EXCURSIÓN, EN TREN, DE CORUÑESES A SÁRRIA ( 17.10.188O ) (709 )

EXCURSIÓN , EN TREN, DE CORUÑESES  A SÁRRIA ( 17.10.1880 )         ( 709 )

                                                          145  ANOS ATRÁS 

    O día 1 de outubro de 1880  celebrouse na vila de Sárria a inauguración do treito  do camiño de ferro  entre  A Pobra de San Xiao e a nova  estación   de Sárria, alzada na parroquia de San Pedro de Maside, Para celebrar  a comunicación direita  por tren entre a cidade da Coruña e Sárria, os elementos oficiais civís e militares, autoridades locais , comerciantes  , ricos propietarios e outros residentes  na cidadade herculina tomaron parte    nun desprazamento   de recoñecemento  da liña  extendida até Sárria , organizando unha excursión que o día 17 de outubro  deu lugar a un  recebemento multitudinario , á celebración dunha misa   no Souto de San Lázaro e a un paseo dos coruñeses  pola "vila" e os seus máis destacados puntos, que incluiu  facer vistas dende a Torre da Fortaleza, por xentileza do deputado Sr. Pérez Batallón. Os coruñeses estiveron  en Sárria dende as doce  da mañá até as  dúas e media da tarde , hora na que o tren saíu  para A Coruña.

     Os dous máis sinalados  excursionistas foron o Capitán Xeneral  e o Gobernador Civil de Provincia da Coruña. 

                  O sarriao ANTONIO VÁZQUEZ MACÍA publicou no diario madrileño LA PATRIAS  un solto no que verteu as súas impresións pola visita dos coruñeses,  o senso da mesma e  solemnizou o agradecemento de Sárria pola decidida colaboración dos estamentos herculinos  na loita   por facer realidade o camiño de ferro entre A Coruña e Sárria.

                                                                *********************** 

( LA PATRIA, xornal de Madrid,   27 de outubro de 1880 ) 

                 CORRESPONDENCIA PARTICULAR DE " LA PATRIA"

                Sárria, outubro 22 de 1880

                                Sr. D. Leopoldo  de Alba Salcedo

Meu estimado   Sr. Direitor ;    Fausto   e memoriable  foi para esta vila  o día primeiro do corrente mes  , porque nel celebrouse  a inauguración dunha sección  do ferrocarril, mercé   a cuxo notable suceso , que forma época na vida  dos pobos,  que este unido cos de Lugo  e A Coruña  , non o foi menos o día 17 , pois tivo ocasión  de coñecer a trascendencia  que revestía  e  importancia que aquel  adianto lle proporcionaba .

Desexosos  os habitantes  desta última cidade   de xulgaren  a beleza da nosa campiña , de examinaren os novos horizontes  que á súa actividade se abren, de estableceren vínculos   que o moderno elemento de  locomoción  proporciona , e de se asociaren  , sobaor de todo, ao xúbilo que enxendra  nos pobos  cada paso de avance que dá polo  triste solo galego , presa aínda  do funesto fado  que o comdoou  a letal  e mísero isoñlamento, e  aproveitándose   da facilidade  de percorreren  en breves horas  os 151  quilómetros  que os separan   desta vila , concebiron o proxecto  de  realizaren   unha numerosa e  animada excursión  -a mesma que tivo  o referido día 17.

O sol,  velado  por mestas nubes dende primeiros do mes actual , quixo tamén asociarse  á pausible idea , pois favoreceu   a súa execución e prestoulle  o máis  apetecido realce , despregando  aquel día   as súas esplenderosas galas.

Sabedores   do pensamento os  habitantes deste pobo,  agardaban na estación  co alcalde e individuos  da corporación  municipal, aos distinguidos expedicionarios , que chegaron  ás doce da mañá , sendo recibidos  con bombas, cubos  voadores e  outras públicas demostracións   de  xeral   entusiasmo-

Formaba parte  da brillante  expresión os Excmos.  Chacón  e Leguina , Capitán Xeral  e Gobernador  Civil , secretario outros altos funcionarios, os máis acaudalados  comerciantes e ricos propietarios da cidade herculina, cuxos nomes sería  dificil enumerar, o  ilustre direitor de  El Noroetes , Sr. Acevedo , e o xove  e brillante escritor  señor Millán Astray, que, polos apuntes que   tomaba  puidemos colexir  nos daría aderezada  unha das súas saborosas  crónicas.  

Despois de  saudados os viaxeiros , encamiñámonos todos , precedios  pola Musica de Artillaría  que acompañaba a aqueles , ao  ameno souto  de San Lázaro,  perto do pobo , onde , nun altar  improvisado  oiron ao ar libre  a misa que celebrou  o capelán da mesma  arma Sr.  Gómez. 

Grato   e conmovedor   era  o cadro que  o campo ofrecía  : a   celebración  da cerimonia máis  sublime  do  cristianismo  riba de humildísima   mesa , sen máis   teito ca bóveda  do ceo,  ao seu   redor o  máis brillante  do nobre e culto pobo  coruñés.

Confundido  entre  os rústicos   moradores da  escura  comarca , as doces e dondas  harmonías  das ledas aloboradas e muiñeira,  eses dous poemas  musicais dos  habitantes  da antiga Suevia , mesturadas cos pregos  dos fieis , e este sinxelo  e imponente espectáculo  ao pé da  vedraña capela  de San Lázaro , onde,  aínda non hai un século , cando   se descoñecían porén os marabillosos   trastornos socias  elaborados  ao influxo de  novas ideas  ,  de modernos invntos   e físicos  adiantos , recibían  hospitalaria acollida  os innumerables peleriños  que, a pé, as súas xornadas innumerables  e  por  acudian  por difíciles vieiros  acudían  a render  o homenaxe   da  súa fe  á basílca onde  se venera  o padrón das Españas.

¡ Que  deliciosos contrastes   saborexaba  a mente  ao deducir    en presenza  destes mudos  mais elocuentes  testemuños ,   a profunda  diverxencia  de tempos  tan de perto !.

Rematada   a misa, dirixírone os expedicionariso, precedidos  da música  e rodeados da moitedume , ao pobo,  agasallando   a este  na persoa do Alcalde , Sr. Vaamonde , coa execución de lindas pezas , de cuxos excitentes ecos  se aproveitaron  os máis animosos , para  render   por breves intres   o culto da súa inocente paixón  diante do ar da musica , que preside  o acompasado  movemento.

Mais a arela  dos coruñeses  era grande por examinaren  o pobo   e veren dende sitios convintes  a pintoresca campiña  , e sen se daren punto de descanso  e pesie  a que os raios do sol  ferían  con forza impropia  da estación outonal  , subindo  a contemplaren   o magnífico panorama    que presenta a ampla veiga   que se extende  ao pé da vila  e o reducido , mais fermoso val  que se descobre      atrás, dende a elevada almea   dun  derrubado castelo  ., propiedade   antes  do Conde de Lemus  e hoxe do  deputado  Sr. Batallón , acreedor   do público recoñecemento  por conservar  este pequeno resto   do grandioso  monumento medieval ( NB. No artigo lese " romano" ) ,  despois   de ter convertido os silveiros   e espiños  dos seus foxos  en berxeo de flores  e parque   de frutais  e dende cuxa  encantadora  cima  acha a imaxinación poético recreo  e recolle a mente  do observador curioso hístóricas ensinanzas.

Ás dúas e media da tarde , despois dunha rápida  excursión  polas rúas  e paraxes máis notables   da poboación, partiron  todos os viaxeiros  , acompañados  por unha comisión de Monforte  , que acodira  a saudalos, e polo deputado Sr. Batallon  e tenente de alcalde  D. Xusto Macía , reproducindose ,  como á chegada  , conmovedores   eseeas,  mais de triste despedida , en medio de atroadoras   vivas da multitude   á Coruña  e a Galicia , axitando  ao ar  milleiros de panos  , e de mostras   do afecto  que  xerara visita tan agradable , e do desgusto  experimentado  por separación tan rápida  e sentida , e respondendo os   forasteiros  con semellantes   mostras de fraternal  cariño  dende os " wagones" , xa en movemento , até que o tren ,  en ás do vapor  , se perdeu   de vista  deixando  o ánimo  de todos en plácida satisfación  que produce  un delicioso  recordo , e nesa  indefinible   tristura  que sobrevén   despois   dun pracer intenso.

Nada  máis grato  para o noso corazón   que presenciar acontece mentos  tan raros como  belos e apeectibles   tan núos  de fastuosa exterioridade  como cheos  de sincero e espontáneo afecto.

Xamías   se revelan as  puras aficións  da verdadeira amizade , nin se desenvolven as correntes de  latente simpatía , como cando  intensa e  profunda pena aflixe   o espirito  , ou dilata  o corazón  extraordinario refuxio.

Hoxe convén recordalos   aos primeirros  laios   de aguda dor que arrincou   á vila de Sárria  o abandono  das obras da súa vía férrez, contestou antes que ninguén con  rápido e viril  acento , o pobo coruñés , formulando os seus dous  corpos populares   aquela enérxica reclamación , que está impresa aínda  no corazón de todos os sarriaos.

Os poderes dese mesmo pobo  asumíaos  aquel celoso representante, o Sr. Linares Rivas ,  que na semana  do 31 de outubro   foi valedor  das nosas  maltreitas forzas  no seo do  Corpo Nacional.

Inaugurada hoxe a vía , despois de dous anos  de teimudos esforzos , aínda non  ben coñecidos do público , é o mesmo pobo coruñés  quen se ven asociar  ao noso xúbilo , a dilatar   ata   os límites do infinito  os nosos  pasos alegres , estimulando polo ampr patrio , sempre vivo  polos xenerosos sentimentos   que o animan  e  o empurran   a formar   a civilizadora vangarda  do país galega.

¡ Sexa indeleble   e eterna gratitude  da vila de Sárria  cara este noble pobo que nos prestou a axuda  de  agarimoso irmán   na desgraza   e veu  a compartir con nós  a satisfación máis lexítima    de contento e regocixo , e reciba ademáis  as benzóns dos seres desvalidos  cuxas bágoas , con filantrópico desprendemento , e en  memoria da  súa  grata visita   enxugou !.

E nós, como  docísimo recordo  a ese inesquecible día  consagrámoslle  as precedentes liñas  , aplaudamos    de corazón  a xenerosa iniciativa   dos coruñeses, cuxo  pensamento tende a   espertar aos pobos   do  apàtico  letargo   no que os mergullou  o seu eterno isolamento  e a cimentar   relacións   e consolida    vínculos de   fraternal  amor  entre irmáns , que xa dende hoxe  non poden decir   que se descoñecen.

                         Como sempre  , seu atentísimo  amigo  e seguro servidor Q-B.S,M. ( * )

                                                        Antonio Vázquez Macía 

                                                           ( *  Q.B.S.M. : Que Bica a Súa Man ) 

......................................................................................................................................................................... 

 

 

Comentarios

Publicacións populares