SÁRRIA :COLEXIO DE ENSINO INFANTIL E PRIMARIO " FREI LUIS DE GRANADA " ( 712 )
SÁRRIA : COLEXIO DE ENSINO INFANTIL E PRIMARIO " FREI LUIS DE GRANADA ·
ANTECEDENTES
( EL PROGRESO, 10 de agosto de 1968 ).- O MINISTRO VILLAR PALASÍ EN SÁRRIA,( 712 )
Ás catro e media da tarde., do día 9, o señor Villar Palasí e as restantes autoridades . chegaron a Sárria . No edificio de "La Unión" sostiveron unha conversa co alcalde, don Xesús Vázquez Rivas, e outros membros da Corporación Municipal, encol de problemas referidos ao ensino en toda a zona de Sárria.
O Direitor Xeral de Ensino Primario , don Euxenio Casimiro López López , tan íntimamente vinculado con familias sarriás , fixo entrega ao alcalde dunha fotocopia da creación en Sárria dun Centro de Ordenación do Ensino Primario na Comarca.
Don Euxenio López estivera xa en Sárria nas primeiras horas do serán , tratando doutros problemas relacionados coa bisbarra.
.........................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 10 de agosto de 1968 ).- CONCEDIDO A SÁRRIA UN CENTRO DE ORDENACIÓN DO ENSINO PRIMARIO NA COMARCA-.
Causou grata impresión na vila a mova de ter sido concedido a Sárria un Centro de Ordenación do Ensino Primario da Comarca. Con esta obra que agardamos sera posta en marcha , vense a darlle solución ao grave problema co que se estaba enfrontada a maioría dos nenos e xoves da ampla zona campesiña coa que a comarca sarriá canta.
........................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 16 de xullo de 1975 ).- COLEXIO NACIONAL MIXTO COMARCAL DE SÁRRIA.
Pola presenta convócase a todos os p señores profesores da EXB das Escolas Unitarias e Mixtas do Concello de Sárria e igualmente aos señores mestres das Escolas que se indican do municipio de Láncara afectados pola concentración escolar no Colexio Nacional Mixto Comarcal " Frei Luis de Granada " de Sárria , para unha reunión a celebrar o vindeiro venres, día 19 , ás 16 horas , nos locais do Colexio Nacional de Sárria.
Escolas afectadas do Concello de Láncara
Mixta de Lagos, Río , Oleiros , Galegos, Vilouzán e a Unitaria de Nenas de Cedrón.
O Inspector Xefe
.....................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario