FRANCISCO VÁZQUEZ SACO: POEMA ( 714 )
FRANCISCO VÁZQUEZ SACO : POEMA ( 714 )
Francisco Vázquez Saco, natural de Sárria, coengo da catedral de Lugo, reitor do Seminario Diocesán, académico da Real Academia Galega e correspondente da Academia da Historia.
A PREGARIA
Unha bágoa polo morto ao ceo sobe, unha flor riba da tumba axiña murcha , unha oración pola súa alma Deus a recolle ( Santo Agostiño )
I
Paseniño, paseniño C ' o delor posto n ' a yalma Ía unha nai afrixida N ' a triste noite calada . Penetrou n `o simiterio Ond ' o seu fillo descansa E púxolle sobr 'a lousa Un ramo de frores brancas Todo cheiño de bicos Todo mollado de bágoas ....................................... A noite foi tormentosa Caeu a feito a xeada Y-as frores amañeceron Todas murchas e esfolladas
II
Paseniño, paseniño C ' o delor posto n'a yalma Iña a nai ó simiterio N 'a triste noite calada . Ó ver o ramo de frores Todas murchas e esfolladas Tirounas y-a sepultura Bañou con ardentes bágoas ............................................ Cando o sol á mañán cedo Alumeou dend ' as montañas Xa n ' había unha bagulla Por riba d ' a lousa branca. III
Paseniño, paseniño C ' o delor posto n ' a yalma Y- a triste nai pol-o fillo Murmurou unha pregaria E din qu ' un cortexo de ánxeles Qu ' o redor d ' alí voaban Oyeu a pregaria e presto Foi xunt ' a Dios a contarlla.
FRANCISCO VÁZQUES SACO ( Sárria, 9 de agosto de 1918 )
Publicado no xornal LA VOZ DE LA VERDAD ( Lugo )
Comentarios
Publicar un comentario