O CAMIÑO DE SANTIAGO DO CEBREIRO Á FONFRIA ( 752 )

 O  C AMIÑO DE SANTIAGO DO CEBREIRO Á FONFRÍA                   ( 752 )

CAMIÑO VIVO ( 1761 ) 

                                                                                                                      Xaime Félix López Arias

( Publicado en LIBREDÓN, Publicación da Asociación  Galega de Amigos do Camiño de Santiago,Nº 37. ANO 2023 ) 

A VILA DO CEBREIRO, a 1.300 metros de altitude, cabeza da xurisdición do seu nome  e principal porta do Reino de Galicia , en 1761 formaba parte da  freguesía do Hospital  da Nosa Señora do Cebreiro  e pola súa situación xogaba un importante  papel no Camiño de Santiago.sendo ademais lugar  de paso pata os camiñantes  que ían para a cidade de Lugo e máis adiante  collían os ramais  que saían de Padornelo ou de  Lamas de Viduedo  cara a Ponte de Carracedo, no río "da Neira"  e seguián ata a  Ponte de Lago no río " da Tórdea" e pasando por Marei  entraban en Lugo pola Porta de San Pedro.

A ñparroquia tiña  110 veinos ( familias ) que ocupaban  111 casas  , incluído o Mosteiro e Hospotal  de Peregrinos e todas eran casas  terreas e cobertas de palla ( " pallazas" ) agás a casa do Priorado.

A igerxa era coñecida  como SANTA MARÍA A REAL DO CEBREIRO e os relatorios  daqueñl tempo  falan  de que na vila  "Hai o Hospital da Nosa Señora  do Cebreiro no que se lles dá añloxamento, esmola e asistenza nas súas  enfermidades  a  todo peregrino  e a outros pobres que transitan ao Apóstolo Santiago, coas  rendas e desmos  da freguesía  e outras que ten o Hospital".

O  prioiro Manuel Ruiz e o monxe  Gaspar Quixano  ( O.S.B.) xunto co presbñitero  Xoán Antonio Núñez mantiñan  o culto no santuario   e nos seus anexos e capelas  . Os veciños pagaban por desmos   en cada un a no 1.800  reais   ( outros 200 eran para o escusado desmal  do Rei )     e polas primicias 450 reais   máis que eran   para a fábrica da igrexa . O Cabido de Santiago  por razón de Voto  obtiña   175 reais.

A veciñanza   estaba formada maiormente por labregos   e había cinco pobres  que vivían das esmolas que pedía.

Era Xustiza Ordinaria   Manuel Antonio Arias , o administrador da renda de tabacos   era Manuel Díaz , Xoán de Lamas   e Santiado de Aira exercían de xastres , Xoán Rodríguez era ferreiro   e había un tecelán  chamado Pedro Lindoso. Pedro  Carballo Rico  era mestre de  postas ( correo ). 

Na parroquia había  17 muiños   dunha soa roda  e tres  colmeas  , sometidas á voracidade   dos osos que eran  abondosos na serra.  Moitos adicábanse  a faceren madreñas   ou zocas.  As mulleres tecían  teas de lenzo  e estopa  e facían bolos de manteiga  e "queixos que levan   o afamado nome destas montañas".

O feito de estar a vila no cume e liña divisoria  bas bacías do Navia e o Valcarce , en paraxe sometida a ventos e neve  fixo xurdir unha serie de actividades    relacionadas co Camiño de Santiago  , e así achamos   un bon números de veciños   que ofrrecían   os seus servizos   a peregrinos e traxinantes   que por alí pasaban.

Antonio Núñez, de Pedrafita, era estanquilleiro  , taberneiro e arrieiro   con dous machos ; Bartolomeu  Núñez era tabernairo  , Xosé Santín tiña taberna , Manuel López era taberneiro   e arreaba un macho ; Manuel da Fonte Vedra , Pedro santín   e Carlos de Eira   eran taberneiros e   vendedores de carne; Xoán de Chao  era taberneiro e arrieiro  con dous machos; tamén eran arrieiros   Manuel García de Modreiro ( 1 macho ). Pedro Gallardo ( 2 machos ),  Antonio López ( 1 macho ) ,   Xosé Núñez  ( 4 machos ),ç e Xosé López Pacio ( 1 cabalo ).

A actividade  da arrearía , en competencia con   numerosos maragatos   que entraban a comerciar en alicia  , amosa un constante    e activo   e xunto co número de tabernas-.pousada  e vendedores- exportadores   de carnes  que no Cebreiro   había son mostra   de que o Camiño , como vía de entrada e saída do Reino    estaba vivo e ben vivo.

                                                 PARROQUIA DE SANTO ESTEVO DE LIÑARES       

Formaba parte  da Xurisdición  do Hospital  da Nosa Señora do Cebreiro  , a quen lle correspondía   o señorío territorial   exercido polo prioiro, monxe bieito,

Nesta freguesía , a histórica "  Linare de Rege " , había unha igrexa adicada a Santo Estevo  e a capela de San Roque era estremeira coa parroquia  de Hospital da Condesa.

A aldea de Liñares   e as súas  adxacentes  reunían un total de 27 veciños   que vivían en 27 casas , incluñida a do presbítero   Xoán López , nas que moraba un total  de 142 persoas.

A atención  espirtual da veciñanza   corría de  conta  do párraco  Manuel Díaz Quijada   e do prebítero   Xoán López " O Menor".

Os fregueses  pagábanlle   ao pàrraco  600 reais ao ano  e 80 reais  ao Hospital do Cebreiro  , por primicias   200 reais e   tres ferrados de pan centeo e polo Voto ao Apóstolo o Cabido de  Santiago  recibía  13 ferrados de pan.

 Había 3 muiños  e unha taberna rexentada  por Antonia López, O siseiro do viño era  Antonio de Aira de Zanfoga  e Antonio López  traballaba como arrieiro , traxinando cun só macho.

                          PARROQUIA DE  SAN XOÁN  DO HOSPITAL DA CONDESA

Formaba parte  da Xurisdición  do Hospital da Nosa Señora do Cebreiro  que exercía  señorío   riba da maior parte da freguesía  da man do prioiro  do Hospital do Cebreiro, agás o lugar do Temple  que era propiedades de Mauro de Armesto , veciño de Vilafranca do Bierzo.

O Camiño de Santiago  entraba  na parroquia despois de pasar a Capela de San Roque, e perto dela sinala a gtradiciñón a existencia dun muiño de vento. 

Na parroquia  había 33 veciños n tres deles de recente asento no kugar e 33 casas, incluida a do párraco, que era a única dun andar alto, nas que habitaban 141 persoas

Non había colmeas  e no paraxe do Batán había  dous muiños relos.

O Hospital que lle dera nome xa desaparecera  e para atención relixiosa había a igrexa de San Xoán, servida  polo párraco  Estevo de Armada

Había  unha taberna pertencente ao común  dos veciños  que a levaba arrendada Diego Galán, en renda de 199 reais 11 maravedís,

Había un estanquilleiro  do tabaco  que tamén era siseiro do viñom chamado Antonio López.

PARROQUIAS  DE SAN XOÁN DO PADORNELO E SANTA MARÍA MADALENA  DO POIO DE PADORNELO

Seguindo  polas abas  das montañas do Cebreiro  con augas vertentes  á cabeceira do río Navia  o Camiño entraba na parroquia de  Santa María Madalena   do Hospital de Padornelo  , onde chaman A Rasa,   e ao ppuco pasaba  á parroquia de San Xoán do Padornelo   que, xunto co Couto de  Val de Fariña, formaba parte  da Encomenda de Portomarín  da  Orde de San Xoán do Hospital de Xerusalén ( Orde de Malta )  , con outros coutos  pertencnetes  a Francisco Valcarce   ( de Monforte ),   Pedro López García (  de Triacastela )   e Rosa Saco Quiroga ( de A Coruña ).   

A  igrexa parroquial  e as casas do lugar  de Eirexe de Padronelo , estaban debtroi do  perñimetro   da parroquia de Poio de Padornelo , no Camiño Real de Castela  m e pola freguesía pasaba tamén   o Camiño da Antiga  , que ía cara Toldaos de Triacastela  , evocador   dunha vía romana secundaria  , que ía cara a cidasde de Lugo.  Un dos marcos delimitadores estaba no Marco da Taberna.

A freguesía contiña 20 casas  nas que vivián 146 almas  , e staba formada ademáis de Padornelo , por Pallarvello , A Porf´ñia, Sabugos   e o Couto de Val de Fariña., núcleos dos que estaba separado  o lugar cabneza da parroquia   por terras   pertencnetes ao do Poio. 

Beira do Camiño había   unha taberna   con estanquiño do  tabaco   , servida por Cristiña  Núñez.

 O treito   do Camiño  nesta parroquia   era moi curto , tendo en conta a situación de encravado  do lugar   da Eirexe de Padornelo  , separada   dos outros lugares que a conformaban.

No itinerario   de  Von Harff aparece citado  o " Hospital de Gundi"   que tendo en conta o vencello   deste territroio coa Orde Sanxoanista   aparece localizado en Padornelo , se ben no ano 1761  xa non se fai referenza a el.

A parroquia de SANTA MARÍA  MADALENA  DO POIO DE PADRORNELO,  hoxe desaparecida parroquia , estaba formada   polos lugares de Hospital,  Barxamaior,   Busnullán,   Mata,  Modereiro,   Pedrafita,   O Temple  e Vilarín. Pertencía   á Xurudición de Triacastela  , do    Marquesado de Sárrria,  da que eran señores territoriias os Condes de Lemos.

Reunía 30 casas   e 260 almas.

A igrexa de Santa María Madalena  estaba a ubns 190 metros   da igrexa da parroquia  de San Xoán de Padornelo , que , como se dixo,   era un encravado dentro da parroquia   do Poio .

Os veciños desta parroquia , por concesión  establecida polos Reis Católicos  , tiñan que adicar especial   atención   a que  o Camiño de Santiago estivese  franco  , mesmo en tempos de neves  , e tiñan que acoller nas súas casas aos camiñantes  e demáis pasaxeiros.

Tiña moita sona  a produción de queixo , que era unha das actividades   nas que se esforzaban  comerciando tamén  con carnes.  Esa terra de montaña permitía   o pastoreo e a caza    era abondosa   e como había osos   tamén había  ocasión de montear. 

As obrigas dos veciños   aparecen documentadas así :---"  e tamén disfrutan os ditos veciños   os dereitos de servizos   e extrairdinarios por concesión real , que teñen da Súa Maxestade POR ABRIREN O PORTO E CAMIÑO REAL  QUE DESTE REINO PASA AOS REINOS DE CASTELA  DAS NEVES  dende o sitio e  marco chamado da Rasa   até outro marco de pedra   que está na dita verea , chamado de Francome  , coa fin de que OS PEREGRINOS   E MÁIS PASAXEIROS O CRUCEN SEN RISCO  , e tamén por HOSPEDAREN   AOS DITOS PEREGRINOS NAS SÚAS CASAS  , de cuxos dereitos non saben   o seu importe , por non estaren de paga".

Eran pois todos eles  peóns camiñeiros   e correspondíalles manter  aberta a calzada  dende a estrema  de Hospital da Condesa  ( A Rasa ) á raia de San Xoán da Fonfrñia ( Francome ).

E engadían. " Noin teñen máis obriga  agás O ROMPIMENTO  DAS NEVES  NO MESMO PORTO E CAMIÑO, QUE DE XUSTIZA É  E DE DAREN  POUSADA AOS PEREGRINOS , están obrigados de facelo  para conservación e satisfacción do dito Real Privilkexio".

E tamñen : ".... Pagan sisa  de viño e sisa de carne.." ".... Os veciños tiñan obriga  do "RECOLLEMENTO  E ALOXAMENTO  E ALOXAMENTO  DOS PEREGRINOS  QUE TRANSITAN  AO APOSTÓLO SANTIAGO "...   E " non están en uso de pagamento POLO TRABALLO QUE SE LLES SEGUE  DE ABRIREN O PORTO  DAS NEVES PARA O TRÁNSITO  DE PASAXEIROS E PEREGRINOS  E HOSPEDALOS NAS SÚAS CASAS, tendo  por seu o dereito de arrendarem  as dúas tabernas".

Eran arrendatarios das ditas tabernas  en 1753 , Francisco López  Crelo e Domingos Carballo, que tamén era siseiro e arrieiro con dous machos. Atendían as tabernas  María Fernández  e María da Iglesia. Outro arrieiro,  Pedro Rodríguez, con dúas  cabalarías    comerciaba  en " viño e sal nos ribeiros"  e en 1761 levba a taberna do Poio  e as taberneiras   eran Xosefa Carballo   e María Peta.

No  lugar do Temple , que debeu ter  vencello nalgún tempo   con esa orde militar , había e hai , a capela da Nosa Señora das Neves , e pasado o Porto   houbo outra baixo a advocación de Santa Mariña,  da que gardan memoria os topónimos   Ermida  e Santa Mariña que, antes de chegar   ao Marco de Francomede , levan terreos dunha e   da outra beira.

Pola banda norte desta freguesía  pasaba o Camiño da Antiga   que pola Casa da Xancia   seguía cara Toldaos  na procura de Lugo polo Furrco e a Ponte de  Carracedo  no río Neira.

A distribución parroquial nesta   parte do Alcipretsado de   Triacastela  sufriu unha grande transformación   en 1891 , ano no que o bispo de Lugo   decretou a supresión  do curato de  San Xoán do Hospital  e anexo de Santa María Madalena   do Poio , que se agregou  á matriz   de San Xoán do Padornelo , suproimiuse a igrexa do anezo  e agregaron os fregueses   que existían nela á mesma de Padornelo.

Despois de facer ese arranxo a igrexa de Santa María Madalena quedou arruinada  e o que fora o seu soar  acolle agora . beira do  Camiño,  o cemiterio da " nova" parroquia do Padorne lo.

Esta freguesía  ten na actualidade  os lugares de  Busnullán, Lago , Mata, Modreiro, Padornelo, Pallarvello,  A Porfía, Sabugos , O Temple,  A Vilanova, Vilasol  e Vilaverde, procedentes de Padornelo  e da do Hospital do Poio de Padornelo, con perda de  outras  da contorna.

A apertura  da estrada de  Sárria  a Pedrafita do Cebreiro , comezada darredor de 1895 ,  cuxo remate se demorou  perto de sesenta anos, e que agora é chamada de Pedrafita  do Cebreiro a Vendas de Narón , permitiu un trazado  máis ou menos en paralelo  ao do antigo camiño das peregrinacións , sendo agora ruta moi seguida  , en especial polos ciclistas   que van cara Compostela. 

 ...................................................................................................................................................................  

  UN CAMIÑO , POLO ALTO DA SERRA, ABERTO TODO O ANO E SERVIDO POLOS LABREGOS

 As actividades  dos labregos e xentes dos oficios  levaron a Xosé Cornide   afirmase amosando  as boas condicións de vida  das que gozaban os veciños . " En todas elas  ( as aldeas do Cebreiro )  o xeito de vida e a industria  é, con curta diferencia , o mesmo que no alto da serra , e aínda que a primeira vista parecen os seus habitadores máis pobres , son os que mellor pasan de todo o reino , pois rara vez falla no pote  algún anaco de cecina  ou touciño  e sempre abonda de leite , manteiga e queixo".

 Como vía de penetración no Reino de Galicia  o Camiño de Santiago non esmorecera  naquel tempo  e era seguido por peregrinos, arrieiros, maragatos , tgraxinantes, soldados, aligados da seitura de Castela......o ... que achaban acoillida no Hospital do Cebreiro  e nas oito tabernas da freguesía , que tamém daban pousada  e o mesmo as tabernas de Liñares e Hospital da Condesa, 

Había  nesa terra  e en ben pequeno  treito un Hospital de Peregrinos   e dez pallozas onde comer, beber   e durmir , ali no alto  da serra e ese número é boa proba  de que a vella ruta das peregrinacións  estaba ben viva.

                            ESTACAS  NA SERRA AO LONGO DO CAMIÑO 

Os veciños  das freguesías do alto da serra  , onde o Camiño ía   por alturas superiores  aos 1.100 metros , tiñan a obriga de faceren soar  as campás das  igrexas (  6 dende  O Cebreio á Fonfría ) para  guiar aos camiñlante    e ademáis tiñan que manter   unha liñs de estacas   altas   ao longo da carreira e congostras   que o formaban   para que  ,  no tempo de grandes nevaradas ,  non  se desviasen  da ruta.

Os Reis Católcios ( Sabela de Castela e Fernando de Aragón )  concedéronlles aos veciños  algunhas exencións   para que cumprisen con esa obriga . Os veciños en tempo de inverno  tiñan algo de gaño cando  estando a terra coberta de neve, especialmente cando caía a retertoiro, os ían levando de aldea en aldea  por cotas máis  baixas   até poñelos no Cebreiro. A  ese labor e á estacada referiuse   en 1612 o coengo cordovñes Xoán de Aldrete  quen deixou escrito  "  Todo este camiño vai demarcado con piares de madeira   que o sinalan  , pero a guía non seguía  esa derrota  senón a que el  sabía   e sacounos ao máis alto do porto   onde estaba   unha cruz de pedra  , onde o  vento amosou toda a súa furia. De ali comezamos a baixar   e chegamos ao pobo do Cebreiro   que   é de monxes bieitos  e teñen nel un pequenl convento . Candlo chegamos a el  non vimos persoas  porque estaba todo o pobo pouco menos que sepultado  en neve " (  primeiros días do mes de marzo ).

Con relación ás casas " pallozas"   os elabradores dos censos   fixeron constar que non lles regulaban   utilidade económica ningunha   porque " os seus cimentos  duran pouco   e os teitos son de palla   e os feroce ventos estráganos   a cada paso   e os seus reparos custan moito".

Agás  en contadas ocasións, o Camiño de Santiago  entre Fillobal ( Triacastela ) e o Hospital do Cebreiro  ESTABA FRANCO TODO O ANO  e os  camiñantes achaban   nas súas aldeas  pousada   e guías  sabedores de atallos  e congostras  de mellores tránsitos  para que  nos días  da invernía  podesen seguir camiñando. 

 

                              

 

 

 

 

 

 

Comentarios

Publicacións populares