XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS : NA PRENSA ( 708 )
sarriaacentogalego
XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS : NA PRENSA ( 708 )
.........................................................................................................................................................................
ANO 1970
( EL IDEAL GALLEGO )
DO IDIOMA GALEGO por M.S.
( Das agrupacións culturais " O Facho ", da Coruña e " O Galo" de Santiago )
ENQUISA " A LINGUA GALEGA E AS NOVAS XENERACIÓNS
I
Contesta XAIME F. LÓPEZ ARIAS
( Mestre Nacional )
FICHA : Natural de Nespereira. Sárria ( Lugo ). Reside en Sárria. 20 anos , Solteiro. Estudos de Maxisterio<Deica os 8 anos viveu no medio rural.
NON PODE PERDERSE UNHA LINGUA CANDO É O POBO QUEN O GARDA
RESPOSTAS
1.- ¿ Fala vostede galego ? ( en caso afirmativo ) ¿ En que esfera se expresa correntemente en galego ?
- Si. Falo sempre en galego , pois foi a lingua na que fun descubrindo o mundo que nos arrodea. Somentes deixo de falalo cando sei que algún dos que toman parte na conversa non o entende , na conversas chamesmolles " oficiais " e tamén no desempeño das miñas funcións , aínda que logo ao falar cos escolantes fágoo en galego.
2.- ¿ É partidario de que se fale e se escriba só en castelán, só en galego , ou en ambas as dúas línguas ?.
- Na miña opinión é preciso que se chegue a dominar a expresión oral e escrita das dúas linguas. Non debe esquecerse que un postulado da Pedagoxía de todos os tempos é que o neno chegue ao dominio da lectura e da escritura da súa lingua materna... e a lingua materna da meirande parte dos nenos de Galicia é o galego. Tampouco debemos esquecer que formamos parte dunha comunidade de unha histórica de convivencia cunha lingua que nos permite asomarnos áa correntes muniais e que é tamén un dos vencellos entre terras e homes de España . Por iso creo que se debe chegar a un estudo racional e simultáneo das dúas línguas. tal e como sinalan desexabel as dotrinas pedagóxics.
3.- ¿ Como xulga vostede o presente da lingua galega ?
- O galego é unha lingua viva. O que esteña viva é sinal de que anda a pesares dalgúns achaques , ben de saúde. Non é un cadavre a quen haxa que dar vida de novo . Somentes se bota en falla que todos os manciñeiros a coidan non cheguen a poñerse de acordo nas meiciñas que precisa, O galego está na boca do pobo. O que non crea ou non o queira creer, pode darse unha volta polas feiras e os pobos pequenos, polos obradoiros e os portos, polas tendas de rúas e cidades,
Mais non deixa de ser curioso que ese pobo que sew expresa en galego non saiba escribir na lingua que fala. De aí nace o feito de que a literatura galega sexa minoritaria. Isto fai que no prsente a lingua galega careza da dinámica precisa a toda língua e alcóntrase sen ter evolucionado , tal e como evolucionaron aquelas linguas que tiveron expresión escita.
4.- Coida comenente que o galego se ensine na escola primaria ? ¿ E nos centros de ensino medio e superior ? .
- É comenente que na escola de primeiro ensino teña cabida o galego coma lingua materna que é dos escolantes, Con iso non só de chegaría a que o neno se espresara ben na súa lingua senón que seguindo un estudo comparado do galego e o castelán , chegaríase a facer desaparecer o feito de que ao sair da escola primaria os rapaces descoñezan o suficiente o castelán para falalo mal e intenten desertar do galego ao ver que está desprestixiado sociolóxicamente .
Nos centros de ensino medio e superior o ensino do galego débese referir ao estudo científico e literario da lingua.
De todos é ben sabido que quen fañla dúas linguas é máis culto que quen só falta unha , As razóns a favor de que o galego chegue a todos os estadios da educación , están sinalados nos tratados de Pedagoxía e máis nas recomendacións nda UNESCO . As en contra....
5.- Debe usarse o galego na Eirexa ?. Pode explicar a que se debe que apesares do recoñecemento do galego como lingua litúrxica siga sendo o castelán o idioma xeneralmente utilizado polos membros da Eirexa ?
- Din que a Eirexa debe falar aos seus fideles na lingua que estes falan. Os cregos galegos falan galego nos adros e camiños e non o usan nas funcións ltúrxicas . A Eirexa-Institución aprobou o uso das linguas vernáculas na Liturxia Mais parece ser que os seus representantes queren manter unha separación entre o que é o postulado da Eirexa-Institución e os seus prexuicios persoais-
Antóllaseme que os cregos galegos ( que falan galego ) pensan que non deben empregar unha lingua "vulgar " pois iso sería desprestixiarse diante das capas superiores que son as que indican a escala de valores.
Non sei, mais penso que moitos deles pensan que Cristo falaba en latín ( lingua culta ) e non en arameo ( ligua vulgar ) , para que o entenderas mellor os que escoitaban as súa Verbas.
6.- ¿ Como, segundo o seu entender, podería influir a oficialización do galego na problemática socio-económica de Galicia ?-
- Cecais serviría para nos devolver a confianza perdida nos nosos valores propios , que hoxe vendemos ou trocamos por calquera outro alleo. Sería o primeiro paso se ao mesmo tempo se traducira nunha acción comunitaria de desenvolvemento coa ollada fixa nas necesidades propias.
As linguas pertencen ao sentimento e o sentimento debe traducirse en acción.
7.- É o galego unnha lingua subestimada ? ( En caso afirmativo ) ¿ Cal é a razón de que así sexa ?
- O galego é unha lingua subestimada . Fálase moito , máis é que un feito que está desprestixiada. Din algúns que debido a que a burguesía e as clas superiores foron os primeiros en desertar dela. Tamén influe o feito o feito de que até este intre non teña cabida na escola. O galego é lingua para falar, As cartas escríbense en castelán a pesares de que se fala en galego. Os documentos, os libros, os medios de comunicación empregan o castelán , Identifícase o castelán coa posición e a cutura . Somentes desaparecerá esta subestimación cando os galegos fagamos un replanteamento sicolóxico e vexamos que o noso non é tan malo que a nosa cultura propia ten algo que aportar a esa unidade na diversidsade que forma España,
8.- Non coida que unha lingua é un tesouro que pertence a todo un pobo , e que non se debe deixar perder ?
- Unha lingua é certamente un tesouro , un tesouro que ten que medrar día a día e non pecharse sobor de sí. No caso concreto do galego vemos que é a lingua que está na boca do pobo.... e que parece que nun prazo curto non é previsibel a súa desaparición.
O galego conservouse polo agarimo dos galegos de todos os tempos sendo tamén polo illamento secular da nosa terra. Mais non se perderá, pois a medida que o nivel cultural vaia medrando irase descubrindo que non é un símbolo do noso atraso senón algo moi íntimo e persoal que forma parte do propio ser de Galicia, A cultura galega , ninguén negará que hai unha cultura galega, non pode morrer, O galego é o espiñazo desa cultura , e por todos os vieiros do mundo hai, por desgraza un galego.
Hoxe empezamos a asistir a un rencontro con nós mesmos e coa nosa cultura.Non pode perderse unha lingua cando é o pobo quen a garda
9.-. ¿ Que representan para vostede as institucións culturais que hoxe esisten en Galicia ?
- Durante anos durmiron prácidamente nos loureiros....... Hoxe parece ser que espertan do seu sono. Non deixa de ser certo as únicas institucións culturais que sentiron preocupación por Galicia foron as Agrupacións de Emigrantes e os grupos folklóricos .As primeiras non tiveron ( de todos coñecidas as causas ) non tiveron proxección na nosa terra no grao desexabel. As segundas mantiveron o aturuxo dos nosos bailes e as nosas cantigas. ¿ Que máis se fixo ?. ¿ A Real Academia ?....Non sei as causas , mais parece ser que pouco máis fixo : " Día das Letras Galegas ? " , " Normas Ortográficas " , " Estudios " e agora premio de novela.
¿ A Universidade ? Empézase a falar de Universidade galega. Hai unha Cátedra de Lingua Galega, Fanse estudos. É prematuro xulgar.
¿ Agrupacións culturais ? . Poucas. ¿ Por que ?.
Ao marxe das institucións cukturais xurden novas inquedanzas . A demanda de literatura en galego vai medrando. As conversas, os eslogans dos coches , dinnos que hai unhas miras que hai anos non se sospeitarían.
¿ Seguirán no seu sono as institucións culturais ?-
10.- ¿ Onde radica, ao seu entender , o máis característica da persoalidade de Galicia .....?.
- ¿ Que é Galicia... ?. Para moitos é unha terra verde , chea de brétemas e orballos , de meigas que rosman nas carballeiras e mortos que se adevirten polas corredoiras e as corgas . Terra onde viven xentes " moi individualistas " que teñen " tendencia a emigrar " pois no seu sangue levan a semente da aventura. Son estes tópicos deformantes da verdadeira imaxe de Galicia os que fan que seña pouco doado sinalar o miolo fundamental da súa persoalidade.
Para min o máis característico da persoalidade de Galicia a súa " vontade de vivir " Aínda que ese vivir seña pasar tan só , aínda que vivir seña agardar. agardar...
Non deixarse vencer polos tópicos que se lle quixeron colgar, negar esa visión folklórica dos seus problemas, dicir e non dicir, valar.... ¿ Non denitan un querer vivir ,n n querer seguir cara adiante , por riba das dificultades e dos problemas ?.
Cecais non radique aí o miolo da persoalidade galega, mais non radica , por certo. nos sambenitos que se lle queren colgar. . A persoalidade de Galicia é algo máis serio que os meros accidentes xeográficos , folklóricos ou económicos .
E a tarefa de todos os galegos é voltar os ollos a nós mesmos e andar á percura do ser íntimo de Galicia, Lograr que "esa vontade de vivir" non se conforme con pasar , con agardar tan só.
.......................................................................................................................................................................
(EL IDEAL GALLEGO, 1970 ).- CONCURSO DE REDACCIÓN EN GALEGO. PREMIOS.
Primeiro premio de libros por valor de 1.000 pesetas , ó traballo "POLAS TERRAS DAS NOGAIS" , do que resultou ser autor Xaime Félix López Arias, de 20 anos, mestre, reidente en Sárria ( Lugo )
Neste certame resultou premiado con libros por valor de 200 pesetas o sarriao Uxío López Prado, polo seu traballo " Sárria e o seu val".
......................................................................................................................................................................
( LA VOZ DE GALICIA, 31 de decembro de 1977 ) FIN DE ANO
O CONCELLO PARROQUIAL
Por Xaime F. López Arias
A " Gran Enciclopedia Galega " esqueceu a voce Concello , pesie á trascendencia sociolóxica , administrativa, e cultural que tivo, tén e está chamada a ter nos milleiros de parroquias galegas . ¿ Por que non se considerou a súa importancia ?
O Concello parroquial , tamén chamada "Xunta dos Homes". é a xuntanza con voce e voto de tódolos representantes das Casas para o bon goberno dos asuntos de interese común: camiños, melloras , contenciosos e mesmo a administración dos bens comunais ( montes, fornos, airas, muiños, etc ) Nunha palabra o Concello é unha asembleia máis ben de delegadso que universal, onde se buscan soluci´ñons para os problemas da parroquia,
En moitas parroquias as reunións do Concello están arrodeadas dunha certa liturxia : convocatoria a toque de xorno ou repenique de campás , reunión no adro en días sinalados , etc. Aínda que é verdade que na maior parte perdéronse os formalismos e mesmo o nome de Concello, que pervive nun abondos refraneiro e en expresións como "andar de concello" , siñiicando andar no arranxo de camiños.
VELLOS FORMALISMOS
Iso non quer dicir que o Concello, como expresión da capacidade de autogoberno, non está presente na actualdiade, aínda que teñan desaparecido moitos dos vellos formalismos En realidade catos teñan relación activa coa politica municipal de Galica , saben que, tan alleo e artifical artellamento , funciona somen tes na medida en que deu asimilado a realidade socioloxica das parroquias. Unha electrificación, o arranxo dun camiño ou unha petición de concentración parcelaria non irá adiante se a conciencia colectiva da parroquia , manifestada en reunións máis ou menos formalistas , non se amosa unha voluntade maioritaria..
O Concello formalista , ou a xuntanza informal, teñen amosado a súa virtualidade a traveso de Comisións constituidas para un fin concreto e desaparecidas tan axiña como a súa misión se cumpriu. As ditas comisións encárganse de cousas tan dispares coma pedir na Curia un novo crego, facer xestiónsmdiante dos alcaldes , arranxar as igrexas ou facer protestas diante das Delegacións dos ministerios. Moito antes de que apareceran as asociacións de veciños, xa era tradicional, pódese decir que multisecular tradición, a estampa de comisionados do medio rural presentándose, sós ou na compaña dos inevitables valedores, diante de calquera autoridade ou xerarquía para facer valer os seus dereitos.
Certo é que non se tén recoñecida a persoalidade da parroquia, maia na práctica municipal de cada día, aínda que non haxa un recoñecemento "de jure", dase, ben ás craras, un recoñecemento "de facto".
A democracia interna parroquial, baseada non no individuo senón na Casa, vese interferida pola presencia dunha figura, nomeada a dedo, que na realida de non recibe outra consideración que a dun delegado do alcalde, encargado de dar os avisos e comunicacións. Existen parroquias que, xunto ao pedáneo , vigairo ou alcalde de barrio de función municipalizada, ha o que se tén por verdadeira autoridade da parroquia pois a súa función temporal é por elección ou van rotando no cargo no cargo os xefes da das diferentes Casas.
Hoxendía , e moito máis no futuro o Concello conserva toda a súa virtualidade de xestión e autoboberno. Chegado o intre da intitucionalización e recoñecemento da persoalidade xurídica da parroquia, o Concello será tamén recoñecido.
E non é que a parroquia, case que coma unha pantasma , non apareza no articulado de algunhas leis. Mesmo existe a posibilidade de velas declaradas Entiodades Locais Menores de Poboación, se ben en Galicia só as hai nalgunhas parroquias de Pontevedra, e pouco máis. ¿ Descoñecemento ? ¿ Desconfianza dos ilustrados "vilegos" ?-
De todos xeitos o tema dos Concellos parroquiais non é tan sinxelo e pacífico como semella a primeira vista . ¿ É prudente unha democratización plena do Concello , segundo a régoa de " un home un voto" ?- ¿ É preferible a estructuración tradicional ?. ¿ Precisarase dun tinglado adminsitrativo " sui géneros" ?-
ASEMBLEIA PARROQUIAL
Poderiamos facer moitas máis preguntas e de seguro que as posibles respostas habían ser contradictorias , máis o obxecto deste traballo non é aventurar o futuro , senón falar da realidade presente e la posiblidade actual dunha autonomía parroquial , moi limitada e autocrática po outra parte, a traveso da figura das Entidades Locais Menores.
A futura organización da polñitica local galega, pasará se quer ser efectiva , polo recoñecemento do Concello , como asembleia parroquial e o Concello da Terra , ou bisbarra, como Asembleia das parroquias , deixando a organización municipal para as grandes cidades e as súa área de influencia e máis para os asuntos especificos e concretos das vilas dunha certa entidade.
O que no seu día non se poderá facer é considerar a todas as parroquias por un igual. Non é a mesma problemática a dunha parroquia semiurbana que a dunha rural. A realidade poboacional impoñerá as diferenciacións precisas e cada comunidade parroquial ou comarcal, deberá enfrontarse coa súa problemática e falar por si mesma.
...........................................................................................................................................................................
i
Comentarios
Publicar un comentario