnadelo ).                                        BARTOLOMEU DE MELLE .- Labrego, de Melle ( Barbadelo ).                                                          ALDARA DE PÁRAMO.- Foi dona dunha terra en San Martiño de Barbadelo casada don GONÇALO DA CERVELA.                                                                                                                                GRIGORIO CORUJO.-  Labrgo, posuidor dun lugar en Melle ( Barbadelo ).                                        PERO DÍAZ DE MELLE .- Labrego, de Melle ( Barbadelo ).                                                                LOPO CORUJO.- Labrego, do lugar da Serra ( Barbadelo ).                                                            VALENTÍN DE MELLE .- Labrego, pousidor dunha casa en Melle ( Barbadelo ).                          MIGUEL FERNÁNDEZ,. Crego, de Barbadelo.                                                                              AFONSO GALLINA / ALONSO GALLINA. Escribán e notario pubico  na xurisdición de Samos e os seus partidos.   Levaba bens en foro  de Samos, en varias partes, nas que poñia caseiros que pagaban rendas e o gaño derivado desa cesión , ( O apelido orixinario era Galiña ).

                 FINCABILIDADE DO FORAL ( 1 ) DE SAN MARTIÑO DE BARBADELO 

CASA con cñámaras,  cortes e reparos.- ERMIDA DE SAN MARTIÑO (  1 / 2  ) .- CORTIÑA DA PAREDE DE RIBA.-  CORTIÑA  DE TRAS A AIRA   DA VEREA.- CORTIÑEIRO..- LAMELO DA PORTA,.   LEIRA DO BAÑO.- LEIRA DAS CAVADAS,--LEIRA DA COSTA DE CORVELLE.-   LEIRA DA FONTE LIMPA.- LEIRA   DOS FONTELAS,-   LEIRA DE SU PORTO.-. LEIRA DE BAIXO DA NOGUEIRA,. LEIRA DE PAZ MÍGUEZ.-  LEIRA DO  PEREIRO DE ARRIBA,.- LEIRA DOS PETOS.-  LEIRA DO XUNCO.- LEIRO DA AGRA DE MELLE.,-  LEIRO DA CANCELA,.- LEIRO DAS PENAS DE  MELLE.-  LEIRO DA PORTA DA ERMIDA.- LEIRO DA SENRA.-  LEIRO DE SO OS  ORTOS.- .LEIRO DO VALADO DA PERDIGUEIRA.-   MONTE DOS PETOS.- PRADO DA FONTE LIMPA.-  PRADO DE SOLE,.-  TOXAL DE LEMOS.- 

                                                               RENDAS  PAGADEIRAS

AO MOSTEIRO DE SAMOS :  6 fanegas de pan.-. Un porco escaldado.- Medio real de pan.

AO FOREIRO  FRANCISCO LÓPEZ DE MONTÁN  :   8 fanegas de pan,  1 cabrito  e 6 capóms 

.........................................................................................................................................................................

                                                                         II

(  Rente   , 1 de decembro de 1555 ) 

APEO  DO OUTRO LUGAR DE SAN MARTIÑO  QUE TEN  XOÁN  DE SAN MARTIÑO 

 E despois do susodito  no  lugar de Rente, o primeiro día do mes de decembro  de mil cincocentos cincuenta e cinco  anos, en presenza de mín o escribán público   e testemuñas de xuso escritos , o dito señor meiriño  LOPO DÍAZ DE FREIXO  de pedimento  do dito frei ALONSO DE RIBAS DE SIL,  no dito nome proseguindo o dito apeo  do dito lugar de SAN MARTIÑO  que ten XOÁN DE SAN MARTIÑO, fixo vir  e parecer  perante min ao dito XOÁN DE SAN MARTIÑO , caseiro e foreiro  do dito lugar e ALONSO DE SAN MARTIÑO  veciño seu e GOMES DE SAN SILVESTRE, veciños do Couto de  Barbadelo  que estaban presentes de que, e  de cada un deles tomou  este xuramento  en forma , segundo de suso , so cargo  do cal apearon  o dito lugar na maneira seguinte, testemuñas os ditos GREGORIO DÍAZ e ALBERTE DE SURRIBA, veciños de Barbadelo:

* Primeiramente as CASAS de moradía  cos seus reparos e cámaras e cortes  e entradas e saídos  segundo as ten  e posúe  o dito XOÁN DE SAN MARTIÑO .

* Con máis a LEIRA DA LAMA DE MELLE  que está e pega  nas CORTIÑAS DE MELLE, que leva de semente  dúas ou tres fanegas de  pan pouco máis ou menos.

* Item máis a LEIRA DA ABELAIRA  que está cabo  dun leiro do outro lugar de San Martiño, de maneira que a herdade sobredita  da Lama de Melle e da Abelaira  queda na dita   Lama de Melle , todo iso levará  as ditas tres fanegas de pan.

*  Item máis  un leiro á SALGUEIRIZA DE MELLE, levará unha fanega de pan  e topa con herdades do outro lugar de San Martiño.

*  Item máis a LEIRA DA CABRA  que está a carón, cabo do CAMPO DE SAN MARTIÑO e levará de semente   unha fanega de pan.

* Item máis   outra leira riba  da ERMIDA DE SAN MARTIÑO , que levará labrantío e por labrar  que está en monte,  unha fanega de pan, e topa  con herdade do outro lugar.  

*  Item máis outra leira á CASA DA SERRA  onde chaman ROZAS  cabo   doutra herdade  do lugar da Serra  e levará de semente así como corre  e parte con outra  do outro lugar de San Martiño , catro tegas de  pan de semente  , pouco máis ou menos.

*  Item máis   outra leira ao  PEREIRO DE ARRIBA , que está doutra do outro lugar de  San Martiño, que levará  de semente, labrado e por labrar,   catro tegas de pan , pouco máis ou menos. 

 *  Outro leiro á PORTELA DA VEREA  , cabo da cortiña  do  outro lugar de San Martiño , levará de semnte tres celemíns de pan.

* Item máis  outro leiro coa CORTIÑA   DA SENRA  que vai todo  xunto, que leva de semente cortiña e leiro , máis o prado   que vai a brazo  da dita Cortiña da Senra , todo isto levará  de semente seis tegas de pan, pouco máis ou menos,

* Item máis outro leiro ao á LAMA DE RIOAIS , cabo doutra do lugar de San Martiño  que levará unha fanega de pan de semente.

*  Item máis outro leiro riba das LAGAS DE SAN MARTIÑO , cabo doutra  do outro lugar  que levará unha tega de pan.

* Item máis ao AGRO DE CORVELLE  que lev ará un moio de pan  de semente, labrado e por labrar ,  e topa con outro do outro lugar de San Martiño  e do lugar de Melle  que ten GRIGORIO CORUJO.

*  Item máis a LEIRA DA CADELA   que levará de semente unha  fanega de pan.

*  Iten máis a CORTIÑA DA FONTE  LIMPA  que levará de semnte unha fanega de pan  e topa en herdade  do outro lugar de San Martiño.

*  Item máis  a leira que topa  no CAMPO DE BAXÁN  que levará de semente tres tegas de pan , pouco máis ou menos.

*  Item máis a LEIRA DAS PENAS DE MELLE  que ten GRIGORIO CORIJO  que leva de semente tres celemíns de pan.

* Item máis  a CORTIÑA DA FONTE DE RENTE que leva tres tegas de pan  e está en brazo  de outra do outro lugar de San Martiño.

* Item máis  outra CORTIÑA DA PORTA  da dita casa do dito lugar  de San Martiño  que levará  de semente  seis celemíns  de trigo.

* Màis outra que   está á FONTE  DA ERMIDA ,  cabo doutra  do outro lugar  que levará de semente  dous celemíns de pan .

* Item máis outro leiro á SENRA  darredor da Cortiña , que levará de semente  tres celemíns  de pan.

*  Item maís outra leira  na AGRA DE RENTE , cabo doutra  do lugar  de XOÁN  FERREIRO , que é de Samos , que leva  de semente  tres tegas de pan.

* Item máis un MALLO  nos PRADOS DE RENTE  que levará   de semente gtres tegas de pan, 

Que todo  dixeron ser propio  do dito mosteiro de Samos " in solidum" e así o saben  ser verdade por así o haberen visto , por seren veciños  e nados  e criados do dito lugar   e niso se afirman  e non o asinan   e o dito XOÁN DE SAN MARTIÑO  confesou tamén  traelo en foro el e a súa muller, do mosteiro de Samos  e seren a primeira persoa e outras  dúas persoas  despois dela  en foro e pensión de cada un ano  de CATORCE FANEGAS  DE PAN E UN PORCO ESCALDADO  CO SEU PAN  E UN CARNEIRO POR SAN XOÁN , e asi o dixo e confesou  e non o asinou por non o saber  como dito é .

É visto  polo dito señor meiriño  de suso dito  dixo que adxudicaba e adxudicou  todo o susodito  por do dito mosteiro  propio e ordenado, ao dito XOÁN DE SAN MARTIÑO, que el e a súa muller  e as persoas que despois deles  sucederen no dito foro, dean e pague  ao dito mosteiro  de Samos  cada un ano  a dita renda  de suso contida  nos seus tempos e sazóns , como son  obrigados segundo  é costume  da terra  , apercibíndoos  como os apercibía  non o pagando serán executados por iso  sen outra medidas nin determinacións  algunhas  como sew fose pasado  en  cousa  xulgada  e por eles consentida e non apelada, o cal dito  XOÁN DE SAN MARTIÑO así o consentiu  e o dito señor meiriño  firmou aqui o seu nome . Testemuñas  MIGUEL FERNÁNDEZ, crego  e DIEGO ARMESTO   e ALONSO DE SAN MARTIÑO , veciño de San Martiño de Barbadelo , LOPO DÍAZ.

Pasou perante min ALONSO GALLINA , escribán e notario público   da maxestade real  na súa corte , reinos e señoríos , en unión cos ditos.                                                              

                                                            PERSOAS 

 LOPO DÍAZ DE FREIXO.- Meiriño e Xuiz da terra e xurisdición de Samos.                                                 ALONSO DE RIBAS DE SIL ( FREI ),. Monxe bieito de Samos comisionado polo Abade para facer apeo de bens e rendas.                                                                                                                               XOÁN DE SAN MARTIÑO.-  Labrego e foreiro da Casa de San Martiño ( 2 ), en Barbadelo, primeira voz do foro xunto coa súa muller.                                                                                                        ALONSO DE SAN MARTIÑO- Labrego, caseiro da Casa de San Martiño ( 1 ), en Barbadelo.          GOMES DE SAN SILVESTRE,. Labrego, do lugar de San Silvestre ( Barbadelo ).                    GRIGORIO DÍAZ. Labrego de Barbadelo.                                                                                          ALBERTE DE SURRIBA.- Labrego, de Surriba ( Barbadelo ).                                                                XOÁN FERREIRO,. Labrego de Rente ( Barbadelo ).                                                                            MIGUEL FERNÁNDEZ. Crego, de Barbadelo.                                                                                        DIEGO ARMESTO.- Labrego ,de Barbadelo,                                                                                              AFONSO GALLINA / ALONSO GALLINA.- Escribán e notario público  na Abadía de Samos e os seus partidos. ( o apelido " Galiña" foi castelanizado )

                  FINCABILIDADE DO FORAL (  2  )  DE SAN MARTIÑO  DE  BARBADELO

 CASAS, reparos, cámaras,  cortes, entradas e saídos .- ERMIDA DE SAN  MARTIÑO (   1 / 2  ).- AGRO DE CORVELLE.- CORTIÑA DA FONTE LIMPA.- CORTIÑA DA FONTE DE RENTE.- CORTIÑA DA PONTE.-  FONTE DA ERMIDA.-.  LEIRA DA ABELAIRA.- LEIRA DA AGRA DE RENTE.-   LEIRA DA CABRA.-LEIRA DA CADELA.-   LEIRA DA FONTE DA ERMKIDA.-  LEIRA DA LAMA DE MELLE.-LEIRA DAS PENAS DE MELLE.-  LEIRA DO PEREIRO DE  ARRIBA.-  LEIRA DE RIBA DA ERMIDA DE SAN MARTIÑO.-    LEIRA DA SENRA NA CASA DA SERRA.- LEIRO DA CORTIÑA DA SENRA. -LEIRO DA LAMA  DE RIOAIS.- LEIRO DA PORTELA  DA VEREA.-. LEIRO DE RIBA DAS LAGAS  DE SAN MARTIÑO.-  LEIRO DA SENRA.-. MALLO   DOS PRADOS DE RENTE.-  SALGUEIRIZA  DE MELLE.-                               

                                                                 RENDA PAGADEIRA 

O MOSTEIRO DE SAMOS  percibía en cada un ano  14 FANEGAS DE PAN CENTEO,   1 PORCO ESCALDADO CO SEU PAN  e  1 CARNEIRO ( por San Xoán ). 

 

Comentarios

Publicacións populares