SARRIA : ARRANXO PARROQUIAL DE 1889 ( 751 )

                     SÁRRIA : ARRANXO PARROQUIAL DE 1889                    ( 751 )

A Dioese de Lugo, tendo en conta  as evolucións poboacionais, nacemento de novos núcleos de poboación e motivacións pastorias  fixo unha forte reordenación dos alcipretados e das parrquias, con supresión e creación de freguesías,  agrupación de  lugares de xurisdición diferente e fixación de novas estremas.

 Por unha nota simple , tipo minita sen fixación de autoria coñecemos  as propostas iniciais referidas ao Alciprestado de Sárria. Eis  as propstas que primeiramente se estudaron :

 SUPRESIÓNS DE CURATOS E   IGREXAS QUE PERDEN A CONDICIÓN DE  PARROQUIAIS 

* Suprínmese  o CURATO DA CHANCA  que  será  anexo de San Pedro de Froián ; o de SAN XULIÁN DE FRADES  que o será de Santa María de Vilar.

*  Suprimiranse  igoalmente as IGREXAS  de SAN FIZ DE VILAPEDRE , anexo de Vilar  e a de SANTO ESTEVO DO MATO , anexo de San Martiño de Loureiro, quedando os seus fregueses agregados  ás súas respetcivas   principais, agás  a parte  do lugar de GUILLADE  que pertence a Vilapedre  que será de Arxemil ( tachado  Santa María de Ortoá .

                                FIXACIÓN DE ANEXOS DE PARROQUIAS PRINCIPAIS 

*  Elévase  a anexo de San Salvador de Sárria  a CAPELA DE SAN LÁZARO ( *  Esta proposta de facer unha parroquia nova cos terreos de Maside na marxe dereita do río Celeiro  non  se formalizou  e acabaron integrados en San Salvador da vila de Sárria, sendo proposta asumida  polo Concello a efects civís )

*  CASTELO DOS INFANTES será do Fontao.

*  SANTA MARÍA DE PACIOS de Froián ( O  Incio ) será de Loureiro ( de Froián ).

*  SANTA MARÍA DE ALBÁN será  de San Fiz de Reimóndez.

*  SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA será de Santa Mariña de Sárria.

*  SANTIAGO  DE FARBÁN será de San Salvador de Sárria.

*   SANTO ANTOLIN ( Santa Eufemia ) será de  San Pedro de Seteventos.

*  SAN MAMEDE DO CAMIÑO  será de Castelo ( dos Infantes ). Tachado. Calvor.

        LUGARES  E CASAS  QUE SE ADSCRIBEN A OUTRAS PARROQUIAS 

*  O lugar de FERRADAL  ( que era de Piñeira )  será  de Chorente.

*  O do ALVAREDO  até VILAR DE MARÍA , inclusives, será da Chanca ( poposta que non tivo plena  implantación ).

*   As Casas de TRIBUI E REFOXO ( que eran de Piñeira )  serán da Chanca.

*  O lugar da PENABOA en Ronfe ( Láncara ) será de  Vilafiz , Santa María ( O Páramo )

*  ( Os Barrios de ) SAN LÁZARO E A ESTACIÓN ( que eran de Maside ) serán de  SAN LÁZARO DE SÁRRIA ( esta proposta de creación dunha nova parroquia non chegou a materializarse ).

*  A parte da aldea da LAMARRIGUEIRA ( Farbán ) será de San Fiz de Reimóndez ( esta unión non chegou a se realizar ).

*  A CASA DE CASTRAGUDE  ( A Cervela-O Incio ) será de Nespereira ( Sárria )  ( esta proposta non tivo consolidación ). 

* A CASA DO CASTRO e a do BOSQUE ( de Vilar de Sárria ) serán de San Mamede do Camiño ( esta agregación non chegou a se dar ).

*  A(  CASA)  DA VEIGA DE ARRIBA ( en Maside-Sárria )  será de Farbán.

*  A (CASA ) DA PEDRAFITA ( en Santiago da Veiga-Sárria ) será de San Salvador de Larín ( Láncara )

*   A RÚA MAIOR ( Vila de Sárria )  até a Casa de Macía Cedrón , exclusive ,  será de San Salvador de Sárria.

*  O que pertence a SANTA MARIÑA  dende esta casa  a RIBELA , por unha parte  e á Casa de Don Xesús Somoza pola outra  será de San Salvador de Sárria (  esta estrema non se consolidou ).

*  A CASA DA VEIGUIÑA ( en Requeixo  ) será de San Salvador de Vilar de Sárria,

*  Por último  dividirá o Curato de MASIDE  do de SAN SALVADOR DE SÁRRIA  a PONTE CELEIRO  e a FÁBRICA DE TREILÁN ( Casa Sarry )   que será de San Salvador de Sárria.

                                            ************************* 

                       MODIFICACIÓN DA CATEGORÍA DE  PARROQUIAS 

Baixarán de categoría  á de Entrada :  Chorente e anexo ;  Corvelle e anexo ;  Goián e anexo ;  San Xoán de Muro; san Martiño do Río ;  Seteventos e anexo ;  San Vicenzo de Toldaos e anexos ;  A Veiga ( San Xulián ) e anexo ;  A Veiga ( Santiago ) e anexo . Pasa  a Rural de Primeira Clase   o de Santa María de Escoureda  e anexo.

                                           ************************ 

 

Comentarios

Publicacións populares