O ALFINETE Nº 1.- PUBLICACION DO CENTRO DE EPA DE SÁRRIA SETEMBRO 1996 ( 750 )

 O  ALFINETE  Nº 1                                                                   SETEMBRO 1996   (  750  )

PUBLICACION  DO CENTRO DE EDUCACIÓN PERMANENTE DE ADULTOS DE SÁRRIA 

                                                     RÚA PEDRO SACO 4

**************************************************************************************

                                                  O ALFINETE   Nº 1                       Setembro    1996

¿ Que somos ?  ¿ Mono-lingües  ? ¿ Bi-lingües ?  ADIVIÑA. RESPOSTA : Bípedos e  viperinos-  

A nena dí :  ¿ Grego ? . Non ,que é galego. Entón. ¿ por que non o entende o crego ?.  Unha moz acon equipaxe  con equipaxe e paraugas  en actitude de despedida : ¡ Adeus ! ¡ Adeus que me vou para o curso de galego.

........................................................................................................................................................................... 

                                                                          PRESENTACIÓN

AQU TRÁTASE DE ALGO MOI SERIO...TÉS NAS TÚAS MANS UNHA PUBLICACIÓN  CONFECCIONADA  COA MAIOR  RIGOROSIDADE  E SERIEDADE  POSIBLES PORQUE XOGAR CON LUME OU XOGAR CON ÁCIDOS , OU XOGAR CON PÓLVORA É MATERIA MOITO RESERVADA, E ADEMAIS TEN MOITO QUE VER  COA LEXISLACIÓN E O REGULAMENTO DE ACTIVIDADES NOCIVAS, MOLESTAS , INSALUBRES  E PERIGOSAS.

NON FAI FALLA , NEMBARGANTES,  QUE PARA LER ESTAS PÁXINAS , HAXA QUE POÑER CARETA ANTIGÁS , VACINARSE  CONTRA A RABIA OU IMBAR  CUSPE DE PITA EN NOITES DE LUAR CALADO . A COUSA É MOITO MÁIS SINXELA . E CON SEGUIR O MANUEL DE INSTRUCCIÓNS NON  RESULTA DIFÍCIL A LECTURA.

1º.- AÍNDA QUE ESTÁ ESCRITA EN GALEGO, ESTA PUBLICACIÓN NON MORDE, SUPOÑEMOS QUE OS LECTORES  XA TERÁN  TOMADO A VACINA ORAL  QUE IMPIDE  QUE O VIRUS LINGÜISTICO  ATAQUE DE NOVO E DE SUTAQUE.... EN CASO DE DÚBIDA CHAME A SUPERMÁN , OU A UNHA LIÑA ERÓTICA , TAMÉN PODE DAR RESULTADO ERGUERSE  Á HORA DE COMPLETAS  E DEITARSE Á DE MAITINES.

2º.- FEITO O ESCONXURO OU TOMADA A VACINA , SENTE BAIXO DUN CARBALLO , CUNHA XERRA DE CERVEXA NA MAN E , PASE OS OLLOS POLO PAPEL.. O QUE VOSTEDE  VERÁ SON LETRAS , NON SON FORMIGAS, VARIAS LETRAS FORMAN UNHA PALABRA E VARIAS PALABRAS UNHA FRASE. NON TEÑA MEDO.NIN  AS PALABRAS NIN AS FRASES MORDEN, SON TAN SÓ UNHA CONCATENACIÓN  PROGRESIVA DE ELEMENTOS SUBXECTIVOS , IMBRICADOS NA PRAXE OBXECTIVA DO ORDENAMENTO LÓXICO E NOS FERROLLOS MENTAIS.

VOSTEDE TEÑA A CABEZA  POSTA EN CAVILACIÓNS  TRASCENDENTAIS , MANTÉÑAA ALLEA E LONXANA.

3º.- CANDO REMATE DE PASEA-LA OLLADA  POR ESTAS PÁXINAS , COLLA UN BOLÍGRAFO  ( NON TEÑA MEDO , TAMPOUCO MORDEN )  E MANDE UNHA CARTA  E MANDE UNHA CARTA Ó DIRECTOR PROTESTANDO PORQUE  LLE TEÑAMOS ROUBADO UN ANACO DO SEU TEMPO.

NON LLE DEVOLVEREMOS  O TEMPO PERDIDO, PERO TAMPOUCO PERDERÁ O TEMPO    ( ¿  CANTOS ANOS  HAI QUE VOSTEDE NON COLLE UN BOLÍGRAFO ? ¿ NON SE PRODECATA  DE QUE, DENDE QUE MERCOU O TELÉFONO MÓBIL OS SE LLE FIXERON MÁIS CURTOS E AS ORELLAS MÁIS GRANDES ? ).

COMO SUPOÑEMOS  QUE VAI SEGUIR  AS ANTERIORES INSTRUCCIÓNS , PORQUE VOSTEDE FOI SEMPRE MOI BEN MANDADO , SÓ NOS QUEDA RECOMENDARLLE  QUE TEÑA CO "ALFINETE" , NON SEXA  QUE SE LLE CRAVE NUN OLLO E  O POÑA  DOENTE  SEN DEREITO A BAIXA  E A UNHA SUBSTANCIOSA INDEMNIZACIÓN. LEA O QUE POIDA  E QUE SANTA LUCIA LLE CONSERVE A VISTA,

                                                    A REDACCIÓN DE GARDA

¡  Que pena !                                                                                        AQUI    CHOVE 

..................................................................................................................................................................... 

HOMIÑOS - G                                                                   O DETURPADOR CON " TÍTALO"

Mirádeo  montado no seu "asinus  lingüisticus " , Cabalga como Atila  por mapas e escritos, rachando nomes, creando denominacións, amosando a "riqueza"  da súa formación  " científica "  e o marabilloso do seu sentido  de busola  sen norte.

Dádelle un aplauso  porque, de listo que é , da "nada" dos seus coñecementos , é quen de crear un novo  universo toponímico.

Esta especie aniña en oficinas, bufetes , escritorios...É perigosa,  e morde  , e unha  vez infeccionados  non hai antibiótico que lles poida.

Aman a empanada galega, o  pulpo á feira , o marisco das rías....

Por iso se  caracterizan por moito bandullo ... moitas tragadeiras , e teñen " títalo".

¡ Homiños-G  en acción !

                                    ( Debuxo de Carpeta )

                                                 .............................................

                                  Humorismo  portugués, por D, Fuas

  ( Dous vellotes  preparándose para pasar un río ).

- O río leva pouca água, podemos atravesá-lo a pé.   -  Sim , mas é necesario descalçar as botas . -  Muito sujos  tem os pés o compadre   !, -  E os seus nao  están tambén  sujos  ?. - Nao  se podem comparar . Eu sao dez anos mais  novo que o compadre.

....................................................................................................................................................................... 

                                                        POR DÉCIMAS

¡  Salve  munícipes  gloriosos ! /  ¡ Salve  especimes, gloria ! , / conservadores fieles da memoria /  do " Supremo ·  e dos famosos /  que no rueiro están  gozosos, /  Aplaudo , hoxe , o feliz  acordo , /  seuide a ser o cego e xordo, / louvade si ós de tal pelo, / con iso amosades cara e selo, / e premio tedes co recordo.

Seguide mantendo, tan leias, / mandóns de horas  de pau e tranco , /  non fagades  movidas nese banco, / que mové-las cousas por demais / sería pasar vós por desleais, / Aplaudo eu  o tal desexo, / non mudedes de pelexo , / ¿  Trocá-lois nomes a esas rúas ? / - Non, Quedarían  orfas, núas , / sen btillo e sen bon reflexo

 Mantede, si,  a memoria dos aitócrtas, / cultivade, si, os nomrs da autocracia, /  a cousa, de certo, tenvos gracia, / pois  así presumimos de demócratas.

                                                   .............................................. 

RÚA  ¡ ? !  Para os seus guedellos  SADOFRÁN evita a caída do pelo 

.................................................................................................................................................................... 

                                                                    TRABALINGUAS

Estaba o pensionista  no seu lugar e veu o economista  para o salvar.  O economista  no pensionista e os cartos no banco, déitome  ás soas picando nas moras.

Estaba o economista no seu lugar   e veu o politico para o axudar , O politico no economista,  o economista no pensionista  e os cartos no banco , déitome ás soas picando nas moras.

Estando o politico no seu lugar  veu o banqueiro para o asesorar.   O banqueiro no politicio, o politico no economista , o economista no pensionista   e os cartos no banco, déitome a soas picando nas moras .

Estaba  o banqueiro no seu lugar e veu Xan Paisano  a preguntar. Xan Paisano no banqueiro, o banqueiro no politico , o politico no economista   e o economista no pesionista  e os cartos no banco ,déitome a soas picando nas moras.

¿ Que preguntou Xan Paisano ?.-  ¿ Eu hei  de cobrar pensión  ?. "  E falou o economista , e baduou o politico , e deu consello o banqueiro . " Eu teño  a solución  : Suscribe  un fondo de pensión". E ás soas  o pensionsta   seguiu picando nas moras   e cos seus cartiños no banco.

                                               ...........................................

                                    MAQUINARIA POLITICA (  I ).  O SARILLO   

Maquina de cabeceira de todo servidor público  que  se teña en algo. Serve para dar volta ás ideas   e ás palabras , conseguindo  así  o desexado efecto de enguedellar  o non enguedellado  e de non deseguelledar o enguedellado.

                                (  Esquema do sarillo:  Acción. Control remoto. Reacción ) 

....................................................................................................................................................................... 

                                                        ROMANCE DO RÍO SÁRRIA

Estaba o Señor Preboste /  na súa cadeira sentado , / e púxose a cavilar , / aló no tempo pasado, en que era cousa a xeito , / e traballo desexado  / o mudarlle o nome ó río /  que de Sárria era chamado, / Nada  lle importou a historia , / nin mapas , e o pasado , / nada lle importou o sánxcrito , / linguaxe remoto e raro /  que ten raiceiras  craras , / nin documentos nin raios , / Colleu e armou unha festa , / chamou ó abade de Samos , /  abade  de moita sona , / que era abade mitrado , / meteu gaiteiros nun coche , / un cuartete renombrado , e tiraron cara o monte  / .... que  o río está en pecado , / que na nacencia   dos tempos  / esqueceron bautizalo.

A cousa tivo a súa gracia, / era nos tempos de Franco, / e cara Triacastela foron  / Abade e máis delegado , / a cousa tívovos coña , / con tabnto pitiño-cairo  / e tivo o seu requilorio , / e o neófito  apadriñado / por tanto sabio profundo / por Oribio foi trocado.

Non lles importou  nada a eles, /  non lles importou.. nin un nabo, / que por orde superior / nome vello asasiñado / caeu polas mans excelsas  / nun acto  moi sinalado/ de conxunción abacial /   e papanatismo "ilustradi".

RÍO SÁRRIA,  RÍO SÁRRIA , /  de tempo antigo sonado, quen te viu e quen teve , co teu nome tan roubado./ Non lles importou ós padriños  /  que  o  nome comarcano, / nacera de augas do río, / xa no remoto pasado. / Non lles importou ós padriños / que o nome comarcano / nacera de augas do río, / xa no remoto pasado /  Non lles importou , meus santiños, /  ( ¡ eran cecais bisbardos ? ) /  a autoridade da Historia / que ten o Tombo de Samos, / e danlle nome de monte / ó río do que  falamos ,/ Mirade se son curiosos ./ ( ¿ Poron alpabardas parvos  ?)./ E o caso, meus señores, / é que estamos condanados / a  sofrir catro letreiros  /  augas arriba do Chanto,/ Din : Río Oribiom( ¿ montaña ? ) /  e o nome usurpado, / resona nas  Enciclopedias. / no Madoz, tan bon traballo, / no Tombo, nas escrituras. / co seu nome  vello e craro./

RÍO SÁRRIA, RÍO SÁRRIA / é o meu nome  sinalado. / Pena Partida e o Real, e a abadía de Samos. / están na beira di SÄRRIA, /  RÌO SÁRRIA así chamado /por máis que catro burriños, / algúns din quentitulados, / "ripa" convirtan en"alpe", / pois latinistasb prbados, / amantes das  tradicións , / xam se teñen  pronunciado / que canto se lé adoito/ é "cimiterio Samanos" /  o mosteiro que de antigo / " in ripa  Sarrie" situado, / leva  este nome orgulloso / dende antes dos romanos./

Así  que señores meus, / alcaldes e delegados /  apéense dunha vez da burra, / na que figuran montados, / e o ltrocinio dun nome , / dende  ben atrás historiado , /  restitúan con presteza, / que hai que  volver o roubado, /  que nin folclorismos de gaita /  e benzóns dalgún mitrado /poden  xustificar roubos / cando  está documentado / que sempre fun RÍO SÁRRIA , / e que co nome prestado / tan só polos iñorantes, / son como alleo nomeado, / e por pèrfidos e duros, /  son alleo sinalado m/ e imbéciles e escurosn / dan o nome trabucado, /

Sempre fun eu RÍO SÁRRIA, / dende a cabeza  ata o rabo / e só polos alpabardas / me vexo hoxe aldraxado. / ¿ Cal foi a miña desgracia ? / ¿ Cal vos foi o meu  pecadom ? / Tan só que quen fixo a festa,/ non quero nin recordalo, / estaba na súa cadeirs / un día repachingado, / e veuselle  á cabeza / que  o meu nome sinalado / non lle gostaba nin chisco /  e que tiña que cambialol./

Así se fixo esta historia, / que cando alguén inspirado / por luces que do ceo veñen / ndivinamente tocado / se nos pon en plan artista, / empeza poloo telladim / a súa creadora obra, ( ¡  queda que manda.... carballo !./

                                                        CONCLUSIÓN

                             Fai máis dano unha burrada / que de zorza unha empanada,/ 

Ilustracións:  Fico abraiada,.   ¡ Señor, señor !.- ¡ Vaia gaita !.- " Yo nací en la ribera del Oribio arrullador, ¡ Árdelle o eixo, carballeira !" ¡ Hai que ver cada cousa !.  Río Sárria:  ¡ Que Santa  Lucía lles garde a vista !

*********************************************************************************** 

                                                            ESCENAS DE FAMILIA

Mesus  querdios fillos :  Aproveitando agora estas  horas  de esparcimento familiar, quero falarvos dalgunhas  cousas útiles e necesarias para o voso mellor futuro  e para que vos fagades merecentes  do aprecio da xente de ben.

Non  metades nunca o dedo no narís, iso está moi mal feito, non cuspades no chan, non arrotedes diante da xente,  iso é propio de porcos e malcriados, e sobor de todo  nunca faledes en galego.Iso évos unha perda de tempo  e amosariades unha prfunda incultura. ¿ Non vedes como a xente polid, estudiadaa e con cartos, verdadeiros triunfadores  na vida , non perde o tempo nesas filosofías ? ¿ NON VOS TEDES PRODECATADO  DE QUE O TELÉFONO , O FAX E ATA O VIDEO NON FUNCIONAN BEN CANDO SE FALA EN GALEGO E SOFREN ESTRANAS INTERFERENCIAS QUE INCIDEN NA SÚA REALIZACIÓN PRÁCTICA .

Nada de falar por teléfono, nada de usá-lo galego  no fax e nada de galegizá-lo video. Hai que ser uns nenos serios e  responsables.

Coidádevos  pois de que nin unha soa palabra  contamine e mingüe o voso intelecto, e a vosa boa crianza.

Falade, se queredes , inglés  a toda-las horas, que iso é o que se leva agora, que por algo é a lingua do futuro.

 Aquí me tedes a min de exemplo, que non sei inglés, e ben que me pesa, facede como eu fago, que deixo o galego para os rústicos, e teredé.la felicidade.Iso si, se hai que contar chistes, podedes facé.lo en galego , porque  aínda saen cunha certa gracia, Abonda que o fagades cada quince ou vinte días.

Se seguides os meus cosellos sereedes uns rapaces de proveito

Cando alguén (  un deses túzaros que aínda quedan por aí ) se dirixa a vós, decídelle con firmeza.... ¿ Por que non me fala en cristiano ?.

 En resume : seguide o meu exemplo.

Noutra velada segurirei  a darvos ensinos semellantes.... E agora calade  que vai sair " Cañita Brava " na primeira.

 ( Tomado e traducidon de : " Lecturas de proveito",.  Anacleto Vidal.1995 )

*********************************************************************************** 

¡ DE MOCA !.anuncios por palabras. Non pague cadela, aquí non custa,,,,,,

GALEGO CON PROBLEMAS DE LÍNGUA , BUSCA PROFESORA NATIVA, CON OPCIÓN A CASAMENTO  ( REF OO )

========================================================================== 

ORACIÓN A SAN XUDAS TADEO.-  Meu santo bvendito. gracias por terme concedido a gracia solciitada. Con todo penso que te pasaches un pouquiño. Eu pedinche un noivo; Déchesmo , Pedinche o de sacá.lo carné de  2ª  á primeira : e tamén concediches. Pediche  que a declaración da Facenda  saíse a devolver  :...... e mandáchesme  un inspector  con barba .  Tesme  un tanto encabuxada , mais malia  ese erro teu, segues  a sé-lo meu santo  preferido. Graciñas , eu perdónoche  o da inspección porque o noivo é xeitoso. AMÈN

=========================================================================== 

VACACIUÓNS EN CASA DE TURISMO RURAL.-  Outro xeito  de eliminá-lo stresss : Ofrezo en moi boas  condicións  cuarto en aluguer en auténtica casa de campo  galega.  Antes de se deitar  vosytede  terá que rendá-las patacas , cavar  na orta, limpá-lo cortello, munguí-las vacas , ir por toxo á bpouza, e algúns labores máis. Inreresados :  Chamen ó  982 / 111111. Non é coña, na casa facenmos  isto tódolos días  e durmimos  coma benditos.

********************************************************************************** 

                                               TOPO-NIMIAS

¡ OS " DE LA VEGA " !.- Non se trata , non, dunha orquestra festeira  que ande a animá-los vrtáns  da nosa comarca, En realidade trátase de respetables razóns  sociais  con facturación significativa, e que se adican entre  outras actividades , espontánea  e altruistamente, á recreación toponímica.

Non swe sabe se é que queren ser aínda máis  papista ca o papa, ou se trata de incapacidade  fonética para a diptongacioón en "ei", ou defecto conxénito  para uilizá.lo " X" , O que si é ben certo  é que sen encomendar  a ánima a Deus nen ao Diañ , e desde logo indo de xeito frontal  contra o contido da Lei de Normalización Lingüistica  (ANO 1982 ) poñen a pracer   " San Julián de la Vega" cando a Historia e a normativa  ó uso "SINALAN COMO ÚNICA FORMA VALEDEIRA"  a de "San Xulián da Veiga".

Claro que seguindo en plan orquestra, non dubidarán en seguir  co curso "natural" das cousas. 

¡ Un aplauso para n eles, que así se fai patria !.  E desde algún departamento do Concello tamén andan na mesma  orquestra.

                                                          ================= 

¡CASTROCÁN DA COTOP !.- Seguindo  coa súa axeitada creacióm de novas toponimias , cando se puxeron  os  novos letreiros  na estrada   de Samos , algún santo, casto e inspirado varón, non dubidou  en poñer CASTROCÁN  onde había que poñer CASTRONCÁN .  Ese Castroncán  que ven de Castro Uncani ( é decir Castro de Uncano )  viuse privado dun N, e aínda por máis hai un listo empresario  da localidade que no seu   automóbil  furgoneta recolle a animalada. Non é de extrañar  que en pouco  tempo  os de CASTRONCÁN  se poña fachendosos CASTROCÁN ,  e por iso, con visión de futuro, propoñemos  queb se diga en tódalas ocasións CASTROCÁN  DA COTOP ,poque de aí  saiu  o parto, e non hai dúbida de que merecen  premio os seus responsables.

Sigan así, que nuns cantos anos máis  calquera coincidencia coa realidade  vai sair publicada  na Enciclopedia  Británica . Poñan " Castrocán", ou se lles parece mellor " Castroperro de la Consejería " que é como máis apropiado  e queda como máis fino.

                                                          ===================== 

¿ PROPOSTA DE  INTERESE CULTURAL ?

¡ MÁIS   BAUTISMOS DA COTOP  E OUTROS BAUTISMADORES VARIOS !

*********************************************************************************** 

                                          NOVAS DOS FORNOS DE ATRÁS

 

A  PRIMEIRA  FESTA DA COSTELETA  

========================================================================== 

EDITA : GRUPO DE PRENSA.- EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA . CENTRO DE EPA. RÚA PEDRO SACO 4.- SÁRRIA.

=========================================================================== 

 

 

 

 

 

 

"... 

 

Comentarios

Publicacións populares