SAMOS: APEOS DE BENS EN SANTA MARÍA DE SUÑIDE ( 1554 ) ( 716 )

     SAMOS: APEOS DE BENS EN SANTA MARÍA DE SONIDE   (   1554    )     ( 716 )

A parroquia de Santa María de Soñide ( Sancta Maria de Sonniti  / Santa María de Sonide / Santa María de Soñide / Santa María de Suñide  ) formou parte  do Partido de Alendagua, da Xurisdición de Samos, e  foi unha das que dende o século IX formou parte do Couto de Samos, dentro do radio da milla e media  de concesión real.   

                                                                     I

( 13 de marzo de 1554 ) 

             APEO DO LUGAR DE VILEIRIZ QUE TEN GONÇALO  LÓPEZ  DE SONIDE

E despois do susodito , no dito lugar de Samos  a trece días  de março  do dito ano , na presenza de min o escribán  público e testemuñas  de xuso escritos  o dito señor meiriño  proseguindo  o dito apeo fixo vir e parecer  ante si a GONÇALO  LÓPEZ DE SONIDE , foreiro do dito lugar, e  DIEGO ARES DE VILEIRIZ  e a PERO DE MEÇUR , veciños de Vileiriz e Aboín que estaban presentes ,   dos que  e cada un deles  o dito señor meiriño tomoulles   e recibiu deles xuramento  en forma debida de dereito , os que xuraron  en forma e prometeron  de deciren verdade ; testemuñas  GREGORIO DE VILAR  e VASCO DE AIÁN.

E logo, polos sobreditos e cada un deles  foi por eles apeado  e confesado , dito e declarado o dito lugar de Vileiriz, con todas as súas CASAS  e herdades, e árbores  e devesas e prados , é todo  do dito MOSTEIRO DE SAMOS, o cal dito lugar  se demarcaba  polas estremas e termos seguintes :

* Primeiramente  coa PORTELA DO ARROXO  e topa coa herdade de devesa  dos lugares de Aboín e Teivilide  e de Sonide   e pega todo ao derredor do MARCO DA LONGARA e dalí vai dar  ao MARCO DE VALIÑAS  e de SOAO, arredor da cerra  da herdade  dos lugares de  Guisalle e chega  ao MARCO DE CATALALA  , que está  no CHAO  que marca os termos   de Castelo e Guisalle   e Vileiriz , que se di PAREDE   DE ROÇAS.  e torna dali  a topar nos   termos da Vilanova  dereitamente  por cima da  PRESIÑA DE CADUEIRO  e dali  por so as CERDEIRAS  DE FOXO , así como vai   pola CARCOBA  dos lugares da Vilanova   até chegar   á PORTELA  DO ARROXO  DE SO  A CORTIÑA DE BAIXO , onde se comezou.

  E todo isto  é propio   do dito mosteiro de Samos  , con máis o  PRADO  DE FONDORIL , que é do dito   lugar sobredito  o cal dito prado  levará   cunha pouca herdade   que vai de fora de catro  tegas de pan semente pouco máis ou menos  e chega e topa  o dito  prado e herdade de FONDORIL  con  herdade dos lugares de Sonide   e da IGREXA DE SONIDE ; isto dixeron   que dentro  dos termos do suso coñecidos  do dito lugar de Vileiriz   hai unha CASA  dunha trave  que está por baixo da CASA de moradía  onde vive o dito Gonçalo  López, con certo saído  e ameixeiras   que está cabo dela   e un leiro  que está na CORTIÑA , que levará unha tega de  trigo  pouco máis ou menos , o cal todo dixeron  era propio da dita  igrexa de Santa María de Sonide,  dos de San Covade; con máis  un prado  que é do lugar de Sonide  , que é de Samos,  que se chama o PRADO  DO ARROXO,  que serán pouco máis ou menos tres tegas  de semnte.; máis a LEIRA DAS RONQUEIRAS, que será de semente tres tegas  de pan que é  do lugar de Sonide de Samos ;   Item máis  un leiro que está  ao BARREIRO  ,  que  é do lugar  no que vive ARES  DE CAMPAELO DA VILANOVA, que é de Samos , que levará tres celemíns   de pan  pouco maís o menos  , o cal dixeron   ser propio   do dito mosteiro de Samos .

E o dito  GONÇALO LÓPEZ , foreiro   sobredito,  confesou así  traelo en foro   do dito mosteiro   de Samos   e que pagaba de foro  do dito lugar  de Vileiriz  ao dito mosteiro   cada un ano de foro    CEN MARAVEDÍS  PARES DE BRANCAS   e así o confesou  e niso se afirmou  e así o asinou do seu nome , testemuñas  os ditos.

E visto o susodito  polo dito señor meiriño  dixo que adxudicaba e adxudicou   o dito lugar   suso dito   por propio in solidum  do dito mosteiro  de Samos e condenaba   e condenou   ao dito GONÇALO LOPEZ DE  SONIDE  a  que como foreiro   cada un ano durante as voces   do dito foro dea e pague  ao dito  mosteiro de Samos, abade  , monxes e convento  os ditos CEN MARAVEDÍS  PARA DE BRANCAS    e o mesmo   aos seus herdeiros , so pena   que serán  por iso executados   el e eles  , quen así o consentiu   e asinouno  co dito    señor meiriño, testemuñas os ditos.

                                                 PERSOAS

GONÇALO LÓPEZ DE SONIDE:  Foreiro do lugar de Vileiriz, do mosteiro de Samos. DIEGO ARES.- Labrego, veciño de Vileiriz.  PERO DE MEÇUR: Labrego, veciño de Aboín, en San Vicenzo de Froián. GREGORIO DE VILAR.- Labrego de Vilar da Torre ( Loureiro de Froián ).  VASCO DE AIÁN: Labrego de Aián ( Reiriz ) . GÓMEZ ARES : Labrego, de Soñide. ARES DE CAMPELO: Labrego, da Vilanova ( San Vicenzo de Froián ).

                                                   FINCABILIDADE  

PORTELA DO ARROXO.-  DEVESA.-  MARCO  DA LÓNGARA.-  MARCO DE VALIÑAS E  SOAO.- MARCO DE CATALALA.-  CHAO.-  PAREDE DE ROÇAS.-  PRESIÑA DE CADUEIRO.- ÇERDEIRAS DE FOXO.- CARCOBA- CORTIÑA DE BAIXO.-  PRADO DE FONDORIL.- LEIRO DE FONDORIL.-  IGREXA DE SONIDE.-  LEIRO DA CORTIÑA.- PRADO DO ARROXO.-  LEIRO DO ARROXO,. LEIRA DAS RONQUEIRAS.- 

                                            RENDA PAGADEIRA

Pagaba  Gonçalo López ao Mosteiro de Samos , en cada un ano 100 maravedís pares de brancas.

......................................................................................................................................................................... 

                                                                     II

(  13 de marzo  de 1554 ) 

                                     APEO DOS LUGARES DE SONIDE 

E logo incontinente   aos ditos trece días   do dito mes e ano  , na presenza de mín   o escribán e testemuñas   de xuso escritos  , o dito señor meiriño  proseguindo o dito apeo   fixo vir e parecer   perante si  a GONÇALO LÓPEZ DE SONIDE ,  e a DIEGO SÁNCHEZ DE AIÁN  e DIEGO ARES DE VILEIRIZ , veciños da freguesía   de SONIDE  e do COUTO DE SAMOS , que estaban ptresentes   dos que, e de cada un deles,  o dito señor meiriño   tomou  e recibiu  xuramento  en forma debida   de dereito   e sobre  un sinal   de cruz   tal como esta ( + )   na que   corporalmente   tocaron as súas mans  dereitas  , os que  tendo así xurado , dixeron " Si xuro e  Amén "  e prometeron de deciren verdade , testemuñas   PEDRO DE MEÇUR  e ARES  DE CAMPELO   e GÓMEZ ARES DE SONIDE  , veciños do COUTO DE SONIDE.

E logo   polos  sobreditos e cada un  deles  por eles apeado e confesado , dito e declarado que os ditos lugares  de SONIDE  coas súas casas   e herdades   segundo están   sitas    e inclusas   dentro da dita Aldea  de SONIDE   todo iso  é propio   do dito mosteiro   de Samos   a cuxos lugares  dixeron   pertencer o seguinte :

Primeiramente estremaban    e demarcaban  polo termo de FONDORIL   e termo de Teivilide   e dende alí  por entre as DEVESAS  DE VILEIRIZ E SONIDE   e todo arredar   da  herdade de Vileiriz   até ir topar no  MARCO DA LÒNGARA   e de alí dereito   polo MARCO DE SOAO  dereito como cordel   e  dali torna arredor  de herdade dos  de Guisalle  e pola VALIÑA abaixo   e por darredor do  RIGUEIRO    e vai dar ao RIGUEIRO que  ven de Guisalle , e de ali  por cima  do PRADO DE ERBELLAES   e  por  cima   da CORTIÑA DE ERBELLAES  e volta un pouquiño  arriba   dereito  á CORTIÑA DE PRADA  até chegar   a un lugar do lugar de AIREXA  que ven ao camiño  que ven da IGREXA   para SONIDE  polo camiño   e por so a  herdade da Igrexa  que se chama  o VAL DE ALDULFE    e por  entremedias   dos BARREDOS de entre   a Igrexa e Soñide  e  vai polo  BARREDO   arriba até topar   na DEVESA  DO IGREXARIO  DE SONIDE  e de ali augas vertentes   polo medio da DEVESA   abaixo  en dereitura   ao PORTO DE FONDORIL , e dentro desta estremas está   un prado    que chaman o PRADO DE FONDORIL que é de Vileiriz  e a LEIRA DE  FONDORIL  que é da Igrexa  , e pega   co prado e máis un leiro  que se chama da CASTIÑEIRA DOS POMBOS  que xaz   na LEIRA DO CAMPO  , segundo  que está demarcado   riba de si   que levará en semente   tres celemíns de trigo  , que é do foro   de " San   Conconvade " , que é de Vileiriz   , máis fora destas estremas    e termos   está ou estaba   unha leira que é  do lugar   que quedou de ÁLVARO  LÓPEZ DE SONIDE ,   a  LLOBRIZ  , é nos termos  de Teivilide  , que poderá   levar pouco  máis ou menos  ,  máis vai   outra leira   na CARREIRA DA AIREXE   por cima   do VAL DE ALDULFE , que parte con outros dous leiros   que son do dito   foro de Sonide  , de cada parte o seu , coa súa cabeza de DEVESA  nunha parte   e parte   con herdade do lugar da AIREXA  que todo xunto   poderá levar   tres tegas de pan   pouco máis ou menos , e é do lugar que quedou  do dito ALVARO LOPEZ  .

*  Con máis  o PRADO DO ARROXO  que  levará   de semente tres  tegas   de pan, que tamén  é  dito lugar que bfoi  de Álvaro López                                                                                                                     *  Máis outro LEIRO DO ARROXO que poderá   levar tres celemíns  de pan  que é do dito lugar .           * Máis  outra leira ás RONQUEIRAS  que vai dar  no CARVALLO DE VALIÑAS  que levará de semente   tres tegas de pan  pouco máis ou menos  a que tamén  do dito lugar  do dito Álvaro López.        *  E máis dixo o dito Gonçalo  López de Sonide  que  el tiña  en foro do dito  mosteiro de Samos   o FORO DE SONIDE  coaa súas casas e árbores  e herdades que son  os leiros  e cousas seguintes :

*  Primeiramente a CASA ALTA   que está feita cámara   a carón da CASA de moradía , onde vive  GREGORIO LÓPEZ DE SANTA SEZÍA  co seu saído até  cabiça.                                                               * Con máis a CASA  na que vive PERO DE CASARELLO.                                                                       *  Con máis  dous leiros na LÓNGARA , un riba dooutro  , abaixo segundo fincan demarcados  que levarán ambos   de semente pouco máis ou menos  unha tega de  pan.                                                          *  Máis   dous leiros en VALIÑAS   un deles SO PEREIRIÑO  e outro na LEIRA DO VALE , levarán ambos   tres celemíns de pan  pouco máis ou menos,                                                                                     *  Con outro leiro   ao FÓCARO  no termo de Guisalle , levará una tega de pan   pouco máis ou menos  e esta marcado sobre de si.                                                                                                                                 *  Máis outro leiro en HERBELLAES  só a Cortiña de Diego Sánchez   que quedou de  Álvaro  López Sonide  o cal coas súas  árbores   poderá levar tgres celemíns  de pan pouco máis ou menos  .                      * Máis dous  leiros no CORTIÑEIRO   DE SU A  CASAA que  fncan un deles por cima   e outro por baixo  segundo están marcados   que levarán ambos   dous çelemins de trigo                                                *  Máis  dous leiro na  LAMELA  , un deles por abaixo , segundo está cerrado  e marcado, e o outro máis arriba  do prado  do outro LUGAR DA CAPELA  DA MADANELA, que ten por   unha  das partes , que levarán  ambos de semente  pouco máis ou menos   unha tega de trigo.                                                         *  Máis outro leiro  que vai dereito  do PRADO DE FUNDORIL  que é de Vileiriz  , que pega coas herdades   dos lugares de Sonide  , da unha parte  un  e da outra parte o outro , que levará un celemin e medio  de trigo, segundo  está marcado sobre sí.                                                                                             * Máis  outro leiro   na LEIRA DA DEVESA , entre medias   da herdade do LUGAR  DA CAPELA,  que levará  dous celemíns de trigo pouco máis ou menos.                                                                                       * Máis unha DEVESIÑA  que está fora da Leira da Devesa , pegado con ela  e pegada co PRADO DE FONDORIL, levará de semente  dous celemíns de trigo  pouco máis ou menos,                                           * Máis  outro leiro  na LAMELA dos de Teivilide  de PERO FERNÁNDEZ e  ÁLVARO FERNÁNDEZ, levará  de semente dous celemíns   de trigo, pouco máis ou menos,                                                                 *  Outro  leiro que está  na PORTELA DE FONDORIL , da outra parte  e entre  un pouco  polo Prado de Fondoril  e da  outra parte pega  con herdade  de  AFONSO  DE FRANCOS DE VILAXUSTE , levará un celemín  de trigo, pouco máis ou menos,                                                                                                           *  Máis   TRES SUCOS  de herdade   por entre os BARREDOS DE SONIDE , levarán de semente medio celemin  de trigo, a metade   deles vai por cima  dos marcos  para a parte de REBORDELOS   e a  outra metade por baixo  dos marcoa para o  PORTO DE SONIDE  con unha castiñeira.

O cal todo dixeron   e declararon ser   propio  do dito mosteiro  de Samos  , con máis  fora das estremas   e termos dos lugares de Sonide :

*  Dous leiros na CARREIRA DA EIREXA, coas súas devesas  que pegan nunha leira  da herdade de Sonide que quedou de Álvaro López, que levarán  coas súas devesas   dúas  tegas de pan   semente            *  Máis á PRADA   un leiro que anda trocado  pola LAGOA DO PRADO DE FONDORIL, que  levará  dous celemíns de trigo, pouco máis ou menos.                                                                                                *  Máis en Vileiriz  dous leiros,  un deles na CORTIÑA DO ARROXO  e outra no LAMEIRO DE CIMA , que trae DIEGO ARES   DE VILEIRIZ , levará de semente  dous celemíns   de pan  e confesa pagar  diso  ao  dito mosteiro  cada un ano de foro  o dito GONÇALO  LÓPEZ DE SONIDE " O VELLO" , en que vive  GREGORIO LÓPEZ DE  SANTA SEZÍA NOVE FANEGAS DE PAN  e MILIA GOÇALEZ , filla  de Álvaro  López de Sonide  , SETE FANEGAS DE PAN  e MILIA GONÇALEZ , filla de  Álvaro López de Sonide  SETE FANEGAS DE PAN , do outro lugar   en que vive   e niso se afirmaron  e o dito  PERO LÓPEZ SONIDE  asinouno do seu nome.

E visto o susodito  polo dito señor meiriño  dixo que adxudicaba   e adxudicou  o  dito lugar   e lugares sobreditos   por propios do dito  mosteiro de Samos  e condenaba e condenou  ao dito GONÇALO LOPEZ a que  cada un ano pague  a dita fanega   que dita é  . E á dita MILIA GONÇALEZ  DE SONIDE    a que pague as ditas sete fanegas   e ao dito  GREGORIO LOPEZ DE SANTA SEZÍA a que pague as ditas nove fanegas  de pan ; todas elas   cada un  ano , tocante  ás voces dos seus foros , so pena  que serán diso  executados en dereito .

O cal así consentiro  e o dito Gonçalo López asinou o seu nome.- AFONSO GALLINA ROMANO.

..................................................................................................................................................................... 

                                                 PERSOAS

GONÇALO  LÓPEZ DE SONIDE.-  Labrego , foreiro de Samos, no Couto de  Sonide. DIEGO SÁNCHEZ  DE AIÁN : Labrego, foreiros de Samos, no Couto de Sonide, DIEGO ARES DE VILEIRIZ: : Labrego , foreiro de Samos, no  Couto de Sonide. PEDRO DE MEÇUR : Labrego, do Couto de  Sonide. ARES DE CAMPELO: Labrego, do Couto de Sonide, GREGORIO LÓPEZ DE SANTA SEZIA (  Santa Icía ).: Labrego, do Couto de Sonide. PEDRO DE CASARELLO:   Labrego do Couto de Sonide. PERO FERNÁNDEZ: Labrego de Teivilide . ÁLVARO FERNÁNDEZ:  Labrego de Teivilide. AFONSO  DE FRANCOS  DE VILAXUSTE: Labrego  de Teivilide.  MILIA GONÇÁLEZ.- Labrega, filla de Álvaro López de Sonide,PERO LÓPEZ DE SONIDE :  Labrego  do Couto de Sonide. AFONSO GALLINA ROMANO : Escribán e notario público da Xurisdición da Abadía de Samso.

                                          FINCABILIDADE  

CASA  ALTA CON CÁMARA.- COUTO DE SONIDE.-  FONDORIL.-  DEVESA DE VILEIRIZ.- DEVESA DE SONIDE.-  MARCO DA LÓNGARA.-  MARCO DE SOAO.-  VALIÑA.-  RIGUEIRO.- RIGUEIRO DE GUISALLE.-  PRADO DE ERBELLAES.-  CORTIÑA DE ERBELLAES,--  CORTIÑA DA PRADA.-  LUGAR DA AIREXA.- VAL DE ALDULFE.-  BARREDOS.-  BARREDO.-  DEVESA DO IGREXARIO.-  DEVESA.-  PORTO DE FONDORIL.-  LEIRA DE FONDORIL.-  CASTIÑEIRA DOS POMBOS.-  LEIRA DO CAMPO.-  LLOBRIZ.-  CARREIRA DA IGREXA.-  VAL DE ALDULFE.- LEIRA DAS RONQUEIRAS,. PRADO DO ARROXO.-  LEIRO DO ARRAXO.- CARBALLO  DE VALIÑAS.- LEIROS DA LÓNGARA.-  VALIÑAS.-  LEIRO DE SO PEREIRIÑO.-  LEIRA DO VALE.-   LEIRO DE HERBELLAES,.  CORTIÑEIRO DE SO A CASA.-  CAPELA DA MADANELA.-  PRADO DE FUNDORIL.-  LEIRA DA DEVESA.- LAMELA.-  PORTELA DE FONDORIL.- TRES SUCOS NO BARREDO  DE SONIDE.-  REBORDELOS.- PORTO DE SONIDE.-  UNHA CASTIÑEIRA.-  CARREIRA DA IGREXA.- DEVESAS DA CARREIRA.-  A PRADA.- LAGOA  DO PRADO DE FONDORIL.-  CORTIÑA DO ARROXO  .- LAMEIRO  DE CIMA.-  SANTA SECÍA ( Santa Icía, hoxe )

                                                 RENDA PAGADEIRA

GONÇALO LÓPEZ DE SONIDE, pagaba de renda   ao Mosteiro de Samis: 1 FANEGA DE PAN    MILIA  GONÇALEZ  DE SONIDE, pagaba  7 FANEGAS DE PAN a Samos  . GREGORIO LÓPEZ DE SANTA SEZÍA, pagaba  a renda aneira de 9 FANEGAS DE PAN , postas na Tulla de Samos.

.......................................................................................................................................................................... 

                                                                   III

( 13 de marzo  de 1554 )

                                    APEO DO IGREXARIO DE SANTA MARÍA DE SONIDE  

E logo incontinente  este dito día, mes e ano e lugar  susoditos , en presenza de min escribán  e testemuñas   de xuso escritos  , o dito señor meiriño  proseguindo  o dito APEO   fixo vir   e parecer   perante si   a GOMEZ ARES  DE SONIDE,  e a  XOÁN DE  PIÑEIRO, veciños da feeguesía  de Santa María de Sonide que estaban presentes, dos que   e de cada un deles   o señor meiriño recibiu   xuramento en forma  e sobre un sinal de cruz  tal coma este  ( + ) , os que tendo  xurado  dixeron cada un deles   " Si xuro  Amén"   e prometeron de decir verdade  , testemuñas GONÇALO  LÓPEZ DE SONIDE,  e XOÁN DE OUTEIRO   e PERO  DE PIÑEIRO,   veciños   da  dita freguesía   de Sonide.

E  logo polos sobreditos  e cada un deles  foi por eles APEADO   e confesado , dito e declarado  o dito LUGAR DO   IGREXARIO DE SANTA MARÍA DE SONIDE  é propio desmo a  Deus   do dito Mosteiro de Samos  , ao cal   dito lugar dixeron  pertencerlle  o seguinte 

:Primeiramente   as CASAS  todas que están   a carón da dita igrexa   e máis a CORTIÑA   DE RIBA DA IGREXA  segundo está pechada de sobre si  que levará de semnte  unha fanega de pan pouco máis ou menos.                                                                                                                                                                * Na mesma CORTIÑA DE SO A CASA  , co LIÑAREGO  que está cabo do ADRO   da dita igrexa    e así  como vai cerrado até  o RIGUEIRO DE SONIDE   que vai todo   polo arredor do rigueiro   até FONTAXE  e topa en herdade de Guisalle  e así como ben cerrado e topa no camiño  que ven de Guisalle  para  a dita igrexa  , agás  un LEIRO  no fondal da CORTIÑA.                                                                    *  Outra  entre   esta  dita herdade   e un leiro  da herdade de Sonide  , que levará un celemín  e medio  de pan   a cal dita CORTIÑA  levará de semente dez fanegas de  pan o labrado e por labrar , pouco máis ou menos. *  Ao FONDORIL unha LEIRA cabo do  prado de Gonçalo   López, que se chama   a LEIRA DE FONDORIL , que   levará de semente unha fanega de pan,                                                                           *  Máis ao BARREDO  DE ÇIMA   unha leira    que vai   pola cima dunha   do lugar de Sonide   que é de Samos   e pasa de cabo a cabo  até o  camiño que ven de Sonide para a igrexa , que chega ao BARREDO   que foi de Diego López  , que é  de Samos , cos seus carballos   e pola carballeira enriba  , segundo outra demarcada   que parte   coa DEVESA DE PIÑEIRO   e leiras  dos lugares de Sonide   e como ven polo CÓMBARO   arriba  , e unha  herdade do Piñeiro   e así como parte  coa herdade do LUGAR DO OUTEIRO  e como  sae todo  arredor de herdade do  Lugar do Outeiro  e vai topar na SEIXA                    *  Outra  no CHAO DA VEREA  e dali torna e topa  en herdade  do LADREDO DE GUISALLE e por alí ao derrredor   da dita herdade de Guisalle segundo está demarcada e como  ven a topar co camiño que ven de FONTAXE  para a dita igrexa , o que todo é  do dito LUGAR DO IGREXARIO  con todas as súas   árbores  e  casas  a iso pertencentes o que todo levará o que todo levará   de semente trinta fanegas de pan , pouco máis ou menos.                                                                                                                                     * Outra leira   que vai pola cima  do VALADO  DO VAL DE  ALDULFE ,  en cima no CHAO  unha leira que levará  tres tegas de pan pouco máis ou menos  e en brazo dela   unha leira coa súa "DEVESIÑA",  que levará unha tega  de pan  e da parte   de baixo  topa en herdade   dos lugares de Sonide,  que é de Samos.

O que dixeron  ser propio  do dito mosteiro de Samos   e pagar diso  de foro en  cada un ano  ao dito mosteiro  SETE FANEGAS DE MEDIA DE PAN  E UN PORCO CE ADO  POLO PÉ, O MELLOR, que paga  DIEGO SÁNCHEZ DA VEIGA   e niso se afirmaron  e ratificaron  e non asinaron  por non saberen , testemuñas  os ditos

E visto o susodito  polo señor meiriño  que adxudicaba e adxudicou  o dito lugar susodito  da Igrexa de Sancta María  de Sonide  , propio dodto DIEGO SÁNCHEZ DA VEIGA  a que c ada ubn ano el e os seus herdeiros  dean e paguen  ao dito mosteiro de Samos  , Abade, monxes e convento das ditas sete fanegas  e media de pan  e porco cebado en pé , o mellor, e que o paguen  aos seus tempos  segundo uso e costume , so pena de que en non o pagando  como dito é, serán  por iso executados , o que sew lle notificou  ao dito  DIEGO SÁNCHEZ  e el consentiuno  e non o asinou  por non saber, testemuñas  os ditos e o dito señor meiriño , o asinouno do seu nome,

                                                                PERSOAS

GOMEZ ARES DE SONIDE: Labrego, do Couto de Sonide.  XOÁN DE FRANCOS:  Labrego, do Couto de Sonide. XOÁN DE  PIÑEIRO : Labrego do Couto de Sonide. GONZALO LÓPEZ DE SONIDE : Labrego, do Couto de Sonide,  XOÁ DE OUTEIRO: Labrego, do Couto de Sonide. PERO DE PIÑEIRO :  Labregom do Couto de Sonide. DIEGO SÁNCHEZ  DA VEIGA :  Foratario do Igrexario de Sonide, do dominio do  Mosteiro de Samos.

                                                        FINCABILIDADE

CASAS  DO LUGAR DA AIREXA.- CORTIÑA DE RIBA DA IGREXA,.  CORTIÑA DE SO A CASA,.  LIÑAREGO.-  ADRO.-  RIGUEIRO DE SONIDE.- FONTAXE .-  CORTIÑA.-  FONDORIL.-  LEIRA DE FONDORIL-  BARREDO DE CIMA.-  CARBALLEIRA.-   DEVESA DE PIÑEIRO.- LEIRAS DE SONIDE,.  CÓMBARO.-  SEIXA.- CHAO DA VEREA.-  LADREDO DE GUISALLE,.  CAMIÑO DE FONTAXE.- FONTAXE.-  VALADO  DO VAL  DE ALDULFE.- LEIRA DE RIBA DO CHAO.-  DEVESIÑA,

                                                          RENDA  PAGADEIRA

    DIEGO SÁNCHEZ DA VEIGA   pagáballe ao Mosteiro de Samos    sete fanegas e media de pan e un porco cebado en pé , o mellor, ao Mosteiro de Samos.

.........................................................................................................................................................................

                                                                IV

(  14 de marzo de 1554 )

APEO  DO LUGAR DO OUTEIRO , SO O SINO DE SANTA MARÍA DE SONIDE

E despois do susodito  nbo dito lugar de Samos a catorce días  do dito mes de marzo  , do dito ano,  en presenza de min  o escribán público e testemuñas  de xuso escritos  o dito señor meiriño  proseguindo  o dito APEO fixo vir e parecer perante si a TEREIXA DE OUTEIRO  e a XOÁN  DE OUTEIRO , caseiro  do sobredito lugar  e a XOÁN DE FRANCOS  e a XOÁN DO PIÑEIRO, veciños da dita freguesía de  Santa María  de Sonide , que estaban presentes, os que  ecada un deles  o dito Señor Meiriño  tpmoi e recibiu  xuramento en forma debida  de dereito e riba  dun sinal de cruz  tal como este (  +  ) na que tomaron  as súas mans  , os que xuraron en forma  e prometeron de decir versade , testemuñas  MEN RODRÍGUEZ SACO e PERO DE VILAXUSTE   e  PERO DO PIÑEIRO , veciños do C outo de Samos.  

 E logo polos sobreditos  e cada un deles foi por eles apeado  e confsado,  dito e declarado   que o dito LUGAR DE OUTEIRO  sobredito é  propio do dito mosteiro  de Samos  e ao dito mosteiro  perténcelle  o seguinte:

* Primeiramente  as CASAS , todas de moradía,  coas súas  cámaras, cortes   e reparo , nas que viven   os sobreditos. * Máis  o AGRO DE VAL PAIO , así o labrado  como por labrar , segundo chega ao  ao termo de Guiusalle  e ao termo de Castroncán , segundo ven  polo CAMIÑO DA VEREA abaixo  e chega perto da LAGÚA DE SANTA MARTA  e topa en certa herdade  que ali está do lugar de Francos  e de ali vebn dar ao ROMEU   e ven dar ao PORTO DE PIÑEIRO  e ven  arredor  da CORTIÑA DE ACHICHENCO   e ven dar aos CASTRELIÑOS  até xuntar   na herdade chamada de SONIDE   que tamén é de Samos  e torna a dar  na dita herdade e termo de Guisalle  e dentro disto vai  unha leira do lugar de Francos  que está á VEIGA   e outro no mesmo lugar  que é manda da igrexa  de Sancta María de Sonide  e outro leiro no VAL DE VAL PAIO  que é do lugar do Piñeiro  e todo o demáis  é do dito LUGAR DO OUTEIRO  que levará de semente trinta   fanegas de pan, pouco máis ou menos.                                                                  *  Máis  a leira de FONTE FOLGUEIRO que está no termo de Castroncán  que levará de semen te tres tegas de pan                                                                                                                                                      * Máis  unha leira na CARROÇA  DO VAL DA FONTE ANTIGA , cabo doutra  do lugar do Piñeiro  e riba dela   a herdade  da igrexa de Sancta María de Sonide  que levará de semente  unha fanega de pan.      * Máis logo  baixo da sobredita outra LEIRA  que levará  unha fanega de pan,                                            *  Outra cabo da herdade   do lugar de Francos  ,                                                                                            * Máis  logo por baixo do sobredito  outro leiro  que levará un celemin  de pan semente  que está no medio  de herdade dos lugares de Francos e de Piñeiro .                                                                                * E logo abaixo del   dos sobreditos  outro leiro  que está cabo  dun do lugar de Francos  e duns  SUCOS da Igrexa de Sonide, que levará   tres celemñíns de pan semente.                                                                  * Máis abaixo   do sobredito   outro leiro que está cabo  dunha leira   do lugar do Piñeiro   e do   lugar de Francos   que levará de semente tres celemíns   de pan o labrado e por labrar                                                 * Máis  outro leiro abaixo do sobredito  , levará   unha tega de semente   pan semente  máis ou menos,  para onde se di O ROMEU.                                                                                                                             * E outro  que levará dous celemíns   de semente.                                                                                             * Máis  outro leiro logo máis abaixo  cabo dun   do lugar de Francos   que levará   unha tega de pan semnente                                                                                                                                                       . *  Máis logo   adiante un leiro   que din do ROMEU que levará tres tegas de pan semente.                            * Máis logo adiante do sobredito  outro  leiro que levará tres celemíns  de semente   que ven dar    na dita LEIRA DO ROMEU  máis abaixo riba de Francos .                                                                                       *   E outro leiro  que está cabo   dun  dito lugar   do Piñeiro  , que levará de semente unha tega de pan,     * Máis logo baixo   do sobredito un LEIRIÑO   que levará un celemín  e medio semente.                           *  Máis logo cabo   do sobredito outro leiro  que está en brazo  dun da Igrexa de Sonide  , que levará de semente  dous celemíns de pan  .                                                                                                                       * Máis tras   a dita CORTIÑA DO ROMEU .                                                                                                *  E outro  leiro que levará de semente  dous celemíns de pan  .                                                                     * Máis outro HORTICO   tras da dita CORTIÑA DO ROMEU, cabo dun do lugar de  Francos   que levará de semente  dous celemíns de pan                                                                                                         * Máis TRAS A CASA  do lugar do PIÑEIRO entre o REGO.                                                                     * Outro leiro  que levará   unha tega de pan semente,                                                                                    *  Máis outro tarreo  SO VALADO  DA IGREXA   que ten uns CARBALLIÑOS  que levará  tres celemíns  de pan   semente  e está na punta  da DEVESA DE   SONIDE   e de  herdade do lugar de Francos,                                                                                                                                                             * Máis outro leiro na FONTE ANTIGA , riba do VALADOS  que levará tres celemíns de pan .                 *  Máis outro leiro  en braço dun do lugar de Francos e doutro do ROMEU , levará unha tega  de pan semente.                                                                                                                                                             *  Máis un LEIRIÑO ao ROMEU  en bfraó dun do dito  lugar   de Francos  e do  lugar  do Piñeiro.           *  Máis dixeron  que había máis de cento  e trinta árbores  de todo froito  .

O cal dixeron   ser propio    do dito Mosteiro de Samos  , a monte e a fonte , e pàgase diso   cada un ano  ao dito mosteiro   de foro  SEIS FANEGAS  DE PAN, que as pagaba  a muller de  ÁLVARO BELÓN DE TRIACASTELA  e así  o confsaron  , dixeron  e declararon  e non o asinaron   por non saberen, testemuñas os ditos.

E visto o susodito   polo dito Señor Meiriño  dixo adxudicaba e adxudicou  o dito LUGAR DO OUTEIRO   sobredito por propio  do dito Mosteiro de Samos   e condenaba e condenou  á sobredita LIONOR DÍAZ , muller do dito  ÁLVARO BELÓN ,  e aos seus herdeiros  a quen turante as  voces do dito foro  dean e paguen ao dito mosteiro  de Samos, Abade , monxes e convento  del as ditas seis fanegas  de pan, a cal así o consentiu  e no o asinou  por non saber  e o dito Señor Meiriño  asinouno do seu nome.

                                                    PERSOAS 

TEREIXA DE OUTEIRO.-  Caseira do foral do Outeiro de Francos. XOÁN DE OUTEIRO.- Caseiro do foral do Outeiro de Francos. XOÁN DE FRANCOS.-  Labrego, do Couto de Sonide  ( Samos ).- XOÁN DO PIÑEIRO.- Labrego , do Couto de Sonide  MEN RODRIGUEZ SACO.- Labrego do Couto de Samos. PERO DE VILAXUSTE.-  Labrego do Couto de Samos ( Teivilide ) . PERO DO PIÑEIRO.- Labrego do Couto de Sonide, ÁLVARO BELÓN DE TRIACASTELA.-  Foreiro de Outeiro de Francos, falecido  antes de 1554. LIONOR DÍAZ.- Foreira de Outeiro de Francos, muller de Álvaro Belon de Triacastela.

                                           FINCABILIDADE

CASAS con cámaras, cortes e reparos.- AGRA DE VAL PAIO.- CAMIÑO DA VEREA.-  LAGÚA DE SANTA MARTA.-  O ROMEU.- PORTO DE PIÑEIRO.- CORTIÑA DE CACHICHENCO.- OS CASTRELIÑOS .- A VEIGA.-  VAL DE VAL PAIO.-  FONTE FOLGUEIRO.-  CARROÇA DO VAL DE FONTE ANTIGA.-  SUCOS DA AIREXA.-LEIRO DO ROMEU.- LEIRIÑO.-   CORTIÑA DO ROMEU.-   LEIRO DE TRAS A CASA DO PIÑEIRO.-  VALADO DA IGREXA.-  CARBALLIÑOS DO VALADO.- LEIRO DA FONTE ANTIGA.-  OS VALADOS.- LEIRIÑO AO ROMEU.-  CENTO TRINTA ÁRBORES.- LEIRA DO ROMEU.-HORTICO DO ROMEU.

                                             RENDA PAGADEIRA

LIONOR DÍAZ, viuva de Álvaro Belón de Triacastela, pagáballe en cada un ano ao Mosteiro de Samos, na súa Tulla, seis fanegas de centeo. ( Non consta a  renda que cada un dos  catro caseiros lle pagaba á forataria )

...................................................................................................................................................................... 

                                                                V

( 14 de marzo de 1554  )

             APEO DO LUGAR DE FRANCOS  QUE TRAE XOÁN DE FRANCOS , DO MOSTEIRO 

 E despois  do susodiro a catorce días  do dito mes de marzo   do dito ano  estando no dito lugar de  Samos en presenza   de min o dito escribán   e testemuñas   infrascritos o dito señor meiriño  proseguindo  o dito APEO  fixo vir  e parecer perante si de pedimento   do dito Sr.   Abade de Samos  a XOÁN DE FRANCOS  e GOMEZ ARES DE SONIDE  que estaban presentes  de quen e de cada un deles   o dito Señor Meiriño    tomou e recibiu xuramento   en forma debida de dereito   e sobre dun sinal de cruz  tal como esta ( + )  no que corporalmente cada un deles tocou   coa súa man dereita   e séndolles feita  a confusión   do dito xuramento , cada un deles por si   dixo " Si xuro e Amén "  e proimeteron de decirsen verdade  , testemuñas  GREGORIO DE VILAR   e PEDRO DE RUBIÁN e  LOPO GÓMEZ   e logo polos sobreditos vedraños   e cada un deles   foi por eles   apeado e confesado  , dito e declarado  o dito lugar de FRANCOS  ao cal dito lugar   pertence o seguinte :

 Primeiramente as CASAS todas, que son tres,  todas lousadas  , cos seus reparos  , con máis a CORTIÑA  e AIRA  que está arriba das ditas casas  , segundo que está cerrada de sobre sí , que levará de semente  tres tegas de pan, agás  un leiro que vai polo medio da Cortiña , que ten un castiñeiro.  o cal leiro e castiñeiro  é dos de Teivilide  , levará dous ou tres celemín   de trigo semente.

* Máis   unha leira á  LAGÚA DE CASTRONCÁN   que topa  con herdade do lugar do Outeiro   e todo darredor  do CAMIÑO DAS BESTAS  que da parte de abaixo   herdade do dito lugar do Outeiro   e ven dar  aos SALGUERIOS DO ROMEU  , que levará toda ela   de semente cinco   fanegas de pan,  agás un leiro   que vai   no medio dela , que é de propiedade de   TEREXA DO OUTEIRO  e a súa irmandade  que ten en Francos  que levará  unha tewga  de pan semente o dito leiro.

* Máis  outro leiro  cabo  da LAGÚA DE SANTA MARTA  que está en brazo  dunha do lugar  do Piñeiro que levará de semente unha fanega de pan.

*  Máis outra leira  á FONTE  DO SOUTO  que está  cabo dunha de LOPO GÓMEZ, que levará  unha  fanega  de pan semente  e está cabo  do lugar do Piñeiro  e de propiedade de TEEIXA  DO OUTEIRO .

*  Máis   logo abaixo   do sobredito  outro leiro entremedias   de dous  do lugar do Piñeiro , que levan de semente   dez celemíns  de pan.

* Máis  outra leira que está baixo   da FONTE DO SOUTO   e en brazo dunha  da Igrexa de Santa Marta   e da outra parte  arredor do CAMIÑO DAS BESTAS   que levan  de semente tres tegas de pan.

*  Outro leiro en FONTE ANTIGA   que está entremedias  dunna do lugar do Piñeiro   e  da Igrexa de Santa  Marta, que levará de semente dous celemíns de pan .-

* Máis   outro en riba do sobredito  en FONTE ANTIGA  , o cal dá   na CORTIÑA DO LAGAR , de XOÁN FERNÁNDEZ DE VILACHÁ,  e o CAMIÑO DAS BESTAS , que levará de semente   trece celemíns   de pan e vai entremedias   do lugar do Piñeiro  e da herdanza de Francos  de Tereixa do Outeiro.

*  Máis  outra leira ao ROMEU  , que está   engtremedias de dous leiros  do lugar do Piñeiro  que levará   de semente unha  unha tega de pan.

*  Máis outro leiro  so  o PIÑEIRO   DE FONTE ANTIGA  cabo doutro  do lugar do Piñeiro  , levará de semente unha tega  de pan e vai  de cabo a cabo  .

* Máis  outro leiro logo abaixo  do sobredito  entremedias dun lugar do Outeiro  e do Piñeiro, levará   de sememnte tres celemíns  de pan e vai de parte a parte  .

* Máis outro leiro  logo abaixo  do sobredito  entre dous do lugar do Outeiro   que levará de semente  dous celemíns de pan.

*  Máis outro  cabo do sobredito  , está en brazo   dun do lugar do Outeiro  , levará de semente seis celemíns de pan .

* Máis outro leiro á CRUZ DO CARBALLO  que vai entremedias dun do lugar do Piñeiro   e da herdanza de TEREIXA DO  OUTEIRO  que levará  de semente dez celemíns   de pan .

* Máis unha leirs  que topa sobre  a sobredita  coa súa RECHAVE  que topa  na leira de ÁLVARO DE CAMPELO  e topa no CAMIÑO que  vai para a CANCELA DE FRANCOS  que levará de semente dúas fanegas.

*  Máis outra CHAVE  e  sae da dita leira  herdanza da dita TEREIXA DO OUTEIRO  e dá no VALE  DE FONTE ANTIGA  que levará dous celemins de pan semente.

* Máis outro LEIRIÑO  que sae do sobredito  e ven dar no Vale de Fonte Antiga   por debaixo dun do lugar do Piñeiro  que levará de semente dous celemíns   de pan.

*  Máis outra leira  que está abaixo do CAMIÑO que ven da CRUZ DO CARBALLO  e entre outros  de ÁLVARO DE CAMPELO  que levará unha fanega de pn.

*  Máis outro leiro que está abaixo   entremedias   dun do LUGAR  DE CAMPELO e de VILAXUSTE  que levará cinco ou seis celemíns  de pan semente.

* Máis  a LEIRA DE CENTEÁS  que está entre medias dun do lugar  de Campelo e do lugar de Vilaxuste  que levará catro tegas de pan semente  .

* Máis outro leiro  no VAL DE FRANCOS  entremedias de dous do lugar do Outeiro  que levará de semente  tres celemíns de pan.

*  Máis outro  leiro baixo do sobredito  entre medias dun da Igrexa de Sonide  e do lugar que levará  de semente un celemín  de pan. 

*  Máis outro  leiro que está cima da CASTIÑEIRA DO VALE o cal anda por concambia  no lugar do Piñeiro  doutro  que deu por el, cabo  da CORTIÑA DA AIRA  que levará o dito leiro  de Samos , seis celemíns  de pan semente.

* Máis outro  leiro  arriba do sobredito que está en cambeado arredor da CORTIÑA  que é do Piñeiro   e vai con outro leiro  , que levará dous celemíns  de semente.

*  Máis outro leiro   so a CASTIÑEIRA DO VALE  , que está cabo  un do lugar do Outeiro  e  do lugar de ALDARA  LÓPEZ DE SONIDE  de Teivilide , que levará un celemín de pan.

* Máis outra leira arredor da CORTIÑA DA AIRA  para a CANCELA  DE FRANCOS , e arredor do camiño arriba que levará unha fanega de pan semente.

*  Máis outro leiro que sae  do dito camiño para contra Teivilide  e vai por entremedias dun  da herdanza de Tereixa do Outeiro e leva coa súa CHAVE   tres celemíns de pan.

* Máis unha leira   que está ao ROMEU , que levará tres tegas   de pan, agás   un leiro   que vai no medio dela  , que é do lugar do Outeiro, que levará tres celemíns de pan.

* Máis outros dous leiros  á PEREIRA DO ROMEU e métese entremedias deles un leiro do lugar do Outeiro  e van topar  no CORTIÑEIRO DO OUTEIRO  que levarán ambos  e dous  tres celemíns de pan.

*  Máis outro leiro logo  baixo dos sobreditos   que vai so un do lugar   do Outeiro e vai dar  na CANCELA DO ROMEU  que levará de semente  tres celemíns de pan.

*  Máis ou tro leiro so  a AIRA DE FRANCOS   que levará tres celemíns semente   e está entremedias de  dous do lugar  do Outeiro  .

* Máis outro leiro ao  ROMEU que está entremedias   dun do lugar do Outeiro   e doutro de Álvaro   de Campelo que levará  unha tega de pan.

* Máis outra leira que está riba da AIRA DE FRANCOS  cabo dunha do lugar do Piñeiro  qiue levará   de semente seis celemìns  de pan e pasa de parte a parte  até a CASTIÑEIRA DO VALE.

*Máis outro tarreo   arredor da AIRA , que está  cabo dun  do lugar do Piñeiro que levará  de semente seis celemíns de pan .

* Máis outro leiro que está  entremedias  dun de Älvaro de Campelo  e outro do lugar do Outeiro que levará de semente unha tega de pan,

* Máis outra leira que está riba da CONGOSTRA DE FRANCOS  coas súas ÁRBORES   que están darredor do VALADO , a cal está so unha de Piñeiro que levará de semente unha tega de pan,

* Máis outra leira riba  da sobredita  que bate na  CORTIÑA DO OUTEIRO co SEU VALADO E ÁRBORES  que nela están, que levará  de semente dez celemíns de pan .

* Máis entre a Cortiña do Outeiro e a CARROZA DO PIÑEIRO   e arredor do RIGUEIRO, á man de Francos  unha CORTIÑA coas súas árbores  que está  á man de abaixo  que levará de semente  seis ou sete celemíns  de pan.

*  Máis outro leiro  en  CACHICENCO , que está entremedias  de dúas castiñeiras , a unha de LEONOR DE TEIVILIDE  e dotutra PRADO DA IGREXS DE SONIDE , que levará  de semente  unha tega  de pan , pouco máis ou menos .

*  Máis outro leiro en OS VALADOS  da Igrexa de Sonide  , que levará de semente unha tega  de pan e vai en medio de dous do lugar do Piñeiro.

* Máis outro leiro  aos CASTRELIÑOS   entremedias dun  da dita Igrexa   e do lugar do Piñeiro , levará de semente  tres celemíns de pan.

* Iten máis  uhna DEVESA  en REBORDELOS ,  cunha leira entremedias   duna do lugar de Campelo  e do lugar do Piñeiro, levará de semente  a dita leira e devesa  tres tegas de pan.

* Máis outra DEVESA  que está  abaixo da sobredita  á RIBEIRA  entremedias dun lugar de Campelo  e outra de PAPE  que levará de semeadura  unha tega de pan.

*  Máis  outra leira logo arriba da sobredita en VAL DO MARTO  xunto da FONTE que levará unha tega  semente.

* Máis outro leiro á  RIBEIRA que está entremedias   dun leiro de Tereixa do Outeiro  propio e do lugar de Campelo  que levará dous celemíns  de pan. 

* Máis o prado que está na LAMA DE TEIVILIDE que está  arredor do  RIGUEIRO que ven do Piñeiro dunha parte  e doutra do  camiño que vai darredor  deles que levará de semente unha fanega de trigo .

* Máis outro terreo entre a REGA e está  derredor   dos prados e parte coa herdanza de TEREIXA LOUREIRO que levará   unha tega de pan  semente ,

*  Máis outro leiro arriba do sobredito  entremedias dun   da dita Tereixa de Outeiro  e da Igrexa de Sonide  como pasa a CORTIÑA DE SO AIRA DO PIÑEIRO, fora e dentro , levará de semente  dous celemíns de pan.

*  Máis outro leiro  que comeza  por so a AIRA DO PIÑEIRO  e por so o PALLEIRO   e pola CARREIRA que ven para o RIGUEIRO e coa CERDEIRA  que está cabo da Aira  e polo Rigueiro abaixo  até en brazo  doutra do lugar do Piñeiro , segundo está acomborada  cos seus castiñeiros e carballos  que levará de semente o labrado  e por labrar unha fanega de pan semente pouco máis ou menos.

*  Máis un PRADO   que está entre a VEIGA  que se rega  do Prado de Piñeiro  todo derredor do dito RIGUEIRO  ,  que se  rega da dita auga  do Piñeiro  coas súas castiñeiras  que están  dentro dela  que levará de  semente tres tegas de pan pouco máis ou menos  pouco máis ou menos  , digo,  dúas fanegas, dunha parte  e doutra co PRADO COBADELA e outra parte o RIGUEIRO  e topa  en herdade do lugar de Campelo.

*  Item a metade doutro prado  á RIBEIRA  arredor do RIGUEIRO que vai do Piñeiro  coa súa cerdeira  , que está en brazo  con outra herdade de PAPE   que levará de semente  dous celemíns de liñaza. o cal está cabo  doutro de Tereixa do Outeiro .

* Máis  a CORTIÑA DE AGUNDE  sobre dun   lugar do Piñeiro  que levará de semente  dez celemíns de pan,

* Máis  en AGUNDE  unha LAMELA  que está en brazo  cun prado da herdanza de Tereixa do Outeiro e doutro de Campelo que levará dous celemíns de pan .

* Máis  en LAVADOIRO  un leiro  que está entremedias  de leiro do Piñeiro  e da igrexa de Sonide   que levará de semente   un celemín ( tega ) de  trigo semente pouco máis ou menos

* Máis outro leiro  arriba do sobredito que vai do Prado de Piñeiro  para AGUNDE   cunha castiñeira  e as súas árbores  e carballos  que levará de semente seis celemíns de pan,

 *  Máis outro leiro á PÏA  que está cabo dun da dita Tereixa do Outeiro  e bate nun de Leonor de Teivilide que levará dous ou tres celemíns de pan.

*   Máis outro leiro ao CAMPO   arredor da CONGOSTRA DE FRANCOS  de brazo dun SOUTO de Tereixa  do Outeiro que levará coas súas árbores  unha tega de pan.

* Máis outro leiro ao CAMPO que vai so un SOUTO da herdanza do Outeirome  e da parte de baixo herdade do Piñeiro, levará de  semente dous celemins de pan-

*  Máis outro leiro á PORTA DO ICHÓ  que está abaixo da casa  e vai por baixo dun leiro de PAPE, coa súa CHAVE , que fai por entremedias  dun da dita herdanza da  dita Tereixa do Outeiro, que levará  coa súa chave  seis celemíns de trigo , coas súas árbores que están por baixo do valado.

* Máis outro tarreo  que está á PEREIRA DE AGUNDE  que está cabo doutro de Tereixa do Outeiro  que levará de semente tres celemíns  , pouco máis ou menos.

* Iten máis outro leiro SO O CORTELLO  que vai en brazo doutro da herdanza  da dita Tereixa do Outeiro cunha castiñeira  que está na testada  del, levará tres celemíns de liñaza  pouco máis ou menos.

*  Máis outro leiro que está SO O HORTO AOS CASARES  cunha castiñeira e CASARÓN  que levará de semente  dous celemíns de liñaza.

*  Máis  outro  leiro á PÍA  , entre un da herdanz   da dita Tereixa do Outeiro  e da herdade de PAPE  con unha pereira  que levará unha cuarta de trigo. 

* Máis un BERXEO  que está á PORTA DO ICHÓ  que terá de todas árbores  ao pé de vinte, pouco máis ou menos e levará o " terractorio"  unha tega de pan semente.

*  Máis á RIBEIRA  arredor do RIGUEIRO  que  ven do Piñeiro , unha leira  que está arredor do Rigueiro   e encabeza  nunha leira de  Álvaro Fernández de Teivilide  e de herdade de Campello  que levará todo  coa súa CHAVE  dúas fanegas de pan pouco máis ou menos , mais sae da dita chave  e outro leiro  que vai topar no PRADO DE FRANCOS que levará dous celemíns de pan semente,

* Máis outro leiro á LANGOEIRA  que está so un da herdade de PAPE  que levará dous celemíns de pan pouco máis ou menos.,

* Máis outra  leira  ás CASTIÑEIRAS  DA MUIÑEIRA  que está arriba dunha leira  do lugar da dita ALDARA  LÓPEZ DE SONIDE  e doutro de  Campelo  que levará de semente  dúas fanegas de pan  coa súa TRAVESA.

* Máis outro leiro ás POZAS ,  cabo da herdade de PAPE , que levará unha tega de pan semente.

* Máis outra leira que está á LANGOEIRA coa súa CHAVE   que vai por so uu de Campelo que levará de semente  dúas fanegas de pan.

*   Máis outro leiro á CARREIRA  que vai por cima  dun da herdanza de  Tereixa do Outeiuro, quelevará de semente coas  súas árbores  unha fanega de pan.

*  Máis outro leiro á CARREIRA que está entremedias  dun da herdanza  de Tereix do Outeiro  e outro de PAPE  que levará de semente  dous celemíns de pan-

* Máis outro leiro ás POZACAS  que está por so un da herdade de PAPE  que levará de semente unha tega de pan.

* Máis outro leiro que está nos MAZAIROS  que esta no medio de dous leiros , un da herdanza de Tereix do Outeiro  e outro de PAPE , que levará  de semente  un  celemíns de semente. 

* Máis outro leiro que   está á CARREIRA  entremedias da herdanza do Outeiro , que levará de semente dous celemín de pan.

*Máis outro leiro que está sobre do  SOUTO DO CAMPO DE FRANCOS  que está  por so un  do lugar do Outeiro  coas súas árbores,  que levará de semente dous celemíns  de pan, máis  sesenta árbores de toda froita , pouco máis ou menos.

*  Máis outro leiro que está  riba das CASTIÑEIRAS  DA MUIÑEIRA  que levará de semente dous celemíns de pan , pouco máis ou menos,  está en brazo  dun de Aldara López  de Sonide e entremedias  doureo que foi  de Alonso Ares de Reivilide .

* Máis outro que está riba da CASTIÑEIRA  DE FONTE ANTIGA  coa súa CHAV   e está en brazo dun do Piñeiro , que levará de semente tres celemíns de pan.

*  Máis  outro leiro á LANGOEIRA , riba doutro de Álvaro de Campelo  e en brazo doutro tamén de Campelo que levará de semente dous celemíns de pan. 

* Máis  outro leiro á FONTE coas súas árbores  que ao redor del están , o cal está en brazo  doutro do lugar do Piñeiro que levará de semente un celemìn de pan , agás que de todo  o que dito trae  son dous leiros de manda da Igrexa de Santa Marta, que está á PORTA DO ICHÓ   e so o CAINCEIRO ,  que levarán ambos e dous  dous celemíns de liñaza .

O cal todo dixeron  ser propio do dito Mosteiro de  Samos " in solidum " e págase  diso  cada un ano de foro e renda  TRECE FANEGAS DE PAN  E UNHA TEGA DE MILLO  E UN PORCO CEBADO EN PE, O MELLOR , e así o confesaron, dixeron e declararon  e non o asinaron, e veu saber   quie as fanegas e millo e porco pagou XOÁN DE FRANCOS , foreiro e caseiro do dito lugar.

E visto o susodito  polo dito señor meiriño  dixo que adxudicaba   e asxudicou o dito  LUGAR DE FRANCOS  susodito  por propio do dito Mosteiro de Samos  e condenaba e condenou  ao dito XOÁN DE FRANCOS , foreiro e caseiro susodito  a  que  cada un ano " turante" as voces   do dito seu foro  el e os seus herdeiros  dean e paguen ao dito Mosteiro , abade, monxes e convento  del as ditas trece fanegas de pan  e tega de millo  ( ¿ ) e porco cebado  en pé, o mellor,  cada clousa ao seu tempo  e prazo , so pena que por iso  serán executados , o cal así o consentiu  e tívoo por bon  e non o asinou por non saber . E o dito señor meiriño  asinouno do seu nome  , testemuñas dos ditos.

* Máis dúas castiñeira na LAMA DE TEIVILIDE .

(  Paga en troques  da tega de millo  unha fanega de trigo, Ten  este foro   LOPE DÍAZ DE FRFEIXO, de Vigo )

                                                                   PERSOAS 

    XOÁN DE FRANCOS.- GÓMEZ ARES DE SONIDE.. GREGORIO DE VILAR.- PEDRO DE RUBIÁN..  LOPO GÓMEZ..-  TEREIXA DO OUTEIRO..- XOÁN FERNÁNDEZ DE VILACHÁ.-  ÁLVARO DE CAMPELO.-  ALDARA LÓPEZ DE SONIDE.- LEONOR DE TEIVILIDE.- TEREIXA LOUREIRO.- ÁLVARO FERNÁNDEZ DE TEIVILIDE.- ALONSO ARES DE TEIVILIDE.-  LOPE DIAZ DE FREIXO DE VIGO.

                                                         FINCABILIDADE

LUGAR DE FRANCOS.-  TRES CASAS LOUSADAS .- .AIRA . AIRA DE FRANCOS .- AIRA DO PIÑEIRO.- BERXEO DA PORTA DO ICHÓ.-   CAMPO DE FRANCOS.- CARREIRO DO RIGUEIRO.- CARROGA DO PIÑEIRO.- CASARÓN.- CASTIÑEIRA DA FONTE ANTIGA.- CASTIÑEIRAS DA LAMA DE TEIVILIDE.- CASTIÑEIRAS DA MUIÑEIRA.-  CONGOSTRA DE FRANCOS.-   CORTIÑA.- CORTIÑA DE AGUNDE.- CORTIÑA DA AIRA,. CORTIÑA DO  LAGAR.- CORTIÑA DO OUTEIRO.-   CORTIÑA DE SO AIRA DO PIÑEIRO.-  CORTIÑEIRO  DO OUTEIRO,.  CAMIÑO DAS BESTAS.-CAMIÑO DA CANCELA   DE FRANCOS,.-. CANCELA DO ROMEU.-CASTIÑEIRA DO VALE.-  CHAVE.- CONGOSTRA DE FRANCOS.-CRUZ DO CARBALLO.-. DEVESA DA RIBEIRA.-  FONTE ANTIGA.- HORTO DOS CASARES.-   LAGÚA DE SANTA MARTA.-. LEIRA DE CENTEAL.-  LEIRA DE CENTEÁS.-. LEIRA DA FONTE DO SOUTO.-  LEIRA DA LAGÚA DE CASTRONCÁN.- LEIRA DE LANGOEIRA.- LEIRA DA PORTA DO ICHÓ.-LEIRA DA RIBEIRA.-  LEIRA DO ROMEU..LEIRIÑO.-  LEIRO DE CACHICEIRO.- LEIRO DA CARREIRA.-  LEIRO DAS POZACAS.-  LEIRO DOS MAZAIROS.-  LEIRO DOS CASTRELIÑOS.- LEIRO DO CAMPO.- LEIRO DAS CASTIÑEIRAS  DA MUIÑEIRA.- LEIRO DA FONTE.- LEIRO DA FONTE ANTIGA.- LEIRO DA LANGOEIRA.- LEIRO DE LAVADOIRO.-  LEIRO DE PAPE.- LEIRO DA PÍA.-  LEIRO DO PIÑEIRO DE FONTE ANTIGA-  LEIRO DA PORTA DO ICHÓ.- LEIRO DAS POZAS.- LEIRO DA RIBEIRA.-  LEIRO SO A AIRA DE FRANCOS.- LEIRO DE SO O CAINCEIRO.-  LEIRO DE SO CORTELLO.-  LEIRO DO  SOUTO.-  LEIRO DOS VALADOS.- O PALLEIRO.-  PEREIRA DE AGUNDE.- PEREIRA DO ROMEU.- PRADO DA COVADELA.-  PRADO DE FRANCOS.-  PRADO DA LAMA DE TEIVILIDE.-  PRADO DA RIBEIRA.- PRADO DA VEIGA.- .REBORDELOS.- RECHAVE- RIGUEIRO DO PIÑEIRO.-  O ROMEU..   SALGUEIROS DO ROMEU.- SOUTO.-  SOUTO DO CAMPO DE FRANCOS.- TRAVESA DE CENTEAL.- VAL DE FRANCOS.- VAL DO MARTO.-   VALADO.-  VALE DE  FONTE ANTIGA,. 

                                                         RENDA

XOÁN DE FRANCOS  pagáballe en cada un ano  TRECE FANEGAS  DE PAN, UNHA TEGA DE MILLO ( * )  E UN PORCO CEBADO EN PÉ , O MELLOR 

                     ( * )    millo miudo

.................................................................................................................................................................... 

                                                             VI

        APEO  DO LUGAR DO PIÑEIRO QUE TEN PERO DE PIÑEIRO

E logo  incontinente  este dito día , mes e ano e lugar  susoditos  de min o escribán  e testemuñas de xusoescritos o dito señor  meiriño  proseguindo o dito apeo  fixo vir e parecer  perante  si  a PERO DE PIÑEIRO  e a GÓMEZ ARES   DE SONIDE  , veciños da dita freguesía que estaban presentes  dos que e a cada un deles  o dito señor meiriño  tomou e recibiu  xuramento  en forma  debida  de dereito e sobre dun sinal de cruz  tal como esta ( + )  no  que  corporalmente cada un  deles   por si  dixo " Si xuro e amén"  e prometeron   de deciren verdade  , testemuñas   GREGORIO DE VILLAR  e GONÇALO   DE BELEIRIZ  e PERO DE MEÇUR , veciños   do dito   Couto  e logo  polos sobreditos  foi por apelados  apeado  e confesado  , dito e declarado que o dito lugar  do PIÑEIRO  é propio  do dito MOSTEIRO DE SAMOS , ao cal   dito lugar  son pertencentes  os seguintes bens :

* Primeiramente  as CASAS DE MORADA  nas que vive e mora  o dito PERO DO PIÑEIRO  coas súas cortes e reparos   darredor .

*  Iten máis   a LEIRA DE REBORDELOS   coa súa DEVESA  , tres fanegas de pan pouco máis ou menos,  e topa cos BARREDOS   DE SONIDE   e cunha leira do Lugar de Francos .

* Máis  outra leira que se chama   a LEIRA DO VALE DO PIÑEIRO  que levará de semente   tres tegas de pan e está   debaixo dun leiro  da Igrexa de Sonide  .

* Iten máis   unha CORTIÑA Á PORTA DO ICHÓ   que levará co MATO  dúas fanegas de pan   e de trigo pouco máis ou menos.

* Máis á cima do camiño   que vai para a Igrexa de Sonide  un leiro que levará de semente   tres celemíns de pan   e vai por so  herdade de Teivilide.

*  Máis  a CORTIÑA DE CACHICHENZO   que levará  coas súas árbores   seis tegas de pan   segundo está cerrado sobre sí.

* Máis un  leiro en VAL PAIO   en medio de  dous leiros  do lugar do Outeiro  con dúas CASTIÑEIRAS  , que levará de semente   tres tegas de pan  , pouco máis ou menos.

*  Iten máis   unha leir  que se chama a LEIRA   DA SEARA  que levará de  semente  tres tegas de pan pouco máis ou menos.

* Iten unleiro que  vai dar  na LUZENZA  cabo da DEVESA DA IGREXA .

* Máis  unha leira que se chama de CABO  DA DEVESA  que levará de semente  dez celemíns  de pan e está  cabo    de herdade  dos fillos de LIONOR DE TEIVILIDE  -

*  Máis  a CORTIÑA DE SO A CASA co seu HORTO  , segundo está cerrada de sobre si , que levará unha fanega de pan e trigo   pouco mías ou menos.

*  Máis un PRADO  coas súas árbores dentro  , cerrado e cercado de sobre sí  ,agás unha CASTIÑEIRA  que está dentro  , que é do lugar  de Francos , o cal prado está ao PORTO  DO PIÑEIRO  ,  e levará de semente  tres tegas  pouco máis ou menos. 

*  Máis a LEIRA DO ROMEU  cabo doutro do lugar de Francos e da CORTIÑA DO ROMEU  do lugar do Outeiro   que levará tgres tegas de pan   pouco máis ou menos cun leiro  que  vai por entre dous da herdanza de Campelo.

* Máis outro leiro  que vai no CASCALLO  que vai riba de Francos que leva  unha tega de pan  e topa en herdade  do lugar de  Francos  e do lugar  do Outeiro 

* Máis outra  que se chama  a LEIRA DA PENA LAVADA   que vai  no VAL DE FONTE ANTIGA  e pasa   o VALE  de parte a parte, que levará  tres tegas de pan pouco máis ou menos  e encabeza  en herdade  de TEREIXA DO OUTEIRO 

* Máis  unha leira  que se chama a LEIRA DA CHAVE  logo arriba  que levará  dúas fanegas  de  semente e bate na VEREA .

* Máis arriba un  LEIRIÑO  por entremedias  dun do lugar de Francos  e doutro do lugar do Outeiro , que levará pouco máis ou menos un celemín  e medio  de pan.

* Máis  outro leiro que vai por cima  de herdade  que leva TEREIXA DO OUTEIRO  e por so outro  de XOÁN DE FRANCOS  que levará de semente  unha tega de pan pouco máis ou menos .

* Máis un leiro que vai cabo  da PEREIRIÑA DE SANTA MARTA , entremedias de dous  do lugar de Francos  que levará de semente  cinco celemíns  de pan. 

* Máis outra leira que se chama a LEIRA DO ROMEU  que encabeza nun  tarreo  da herdanza de Tereixa do Outeiro , que levará de semente dez celemíns de pan,

* Máis outro leiro na VEREA  DA FONTE DO COURO  riba dun lugar de Francos . que levará de semente un  celemín de pan pouco máis ou  menos.

* Máis outro leiro   que se chama de  TRAS LOUREGA  cunha DEVESIÑA  na cabeza  ao longo do RIGUEIRO  e de sobre prado  do lugar de Francos que levará de semente   coa devesiña  , tres celemíns   de pan pouco máis ou menos e pasa fora do foral  onde está cerrada a cortiña.

*  Máis a leira que se chama a LEIRA  DO VALE que está riba da AIRA   de Xoán de Francos  e bate na CARREIRA DO MONTE  que le vará  tres tegas  de pan   , con cento e vinte átbores de toda   poenda  pouco máis ou  menos .

                                          .................................................................................

*  Máis hai  unhas herdades  que son pertencentes  ao dito LUGAR DO PIÑEIRO,  que son os seguintes :

*  Primeiramente  o PRADO DA RIBEIRA  que xaz  en brazo doutro de XOÁN DE FRANCOS  que  levará de semente  tres celemíns  de pan.

*  Máis outro tarreo  que está no VALE DE REBORDELOS que xaz  entremedias  dun de XOÁN DE FRANCOS  e doutro de DOMINGOS DE CAMPELO  que levará de semente tres celemíns de pan  e levará unha tega , que se demarca con Xoán de Francos   e con Domingos  de Campelo   que leva cunha chave   seis celemíns de pan.

*  Máis outro tarreo  que está á LANGOEIRA so a sebe  que parte con  Xoán de Francos  e con  ALVARO DE VEIGA  que levará  unha tega de pan  pouco  máis ou menos.

*  Máis  outro leiro ás POZACAS que levará de semente  dous celemís de pan e parte con herdade  de Xoán de Francos   e de Tereixa do Outeiro .

* Máis outro leiro  á FONTE DE FRANCOS  daquela parte o  RIGUEIRO   que levará unha tega de pan .

* Máis  outro leiro que va da CARREIRA  DE FRANCOS para  VAL DE CENTEAL   e parte con Leonorr de Teivilide  e co lugar   de Campelo  que levará   de semente medio celemín   de pan.

* Máis outro  leiro que xaz cabo  da CORTIÑA DO LAMEIRO  que parte con  Xoán de Francos  e Ctarina  González , que levará  tres celemíns de pan.

*  Máis outro leiro que está á LANGOEIRA  no  CARREIRO  que parte con Xoán de Francos  e con herdade do Campelo  que levará de semente   dous celemíns de pan. 

*  Máis outro tarreo  que xa na CORTIÑA   DE AGUNDE  que parte con herdade   de Xoán de Francos e  de Campelo  , entremedias deles,  que levará dous celemíns de pan,

* Máis outro  leiro que xaz so  O CORTELLO DE FRANCOS   pegado ao CAINCEIRO , que levará   de semente un celemin de pan.

*  Máis outro leiro que xaz so OS CASARES  que parte con Tereixa   do Outeiro  e con Xoán de Francos ,  que levará  de semente  medio celemín de pan.

*  Máis outro tarreo que xaz cabo  da FONTIÑA pegado con ela   e parte con XOÁN DE FRANCOS  , que levará de semente  tres celemíns de semente  .

* Máis outro leiro  que parte con Xoán de Francos e con Tereixa do Outeiro  logo arriba  que levará un celemín de pan.

*  Máis  outro que xaz  ao ICHÓ  DE FRANCOS  e parte con Xoán de Francos e con Tereixa do Outeiro  logo arriba que levará   un celemín de pan.  

* Máis  outro  que xaz ao ICHÒ DE FRANCOS   e por parte con Xoán de Francos  que levará  de semente con CAMPAZA  e todos tres celemíns de pan.

* Máis outro que fica ás PEREIRAS  que parte con Xoán de Francos  e coa propiedade de Teivilide  que levará dous celemíns de semente .

* Máis  outro cabo do LAVADOIRO  e  bate no  prado de Tereixa   do Outeiro   e está en TOXAL  que levará unha tega de pan.

* Máis outro leiro que vai por cima  da AIRA DE FRANCOS   e OUTEIRO  que levará tres tegas de pan  semente,

O que todo   dixeron ser do dito Mosteiro de Samos  e que se pagaba de foro  en cada un ano  dez fanegas   de pan  e porco cebado polo seu pé , o mellor..  Testemuñas os ditos.

                                                                   PERSOAS

PERO DE PIÑEIRO.- XOÁN DE FRANCOS.-  XOÁN DO PIÑEIRO.- GÓMEZ  ARES  DE SOÑIDE,. GREGORIO DE VILAR.- GONZALO LÓPEZ DE VILEIRIZ,.  PERO DE MEZUR.-  LIONOR DE TEIVILIDE.  TEREIXA DO OUTEIRO.- ÁLVARO DO RÍO.-  DOMINGOS DE CAMPELO.  ALVARO DE VEIGA.- 

                                                                 FINCABILIDADE

CASAS CON CORTES E REPAROS.- AIRA.- AIRA DE FRANCOS ,.  BARREDOS  DE SUNIDE.- CAMPAZA..-.   CAINCEIRO..- CARREIRA DE FRANCOS.-  CARREIRA DO MONTE.- CARREIRO. CORTERLLO DE FRANCOS  .-CORTIÑA DE BAGUNDE.,-.  CORTIÑA DE CACHICHENCO..-. CORTIÑA DO LAMEIRO.- CORTIÑA DA PORTA DO ICHÓ.- CORTIÑA DO ROMEU.- CORTIÑA DE SU A CASA,.-  DEVESA DA IGREXA, DEVESIÑA.-.FONTE DE FRANCOS.- FONTIÑA,.   HORTO DE  SU A CASA,.- ICHÓ DE FRANCOS..-   LANGOEIRA..LAVADOIRO.-  LEIRA  DO CABO DA DEVESA .- LEIRA DA CHAVE.-  LEIRA DE PENA  LAVADA,.  LEIRA DE REBORDELOS,.LEIRA DO ROMEU.-  LEIRA  DA SEARA,. LEIRA DO VALE DO PIÑEIRO.- LEIRIÑO.-  LEIRO DO CASCALLO.- LUCENZA .- MATO.- PEREIRIÑA DE SANTA  MARTA,. AS POZACAS.-  PRADO DA VRIBEIRA,-  RIGUEIRO DO OUTEIRO..- VAL DE CENTEAL.  VAL DE FONTE BANTIGA..- VAL PAIO.-  VALE DE  REBORDELOS.- VEREA.-  VEREA DA FONTE DO COURO.- 

                                             RENDA PAGADEIRA

PERO DE PIÑEIRO pagáballe ao Mosteiro de Samos   DEZ FANEGAS DE PAN CENTEO  E UN PORCO CEBADO POLO SEU pe na Tulla mosteiral en cada un ano. 

....................................................................................................................................................................... 

                                                                VII

 (  15   de marzo deb 1554 )

          APEO  DO LUGAR DO PACIO DE GUISALLE  QUE TEN ALONSO DE  GUISALLE. 

E despois do susodito no lugar de Samos  a quince días  do dito mes de marzo  do dito ano  na presenza  de min o escribán público   e testemuñas  de xuso escritos  o dito  señor LOPO  DÍAZ DE FREIXO  meiriño  susodito proseguindo  o dito APEO  fixo vir  e parecer  perante si  a  ALONSO  DE GUISALLE, foreiro do dito lugar  e a FERNANDARES  DE ARMESTO e a PERO DE ARMESTO  e a PERO LÓPEZ DE GUISALLE , veciño  do lugar de Guisalle que estaban presentes  dos que e cada un deles  o dito señor meiriño  tomou e recibiu  xuramento en forma de dereito  e sobre dun sinal de cruz  tal coma este ( + )  no que corporalmente  tocaron as súas mans dereitas  e botándolles  diante a confusión  do dito xuramento cada bun deles por si  dixo "Si xuro , Amén " e prometeron de deciren verdade , testemuñas GREGORIO DE VILAR  e GONZALO MACÍA , AFONSO BROCO  e logo polos  sobreditos   e cada un deles  foi apeado  e confesado  , dito e declarado  que o dito lugar de GUISALLE   , que  dito é , é propio do dito Mosteiro de Samos  ao cal dito lugar pertence o seguinte :

* Primeiramente   a casa de morada  na que  vive,   co seu TENDAL e reparos ao redor  , a que topa coa casa  da herdanza dos de Teivilide  .

* Con máis a   CASA DO PACIO coa súa aira  , segundo está cerrado sobre si.

* Máis a NOGUEIRA  que está no HORTO   que se chama de SAMOS  que está tras a CASA DA CAL , dende a  sebe até o RIGUEIRA DA AUGA  que poderá  levar o que é de semente , o do mosteiro  cuarta de pan.

* Iten  máis un PRADO SO A CASA  onde viviu XOÁN ARES  , segundo   que está cerrado  sobre sí  que levará de semente  unha tega de trigo pouco máis ou menos. 

 * Iten máis outra leira  abaixo do sobreditp  que levará de semente catro tegas de pan,

*  Máis outro leiro  á CORTIÑA  DO GRANDAL  que esta cabo doutro de Fernandares  de Armesto  que é tamén de Samos  que levará de semente  dous celemíns de pan.

* Máis outra  cortiña  á  PENELA DE CADIEGO  segundo está pechado sobre si  co seu horto que está á cabeceira de que levará de semente tres tegas  de pan,. 

*  Máis outra leira en ERVELLAES que levará de semente  unha tega de pan  co seu PENELO , dous celemíns de pan, está cabo doutro, dunha parte e outro do dito mosteiro.

* Máis outra leira  en CADAMONTE  que levará unha fanega de pan  e está cabo doutro  do lugar de Fernandares de Armesto que tamén  trae de Samos.

*  Máis en FONTAXE  unha cortiña   e leira que está un pedazo  dunha parte e doutra  que leva todo de semente  seis tegas de pan e están  entremedias de dúas de Samos.

* Máis outra leira que vai por riba  do lugar do Outeiro  e dá na PEDRA CHANTADA  que levará de semete  sete ou oito tegas de pan .

* Máis outra leira que se chama  SO MOIMENTO  que levará de semente oito tegas de pan  e está cabo doutra do LUGAR DA CAPELA   e arredor do CAMIÑO DAS BESTAS .

* Máis unha leira ás TERCIAS , vai entremedias de dúas  do lugar de Samos que ten Fernandares de Armesto que levará de semente  dous moios de pan.

*  Máis outra  LEIRA  DAQUEL CABO , segundo dá  arredor da RIBEIRA  e chega ao termo de Vileiriz , a cal vai  entre dúas de Samos pertencentes  ao Lugar da Capela   e ao lugar que foi de GONZALO DE GUISALLE  que levará de semente dez ou doce  fanegas de pan.

* Máis unha cortiña á VEIGA que levará de semente  unha fanega de pan  e está so unha do lugar da Capela de Samos.

* Máis outra leira AGUILLÓN  que levará de semente  seis tegas de pan e está  cabo dunha do dito lugar da Capela.

*  Máis outra leira en FONTE CÓRNEAS  que levará de semente  cinco tegas de pan  e está cabo doutro do dito lugar da Capela.

*  Máis outra leira en VAL PAIO, riba da fonte , que levará  de semente segundo vai darredor  do termo de Formigueiros  e oito tegas de pan.

*  Máis outra  LEIRO DO BARREIRO  cabo doutra do dito Fernandares de Armesto  que é de Samos  que levará de semente nove  tegas pan.

*  Máis á VALIÑA  unha leira  riba dunha  dos de Tevilide , levará  de semente tres ou catro tegas de pan

* Máis outra leira en PEREIROS  segundo chega ao termo de Formigueiros  e está riba doutra do dito Fernandares  que é de Samos, que  levará de semente oito tegas de pan.

* Máis outra  leia cabo dela á VILA que está entremedias de dúas de Samos , que levará de semente tres tegas de pan..

* Máis o CORTIÑEIRO que se chama de GUISALLE que está cabo doutro da propiedade  e vai contra  o camiño que vai para CASTELO que levará o que é  deste foro dous celemíns de pan.

*  Máis un leiro tras da dita casa  de morada e está cabo dos casaróns do dito lugar  de Fernandarws , que é de Samos , que levará de semente un celemín de trigo. 

* Máis outra leira  de semente cinco celemíns de pan .

* Máis un PENELIÑO  na CORTIÑA DAS QUINTÁS , cabo dunha dos de Teivilide  que levará  de semente dous celemíns de pan.

* Máis corenta árbores  de todo froito.

O cal todo dixeron  ser propio do Mosteiro de Samos  e que se pagaba cada  un ano ao dito mosteiro NOVE FANEGAS DE PAN. 

En todo o que dito é  o dito xuiz susodito  condenou  ao dito AFONSO DE GUILLADE   que est´presente  a que pague a dita renda  do seu foro e en non o pagando  que ser.á  executado  por  iso   sen sentenza  nin determinación algunha , apercibíndoo  que non  o  pagando  sexa executado por el . 

O cal dito Afonso de Guillade  o consentiu,  testemuñas as ditas. 

**************************************************************************************                                                                                VIII

 ( 15.03.1553 )

 APEO DO LUGAR  DA CAPELA  DE GUISALLE  QUE TEN FERNANDARES  DE ARMESTO  EN FORO .

 E despois do susodito  no dito lugar  de Samos  a quince días  do dito mes de marzo  do dito ano  en presenza de min o escribán  público e testemuñas  de xuso escritos  o dito señor meiriño  proseguindo  o dito APEO fixo vir e parecer  perante si ao dito FERNANDARES  DE ARMESTO  foreiro  e a PEDRO LÓPEZ  DE GUISALLE  e a  PEDRO DE ARMESTO  veciños do dito lugar de  GUISALLE que están presentes de quen e de cada un deles  tomou e recibiu Xuramento  en forma debida de dereito  e riba dunha  cruz tal coma esta ( + )  na que  cada un  deles corporalmente  tocou a súa man dereita  e botándolles diante deles  a confusión do dito xuramento   cada un deles  por si dixo  " Si, xuro e amén " e prometeron de decir verdade , testemuñas  GREGORIO DE VILAR e GONZALO MACÍA e  AFONSO BROCO.

E logo polos ditos foreiro e vedraños  de suso  contidos e declarados  foi por eles apeado  e confesado o dito LUGAR DE GUISALLE que é dito é  propio  in solidum  do dito Mosteiro de Samos  e que ao dito lugar pertence o seguinte:

*  Primeiramente a CASA que se chama DA CAPELA  na que vive e mora  FRANCISCO DE GUISALLE , máis a CASA  que está abaixo  da casa onde soía vivir INÉS ARES.

* Máis a AIRA que está trala casa  que foi de GONZALO DE GUISALLE   co seu LEIRO  que está á porta  da dita casa, que levará  de semente  o dito leiro  e leira tres celemins de pan.

* Máis  outra LEIRA ás FONTELAS  que está en brazo  doutra leira  do dito foro de Gonzalo   de Guisalle que levará  de semente tres tegas de pan.

* Máis á RIBEIRA  outro leiro  arredor do  Rigueiro  coas súas árbores  que está cabo outro  que labra PERO LÓPEZ que levará  de semente dous celemins de pan  .

*  Máis outra LEIRA ás QUINTÁS  co seu HORTO  segundo que vai darredor do Rigueiro  coas súas árbores   que levará de semente catro tegas   segundo que estaba pechada riba de si, agás o CASCALLO que leva   e trae ALONSO DE GUISALLE .

* Máis outro leiro ás PENELAS , que levará un celemín de pan  semente que está  cabo doutro que leva  o dito Alonso de Guisalle .

* Máis outra LEIRA arriba da sobredita  que levará cinco celemíns  de pan. 

* Máis  outra LEIRA ao GRANDAL ,levará unha fanega de pan  semente, a cal está  arredor do PRADO DE SAMOS  que leva Alonso de Guisalle  .

* Máis a LEIRA  DE GRANDAL que levará a do Mosteiro seis celemíns de pan  e está cabo  de herdade propia  do dito Alonso de Guisalle.

*  Máis a CORTIÑA DE FONTAXE  que está pechada sobre de sí   desde o  CASCALLO  abaixo  e dende un leiro  do dito Alonso de Guisalle  propio abaixo  que levará de semente tres tegas.

* Máis  unha LEIRA ao LADRELO  que topa no CAMIÑO que vai para igrexa de Sonide  e esta so outro leiro propio de Alonso de Guisalle  e outra de foro do dito Mosteiro  que levará  de semente seis tegas de pan.                        

*  Máis outra LEIRA encima ao LADREDO que levará de semente cinco tegas de pan  e vai no medio dela un leiro pequeno  do dito Alonso de Guisalle propip.

* Máis outro leiro á RUBIÑA  que levará de semente dez tegas de pan, a cal topa dunha parte en herdade  do dito mosteiro, do lugar que foi de Gonzalo de Guisalle  e  de herdade dos de Teivilide.

* Máis a LEIRA DE SOAN DAQUEL CABO ao VAL  de FERRADAL que levará de semente dez tegas  de pan. 

* Máis está riba dunha do dito Alonso de Guisalle é de Samos e da outra parte chega  á LEIRA DE AGUILLÓN  e van nela tres leiros , un dos de Teivilide  e da igrexa  e darredor que é de Samos .

* Máis unha leira ás PARAXES que vai por so outra de Samos  dunha parte e doutra  dos outros foros , que levará de semente catro tegas de pan  e tamén vai por so ela un LEIRO ao BANEIRO que levará de semente cicno tegas de pan e está cabo de herdade  do dito mosteiro dos outros foros.

* Máis outra LEIRA á VEIGA que levará de semente catro ou cinco tegas  de pan pouco máis ou menos e está cabo de herdade do foro de Alonso de Guisalle  e de propiedade dos de Tevilide .

* Máis outra leira AGUILLÓN  riba da fonte , segundo corre para a AGRA DE CASTELO , que levará de semente catro ou cinco tegas de pan e está cabo dunha propia do dito Alonso de Guisalle  e da outra parte herdade do dito mosteiro que trae  o dito Alonso de Guisalle.

* Máis  unbha leira que está riba da FONTE  CÓRNEAS que leva de semente oito ou nove tegas  de pan  e está engtremedias  de dúas do dito mosteirodo foro do dito Alonso de Guisalle.

*  Iten máis  unha LEIRA  que vai arredor dos CAMIÑOS DAS BESTAS , que vai para arriba para a SERRA ás DECEDAS e chega ao termo de Castelo , que levará de semente sete tegas de pan.

* Máis outra LEIRA aos CASTRELIN  que levará de semente unha fanega  de pan cun LEIRO  que ven dar á fronte.

* Máis outra LEIRA  riba das TERCIAS  que pasa da LAGÚA  até o VALE DE  VALPEDRE  , levará dúas fanegas de pan.

* Máis outra LEIRA  riba do VAL DA VALIÑA  e vai arredor do Camiño das Bestas  e sai  e entesta , que levará de semente  cinco ou seis celemíns  de pan semente.

* Máis outra  LEIRA  á LAGOA  TRAS O CAMIÑO DAS BESTAS  coas súas árbores  segundo que vai  o dito lugar  a montes e a fontes .

O cal todo dixeron  ser propio do dito Mosteiro de Sanos e que por el e no seu nome o traía o dito FERNAN DARES DE ARMESTO de que pagaba  de foro ao  dito Mosteiro OITO FANEGAS  DE PAN CADA UN ANO , o cal así o confesou  .  E visto  polo dito señor Xuiz dixo que condenaba e condenou  e condenou  ao dito FERNANDARES DE ARMESTO   , que está presente, a que durante o seu  foro pague a dita pensión ao dito Mosteiro   cada un ano  apercebíndoo  que non as pagando no mes de agosto  será executado por iso, sen outra  sentenza  ou dclaración algunha , o que do dito  Fernandares , así o consentiu . Testemuñas os ditos.

                                                      PERSOAS

FERNANDARES DE ARMESTO.- ALONSO DE GUISALLE.- PEDRO LÓPEZ DE ARMESTO.-  PEDRO DE ARMESTO.-PERO LÓPEZ.-  GREGORIO DE VILAR.-  GONZALO MACÍA.-  AFONSO BROCO.-  FRANCISCO LÓPEZ DE GUISALLE.- INÉS ARES.- GONZALO DE GUISALLE.-

                  FINCABILIDADE  DO FORAL DA CAPELA DE GUISALLE 

CASA DA CAPELA.-  CASA DE BAIXO.-  AIRA.- LEIRO DA AIRA.-  LEIRA DAS FONTELAS.-  LEIRO DA RIBEIRA.-  LEIRO DO RIGUEIRO.-  LEIRA  DAS QUINTÁS.-  CASCALLO.- LEIRO DAS PENELAS.-  LEIRA DE RIBA DAS PENELAS.-  LEIRA DO GRANDAL.- PRADO DE SAMOS.- LEIRA DE GRANDAL-  CORTIÑA DE FONTAXE.-  CARBALLO DE FONTAXE.-  LEIRA DO LADRELO.- LEIRA DO LADREDO.- LEIRO PEQUENO DO LADREDO.-  LEIRO DA RUBIÑA.-  LEIRA DE SOAN  DAQUEL CABO O VALE ACIMA DO FERRADAL.- FERRADAL.-  LEIRA DE AGUILLÓN.-   LEIRO DA IGREXA.-  LEIRA DAS PARAXES.- LEIRA DO BANEIRO.- LEIRA DA VEIGA.- LEIRA PEQUENO DO AGUILLÓN.-  FONTE DO AGUILLÓN.-  AGRA DE CASTELO.-  FONTE CÓRNEAS.- LEIRA DE RIBA DE FONTE CÓRNEAS.-  CAMIÑOS DAS BESTAS.-  A SERRA.-  AS DECEDAS.- LEIRA DO CASTRELÍN.- LEIRA DAS TERCIAS.-  VALE DE VALPEDRE.-  VAL DA VALIÑA.- CAMIÑO DAS BESTAS.- LEIRA DA LAGÚA TRALO CAMIÑO DAS  BESTAS.

                                                    RENDA PAGADEIRA

FERNANDARES DE ARMESTO pagáballe  ao Mosteiro de Samos en cada un ano  OITO FANEGAS DE PAN CENTEO.

.............................................................................................................................................................

                                                              IX

APEO  DO LUGAR DE GUISALLE  QUE TRAE EN FORO  DO MOSTEIRO QUE  TEN FERNANDARES DE ARMESTO  .

E logo incontinente  este día, mes e ano  e lugar de susoditos  na presenza de min o escribán  público  e testemuñas de xuso escritos , o dito  señor meiriño  LOPO  DÍAZ DE FREIXO  proseguindo o dito APEO  , fixo vir   e parecer diante si a FERNANDARES DE ARMESTO  e PEDRO DE ARMESTO   e ALONSO DE GUISALLE , veciños do dito lugar de Guisalle , que estaban presentes, de quen e de cada un deles  ,o dito señor meiriño  xuramento en forma debida de dereito  e riba  dun sinal de  cruz tal como esta ( + ), no que corporalmente cada un deles  puxo e tocou  a súa man dereita  e séndolles botada  a confusión do dito xuramento  cada un deles  por sí dixo " Si, xuro. E Amén"  e prometeron de decir verdade , testemuñas  GREGORIO  DE  VILAR  e GONZALO MACÍA  e AFONSO BROCO. E logo polos sobreditos  e cada un deles , foi por eles apeado   e confesado  e declarado  o dito LUGAR DE GUISALLE  que foi de GONZALO DEGUISALLE , é propio in solidum do dito MOSTEIRO DE SAMOS , ao cal dito lugar pertence o seguinte :

* Primeiamente a CASA DE MORADÍA  que está xunto do caiño que baixando pola calella  abaixo á man esquerda , que é de dúas traves  e topa notra casa do lugar da Capela. 

*  Màis uns dous casaróns  cabo da CORTIÑA DO GRANDAL que vai trala Casa de  ALONSO DE GUISALLE.

* Máis  unha AIRA que está xunto á CASA DO PACIO, digo do Pacio, que levará de semente  unha cuarta de pan.

* Máis un HORTO  que está so a CASA DA CAPELA coa súa CORTIÑA , que se chama CORTIÑA DOS VALES  e está cabo doutro do dito Lugar da Capela e de herdade propia  dos de Teivilide que levará  de semente cinco tegas de pan.

** Mais o PRADO DO GRANDAl , cabo doutro do foro de Alonso de Guisalle que levar´a unha tega de trigo pouco máis ou menos.

* Iten máis outro LEIRO á ERBELLAES  que se chamaba  PENELO DE ERVELLAES.

* * Outro cabo doutro  do Lugar da Capela que levará de semente seis celemíns de pan.

* *   áis   outro  avaixo do VALE DE ERBELLAES noutro cabo  do lugar que labra  PERO LOPEZque levará de semente  dous celemíns de pan.

**  Iten máis outro leiro ao  GRANDAL, que está cabo doutro  AFONSO DE GUISALLE que tamén é de Samos , que levará de semente un celemin  de pan.

* E máis outro LEIRO  que está riba da Casa  do dito  PERO LÓPEZ, que levará  de semente  un celemín e medio de pan.

*  Iten máis outro LEIRO  que está ao PACIO , riba da dita Casa do Pacio que está .en brazo doutra do dito Pero López, que tamén é de Samos, que levará de semnte tres tegas de pan..

* Iten máis  outro LEIRO ao CASTRELIÑO , que está en brazo  doutro  deste dito Pero López,  que levará  de semente seis celemíns de pan.

* Máis outra LEIRA á PONTE , cabo doutra do lugar  deste Pero López, que tamén é de Samos, que levará seis tegas de pan, a cal está no VALE DE VALPEDRE e chega arriiba do  CAMIÑO DAS BESTAS, que labra, a cal levará  toda nove tegas  de semente coas seis enriba ditas.

Iten máis outra LEIRA á ROBIÑA, que está cabo doutra  do foro desta dita testemuña, a cal levará de semente catro ou cinco tegas de pan.

* Iten máis un LEIRIÑO  ao FONTAXO PRADIÑO , que está cabo doutra  do foro desta dita testemuña , que levará de semente un celemín e medio de pan.

*Máis outro LEIRO  á  CASTIÑEIRA DE ROBIN que vai de cabo a cabo  doutro do Lugar da Capela e outro  do foro desta dita testemuña, que levará  de semente unha fanega de pan. 

*  Máis outro LEIRO en VALIÑAS ,  que está en brazo dun do forodesta dita testemuña , que levará de semente dez celemíns de pan.

* Máis outra LEIRA DO OUTEIRO ,  quee stá de brazo dunha do dito ALONSO DE GUISALLE  que levará de semente unha fanega de pan.

* Iten máis outra LEIRA á FERRADAL , que vai en brazo  doutra do lugar desta dita testemuña  que levará de semente  cinco  celemíns de pan.

*  Iten máis outro LEIRO á VEIGA, que está cabo doutro do Lugar  da Capela, que levará  de sememte un celemín de pan.

* Máis ao FERRADAL  outro LEIRIÑO  que está entremedias  dun dos de Teivilide  e outro desta dita testemuña  que levará de semente dous celemíns de pan.

* Máis en AGUILLÓN outra LEIRA que está cabo doutra do lugar  desta dita testemuña , que levará de semente  catro ou cinco tegas de pan.

* Máis outra LEIRA ao BARRIÑO, entremedias dunha do Lugar da Capela e outra  do lugar desta dita testemuña  que levará de semente cinco ou seis tegas de pa  de semente, pouco máis ou menos.

* Iten  outra LEIRA en PEREIROS que está cabo doutra  desta dita testemuña , que levará de semente oito tegas  de pan.

* Inte máis ao BARREIRO outro LEIRO que está cabo doutro  do lugar desta dita testemuña  que levará de semente tres tegas de pan.

* Máis en PEREIROS  outra LEIRA que está por riba doutra  do lugar desta dita testemuña que levará de semente  tres tegas de pan.

*  Máis todo isto  coas súas árbores  segundo vai a montes  e a fontes .

O cal todo dixeron  ser propio do dito Mosteiro de Samos  e que se paga del  cada un ano  ao dito mosteiro de foro OITO FANEGAS DE PAN 

E visto  polo dito Señor Xuiz condenouno  a que durante o seu foro pague ao dito mosteiro  as ditas OITO FANEGAS  DE PAN CADA MES DE AGOSTO OU SETEMBRO, apercibíndooi  que non o pagando será executado por el.

O cal dito así  o consentiu . Testemuñas as ditas.

                                                             PERSOAS 

FERNANDARES DE ARMESTO.- PEDRO DE ARMESTO.- ALONSO DE GUISALLE.-   GREGORIO DE VILR.-  GONZALO MACÍA.- AFONSO BROCO.- GONZALO DE GUISALLE.-  CONSTANZA DE GUISALLE.-  PERO LÓPEZ,

                                                      FINCABILIDADE DO FORO

CASA DE MORADÍA,-  CASARÓNS.-  CAMIÑO DAS BESTAS.-  CORTIÑA DO GRANDAL.-  CORTIÑA DOS VALES.-  HORTO DE SO A CASA DA CAPELA.- LEIRA DE AGUILLÓN.-  LEIRA DO BARRIÑO.- LEIRA DE FERRADAL.- -LEIRA DA FONTE.-  LEIRA  DO OUTEIRO.- LEIRA DO PACIO.- LEIRA DE PEREIROS.- LEIRA DA ROBIÑA.- LEIRIÑO DE FERRADAL.-  LEIRIÑO DO FONTAXO PRADIÑO.- LEIRO DO BARREIRO.- -   LEIRO DA CASTIÑEIRA.- LEIRO DA CASTIÑEIRA  DE ROBÍN.-  LEIRO DO CASTRELIÑO.- LEIRO DE ERVELLAES.- LEIRO DO GRANDAL.LEIRO DE LADREDO.- LEIRO DE VALIÑAS -LEIRO DA VEIGA.-    PENELA DE ERBELLAES.- PRADO GRANDE.-  VALE DE ERBELLAES.-VALE DE VLPEDRE.-  

                                                            RENDA PAGADEIRA

FERNANDARES DE ARMESTO pagáballe ao Mosteiro de Samos en  cada un ano OITO FANEGAS DE PAN CENTEO polos meses de agosto ou setembro.

............................................................................................................................................................. 

                                                                X

APEO DO FORO  DE ARES BELÓN  QUE TEN DE SAMOS EN GUISALLE

 E logo inconinente  este dito día , mes e anoe lugar  susoditos  na presenza de min  o escribán público  e testemuñas de xusoescritas  o dito señor meiriño   proseguindo o dito apeo  fixo vir e parecer perante si a FERNANDARES DE GUISALLE e ALONSO DE GUISALLE e a PERO LÓPEZ  que estaban presentes , veciños da dita aldea  e freguesía de Guisalle ( ¿ ), dos que e cada un  deles  o diro Señor Meiriño  tomou e recibiu  xuramento en forma  debida de dereito e riba dun sinal  de cruz tal como este ( + ) no que cada un deles corporalmente puxo e tocou a súa man dereita  , os que   tendo xurado cada un  deles por si  , dixeron " Si, xuro. E Amén", e prometendo de deciren verdade , testemuñas  GREGORIO DE VILAR   e GONZALO MACÍA  e  AFONSO BROCO:

E logo polos sobreditos  e cada un deles  foi por eles APEADO   e confesado  , dito, declarado   que o dito lugar do foro que trae ARES VELÓN  sito  en GUISALLE  é propio in solidum do dito Mosteiro de Samos , ao cal dito lugar pertence o seguinte :

*  Primeiramente un CASARÓN DE CASA  que está riba da Casa da Igrexa .

* Iten máis  unha     LEIRA na CORTIÑA DO GRANDAL  , cun PENELO,  que vai de fora segundo está marcado de sobre sí  que levará de semente o PENELO  e LEIRO  unha tega de pan pouco máis ou mnenos  e o leiro serán CINCO SUCOS .

* Máis outro LEIRO en CADAMONTE  que vai na Leira do Lugar da Capela ,que levará de semente dous celemíns de pan.

* Iten máis outro LEIRO  na LEIRA DE SOAO , que está cabo dunha dos de Teivilide , que levará de semente dous celemíns de pan e vai en herdade dun da Capela.

* Máis outro LEIRO na CORTIÑA DAS FONTELAS.

* Máis outro LEIRO na CORTIÑA DAS FONTELAS, que levará de semente , pouco máis ou menos, ........

O cal todo dixeron ser propio do dito Mosteiro de Samos  e pagar de foro  cada un ano ao dito mosteiro  UN REAL ,o cal  o dito Señor Xuiz  condenouno   a que o pague, segundo dito é. Testemuñas  as ditas.

                                                       PERSOAS

ARES BELÓN.- FERNANDARES DE GUISALLE.- ALONSO DE GUISALLE.- GREGORIO DE VILAR.-  GONZALO MACÍA.-  AFONSO BROCO.- 

                                                        FINCABILIDADE DO FORO

CASARÓN BAIXO DA CASA DA IGREXA.- CORTIÑA DAS FONTELAS.-   LEIRA DA CORTIÑA DO GRANDAL .-LEIRA DO SOAO.- LEIRO DE CADAMONDE.- LEIRO  DA CORTIÑA  DAS FONTELAS.- PENELO DO GRANDAL.-  

                                                                 RENDA PAGADEIRA

ARES BELÓN pagaba de renda ao Mosteiro de Samos  UN REAL en cada un ano.

********************************************************************************** 

 

 

 

 

 

                                r

aA

´* 


 

 

 

 

 


 


 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

á 

 

 

 

 

    


   


 

 

 


                                            

Comentarios

Publicacións populares