SÁRRIA : XESÚS ALONSO MONTERO ( 748 )

                                         SARRIA :  XESÚS  ALONSO MONTERO ( 748 ) 

 ( EL PROGRESO, 21,05,1976 ).- CONFERENCIA  DE ALOPNSO MONTERO NO COLEXIO DA ASUNCIÓN.

SÁRRIA  ( do noso correspondente  VILLARABID )

Dentro  da programación   do Día das Letras Galegas  que se ven celebrando  na nosa vila tivo lugar  na tarde  do pasado mércores   a conferencia de Alonso Montero.

O  salòn de actos do Colexio da Asunción  estivo totalmente cheo   de público. 

Fixo a presentación  curta e concisa Xosé Manuel Irimia.

Xa na introdución o señor   Alonso Montero , presentounos   unha clara e concisa figura  de Castelao , o que o grande  polifacético galego  foi desempeñando  dentro das múltiples deficciencias da Galicia  que el  viviu ao longo   das definitivas   etapas da súa vida: Castelao emigrante,  Castelao artista ,  escritor, politico , et. , etc.  Será o que o  conferenciante   iría  degrañando ao longo  da súa   amena charla  , con esa linguaxe   que o caracteriza   por estar ao alcance de todos.

En todo  momento  notouse o grande amor   e interese que o profesor   lucense   ten pola figura de Rianxo.

Difñicikl, moi difñicil  será , para os numerosos  asistentes a esta conferencia , viviren  outra, na que   se lle ofreza  un estudo tan completo encol  da figura de Castelao  como  o que nos ofreceu  Alonso Montero o pasado mércores . Basaba a súa charla  no  album " Nós"  ,  mais non por iso deixou  de salpicar o máis isobresaínte  de toda unha biografía  tan   variada e importante  ,

Xurdiron   importantes  preguntas   que foron respostadas   completamente,  Mesmo tivemos   a ocasión de que   de que ali falase   quen vivira con Castelao   a homenaxe   que en Lugo  lle fora rendera , como desagravio , o que vewrdadeiramente  non deixou de ter a súa  imprtancia.

Rematada  a conferencia  , o señor Alonso Montero  asinóu  grande número  de obras súas , que precisamente   estaban á venda  nas portas do Colexio , onde había   un grande stand   de libros  á venda , no que figuraban  as grandes obras  do momento   da literatura   da nosa lingua .

*************************************************************************************  

( Adicatoria de Fiz  Vergara Vilariño ) _ Para Emilia e Xesús Alonso Montero . mestres i amigos sempre-

********************************************************************************** 

(  19. 08.2013 ).-  No Parque das Insuas  tiveron lugar os actos de clausura  do Salón de Outono , con intervención  de Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega. 

******************************************************************************* 

( La Voz de Galicia .- BEATUS QUI LEGIT . -LUISITO SÁRRIA  (  Xesús Alonso Montero )

En Sárria (  Ligo ) ñpublicase  desde hai anos  un boletín que é o ´rgano do Seminario de Estudos Sarriaos  Francisco Vázquez Saco , dirixido por Xaime López Arias "Arlindo" , o cidadán máis erudito  en persoas e aconteceres da vila e da comarca.Acaba de editarse  o  número 22 do boletín, un volume de  máis  de  300  páxinas  a dúas columnas, das que as 78 primeiras constitúen  unha homenaxe ao importantísimo escritor so Século de Ouro  español Frei Luis de Granada ( Granada, 1504.Lisboa , 1888 ).
Por  que esta homenaxe nesta publicación luguesa ?.  Porque o ilustre  ten parte das súas raíces en Sárria,  patria  do seu pai , Narciso , que emigrou á  cidade andaluza pouco despois de reconquistada , Así pois , o famoso profesor  asc´rtico  é  fillo dun emigrante  galego nado en Sárria en data indeterminada . Ali casou  cunha lavandeira, o que certifica a humildade do berce  de quen quen sería orador  e conselleiro, en España e Portugal. de celebñerrimsd personalidadesm

Cando eu explicaba  este tema no Instituto de Lugo   ( 1960l1976 ) , raro era o curso en non polemizaba , "in absentia" , cos autores de libros de texto que , ao trazaren  a biografía  do escritor, iniciábana deste xeito  " Fray Luis de Granada , secularmente Luis de Sarriá" ( sic ) . Na polémica  eu aclaraba  que tales actores ( todos )  sabían máis de fútbol que de biografía, pois o topónimos  Sarriá era o nome, daquela do campo do Español., sectores . 

Neste  boletín Arlindo , o responsable da súa primeira parte, ofrécenos un texto case descoñecido  na bibliografía ad hoc, a novela curta  "Luisito Sarria o el hijo de la lavandera ( Valencia 1904 )  obra do escritor valenciano ( "integrista", aclara Arlindo  José  Domingo María  Corbató.  Relato frouxo  e un pouco repugnante , proba, naquel ano de centenario , que a figura de Frei Luis de Granada, un dos escritores  españois  máis traducidos , aínda interesaba  a amplos  . Sería útil  , en vindeiros números  do boletín , que os especialistas no  XVI  opinasen  sobre a vixencia  da súa obra  no ámbito  dos dominicos  ( a  súa orde )  e noutros ámbitos eclesiásticos ou non eclesiástico.

************************************************************************************ 

( 1.10.2022 ).-  XESÚS ALONSO MONTERO  participa no programa  " Camiño  e Cantares nos eidos da bremanza, Unha Peregrinación Literaria  contada e falada "  en conmemoración do 25 aniversario  do pasamento  do poeta Fiz Vergara Vilariño e  60 aniversario  da viaxe  do periodista   e escritor Álvaro Cunqueiro  , do Cebreiro  a Santiago de Compostela .  Como conferenciante  falou de   " O  poeta Fiz Vergara Vilariño". De seguido  houbo un recital poético , actuación  do Coro Sarricanta  co tema  " Que lonxe estás  amiga", de Fiz  Vergara. 

Comentarios

Publicacións populares