SÁRRIA : CASAS DA RÚA MAIOR. ( 719 )

SÁRRIA :  CASAS DA RÚA MAIOR.                         ( 719 )

                                         NÚMEROS IMPARES

.......................................................................................................................................................................... 

                                RÚA DA FEIRA / RÚA DA MERCÉ 

....................................................................................................................................................................... 

Nº 1.- Nº 3 -  XULGADO DE INSTANCIA  . Propiedade  da Xunta de Galicia, por cesión feita polo Concello de Sárria.  -Casa formada por dous corpos . Un de baixo e un andar  e outro de baixo con fronte á Rúa  Maior  e na parte traseira  do que foi  Hospital/ Escola , soterrado con relación á Rúa da Mercé. Históricamente .  Foi  edificio destin ado a HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE .  Fundación de don Dinís de Castro e Porrtugal. .crego, fillo non matrimonial do Conde de Lemos. Sucesivos destinos:  Hospital de acollida de peregrinos "ao voltar de Compostela.-   Sé da Xustiza e Rexemento da Vila e Marquesado de Sárria.-  Cátedra de Gramática.- Escola de Primeiras Letras  ( de nenos até 1896  ).. Casa Consistorial ( entre 1820 e 1920 ).-. Xulgado de Primeira Instancia e Instrución..- Cárcere do Partido ( até 1930 ) .-  Escola da Banda de Música.-  Xulgado de Distrito.-  Arquivo Notarial,. Clube de Anciáns " Anduriña".- Xulgado de Instancia  ( ocupa terreos do antigo Hospital e da Horta anexa ) . Distribución espacial:  Baixo.-   Vestíbulo, Rexistro Civil, Sala de Xuizos, servizos, sala de avogados, sala de procuradores,  despacho forense, oficinas civil,  Primeiro andar: Oficinas  civil/  penal, despacho xuiz, despacho  fiscal,  secretaría . Baixo coberta; Arquivo,Superficies catastrais :Nº 1:  245  m/2,  Nº 3  : 453   m/2, 

Nº 5.-Nº 7.- CASA MANUEL YEBRA / CASA KAPPLER.-  Caaa de baixo e un andar , xardín e horta , con pozo.  Históricamente : CASA VILAFIZ ( alzada na segunda metade do século XIX  ) . Baixo e un andar. Superficies catastrais :  645 m/2 . Edificados:  222 m/2. Durante algún tempo estivo nesta casa o centro de telégrafos local

Nº 9,. Nº 11.- CASA  LOSADA.-  Casa de baixo, un andar  e  bufarda, No lateral esqurdo e  polo fondpo horto  no que se alzou garaxe e un alpendre. Recibíron terreo e casa dun escribán sarriao do século XVIII.  O soar, nos  anos finais do século XIX foi adqurido polo Concello, e a Xunta Carceraria do Partido para facer nel o  Cárcere e tamén se barallou a posibilidade de in stalar ali a Praza do Mercado.  O terreo foi desafectado e adquiruno Xesús Guerra.  Superficies catastrais :   807 m/2 . Edificados : 296 m/2.

Nº 13,. Nº 15.- CASA   DO PURO.-  Casa de semisoto, baixo e  un andar. cun horto   con entrada pola rúa da Calexa.  Formada na actualidade  por dous edifcios. O da esquerda, baixo e un andar, ten unha porta e taboeiro.  Históricamente  ; CASA DOS ARMESTO. ( Señores do  Couto de  Trebolle  ) . Foi propiedade de Carme Herrero.  Chamouse " Casa do Puro ", porque  ali estivo establecido un estanco  e o letreiro de ban deira  feito de madeira tiña a figura dun home cun grande puro na  boca. Foi tamén casa de comidas e tenda de ultramariños.  No tempo de facer obras na Casa do Concello   estivo no baixo  a  oficina dos servizos sociais a a da policía local. Ë unha das casas máis antigas da vila (  século XVI ) , foral do Mosteiro da Madalena, e no portal   ten chan feito con seixos do río, similar  ao que hai no claustro  do dito mosteiro. Superficie  catastral:   827 m/2.  Edificados :  412 m/2 

...................................................................................................................................................................... 

( A casa que pasado o cruce daba á Rúa da Calexa, de baixo e un andar , con patio e un hortiño anexo ,( CASA MONTEAGUDO),  foi derrubada  cando se ancheou a Calexa   . O  Concello para  protexer a parede medianeira co número 17 alzou un muro no que se in stalou un xardín vertical.). No baixo houbo os establecementos  " Calzados Rodríguez " e " Calzados Argelia".

...................................................................................................................................................................... 

Nº 17.-  CASA CARROZAS.. Tamén coñecida como C ASA POLETA.-  Dende finais do século XIX e até os anos 1950  pertenceu á familia PEÑAMARÍA, que lle deu nonme,  Casa de baixo e un andar, paitio e horto no que había un horto compartido coa Casa Monteagudo. No patio  alzaron un garaxe e no horto fíxose un espazo  para  aparcadoiro ao aire libre, No baixo  estableceuse a "Zapatgería Carrozas  ".. Superficie  catastral : 130 m/2. Edificada  :  245 m/2.

Nº 19.- CASA VILAESTEVA., Foi coñecida como   CASA DON  FRANCISQUITO. , por ser propiedade Francisco  Macía. Orixinariamente  era unha casa de baixo e  un andar con patio posterior con entrada de servidume polo patio da  casa nº 17.  Nesta casa  tivo  consulta   o médico Macía  e  tivo colexio particular de ensinio primario  Rosario Cabada   A familia Vilaesteva   convertiu  o patio en edificación de baixo e un andar, destinado o baixo a adega.  A Casa Vilaesteva foi casa de comidas , almacen de venda de viños , tenda de ultramarinos e  distribuidora de pensos, cervexas e gasosas . Sucesivos establecemento:  Bar Piñeira e Mesón Camiño Francés. Superficie catastral :   185 m/2. Edificados :  373 m/2. 

Nº 21.-   CASA SEIXAS ,.  Formou parte da  CASA GRANDE   dos Saavedra e Somoza  e nela residiu o administrador desa  casa fidalga. É edificación de baixo e un andar  e patio posterior , no que alzaron casa nova con entrada polo paso de servidume  establecido para as casas nas que foi  dividida a casa pacega.Foi o seu dono Antonio López " Seixas " que se estableceu como xastre,  e foi sucedido no oficio polo seu fillo Darwin López Arias ( Nonín ) .  A propiedade foi adquirida para establecer unha tenda  de nikis  e  cuartos para a atención de peregrinos. Superficie  catastral :  188 m/2. Edificados :  213 m/.

Nº 23.-   CASA DA PALMA .-  Formou parte da CASA GRANDE  dos Saavedra e Somoza e  ocupa o soar da que foi CAPELA DE SAN XOSÉ propiedade da Casa.  É edificación de baixo e un andar, con entrada posterior polo camiño de servidume feito riba do patio  da propiedade dividida.  Acabou tendo como anexo  parte da horta da  Casa Grande, con fronte á Rúa Rosalía de Castro, espazo no que se fixo un almacén con entrada polo camiño de servizo.  A mercearía LA PALMA  e os Servizos Sociias do Concello de Sárria establecéronse no baixo. Tamén  foi punto onde se instalou o primeiro caixeiro automático establecido na Rúa Maior, Superficie catastral : 197 m/2. Edificada :  262 m/2.

Nº 25.-  CASA BARBEIRO.- Formou parte da CASA GRANDE  dos Saavedra e Somoza . Consta de baixo e andar, con entrada tamén polo camiño de servizo   . Barbearía ,  Apartamento de acollida de peregrinos. Na parcelación da Horta da Casa Grande  anexou uhna tira con fronte á Rúa Rosalia de Castro , na que alzaron unha estreita casa de baixo e un andar con acceso polo camiño de servizoi  , que foi comprada polo escultor sarriao,  asentado en Francia, Xosé Díaz Fuentes. Superficie catastral:  131 m/2. Edificada :  164 m/2.

Nº 27.-    TORRE DA CASA GRANDE   .-  Formou parte da CASA GRANDE dos Savedra e Sooza. Consta de baixo e dous andares.   Parte dun antigo corredor con columnata foi reaproveitado para facer  uhnha precaria vivenda   para alugar, con entrada polo camiño de servizo.  O baixo e os andares estiveron por décadas en réxime de  aluguer, Establecementos : Casa Castro ( ,papelaría) . Barbearía. Murúa. Almacén do Bar Anduriña. Pasou a ter cono anexo unha tira de terreo segregada da antiga   Horta da Casa Grande, con fronte á Rúa Rosalía de Castro, na que había un pozo   con obra  de cantaría que se eliminou na década dos anos 1940. A horta foi adicada a  invernadoiro. Superficie  catastral :  262 m/2. Edificada :  186 m/2.

 Nº 29.- CASA CASIANO BATALLÓN.-  Formou parte da CASA GRANDE dos  Saavedra e Somoza, no seu corpo lateral da man dereita. Era de baixo e un andar e   o médico Casiano Pérez -Batallón  enadiulle un segundo andar  con galería de madeira. Enadiuselle o anexo dunha tira  s egregada da Horta da Casa Grande, con  fronte á Rúa  Rosalia de Castro   . Un pequeno patio con portón ao fondo do camiño de servidume ( Ruela do Arco, terreo privado )  separa   a casa principal doutra  separada que estivo en réxime de aluguer e agora forma parte  da actividade de acollida de peregrinos,.   Xulgado de Primeira Instancia, , Almacens CASA FREIJO.- Almacéns EL SIGLO , Estudo fotográfico,  Oficinas de Previsión .  Notaría  ,Taller electrico.   Oficinas provisorias do Concello de Sárria, Bar Anduriña.  Albergue de Peregrinos  El Bordón de la Casa Batallón .  Caixeiro automático,  Superficie catastral :551 m/2. Edificada :  582 m/2,  

Nº 31.- CASA GUDÍN .-  Ocupa o espazo  do que foi patio da  CASA GRANDE   onde había un grande portón de entrada  e  ali estaba  o Forno da Casa Grande, no que se facía fornada   de pan de esmola para  pobres.  Pedro Gudín alzou casa de baixo e dous andares , co enadido  duha casa de andar e baixo  para o forno e a Casa do Forneiro, e dun grande alpendre para a garda da leña. para roxar o forno.A parte posterior  , en terreo segregado da Cortiña da Casa Grande  , con fronte á Rúa Roslía de Castro , está o espazo  anexo do albergue,  O novo dono tivo  o acerto  de conservar os escudos das familias fidalgas que señorearon  o pazo vilego e  adicou a casa a forno en réxime de aluguer, e despois  seguida a actividade pooo seu fillo Eliseo Gudín. Na parte dianteuira estivo a tenda de ultramarinos " Casa Gudín" . A súa  neta colocou os historiados  escudos no corredor de entrada  da  cando   acondicionou as edificacións  para Albergue de Peregrinos   " Los Blasones ". Superficie catastral: 293 m/2. Construida :  582 m/2.

Nº 33.-  CASA YEBRA .-  Foi parte esta casa dunha  antiga  edificación  formada polos actuais número 33 e 35, obxecto de división  de herdanzas . O número  33  tiña acceso por  unha porta que daba ao estreito baixo dende  onde por unha súpeta e rústica escaleira  se accedía ao primeiro andar que se extendía  por riba da porta de entrada   da casa nº 35 con  dúas fenetras á rúa e a un segundo a andar da mesma amplitude , estando este corpo de edificio  encastrado, á dereita e polo fondo na casa número 35.    A recente adquisición desta casa  polo propietario ( descendente de Matías López  ), permitirá  que coa  conseguinte agrupación  volva á antiga unidade  , mantida até  a segunda metade do século XIX.  Superficie catastral :  37 m/2. Edificada : 104 m/2.

Nº 35.-  CASA MIRALDE.-  Até  a segunda metade   do século XIX   formou unidade  coa casa número 33  e o conxunto  foi obxecto de partilla , de maneira  que   o taboeiro central   ( despois convertido en porta de entrada )  e  a primitiva  entrada  con fronte á R úa Maior  xunto coa  parte  da edificación, na traseira do número  33 , constituiron  a moradía da familia Fernández, procedente  de Miralde ( Barbadelo ).    Consta de  baixo, con dúas portas, e dous andares  estretos dun oco por planta .   O baixo e o segundo andar estiveron en réxime de aluguer, No baixo estivo o obradoiro de electricidade e son de  Pallarolas e o estudo fotográfico da súa esposa. Cando  se  fixeron lotes coa fincabilidade da Casa Grande, a pequena horta da casa  foi alongada cunha tira con fronte á Rúa Rosalía de Castro, onde  alzaron casa nova.  A Casa Miralde foi adquirida  por un descendente de Matías López, reunindo a ela a propiedade  do número 33. Superficie catastral:  332 m/2. Edificada :  219 m/2.

Nº 37, -   CASA ARANGÜENA  .-  Até  o primeiro terzo do século XX  foi coñecida   CASA CEDRÓN.  e máis adiante  como "Casa do  Zapateiro  Fafián" ou " Casa  de Pepe Zapateiro".Ten como anexo un espazo que foi horto. Consta  de baixo e un andar, con porta  de entrada e taboleiro  aberto á rúa. Cando se  fixeron lotes coas fincas da Casa Grande  enadiron  unha tira con fronte á Rúa Rosalia de  Castro. Superficie catastral:   178 m/2. Edificada : 219 m/2.

Nº 39.-  ALMACÉN DE MACÍA.-  Edificación orixinariamente de baixo  que   eliminado o seu tellado presenta agoa terraza.  Nela estivo unha tenda de   Venda de calzados : " Paco do Calzado".  O espazo foi acondicionado  para  garaxe con vivenda na parte superior, Superficie catastral :  108 m/2.  Edificada :  77 m/2.

Nº 41.- CASA MACÍA ( 1 ) .-   Casa de baixo e dous andares con xardín na traseira.  Houbo nela  un Despacho de avogado e  a Administración da Tabacaleira na localidade.  O xardín foi alongado cunha tira de terreo procedente da parcelación con fronte á Rúa Rosalia de Castro, onde se isnstalaron elementos pétreos , porta e reixa procedentes do Mesón de Aguiar, no Barrio de San Roque, da cidade de Lugo.  Tiña unha pequena galería  que voaba dende o muro esquerdo riba do Almacén, e foi eliminada para  facer a terraza. No xardín hai un pozo.Superficie catastral:  41 m/2. Edificada: 388 m/2.

Nº 43.-  CASA MACÍA ( 2 ) .-  Pergtenceu á familia de la Vega.-  Macía,  Ten baixo e tres andares, cunha  fermosa  galería de madeira.  Nesta edificación houbio como actividade  :Despacho de avogados ,Notaría . Estudo de delineante. Despacho de Graduado Social e Arquivo Notarial. O segundo e gterceiro andar  foron habitados en réxime de aluguer. Tiña  patio e unha edificación anexa na que houbo unha precaria vivenda para alugar.  Na  casa consérvanse  pequenas  pinturas murais, reñpsentando unha delas a  Casa de Vilar da Torre  que pertenceu aos Macía.. Enadido   terreo  procedente da Casa Grande  pasou a ter acceso tamén  dende a Rúa Rosalia de Castro Superficie catastral: 208 m/2. Edificada:  447 m/2.

Nº 45.-   CASA SERRADOR .-  Edificación  de baixo e dous andares, con almacén  na parte traseira. Foi coñecida como  CASA DE  PEPITO VIÑAS . Albergou :  Estanco de Tabacos, Administración de Loterías e Comerzo de Ferretaría, e máis adiante  actividade de   Fontanaría . Superficie Catastral:   163 m/2.  Edificada :  260 m/2.

Nº 47.-   CASA   YÁÑEZ  .-  Edificación de baixo e tres andares   con xardín na traseira . Cando se fixeron lotes coas fincas da Casa Grande pasou a ter como anexo un soar con fronte á Rúa Rosalía de Castro. Acolleu  diversas actividade :  Notaría  de Xoán López Yáñez.  El Siglo, de Sergio Bello , Cristalaría da Casa Vera .-  Oficina de Correos.  Obradoiro de Costura , Bar López. Bar la Tacita de Plata.. Superficie catastral : 594 m/2. Edificada:

Nº 49.-  CASA CASTRO.- Edificio  de baixo e tres andares , con anexo posterior  destinado a   Fábrica dos  Chocolates Víctor Csstro.   Outras actividades : Tenda  de Ultramarinos, .Albergue de Peregrinos  Obradoiro ,  Obradoiro  Artesán, do artista escultor Xosé Luis Moreira. Conta con garaxe e un alpendre para  talla de madeira. Ten acceso dende a Rúa Rosalia de Castro , compartido coa casa nº 53.Superficie : 377 m/2. Edificada : 355 / 2.

Nº 51.-  CASA AGUADO.-  Edificación de baixo e dous andares,  cun terreo na traseira  que foi o horto da casa.  No baixo estivo o Almacén de cadaleitos  da Casa Armindo. Superficie catastral:  208 m/2. Construida:  253 m/2.

Nº 53.- CASA BARÁN.-   Edificio de baixo e dous andares e terreo que foi horto na traseira . Vivendas en réxime de aluguer. Barberaía Castro  / Barbería Silva.  Pensión Barán, para acollida de peregrinos. Comparte acceso para coches co nº 51. Superficie catastral : 858 m/2. Edificada : 215 m/2.

Nº 55.-   CASA BATALLÓN- MACÍA.-  Edificio de baixo  e dous andares, con terreo anexo na traseira. Estivo década en réxime de aluguer. Actividades : Calzados  Carrozas. Mercearía  Aurita . Superficie catastral:  370 m/2. Edificada:  421 m/2.

Nº 57.-   CASA  AMADEO MACÍA .-  MARÍA MIRANDA.-  Orixinariamente foi casa dun baixo e un andar,  que foi ampliado  cun segundo andar. Na antiga horta alzaron un anexo, fora de ordenación , e o conxunto destinouse a albergue  Actividades :  Consulta médico  . Albergue de Peregrinos Internacional. Superficie catastral:  370 m/2 .Edificada: .......

Nº 59,.Nº 61,-Nº 63.-CASA  DE NEIRA.- Tamén coñecida como CASA SOLANCE ou CASA DE BUXÁN.-  Edificio de baixo e  dous andares, con anexos: patio, casa de baixo e un andar e  locais terreos.  Conserva dous espazos de horta, resto do que foi a Horta Grande  da  Casa de Neira, que foi vendida  á  familia Armindo ou Cachete, que a parcelou en soares  ( entre a finca da Casa Grande e a Horta de Saco ) onde  varios particulares alzaron casas ( treito da Rúa Frei Luis de Granada ), Actividades: Administración do Correo. Adminstración de Lotarías, reloxoaría de Luis Carrozas, despacho de avogado:  Superficies catastrais :  392 m/2  e 706 m/2. Edificadas :  217 m/2 e 786 m/2.

Notas ;  A Horta da Casa de Neira ( coñecida finalmente como Horta de Buxán )  tiña unha superficie   aproximada de  4.231 m/2 . Estremas  : norde, herdeiros de Marcelino Franco  e outros; leste, Horta de Saco ; sur,  patio da Casa de Neira,  outros e rúa Rosalía de Castro ; oeste, horta da familis Carballeira, rña do barrio Andión ( hoxe Frei Luis de Granada ) e   Luis Rordríguez, Mercé Neira Sarry  proxectou  dúas rúas para parcelar a Horta  , dando lugar a catro lotes. En  6.03.1967   Carme Pena Carrozas  comprou eses catro espazos  que foron parcelados nuns dez  soares  no alongamento das rúas Rosalía de Castro e  Frei Luis de Granada, que estivo sen saída á Rúa do Murallón, a  que se conseguirìa ao expropiar terreos da  Horta de Saco. 

Nº 65.-  CASA SACO .-  Edificación  de  baixo e un andar , con galería posterior, patio lateral, cortellos,  horta grande con entradas pola Rúa do Murallón e  Rúa do Porvir , e caseta anexa no Murallón. A propiedade foi dividida  pola Rúa Frei Luis de Granada e  segregaron  varios soares,Pertenceu á fsmlia Pradeda  e unha dos seus membros casou  co médico Saco. Actividades : Consulta  de médicos.- Consulta de Avogados.- Laboratorios  Kober.- Superficie catastral actual:  515 m/2. Edificada:  395 m/2.

Nº 67.- CASINO DE SÁRRIA.- Edificio de  soto e baixo. Dá no lateral dereito á Rúa do Murallón.- Foi edificado pola familia Saco que o cedeu  gratuitamente para  sede do  Casino de Sárria.Outras actividades :   Albergue de Peregrinos.  Bar Casino. Superficie catastral : 184 m/2. Edificada :  219 m/2.

........................................................................................................................................................................ 

RÚA DO MURALLÓN.-  IGREXA  DE SANTA MARIÑA ( 1855-Superfice :  368 m/2  ) : Destinada a culto a nave central, dúas sacristías, batisterio , escaleira de acceso á tribuna)- A torre do campanario  alberga o reloxo  público, campanas e esfera , propiedade do Concello de Sárria.-  

 ADRO DE SANTA MARIÑA ( O REIXADO ).- Cruceiro doazón  da familia Saco. - Chantada no chan hai unha  imaxe de Cristo en pedra, obra dun  alumno dunha Escola Obradoiro.

 .......................................................................................................................................................................

Nº 69.- CASA DE TELÉGRAFOS.-  Formou  parte da  antiga CASA BARRIO. ( 1 )  Edificación de baixo  e dous andares . O baixo está soterrado con relación ao Adro de Santa Mariña , dende  onde se entra direitamente ao primeiro andar. Recibe ese nome  porque  nesta casa  estivo  a Oficina de Teléfrafos. Tamén acolleu unha academia preparatoria dos bacharelatos  elemental  e superior  en ensino libre. Leva máis de 50 anos sen estar habitada.  Superficie catastral: 94 m/2 . Edificada :  282 m/2.

Nº 71.- CASA BARRIO ( 2 ) .- Formou parte da antiga CASA BARRIO ( 2 ). É unha edificación  de baixo e dous andares,.  No baixo está ubicada a Barbería Veiguiña.. Superficie catastral : 43 m/2.Edificada : 129 m/2.

Nº 73.- CASA BARRIO ( 3 ).-  Formou parte  da  antiga CASA DO BARRIO, Era un corpo de edificio de baixo, un andar e bufarda en réxime de aluguer , que na actualidade está formada por baixo e dous andares. No baixo  houbo unha tenda de ultramarinos  e  un almacén da Ceraría Quibeo. Superficie catastral :  109 m/2. Edificada :  373 m/2.

Nº 75.- . CASA ULLOA.- Edificación de baixo , un andar e bufarda.  Ten un patio posterior  e como anexo un alpendre  que  foi  un dos obradoiros de ferreiros que había na traseira da igrexa vella de Santa Mariña.Albergou  dúas vivendas, unha delas en réxime de  aluguer,  unha consulta médica,  a Ceraría Quibeo a tenda Ultramarinos Quibeo e a Mercearía Arsenia . No alpendre  houbo un obradoiro de carpinta.. Esta edificación  sufriu dous incendios.  A última  propietaria da familli Ulloa ( Concepción Ulloa ) deixoulla á Orde da Mercé, e foi vendida ao cura de Barán  que deixou por herdeiras ás irmás Méndez.  Foi adquirida  pola Xunta de Galicia, que lla cedeu ao Concello de Sárria  que  a acondicionou para  vivendas en réxime de aluguer social para xente moza.- Superficie catastral : 287 m/2. Edificada  :  527 m/2.

.................................................................................................................................................................... 

                                            TRAVESA DA IGREXA  ( antigo CALELLÓN ) 

.......................................................................................................................................................................... 

Nº 77.- CASA RODRIGO .-  Casa  de baixo e un andar , con entrada tamén polo primeiro andar  dende a Travesa da Igrexa. Tivo  un corredor de madeira  . Actividades :   Queixaría Rodrígo.- Reloxoaría Javier. Superficie catastral  :  79 m/2. , Edificada : 183 m/2.

Nº 79.- CASA MORENO.- (    CASA NADAL DE MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ  ).- É unha casa estreita, cun espazo frenteiro retirado con relación  á rúa. Ten baixo e dous andares. Unha entrada  posterior permite o acceso dende a Travesa da Igrexa. Unha placa recorda o nacemento nesa casa do fillo predileto de Sárria Matías López López  o 17 de maio de 1925.  Superficie  catastral :  61 m/2. Edificada:  183 m/2.

Nº 81 - ALBERGUE DE PEREGRINOS.- .Alzada por Vázquez Macía  a finais do século XIX . É casa de baixo e un andar  con  servidume  de vistas cara  a Casa Freixo. Actividades: Almacén de ferraxaría.- Tostadoiro de Cafés O Pote. Adquirida á familia Pardo pola Xunta de Galicia para destinala a Albergue de Peregrinos . Superficie catastral :  127 m/2, Edificada : 270 m/2.  

Nº 83.-.Nº 85. Nº 87 .-  CASA FREIXO.- Casa  formada por un corpo de baixo e  dous andares e outro de baixo e un andar, con patio, grande portón de entrada e pombal.  No século XVIII  foi  MESÓN no que tamén estivo  a TULLA DO ARCEDIAGO DE SÁRRIA onde xuntaba as rendas  da súa dignidade. No baixo do corpo pequeno houbo un obradoiro de carpinta.  Todo o conxunto forma  unha vivenda unifamiliar  con acceso polo portón e patio , polo que a división catastral en tres predios careceu de toda lóxica , e deu lugar á asignación de tres números  para a edificación , que  unha  vez corrixida , fai que a casa seguinte  conserve  o número  89. Superficie  catastral :   469 m/2. Edificada : 671 m/2.

Nº 89 ,.-  CASA CARBALLAL.- Casa  de baixo e un  andar.  Entre a beirarrúa e  a casa  hai  un eirado alto  protexido por unha reixa.  Actividade : Xastraría. Superficie catastral :  71. Edificada :  144 m/2.

............................................................................................................................................................................ 

 ATÉ 1958 FORMARON PARTE  DA RÚA MAIOR as seguintes casas, que agora  están integradas na RÚA MARQUÉS DE UGENA .------------------------------------------------------------------------------------ *

Nº 89.-  CASA........... ******RÚA  PORVIR ( despois Rúa Marqués de  Ugena ) *******  , Nº 91,- (  CASA  PAZOS. )  Nº 93.- CASA  PEPÍN  ASTURIANO  Nº  95.- ( CASA FIDALGO ) ,. 97.- CASA. ....... Nº 99.-  CASA ,,,,,,,,,,, Nº 101.- CASA .......... Nº 103..( CASA TEIXEIRO )  Nº 105.- CASA PRIETO. Nº 107 - CASA BARBEIRA. Nº 109  .- CASA QUIÑOÁ. CASA Nº 111 CASA Nº 113 ( - CASA QUINTANA  ) .....RÚA BENIGNO QUIROGA

**************************************************************************************  

                                                NÚMEROS PARES

                       IGREXA DE SAN SALVADOR.- ADRO DE SAN SALVADOR

CASA N º 2.- CASA  CAPÓN DE ARRIBA.-

CASA Nº 4..  CASA MATÍAS LÓPEZ           FÁBRICA " LA SARRIANA. Albergue de  Peregrinos.

SOAR  Nº 6..-CASA Nº 8.- CASA CAPÓN DE  ABAIXO.-   Anexo de Albergue de Peregrinos.

CASA Nº 10.-  CASA GUERRA.-   Rexistro da Propiedade,  Consulta médico. Alberque Don Álvaro.

 CASA Nº 12.-  CASA NOVOA.-  En parte  do soar  estivo o  Cárcere da Xurisdición de Sárria  ( propiedade dos Marqueses de Sárria )  Cuartel do Batallón da Reserva e de Depósito,Casa  Badiola. Novo Clube, Bar Español, Carbonaría,  Notaría,  Bar Tapas,  Bar Vilanova,  Casa Antonino,  Ferretaría Rodríguez, Xastraría,   Ferrador , Chacinaría , Hotel Novoa. 

........................................................................................................................................................................ 

                                                      PRAZA DA CONSTITUCIÓN

CASA LOIS DE ARRIBA.-   " Casa das Señoritas da Casa Grande )  Adquirida polo Concello de Sárria, ( derrubada ).

CASA  RIVAS .- Adquirida polo Concello de Sárria ( derrubada )

CASA LUIS YEBRA. Adquirida polo Concello de Sárria ( derrubada )

CASA  PARDO.-  Adquirida  polo Concello de Sárria )

CASETA DE RIVAS.- Adquirida polo Concello de Sárria,

........................................................................................................................................................................... 

CASA Nº 14.-   CASA DO CONCELLO  CASA VAAMONDE.-   Alongada cos soares das desaparecidas   Casa Rivas e Casa de Luis Yebra. Despacho de avogado,   Casa Consistorial ( 1920 ).  Xulgado Comarcal . " Casa de Falanxe ",  Sede de Meigas e Trasgos, Aulas de Educación Permanente de Adultos-

CASA Nº 16.- CASA PUCHE   HOSPITAL  VELLO  Sede da Tulla  e da Obra Pía dos Díaz de Guitián.  Corresponsalia de Prensa. Mercearía Lola Puche.

CASA Nº 18.-  CASA REBOIRO.-

CASA Nº 20.- CASA GALLEGO.- Despacho de procurador,  Bar, Sucursal da Caixa de Aforros Monte de Piedade da Coruña e Lugo, Local de xogos,  Rexistro da Propiedade , Sede local de partido polìtico, Obradoiro de material eléctrico..  Policia Local ( provisorio ), Bar-Casa de Comidas.

CASA Nº 22.- CASA Nº 24.- CASA MARZÁN.- Almacén, Escola de Nenas.  Sede social de  Elñectrica Sarriana, Colexio Felipe II.

CASA Nº 26.-  CASA DA TIRANA.- 

CASA Nº 28.- ALMACÉN DE SERRADOR.-

CASA Nº  30..- CASA CHOUSA

CASA  VERA.- 

CASA Nº 32.-  CASA  CABARCOS.-

CASA Nº 34.-  CASA ARMINDO,. CASA CACHO.-  CASA CACHETE..-

CASA Nº 36.-  CASA TRES BBB

CASA Nº 38.- CASA  PAULINO.-

CASA Nº 40.-  CASA LOS AMERICANOS

CASA Nº 42.- CASA DA BOTICA

CASA Nº 44.- CASA PINTOS

CASA Nº 46.- CASA CARBALLEIRA   CASA   LOIS     

CASA Nº 48.- CASA CASTELLANO  CASA CABARCOS DE ABAIXO CASA PRADEDA

CASA Nº 50.- CASA ANTONIO YEBRA

CASA  Nº 52,-   CASA TORRES

CASA Nº 54.-   CASA

CASA Nº 56.-  CASA DA ESTAFETA CASA QUIROGA  CASA MATÍAS YEBRA

CASA Nº 58.- CASA LOIS

CASA Nº 60.- CASA  DOS CEDRÓN  CASA CENTEAIS

CASA Nº 62.- CASA  VIÑAS

................................................................................................................................................................... 

TRAVESA  DA PEDREIRA 

.................................................................................................................................................................. 

CASA Nº 64.- CASA TOURAL

CASA Nº 64.-   Pasantía de Pepe Farrabanete.

CASA Nº  66.- CASA CALDEIRO

CASA Nº 68.- CASA DO CIRCO

CASA Nº 70 .-  CASA CLEMENTINA 

( ESCALEIRA DA FONTE .- fonte

CASA Nº 72.- 

 CASA Nº 74.-

CASA Nº 76.-

CASA Nº  78.-

CASA Nº 80.-

CASA Nº 82.-

CASA Nº 84.-

CASA Nº 86.-

CASA Nº 88.-

CASA Nº  90.-

CASA Nº 92.- 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios

Publicacións populares