SALA DE FESTAS " XUNTANZA" DE SÁRRIA ( 710 )

                       SALA DE FESTAS " XUNTANZA "  DE SÁRRIA   (   710 )

 

 ( EL PROGRESO,  9 de xaneiro de 1972 ).- PROXIMA INAUGURACION  DUNhA SALA DE FESTAS,

A obra xa está rematada  e todo fai crer  que para finais do presente   mes  sexa inaugurada a  sala de festas   que se constrúe en Sárria. Con  isto Sárria  entra nun circo  do que até a data  estivo apartada , pois  non nos visitaban grandes conxuntos   e voces famosas da canción, Había quen se queixaba   diso contino  Sobre todo  cando se acercaban   as festas do San Xoán  ou calquera das que na vila se celebraban bailes extraordinarios Ben  agora parece   que o que algúns  queren decir  con acerto ou sen el , verán como  á vila se achegaan  conxuntos famosos  . Como exemplo  adiantamos   que para a  inauguraci´pn   da sala XUNTANZA , así será  o seu nome , acodirán LOS TAMARA  , tamén  están  contratados outros conxuntos  famosos , un deles NUEVAS AMISTADES .  En fin   agarden algún tempo   e veremos os resultados.

( * ) Nin a data  da inauguración , nin a actuación de LOS TAMARA  se confirmaron. 

....................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO,  27 de febreiro  de 1972..-  .... segue o rusmusmus   darredor da inauguración  da sala de festas XUNTANZA , O retraso xa resulta algo excesivo.

.......................................................................................................................................................................... 

(  EL PROGRESO,  5 de marzo de 1972 ).-  Para o día 11 anunciase  a inauguración oficial  sa sala  de festas XUNTANZA . Como figura estelar   para esta xornada e a do día 12  que tamén haberá baile pola tarde , actuará BERNARDO  XOSÉ   e o seu conxunto  así como o titular desta LOS NEPTUNOS . Para datar vindeiras  anúncianse conxuntos de primeira liña  nacional.

...................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO,  12 de marzo de 1972 )..-  INAUGURACIÓN DA SALA DE  FESTAS " XUNTANZA".- BON SUCESO DE XUNTANZA.

Resultou un completo suceso   de publico  e artístico a inauguración  da sala de festas XUNTANZA   que tivo lugar na tarde de onte coa actuación do famoso cantante   BERNARDO XOSÉ   e o conxunto titular   desta sala LOS NEPTUNOS. Pola noite, igualmente a cousa estivo moi animasda   , facendo pensar  que hoxe  sexa de características  semellantes.

........................................................................................................................................................................

( EL PROGRESO, 15  de marzo de  1972 ) 

..... e  a inauguración  da sala de festas XUNTANZA   que se esta tivo  lugar oficialmente o sábado , a verdade foi  que o seu ateigamento total   foi o domingo.  Dende as primeiras horas da mañá , grande cantidade de coches   chegaba á vila   para pasar a xornada  entre nós.

A partires das tres da tarde  seguiron chegando coches de Lugo, Monforte e de toda a contorna  desta vila , o que fixo que darredor das cinco  da tarde as nosas rúas  se visen enteiramente ateigadas., enchendo a tope  a SALA XUNTANZA  e a do LITMAR . Nunha actuaban BERNARDO XOSÉ e LOS NEPTUNOS   e na outra LOS  SHERRYES . Darredor das 9 da noite a vila voltou á normalidade, 

.....................................................................................................................................................................  

( EL PROGRESO , 16 de marzo de  1972  )..  SÁRRIA É ACTUALIDADE.

        ENTREVISTA  CON BERNARDO  XOSÉ  AO SEU PASO POR ESTA VILA

                                                                                          (  Víctor López Villarabid )

Deciamos  en datas pasadas  que a nosa vila   non era moi dada   a que a visitasen   grandes profesionais  da canción , xa que  de momento esta faceta  nin  ía  dacordo ou moitas outras   nas que por estas terras   nos adentramos bastante  , poñamos por exemplo  o  tema técnico. Mais agora parece  que a cousa toma outro carís  e falan de que   a nova sala   inaugurada , a que acaparou últimamente   a acualidade da vila   e comarca ten  contratados e comprometidos  grandes   figuras  da canción moderrna . Que así sexa  e que os resulñtados  sexan óptimos . Para comezar,  ou sexa en inauguración oficial  vimps   ao famoso  BERNARDO XOSE , artista galego , naceu en Bouzas   ( Vigo ) . Os seus discos son vendidos dende hai  tempo.  E ben, por certo. 

Tivemos ocasión   de parrafear con el  dabondo para  comprender os seus anceios  e os seus degoros  a prol de Galicia   terra que está   amosando levala moi dentro.

            - ¿ Nome completo ?

            -  Bernardo Xosé  Rodríguez Ortiz.

            -  ¿ Ten asitido a outras inauguracións   como esta ?

            -  En Pamplona.  Mais  xa levaba dous días funcionando como sala de baile. Eu fun o primeiro cantante  que a inaugurou. 

            - ¿ Coñecías Sárria ?

            -Non, mais teño  un amigo   que é desta vila  e falárame moito dela , e dende logo non lle daba   a importancia que ten  nin contaba   achar  unha sala así  e unhas xentes tan afables   e sinxelas.  Dío así  que non é por vos facer  favor algún.Marcho moi contento   deste pobo, moi grande   para   ser unha vila.

            -  Unha pregunta, un pouco máis comprometida......Bernardo  ; ¿ favoreceuche cantar en galego  o fsvoreciches ti  á canción galega-

             . Mira,  o cantar en galego  favoreceume moito   na miña carreira  , porén achei moitos  inconvintes . Eu quería a canciòn social , da que grabara discos  , e  a casa grabadora   deume un ultimatum . " Queremos cancións máis comerciais  ". E xa vews.

            - ¿ Ou sexa que  non todo   o que canta galego favorece  á niosa terra ?

           -  Ao primeiro houbo quen o fixo. En realidade  a maioría dos cantantes galegos , mais hoxe xa  non se fai grande cousa   por Galicia   por medio da canción.

          -  Fálalles aos lectores de EL PROGRESO   dos teus proxectos máis inmediatos.

          -  Pois vouche dar   primicia , o luns día 20 deste mes  sae un novo disco meu  tamén en galego , e "single" , por unha cara "Vai pra ti" , creación miña , Agardo que guste ; na segunda cara " O Afiador " , escrito  para min por un galego  que leva moitos anos en Cataluña  . Logo penso sacar un  "long play"  adicado a poemas de Rosalia de Castro  , irá especialmente adicado ás   colonias galegas de América   e Hispanoamérica , Xa fixera algúns  , mais puxñeronme    inconvintes   e non sairon á venda.

           -  ¿ Válevos moito a televisión ?

           - Moitísimo , Non hai moito fixen   unha programaciòn para  a televisión hispanoamericana , grabada por terras andaluzas   que  resultou  un completo suceso   para a carreira de calquera artista.

            - ¿ Proxectos a longo prazo...... ?

            -  Situarme e facer nome , para despois seguir   coa  miña verdadeira ilusión, a canción social da nosa terra,   ou o que a un lle praza . Non a que che esixan   para grabar canción comercial. 

A nosa conversa continúa  por longo tempo . Falamos de moitas cousas   máis-  É un galego que pensa como tal  e que quere moito á súa terra, que se triunfa a ela   lle brinda o loureiro   e que se fracasa non vai ser   por falta  de pulo e tesón . Mozos así  precisamos por estes lares. 

........................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO, 7 de abril de 1972 )......" LOS PEKENIKES "   actuarán o vindeiro   domingo na sala de festas "XUNTANZA" 

................................................................................................................................................................ 

 (  EL PROGRESO,  11 de abril de 1972 ).-  Pois ben , o vindeiro domingo  dará comezo  o I TROFEU XUNTANZA  DE FUTBITO.- Este  preciado  trofeo de  futbito pola OJE de Sárria e está  patrocinado  pola sala de festas  XUNTANZA  de Sárria  que quixo  colaborar  coa a afición deportiva de Sárria . A sala de festas XUNTANZA  desexa deixar  a sua pegada  no mundo deportivo  da vila  axudando ao desenvolvemento   do bon  suceso  deste deporte  na localidade de Sárria,

.................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRSO , 13 de abril de 1972 ).- Domingo, día 16 . SÁRRIA  Sala de Festas XUNTANZA . 2 conxuntos 2 - Grupo SHERRYS  - Grupo NEPTUNOS Elección MISSES  1972. Todos a Sárria.

....................................................................................................................................................................... 

 ( EL PROGRESO, 14 e  15 de abril de 1972 ).-  Trofeo  de Futbito XUNTANZA. 1972 .-   Partidos   Agullas. Tigres  e  Gavilanes- Raios. Árbitro:  Alfredo Díaz.

........................................................................................................................................................................ 

 ( EL PROGRESO,  16  de abril de 1972 ).-  Este serán  en Sñárria  . Sala de Festas XUNTANZA  . 2  conxuntos 2 . Grupo SHERRYS  Grupo NEPTUNOS.  Elección  MISSES 1972 . Todos a Sárria,

....................................................................................................................................................................... 

 ( EL PROGRESO,  20 de abril de 1972 ).-  Francamente o festival do pasado  domingo en Sárria respondeu ao que del se agardaba, Centos de mozos  de Sárria,  de Monforte e de Lugo  capital acodiron  á magnìfica  sala de festas  XUNTANZA  que presentaba   un brillantisimo aspecto  ,  semellante  ao de recentes xornadas  co motivo da actuaciòn   do famoso LOS PEKENIKES .  Todos sairon   satisfeitos ., todos  sairon satisfeitos . todos o pasaron  admirablemente . Os dous conxuntos   ofreceron   o mellorciño  do seu repertorio , merecendo o  grupo SHERRYS   como o grupo  NEPTUNOS  moitos  aplausos  que ateigaron   a ampla  sala XUNTANZA.

Tres belas máis designadas  dento do popular certame  da beleza feminina , e un novo suceso  da organizaciòn, que se sinte satisfeita  do conquerido  e que publicamente debe   agradecer  a todos os sarriaos  as atencións   con  ela habidas,  Grazaas Sárria  e  a promess   de voltar ( JOVAGA ).

.....................................................................................................................................................................

 ( EL PROGRESO,  9 de maio de 1972 ).  ENTREVISTA VON ANDER SILVER.

                                                                                       Por Víctor López Villarabid. 

Posiblemente  o maior acontecemento  artístico.musical  da sala XUNTANZA , dende a súa creación , veu a ser a presentación da internacional inglesiña ANDEE SILVER  , Coa fin de que os nosos lectres  coñezan algúns datos máis  da moza rubia  que ultimamente está adicando as  súas mellores canciòns  á nosa terra  galega ,  traballando en equipo   con este outro popular  JUAN PARDO

 Chegamos  cando os ensaios   están a pleno ritmo , soa " Teño Saudade " e era precisamente o que máis nos interesaba  ouvir  direitamente , e mesmo a repetiron para nós, o que agradecemos de veras, No  conxunto con grande son  destaca a figura de SILVER  e os ademáns do seu marido , tamén mozo e inglñes,  que nos saca do lameiro  valendo de atento intèrprete , xa que  - e   iso tamén o consideramos interesante nova .  aínda que ANDEE SILVER   sexa unha  das artistas noin galegas  que cantan nesta lingua  e mellor  a pronuncia , non sabe nada de español , cousas somente  posibles   no mundo artístic

            O seu marido   Deiven Pardo   díxonos que  Andee ten vinte e un anos  que cumprirá o vindeiro día 13  do actual mes e  continúa dirixindo, De seguido manda parar  e preséntanos  á súa simpatica  e guapa esposa, A súa   expresión  faina aínda máis xove  e simpàtica.

Preguntamos  , É efectivamente   a primeira vez    que ven a Galicia.

           - Para actuar, si,

           -  ¿ Déronche bon suceso as grabacións  e unión con Juan Pardo ?

           ´  Con Juan Pardo únenos unha grande amizade  , dende hai tempo. Traballar con el   tamén nos resultou ecelentemete .

             - ¿ Cantos discos ten grabados   Andee Silver en español ?

             -   Até dagora somente en español   temos seis disco.

             -  ¿ O que tivo mellor suceso.... ?.

              -   Sen dúbida ningunha "Teño Saudade". Porén   esperamos conquerirmos   un bon suceso  co que acabamos de publicar  " Himno de la salvación" , tamén con Juan Pardo .

             - ¿ Canto dura esta xira ?

             .- Somente unha semana. Esta é a primeira gala  e quedan outras tres.

             -   Andee , ¿ como  se porta  o  publico español ?

             -   Marabillosamente , é encantador , En España sentìmionos   como na nosa casa,  Teñen   un sol marabilloso.

Efectivamente  , naquel intre locía   un sol espléndido    que agradecían moito  todos os compoñentes do grupo , mais moi especialmente Andee  , pois aínda   que lle fai certo dano aos ollos ,  non se quería retirar ao interior.

           -   Para rematar , ¿ Que vos pareceu   unha cidade pequena   como esta  , está moi ben,

Grazas polo de cidade  e por tanta a,mabildiade  . Que continúen os bons sucesos.

Efectivamente  conseguirono en Sárria.  A sala, tanto o sábado como o domingo , estivo chea , e a actuación de ANDEE SILVER   e o seu conxunto   deixou unha grata lembranza  entre os sarriaos  e os moitos forasteiros  que nestas datas nos visitan.

..................................................................................................................................................................... 

  1972.- FESTAS DO SAN XOÁN, -  Na súa sala   de festas  e co  GRUPO DON  JUA N  e FÓRMULA V , celebraranse bailes os días  24 25, 26, 27 , 28 e 29 de xuño.

........................................................................................................................................................................ 

(  EL PROGRESO,  13  de xaneiro  de 1973 ).- Sala de Festas XUNTANZA,.  Hoxe sábado  e mañá domingo  actuación do  famoso conxunto  LUZ VERDE.

....................................................................................................................................................................... 

 ( EL PROGRESO, 4 de marzo de 1973 ).-  DOMINGO DE ENTROIDO.-  Pola tarde, na sala XUNTANZA  e pola noite baile    na Sociedade La Unión  e XUNTANZA  tamén repite a actuación do serán.

................................................................................................................................................................ 

( EL PROGRESO,  12 de outubro de 1973 ) .-  Atención Sárria .  Domingo, 14. Sala de Festas XUNTANZA . Grande  baile coa presentación de MISS GALICIA 1973.

.................................................................................................................................................................. 

( EL PROGRESO, 14 de outubro  de  1973 ).-   Hoxe , domingo. Sala de festas XUNTANZA . Grande baile coa presentación   de MISS GALICIA 1973  e   extraordinario  debut   do conxunto músico -vocal  BLUE STAR   ( Organiza  Garalva ).

.................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO,  1  de decembro de 1973 )  .-   Mañá ,  domingo, Grande baile  , tarde e noite , coa actuación de LOS ÁNGELES y  LOS NEPTUNOS 

( EL PROGRESO , 1 de novembro de 1975 ).-...... Hoxe, sábado, e domingo:.....grande baile, coa actuación  da orquestra internacional  KALÚ  96.-  Nota : Domingo  , día 8 . actuaciòn da famosa orquesta MAIKA.

.................................................................................................................................................................. 

( EL  PROGRESO,  9 de novembro de 1975 ).-....grande baile   coa actuaciòn da famosa  orquestra  MAYKA. Nota :  Domingo , día 16, actuacion de LOS EMPERADORES.

..................................................................................................................................................................... 

 (  EL  PROGRESO,  30 de novembro de 1975 ).- ..... grande actuaciòn do conxunto feminino   COSTA VERDE

........................................................................................................................................................................... 

(  EL PROGRESO, 7 de decembro de 1975 ).......  grande baile   coa actuacioòn do  famoso grupo LOS EMPERADORES -- LUNS, DIA 8.-  Dende as seis da tarde  , actuación do grupo LOS KAVES.

.......................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO, 14 de decembro de 1975 )........grande baile   coa actuación   estelar   do Grupo LOS TARANTOS.,

........................................................................................................................................................................ 

( EL PROGRESO,  21  de decembro de 1975 ),.........grande baile   coa actuación da famosa  orquestra MAYKA.

..................................................................................................................................................................... 

(  EL PROGRESO, 4 de xaneiro  de 1976  )  SALA DE FESTAS "XUNTANZA"- SÁRRIA.  A sala da mocidade, Hoxe , domingo ,  a partir   das seis da tarde  grande baile  coa actuación estelar   do grupo KALÚ 96. ..................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO, 6 de xameiro de 1976  ) DÍA DE REIS.-  SALA DE FESTAS XUNTANZA.-  SÁRRIA.-  A Sala da Mocidade.- Hoxe DÍA DE REIS , con baile  a partires das 6  da tarde coa actuación  de KALÚ 98 e LOS KAVIS. 

.....................................................................................................................................................................  

( EL PROGRESO, 11 de xaneiro de 1976 )....... " actuación  da famosa Orquestra   MAYKA"

...................................................................................................................................................................... 

(  EL PROGRESO,  18 de xaneiro de 1976 )......"  actuación do famoso conxunto LOS JASLAS.

..................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO,  25 de xaneiro de 1976 ).... " actuación  do fsmoso conxunto "  LOS EMPERADORES 

..................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO, 1 de febreiro de 1976 )..... " coa  actuación  do famoso conxunto LOS DENVERS

......................................................................................................................................................................

(  EL PROGRESO ,  8 de febreiro de 1976 ),.,,,, "  actuación do famoso conxunto LOS TARANTOS

....................................................................................................................................................................... 

 ( EL PROGRESO, 15 de febreiro de 1976 )......."  actuación da famosa orquestra MAYKA "

...................................................................................................................................................................... 

(  EL PROGRESO,  29 de febreiro de 1976 ) .-   HOXE DOMINGO DE ENTROIDO.-  Grande baile  tarde e noite a partires   das seias  coa actuación de KALÚ 96.

........................................................................................................................................................................

( EL PROGRES0 , 2  de marzo de 1976 ).-  HOXE MARTES E ENTROIDO.- ......"tarde e noite  coa actuación   de KALU   96.

.......................................................................................................................................................................

(  EL PROGRESO ,  7  de marzo  de 1976 ) .-  Hoxe Domingo.-  Grande baile a partires das seis , amenizado  pola Orquestra NUEVA YORK  coa actuación  estelar  de ANA KIRO.

......................................................................................................................................................................... 

(   EL PROGRESO , 14  de marzo de 1976 ).. ,,,, amenizado  polo  conxunto  AQUELARRE , actuación  estelar   en sesións de tarde  e note  de   LAS GRECAS., 

......................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO,  21 de marzo de 1976 )........ amenizado  polo conxunto internacional   CENIZA  e a actuaciòn estelar  do cantante valenciano  TONY AÑÓN.

...................................................................................................................................................................... 

(   EL PROGRESO, 11 de  abril de 1976 )... amenizado  polo conxunto LOS JASLAS   e a actuación estelar  de tarde e de noite de  MORENA Y CLARA.

........................................................................................................................................................................... 

(  EL PROGRESO, 24 de xuño de 1976 ) .- RESTAURANTE,.  CAFETARÍA.-  SALA DE FESTAS .- " XUNTANZA.- SÁRRIA  . Deséxalles a todos os seus clientes  e amigos moi felices festas de San Xoán,

..................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO, 17  de outubro de 1976 ) . DOMINGO.- Inauguración da  tempada  cun sensacional baile  de tarde a cargo  do grupo internacional LOS PÌNDAROS.

........................................................................................................................................................................... 

(  EL PROGRESO,  24  de outubro de 1976 ),.-  DISCOTECA,.  Dende a noite de onte  sábado  Sárria conta  cunha nova discoteca , A empresa da sala XUNTANZA  adoptou  dentro das súas instalacións . Por certo  que esta firma  contratou para o vindeiro domingo  a MARÍA JESÚS , a  artista do acordeón. 

 ......................................................................................................................................................................... 

 ( EL PROGRESO ,8 de xuño de 1977 ).-  O P.S.G. EN  SÁRRIA.-  Hoxe  ás oito e media da tarde  na sala  de festas  XUNTANZA de Sárria  haberá un mitín electoral  do PARTIDO SOCIALISTA GALEGO .  Interviràn  Valentín Arias López , Manuel Ceferino Díaz Díaz  , Mario López Rico , Xosñe Sancosme Iglesua  e Xosé Luis Rodríguez Pardo.

...................................................................................................................................................................... 

 ( 6 de xaneiro de  1978 ).-  Actuaciòn de  GEORGIE DANN.

...................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO, 20 de abril de 1978.-  DIA 20.-     MITÍN DE COMISIÓS LABREGAS ( CCLL ) 

Esta organizaciìon  denuncia a deslealdade  informativo que existe   darredor das vindeiras   elecciòns a Cámaras Agrarias , favorable aos nestratos gubernamentais  ou caciquia  , defensores   de intereses contrarios  aos intereses galegos.

..................................................................................................................................................................... 

............................................................................................................................................................................

Comentarios

Publicacións populares