SÁRRIA: ESCONXUROS DO TRONO ( 785 )
SÁRRIA: ESCONXUROS DO TRONO ( 785 )
Entre as crenzas populares que xa son lembranza foi desaparecendo a da posibilidade de evitar desgrazas persoais, apedramento, caída de raios e choivas torboentas pregoadas polo trono.
ESCONXURO COMÚN.- Cando aparecía o trono todos botaban o coñecido prego que dicía " Santa Bárbara bendita / que no ceo estás escrita / con papel de auga bendita /, garda o pan e garda o viño / e ao home no camiño". De esa práctica xeralizada quedo tamén o refrán que di " Acordarse de Santa Bárbara cando trona".
AS CAMPAIÑAS DO TRONO.- Na espadana de moitas igrexas das freguesías da comarca na parte alta , nun pequeno vao, estaba posta unha campaína ou pequeno sino que cando aparecían as nubes mestas e as tronadelas eran tocadas na crenza de que o seu son faría que se desfixera o anunciado perigo.
CRUZ DO TRONO EN SAN SILVESTRE ( BARBADELO - SÁRRIA ) .- Enviada polo coengo , historiados e novelista santiagués Antonio López Ferreiro, aos seus parentes do lugar de San Silvestre, parroquia de Santiago de Barbadelo, que posta riba dun pau alto estivo moitos anos na croa do Castro de San Silvestre, e agora está chantada no terreo. ( No Boletín do Seminario de Estudos Sarriaos hai un artigo que conta a consecución da cruz ).
CRUZ DO TRONO NO MONTE DO PICO ( FERREIROS DE PARADELA ) .- Traída, segundo a crenza popular, dende Roma a onde fora en peregrinación un veciño de Santa María de Ferreiros, e que fora instalada no Monte do Pico riba dunha pedra chantada. A cruz está desaparecida.
O ESCUNXURO NO VAL DE LÓUZARA ( SAMOS ) .- No xuizo con xurado celebrado en Sárria pola morte do pàrroco de San Xoán de Lóuzara, o avogado madrileño que defendía ao autor do crime, sostivo que ese sacerdote " esixíalle un xamón ao cabeza de cada casa en cada un ano para escorrentar o trono".
PEDRAS DO RAIO OU AS PEDRAS DO TRONO.- En algunhas casas rurais conservaban as chanadas pedras do raio ou do trono que estimaban eran a punta dos raios que baixaba até a terra nos días de treboada. e que segundo crenza xeral servían para a curación de doenzas.
SEIXOS GRANDES PARA ESCORRENTAR O TRONO EN LEIRAS E CASAS .- É crenza xeralizada en toda a bisbarra que o seixo ten a propiedade de evitar a caída de pedra e raios , evitando os danos en casas e leiras, e así nas paredes das airas, nos tellados e nas paredes dos prediosde cultivo vense seixos, algúns de grande tamaño, postos na crenza de que protexerán as colleitas e as pèrsoas.
ESCONXURO EN CASTRO DO REI DE LEMOS E NORTE DO SAVIÑAO .- Unha informante de San Xoàn de Sobreda conta que cando aparecía unha forte tronadela había o costume de poñer un mantel no peitoril dunha fenestra da casa , un pan, un coitelo e un crucifixo, coa esperanza de que a treboada se desfixera e non causase danos nos lugares da contorna,
ANXOS CON ZOCOS.- Moita xente dicía que o trono era producido porque os anxos gastaban zocos ferrados.
PERSOAXES RELACIONADOS CO TRONO : Nubeiros-Tronantes-Tempestarios. Comandantes do Tronos eran os donos das tronadelas que en ocasións podían baixar dacabalo das chispas e aterrar nos campos, e mesmo había persoas que aseguraban ter ollado a súa figura no punto onde o raio caera,.
O PARARRAIOS DA TORRE DE SANTA MARIÑA.- Foi o primeiro instalado na vila de Sárria . O cable de baixada a terra permaneceu roto por decadas servido só para que os rapazolos fixesen prácticas de subida co apoio de mans e pés. Cando foi instalado o cable remataba no pozo da antiga Praza do Mercado.
***********************************************************************************
RITUAL PARA ESCONXURO DIRIXIDO POR UN SACERDOTE.-
Posúo unna copia dun Libro de Esconxuros , editado en Pamplona, destinado ao uso polos cregos cando eran requeridos para botar esconxuros contra tempestades , pragas varias, posesións polo demos e outros males.
O esconxuro seguía un ritual, de longa duración, na que con toda solemnidade se lian unha serie de imprecacións, textos tomados dos evanxellos e oracións varias, con aspersións de auga bendita coa axuda do hisopo introducido no caldeiriño sostido polo acólito que o acmpañaba na función
.................................................................................................................................................................
LIBRO DE CONXUROS CONTRA TEMPESTADES , CONTRA EIURUGA E ARAÑOLA , contra trasnos e bruxas, cointra peste e males contaxiosos , contra rabia , e contra endemoñados, contra aves , vermes , ratos, langostas e contra todos aqueles animais corrosivos que danan viñas, pans e ábores de calquera semente ; agora novemente enadidos Sacados de Misais, Manuais e Breviarios Romanos e da Sagrada Escritura, // Composto e ordeado , polo P.Fr. Diego de Céspedes Monxe Bernardo , Prioiro do Mosteiro Real da Nosa Señora a Branca de Marcilla , e Lector de Santa Teoloxía..
CON LICENZA
En Pamplona , pola herdeira de Carlos de Labayén, Ano de 1641.
.....................................................................................................................................................................
CONXUROS CONTRA TEMPESTADES , RAIOS , PEDRA, SARAIVA
O Sacerdote vestido de sobrepeliza e estola , con Cruz na man, con auga bendita . e un Acólito que lle responda, con contrición dos seus pecados, con viva fe, certa esperanz, e perfecta confianza na misericordia de Deus, con fortaleza, volto cara onde ven a tempestade , santiguándosew a si, e ao ar coa Santa Cruz , diga en alta voz:
" Per signum Crucis de iniunmicis nostris , liberanos Domine, Deus noster.In nomine Patris, er Filii et Espitus Sancti,Amen.
Credo in unum Deum...... etc, etc, Kyrie eleyson, Christo eleyson, Kyrie eleyson. Pater noster.
Auditorium nostrum in nomine Domine Qui fecit Coelum et terram...
( seguen as oracións e lecturas evanxñakiucas. sempre en latín )
............................
***********************************************************************************
FOLLA DE ESCONXURO
( Santiago : Imprenta da Viuva de Núñez Espinosa )
ESTA CRUZ COMPÚXOA O ANXÉLICO DOUTOR SAN TOMÉ DE AQUINO PARA SE DEFENDER DOS RAIOS, CENTELLAS E TEMPESTADES.
+ A Cruz é a quen sempre adoro. + CRUX EST QVAM SEMPER ADORO *
Ecce Crucem Domini /Fuite partes adversae Vicit Leo de Tribu Juda / Radit David ,Alleluya ,Alleluya
As palabras Ecce Crucem, & son prodixiosas contra todos maleficios : Raios, Bruxas e astucias dos Demoa, * Nomina Benedicta contra Maleficios e explicacion das letras desta Cruz * Oración na contra das Tempestades: Vade retro Satana / Nunquam Suadeas Mihi Vana / Sunt Mala , / Quae Libas. / Ipsum Venenum Bibas,/ Crux Sancta ,Sit Mihi Lux / Non Draco Sit Mihi Dux /........./ CHRISTUS REX VENIT IN PACE / Et Deus Homo factus est , / Verbum caro factus est./ CHRISTUS de Virginis natus est ./ Christus per medium illorum ius in pace / Christus crucifixus est, Christus mortus est,/ Christus sepultus est. Christus rexurrexit / Chistus ascendit. Christus imperat / Christus regnat , Christus ab omni malo et fulguro / nos defendat. Deus noviscum est.
Na parte nedia e alta hai unha cruz ootenzasa e á esquerda e dereita dela hai dúas lendas e a cruz ten o se corpo cheo de letras maiúsculas que conteñen palalras entre elas CRUX - CRUX DOMINI.- SALUS. , e nas lendas lese : + CRUX MIHI REFUGIUM + A Cruz é o meu refuxio + . + CRUX DOMINI MECUM + A Cruz sexa comigo *.
Centrada na parte baixa hai unha cruz latina que no seu interior contén letras maísculas: De arriba abaixo aparecen V R S + NOMEN V S M M Q L V B. No brazo esquerdo: + C.S. S M. L + No brazo dereito : N.D.S.M. D. +
**************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario