MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ, FILLO PREDILETO DE SÁRRIA ( 749 )

                              MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ, FILLO PREDILETO DE SÁRRIA  ( 749 )

 (   DOCUMENTO   Nº 1  ) NACEMENTO  DE MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ  ( 17 de maio de 1825 ) 

Oscar   González  Murado, Arquiveiro diocesano do  bispado de Lugo , CERTIFICO :

Que neste Arquivo Central Diocesán  de Lugo  está depositado  o LIBRO II DE BAUTISMOS  da Parroquia de Santa Mariña de Sárria , bispado e provincia de Lugo , e no folio oitenta e nove  volto ,   consta unha inscrición que copiada  literalmente di :

"  En dez e oito de Maio  de mil oitocentos e vinte e cinco D Cipriano Saavedra  Cura propio de Santa Mariña   da Vila de Sárria  bauticdi solemnemente  un neno que naceu  en  dezasete  do dito mes , fillo lexítimo de FRANCISCO LÓPEZ  e DOMINGA LÓPEZ . Avós paternos : Xosé López e Xoana Ribas , defuntos , veciños que foron  e aqueles son  da dita Santa Mariña . Maternos:   Lázaro López (  * )  e Rosa López, defuntos , veciños que foron de San Salvador da Pinza ; puxenlle nome MATÍAS  a quen advertín o paretesco espiritual e demías obrigas. E que conste como Cura  asinei  ( asinado e rubricado ). D. Cipriano Saavedra."

E para que conste  e surta os efectos oprtunos  Ceertifico. Lugo,  a 21 de decembro  de 2022.

Asinado : Oscar González Murado .-  Arquiveiro Diocesán.-  Asinado: Mario Vázquez Carballo.-  Vigairo Xeral.  Legalización : Lugo a 21 de decembro de 2022.

Hai un selo  que di :  Arquivo Diocesán. Bispado de Lugo. Outro selo di :  Bispado de Lugo.

                                                ..................................................... 

NOTA :  ( * )  Lázaro López non foi  pai de Dominga López e polo tanto tampouco foi avó de Matías López.  A referenza a que Lázaro López , falecido, era o avó materno do bautizado é err´nea. Este home casara  con Rosa López  que  en estado de solteira tivera  por filla  a Dominga López, tempo antes de  casar co viuvo  Lázaro.  O nome e persoalidade do avó materno, que non casou con  Rosa López , aparece na fe de bautismo  de Dominga López ( Marta  Dominga )  identificado como  Pedro López Rodríguez, do lugar da Pedreira, na parroquia de Santiago da Laxe , que non chegou a casar con Rosa López.

........................................................................................................................................................................ 

TESTAMENTO   NUNCUPATIVO   DE FRANCISCO LÓPEZ RIBAS ( PAI DE MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ ) DA FAMILIA MORENO, DE SÁRRIA. COÑECIDO COMO FRANCISCO   MORENO.

                                                               ( 4.08.1873 )

Na vila de Sárria   a vinte e catro  días do mes de Agosto , ano de mil oitocentos setenta e tres,

Perante min  don Xoán López Yáñez , Notario do Colexio da Audiencia da Coruña , veciño da dita  Vila , e   testemuñas  chamadas e rogadas , para este acto prsente .

FRANCISCO LÓPEZ RIVAS , natural e veciño de Santa Mariña da mesma, viuvo ,  en idase de oitenta anos , propietario que profesa  a relixión católica A postólica Romana  , fillo lexítimo de  Xosé López e   Xoana Rivas , defuntos,  ao que coñezo , estanbdo na súa propia casa , enfermo de gravidade , na que me constituin  en virtude de requerimento , e ao que achei  en san e cabal xuizo  con  aptitude legal para testar dixo : 

Que desexando  formalizar   a súa derradeira vontade , outorga o presente  Testamento nuncupativo  da maneira seguinte:

Declara que como  queda dito , é católio apostólico romano , que está bautizado  na parroquia de Santa Mariña  desta referida Vila  e cre e confesa , como fiel cristián  canto cre e confesa  a Igrexa , en cuxa  fe e crenza ten vivido  e protesta   vivir e morrer.

Pon por intercesora súa  á Raíña dos Anxos , nai de Deus , o Santo do seu nome , Anxo da Garda  e máis da Corte  Celestial , para que impetren  da súa divina Maxestade ,  e lle perdoe  as súas graves  culpas e  o leve á Gloria.

Baixo de tan poderosos auspicios  , encomenda a súa alma a Deus  Todopoderoso  e manda o corpo á terra  da que foi formado , deixando o seu enterro, funerais  e demais sufraxio  ao dispor do seu bon fillo  don Matías e da súa filla  Manuela que o efectuarán  do xeito posible.

Declara que  do seu matrimonio  coa defunta esposa DOMINGA LÓPEZ , tivo polos seus fillos lexítimos ao don MATÍAS , á MANUELA  e a XOANA e FERNANDO , estes dous defuntos  e aqueles acsados  , estando na súa compaña a Manuela  con XOSÉ VÁZQUEZ , que son quen , coa supeabundnate  axuda do don Matías , o coidaron, coidan  e gobernan , como bons e amantes fillos.

Declara qeu  os seus referidos fillos Manuela e o Xosé Vázquez  , o seu marido,  fixeron diferentes adquisicións   de bens urbáns e rústicos   e estan a facelas  debido todo ao seu traballo , industria e privacións ,   e por máis que el como pai  viva na compaña dos mesmos , ningunha participación lle cabe niso , nin no máis que adquiran , por ser  todo con caudal privativo  dos mesmos  , e que se aparta  dende logo  de toda participación  , por máis  que a lei lle dea dreito. pois, repite que todo  se debe á dita  filla súa Manuela  e ao Xosé Vázquez  o seu marido  en cuxo beneficio o    renuncia  con proibición  de que ninguén concepto nin prtesto , sexa cal for  o que se invoque.

Nomea  por cumpridor seu  albacea testamentario ao expresado  fillo  seu  don Matías , a súa filla Manuela  e ao marido desta  Xosé Vázquez  ne a cada un in solidum , e facúltaos  do modo máus amplo  e solemne  para a execución desta  derradeira deliberada disposición súa concedéndolles , ao intento o termo legal e poder bastante.

E polo presente institúe  e nomea por seus únicos e universais herdeiros , aos seus ditos fillos , e

Revoca toda outra disposición  para que só esta valla por derradeira  declarada vontade  que así outorga , neste  só acto  na presenza das ditas testemuñas  que a ouviron da súa voz, aos que eu coñezo  e son  don Antonio Macía Cedrón , don Laureano  Álvarez Pereira e don Antonio Rivas , desta  Vila, maiores de idade que manifestaron non ter excepción.

De todo isto , de que o testador expresa  aos efectos do selo, que non excede o valor do que se trata  deducidas cargas, de dous mil reais.

De todo o que , coñecemento das Testemuñas asinándoo un deles, por indisposición  e a nome do testador  e de que se conformaron por leitura íntegra que eu o notario  fixen  pola súa elección , despois de enterados  do dereito  que teñen  para lelo eles de por si mesmos  e de que o aproban  doy fe.

Testemuña  e a nome de Francisco López.-  Laureano Álva

rez Pereira.-  Antonio Ribas.- Antonio Macía Cedrón.-  Xoán  López Yáñez.

 

...................................................................................................................................................................... 

DEFUNCIÓN DE  DOMINGA  LÓPEZ,NAI DE MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ., FILLA DE MARIA ROSA LÓPEZ.

                                                            ( 3.09.1844 )

En tres de setembro   de mil oitocentos corenta e catro  faleceu DOMINGA LÓPEZ,  casada con FRANCISC0 LÓPEZ, administrada dos Santos de Sacramentos , veciña de Santa Mariña de Sárria.  Deixou por fillos   MATÍAS, FERNANDO , XOANA E MANUELA . Asistiron  aos seus   funerrais   oito curas  e foi enterrada no  cemiterio  desta vila. E para que conste  asinoo como cura ".Asinado:  Cipriano Saavedra"

Cando Dominga López morre o seu fillo Matías López e López  tiña  19 anos. Froito do seu matrimonio foron só catro fillos : Matías , Fernando,  Xoana e Manuela López López,

.................................................................................................................................................................... 

DEFUNCIÓN DE  FRANCISCO LÓPEZ RIVAS ( " MORENO" ), PAI DE MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ 

                                                     ( 1.09.1873 ) 

REXISTRO CIVIL DE SÁRRIA.-                        ACTA DE DEFUNCIÓN

Na vila de Sárria  ás doce da mañá do día dous de setembro  de mil oitocentos setenta e tres .Perante don Francisco  López de Rego , Xuiz Municipal  e don Pedro  Pereira, Segredario  suplente, por indisposición  do propietario , compareceu Don Xosé Vázquez, natural de San Pedro de Froián. deste concello, provincia de Lugo, maior de idade , casado, carpinteiro, e domiciliado  nesta vila , manifestando que D. FRANCISCO   LÓPEZ RIVAS , natural e domiciliado  nesta vila, parroquia de Santa Mariña , de noventa anos de idade,  viuvo,  labrego , faleceu  ás dez  da noite anterior  no seu referido domicilio  a consecuencia dunha consunción  de forzas, do que daba parte   en debida  forma  comoi xenro  do mesmo declarando  o que se expresará.

Na vista desta manifestación e da certificación facultativa  presentada  el dicho Señor Juez Municipal  dispuxo que se extenda  a presente acta  de inscrición   consinuándose nela o exposto polo declarante  en virtude das novas que se poideron  adquirir as circunstancias seguintes  :

Que el referido  finado estaba  viudo  en el acto del fallecimiento  de Dominga López, natural de San Salvador da Pinza  deste municipio, e domiciliado  no de aquel   onde faleceu ,  e tivo este matrimonio  catro fillos  chamados Don  MATÍAS, casado e MANUELA, tamén casada, que viven accidentalmente  nesta vila e FERNANDO e XOANA, defuntos.

Que era fillo lexítima de  XOSÉ LÓPEZ e de XOANA RIVAS , domiciliados  que estiveron nesta vila , defuntos.

Que outorgou  testamento  perante o Notario don Xoán López Yáñez no mes de agosto próximo pasado sen que recorde o día.

E que  ao seu  cadáver  daráselle  sepultura  no cemiterio  desta vila de Sárria. 

Foron  testemuñas presenciais  Don Antonio Rivas, natural domiciliado  en esta mencionada vila, maior de idade, viuvo, labrego, e don Xosé Goyanes , da mesma natureza  e domicilio  que o anterior , maior de idade  e xastre.

Lida integramente  esta acta ou convidadas  as persoas que deban suscribilas a que a leran por eles mesmos se así o crían convinte  estampouse nela o selo do Xulgado  municipal e asinárona  o Señor Xuiz,   declarante e as testemuñas e de todo como Segredario   certifico.

Francisco López de Rego.-Xosé Vázquez.- Antonio Ribas.- Xosé Goyanes.- Pedro Pereira.

                                                            ..................................

NOTA.-  Este documento proba totalmente  que os fillos do matrimonio   de Francisco López Rivas e Dominga López ( ou Marta Dominga ) foron só catro: 1.-  MATÍAS , aveciñado en Madrid. 2.- MANUELA, veciña de Sárria. 3.- FERNANDO, falecido antes do óbito do seu pai. 4,.-XOANA,  tamén falecida antes desa data.  

Carecen de fundamento as atribucións  da existenza doutros fillos . Nas certificacións dedefunción e vontade testamentaria  do pai queda  ben claro que foron só catro os fillos habidos,

................................................................................................................................................................... 

  DEFUNCIÓN DE  ( MARÍA)   ROSA LÓPEZ  NAI DE DOMINGA LÓPEZ, AVOA DE MATÍAS LÓPEZ  E  LÓPEZ, TAMÉN COÑECIDA COMO ROSA LOPEZ, NADA EN FONTE MAIOR ,          PARROQUIA DE  SAN SALVADOR DA PINZA,

                                               (  14,11..1837 ) 

" Ás nove da mañá do  día catorce do mes  de novembro, ano  de mil oitocentos trinta e sete , morreu na comuñón dos  fieis  e administrada dos Santos Sacramentos de Penitenza ,  Comuñón. Estrema Unción   e a aplicación  das indulxenzas pro  articulo mortis  MARIA ROSA LOPEZ  , de idade de oitenta anos incmpletos , por ser nada  en oito de febreiro de  do ano de mil setecentos  cincuenta e oito; viuva que fincou  de Lázaro López, pobre de solemnidade , de cuxo matrimonio non lles queda sucesión  algunha.  Déuselle sepultrura   ao seu cadáver  o día quince do referido  mes e ano, no adro da igrexa de San Salvador da Pinza . O seu irmán  Manuel López,  casado na casa e lugar de Fonte Maior , mandoulle decir dezaseis  Misas , inclusas as tres cantadas  , enterro, honras  e cabo de ano  , con catro reais de ofrenda  e un responso  todas as dominicas  durante un ano.  E que conste o certifico   e asino  día, mes e ano ut supra. Asinado e rubricado :  Francisco  Núñez de Presno".

Nota: ( María ) Rosa López morreu cando Matías López e López  tiña 12 anos. 

................................................................................................................................................................... 

            RECOÑECEMENTO   DAS ETAPAS MATRIMONIAIS DE  DE LÁZARO LÓPEZ  

Lázaro  López  casou de segundas nupcias con ( María )  Rosa  López, coa que non tivo fillos ni fillas,Sinalalo como " avó materno" de Matías López e López é un erro               

CASAMENTO  DE LÁZARO  LÓPEZ COA  SÚA PRIMEIRA MULLER  ANTONIA RODRÍGUEZ 

Arquivo DiocesáM-- Lugo. José Lebón Sánchez , Presbítero  e  Arquiveiro  do Bispado de Lugo

CERTIFICA :  Que neste Arquivo  Central   Parroquial Diocesán , está depositado un LIBRO DE MATRIMONIOS ,  libro Primeiro  da parroquia de San Salvador da Pinza , Diocese e Provincia de Lugo , e no folio 63 , hay unha partida  que copiada literalmete dí:

" O día de tres de novembro  do ano mil setecentos  setenta e nove , eu Juan Crisóstomo  Fernández e Pérez , cura de San Salvador da Pinza  e unidas de San Miguel de Viville  e Santa María de Velante , tendo precedido o disposto  polo Sagrado Concilio de Trento  e certificación de liberdade  de D. Pedro älvarez , Cura de San Pedro de Portomarín , asistín ao matrimonio  que celebraron LÁZARO LÓPEZ, fillo lexítimo de Domingos López , agora defunto, e  e María López, veciños do lugar de Viville e ANTONIA RODRÍGUEZ , viuva , que fincou  de Manuel Rivera, agora defunto ,  e veciños que foron do expresado San Pedro de Portomarín  ,  e actualmente veciña do lugar da Brea , freguesía da referida San Salvador da Pinza . Filla lexítima de Xoán López , defunto, e de Margarida  Rodríguez,  veciños de San Cristovo da Cervela , de quen foron testemuñas :  Domingos López, Xuiz do xa expresado San Miguel de Biville , e veciño do lugar de Lavandeira. Outro Domingos,  tamén López,  irmán do expresado Lázaro  e Francisco Díaz de la Iglesia , da referida de Pinza . E que conste asínoo , como cura,  o dia mes e ano ditos , Asinado e rubricado: Juan Crisóstomlo  Fernández e Paz..

Para que conste  e surta os efectos oportunos , expido o presente certificado  en Lugo a  vinte e seis do mes de abril  do ano dous mil dous.-

Vale.-Paz. rubricado.  José Lebón Sánchez.  Selo: Arquivo Diocesano. Obispado de Lugo.

...................................................................................................................................................................... 

SEGUNDO MATRIMONIO  DE  LÁZARO LÓPEZ  CON ROSA LÓPEZ ( DA PINZA )

( 14.10.1805 ).-   Arquivo Diocesá. Lugo.-  José Lebon Sánchez  , Presbítero e Arquiveiro  do Bispado de Lugo. CERTIFICA :  Que  neste Arquivo  Central Parroquial  Diocesán de Lugo   un LIBRO DE MATRIMONIOS   da parroquia de San Salvador da Pinza , Diocese e Prvincia de Lugo , e no folio 86  hai unha  partida que copiada literalmente  di:

"  No día  catorce   de outubro  de mil oitocentos cinco  , eu o infrascrito  cura   de San Salvador da Pinza,  Snta, Mª de Velante  e San Miguel de Viville,  anexos,  asistín ao  matrimonio e velacións , que segundo  disposición  da Santa Madre Igrexa  contraeron  LÁZARO LÓPEZ,  viuvo de Antonia López. fillo lexítimo  de Xoán e Ánxela López , veciños do lugar e freguesía de San Miguel de  Viville . E ROSA LÓPEZ, filla lexítima de  Xoán e Ánxela López, defunta ,  veciños da casa de Fonte Maior , freguesía da Pinza , Ambos dous contraintes   coas facultades e disposicións  que a Orde da  Súa Maxestade  dispón e consultaron , para o seu bon acerto, ao que foron testemuñas  Antonio e Pedro González  e Domingos Díaz , do lugar e freguesía de San Salvador da Pinza . E que conste asínoo  dia, mes e ano  ditos. Asinado e rubricado : Nicolás López. 

Para que conste  e surta os efectos oportunos , expido o presente certificado  en Lugo a vinte e seis   do mes de abril do ano dous mil dous.  José Lebón  Sánchez.-  Selo :   Archivo  Diocesano. Obispado de Lugo.

                                              ..................................................... 

Nota : ROSA   LÓPEZ , naceu o  8 .02. 1758 e cando casou con Láraro López ( 14.10.1805 )   tiña  47 anos 

Na  partida de defunción  de ( María ) Rosa López  consta literalmente " Viuva que fincou  de Lázaro López , pobre de solemnidade,  de cuxo matrimonio non lles quedou sucesión algunha".  Se non tivo fillos coa dita Rosa López mal puido ter netos.

.............................................................................................................................................................. 

 

Comentarios

Publicacións populares