VICENZO PÁRAMO LOSADA : DO COMPROMISO Á MORTE INXUSTA ( 779 )
VICENZO PÀRAMO LOSADA ; DO COMPROMISO Á MORTE INXUSTA ( 779 )
Vicenzo Pàramo Losada, tratante e exportador de gado, e político republicán sarriao , membro da fsmilia Páramo de Vilamaior de Paradela ou da Lobataira ( Sárria ) , os Tambarría , foi o primeiro veciño do concello de Sárria que despois do inxusto e precipitado consello de guerra celebrado en Lugo , resultou condeado a morte baixo a acusación de "auxilio a rebelión " coa que os alzados en armas contra a República levaron adiante a eliminación das persoas que mantiveron a fidelidade á orde constitucional e procederon a defendela.
Xogou na súa contra , de modo fundamenalk, o feito de ser tío de Antonio Páramo Sánchez, o alcalde republicano de Sárria, que mantivo alzada en Sárria a bandeira republicana até a media nite do 20 de xullo de 1936, e que forzado a fuxir da vila , xunto con outros homes fkieis á República mantiveron publicamente o seu compromiso na parroquia de Castro do Rei de Lemos, até o día 29, data na que a acción combinada de forzas milirares e falanxistas os dispersaron entrando dende Vilamior polo norte e dende Rubián polo sur.
Na publicación LOITA , órgano do Centro Republicano de Sárria , Vicenzo Páramo Loaada publicara artigos nos que amosou a súa fideldiade aos principios republicáns e a súa forte oposiución aos ele,entos caciquís que enveleñabam a vida local e comarcal ..... Nunca llo perdoaron e, dalgunha maneira, esa exposición das súas ideas agravóu a persecución de que foi obxecto e que desembocou no seu pase polas armas no tapal do Ceiterio de Lugo,
REXISTRO CIVIL DE DEFUNCIÓN .- REXISTRO CIVIL DE LUGO.- DISTRITO DE LUGO
*******************************************************************************
( 3.09.1936 ) ACTA DE DEFUNCIÓN DE D.VICENZO PÁRAMO LOSADA
VICENZO PÁRAMO LOSADA.- Na cidade de Lugo, provincia de Lugo, ás doce horas do día tres de Setembro de mil novecentos trinta e seis perante D. Filipe Ferrnández Freire, Xuiz Municipal suplente e D. Félix Sáez e Sáenz bDíez, Segredario, procédes a inscribir ir a defunción de D. Vicenzo Páramo Losada, devcorenta e catro anos , natural de Santa María de Vilamaior Sárria, povincia de Lugo. fillo de D. Manuel e Dª María Xoana , domiciliadomen.... nº ...piso.....de poofesión comerciante e de estado casado , faleceu nesta cidade o día de hoxe ás seis e dous minutos , a consecuencia de......segundo resulta de certificación facultativa e recoñecemento practicado, e o seu cadavre haberá de recibir sepultura no Cemiterio desta capital Esta inscrición practícase en virtude de comunicación do Sr. Comandante Xuiz instritor D. Xosé Iglesias López que queda arquivado ( consignándose ademáis ).....sendo presenciado como testemuñas por D. Emilio Núñez Torrón e d. Anxo García, maiores de idad e veciños desta cidade. Lida esta acta, sélase co do Xulgado e asínanan o R. Xuiz , as testemuñas e o manifestante do que Filiope Fernández Freire.- Snxo García.- Emilio N. Torrón.- Anxo García.- Ilexible.-
***********************************************************************************
LOITA,. ANO I.- Redacción: Centro Republicano. Administració e correspondencia: Vicenzo Páramo. Aparece o 6 e 20 de cada mes. Prezo: 10 céntimos.
*********************************************************************************
SOBRE UN SOLTO DE " LA VOZ DE LA VERDAD".-
COMENTARIOS A COMENTARIOS
No número do día 11 de Abril corrente publica La Voz de la Verdad non facendo gala ao título de xornal , uns deliciosos comentarios ao frcasado mitín das damas na Agrupación Feminina Lucense.
Quen di, ou intenta decir o que quere- a punta a máxima - oe o que quere. E isto no caso de que fose excactas as queixas das cavernícolas señoras en tan cavernario diario.
Digo o anterior porque esas señoras non merecen calificativo máis axeitado e tratamos de afinarmos epítetos aínda que non deberiamos facelo pois non merecen tan tondo tratamento. Agás , claro é , dalgunhas señoras que alí foron e que nos consta a sinceridade das súas crenza relixuiosas. A esas señoras, que van sen saberen a onde as levan e aproveitándose para presentar batallas politicas a costa das súas crenzas sempre respectables, pedímoslles todo xénero de excusas ás nosas palabras se aa nosas palabras poden ofendelas xa que nós sabemos distinguir e apartar coa debida mesura ás culpables de tanta farsa e comparsa que a destempo, e cando ninguén as chama e as necesita para nada , tratan de mitinear cos seus ofuscados e laberínticos razoamentos en terra xa, por fortuna, pouco propicia á consecución deses sentimentos dabondo pasados de moda. Estas señoras con tortos fins de carácter político , ocultadas baixo a dupla máscara da bondade e da caridade , cansas de manexar nos tempos da monarquía o " enchufismo" máis desvergoñado , damas de " mírame e non me toques" que aída continúan , mais en debalo , empoleiradas en cargos públics ou manexándoos que é o mesmo, presentánose unha boa tarde en Samos cando nunca se lles ocurriu , en tempos que podían e debían de faceelo, visitaren escolas, darse conta da incultura ambiente , da insalubridade publica , etc. etc. e das mil circunstancias que, a unha persoa horada se lle ocurre facer consonte o está facendi a nosa consolidadísima República.
Xa é tarde , señoras da Agrupación Lucense para que saian vostedes en ridícula embaixada sen que as naturais e nobles paixóns da mocedade e non mocedade republicana se cruce de brazos para veren pasar , precisamente fronte aos seus lares, a tan inxuriosa e provocativa comparsa. Saiban que eses pobos e aldeas que agora tratan de visitar tiveron que labraren a pequena instrución que posúenna costa de sacrificios sobrehumáns ou protexidos por parentes que se lanzaban a America na percura do anaco de pan e a luz para a súa intelixenza que lles negaba a súa propia patria gobernada - ou desgobernada con máis propiedade - por xentes parecidas ás que hoxe verten averten a tristuta da súa bile en xorais de "voz" rouca e de "verdade" sospeitosa.
Falando das nenas " tongas" que con vostedes foron, todos coñecemos a súa sensibilidade e cultura e tememos sacar os pés das esporas , pois de seguro poderiamos irmos moi lonxe ao darmos rfesposta, punto por punto, á alarmista reseña do xornal lucense.
Quermos, porén, sinalarmos algunhas inexactitudes de 2La Voz de la Verdad " na dita nota. Di que esa protesta foi preparada de antemán co deliberado propósito de impedir a celebración do mitín. Nada máis lonxe da verdade,A protesta foi espontánea, totalmente espontánea,
Ás tres da tarde, cando as pías damas comezaron a súa acelerada. excursión petando de porta en porta co obxecto de facer medrar as súas fieiras, os elementos republicáns situáronse no lugar nomeado " Ciguñeira" , centro de coches de aluguer, co propósito de asistiren ao mitín e facerlle fronte , iso si, ás impertinenzas que, de sobra, sabiamos que iamos ouvir. Déronse vivas á República, á Liberdade e morras ao fascismo. Mais ninguén mencionou a Balbotín como di o teimudo xornal, Da mesma maneira , a idea de " tiralas ao rìo" naceu da mesma xente de Sárria e os elementos republicáns de Sárria impediron que se levase adiante idea tal que, ben ás claras amostra, as poucas simpatías que as ditas damas e señoritas teñen por aqueles e parecidos lugares.
E fumos testemuñas , ou fórono os que ali estiveron , das protestas daquela sinxela e humilde xente de Samos que vían trocadas en bondadosas e encopetadas señoras, cabaleiros e sacerdotes a individuos que, de ben antigo , coñecían pola fachenda, desleixamento ou indeferenza coa que, de antigo . os trataron.
Non qurremos por hoxe facer máis comentarios a tan pintoresco asunto. Queden para días sucesivos a continuación do noso parrafeo co público e teñan a seguridade as damas e damiñas aludidas de que estamos no noso perfeito dereito racional ao tratarmos de impedir sexa exercida coacción riba dos honrados campesiños por xentes en cuxos beizos o grito de ¡ Viva a Liberdade ! - que di que dero- é unha mofa á propia liberdade , á esencia mesma da República; eé aldraxe para os mártires que socombiron pelexando polos nobles ideais que nin esas damas entenden , nin saben, nin son aptas para compreedelos.
VICENZO PÁRAMO
***********************************************************************************
OS RESENTIDOS SEGUEN NAS SÚAS TRECE
Nas diversas pasaxes do discurso pronunciado polo Sr. Lerroux, o 19 último, na sesión de clausura da Asemblea do Grupo marítimo do Partido Radical non achamos, consecuentemente coa persoalidade do líder radical, senón esbardalladas no canto de razoamentos, Iso non sorprende porque coñecemos, consonte deixamos apuntado , ao Sr. Lerroux, De afirmacións contraditorias está cheo o seu historial politico.. Lembremos cando no ano 1908 e 1909 dicia, no Paralelo , que o automóbil era o veículo da morte, censurando gravemente a quen o usaba, e, igoalmente que a propiedade era un roubo e cousas semellantes.
¡ Como cambian os tempos !. Tampouco esquecemos , en data máis prósima , , cando no Concello de Barcelona era maioría radical , capitaneada por Lerroux e dirixida por Emiliano Iglesias e Pichy Pons . íntimos ambos dous do xefe radical e que aínda continúa séndoo.
Aqueles tempos , felices para don Alexandre, máis de decepción para o republicanismo honrado de España , dá tristura recordalo. Entón, os verdadeiros republicáns, sentían vergoña ao coñeceren os procedementos usados pola maioría republicana radical, no Concello de Barcelona, Neses tempos , chamarlle a un catalán concelleiro era considerado como o maior insulto.... ( preferible que se cubra con puntos suspensivos certos calificativos ), Naquela época a Casa Consistorial de Barcelona lonxe de ser unha casa como debía de ser, onde foran a traballar polos intereses do pobo , xentes dignas que laborasen con xustiza e democracia , era unha covacha - como decía Lerroux no seu discurso do 19 ao se referir malhumorado, a eminentes politicos actuais ´mais unha covacha de verdadeiros déspotas e outras cousas máis....
Non é do noso agrado traer a colación os xa falecidos , mais, como a cousa é oprtuna , tamér recordamos ao Sr. Lerroux o grande labor.... do seu íntimo amigo e mozo de estoque , que o mesmo dicí ser fillo adoptivo de don Alexandre, D. Ramón Olivelle quen foi segredario particular de Martínez Anido durante o mandato sanguinario , desempeñando o cargo de Gobernador civil de Barcelona.
Isto non o ignoran os cataláns e sabiamolo moitos cidadáns doutras rexións que tiñamos asuntos particulares na capital catalana e temos visto naquela época infame , que o amo do dito Goberno civil de Barcelona era o Sr. Olivellae.El ordeaba e dirixía e Martínez Anido, liando a manta na cabeza, executtaba,
Lerroux coñecia que Olivelle era o home de confianza de Anido e todo isto era co cosentimeto de Lerroux e, para demostralo máis nunca lle retirou a confianza a Olivelle, nin antes nin ddespois xa que Olivelle morreu sendo tenente de alcalde , da minorìa republicana radical de Lerroux.
Nos discursos e declaracións políticas de Lerroux vemos a petencia que ten de tomar as rednas do P; e Poder ; e , sabendo como sabemos, a historia do xefe radical , alarmámonos e nos encabuxa , en pleno réxime democrático, traten de asaltar o Poder os afiliados onde converxe toda a podremia do antigo réxime, E ocórresenos preguntar ¿ se estes senvergoñas se volven empleirar no Goberno, que ocorrerá en España ? Sen dúbida ningunha a resposta é doada ; tan só o caos poderá subsistir a tal estado de cousas.
VICENZO PÁRAMO
************************************************************************************
FARISEUS NA REPÚBLICA
Xa en anterior artigo , nos ocupabamos daqueles politicos que militan do en plan republicán perxudicaban a boa marcha do réxime ou, máis ben , tencionaban perxudicalo postas as súas miras ou as súas actividades, únicamente no seu logro persoal, Ë difícil , dende logo ,apartar dun xeito rotundo a estas xentes que van do brazo de arribistas.
O caciquismo , que podemos definir como abuso de tal poder público en proveito propio , e planta que nace moi doadamente e que convén cortala antes de que, co paso dos anos, se faga unha fortaleza poodeosa porque o caciquismo , tratando de ser mediador entre os altos poderes e as necesidades do pobo, é arma de dous gumes que perxudica e engana, igualmente aos de enriba e aos de abaixo.
Nós, no que se refire á política local coñecemos xente que o 25 de Xullo de 1924. case un ano trascorrido dende o advenimento funesto de Primo de Rivera. non achaba inconvinte , nas escolas públicas desta localidade e a efixie do ex.rei, que trataba de adornar o salón, en facer a apoloxía de tal persoaxe e en entoar o panexírico máis acabado en favor do perseguidor dos intelectuais españois, do famoso home do espadón que, se non chegou a ser sanguiñario como Machado , foi axfisiante e chumboso e puxo en xogo - como non podía menos de suceder - toda a súa teimuda bravura de espadachín.
Pois ben, eses individuos que, naquela data e moito antes, dicñin seren republicáns , son os que hoxe, ocupando cargos de importancia, non prestan - malia ao rótulo de republicanismo que ostentan - o mínimo apoio en contendas politicas nas que se ventilan , polo que a estes pobos se refire , unha liquidación de procedemenntos localistas que, para o noso ben, nada ou case nada afectan ao pulo ideolóxico dunha nación que, na súa forza crecente non lle importa nin un gran a rémora destes últimos baluartes do caciquismo,
As ditas persoas , que marchan segundoo vento que sopla , para as que o principio e a fin da súa sabedoría está en doblegaren o seu ánimo , murcho e feble, diante da autoritaria ollada vdun cacique non merecerían , decimos, máis ca un recordo , mestura de lástima e indiferenza, se as súas accións non afectasen, tan de perto, á vida pública local.
A nación, como indicamos, pode vivir tan a gusto a súa vida política prescindindo dos derradeiros redutos feudatarios, que queiran que non, teñen que ir ao compás da maioría.
Mais non hai que ser pesimist, aínda que con certa lentitude, . vaise infiltrando e déixase sentir en todos os lugares do territorio español malia as trabas que xente miope ou mal intencioada pon ao seu avance,
Recentemente o triunfo das forzas netamente republicás en pobos que viviron sempre acurralados polo artigo 29, de triste recordación, e, tamén no partido de Sárria. Temos chegado, podemos aseguralom ao principio da fin, ¿ Que importa que aínda alenten os vellos procedementos de gañaren vontades ou trocaren a ruta verdadeira dunha elección ?. Tamén a balea ou o tabeirón , feridos, lanzan coletazos , non por agúnicos menos terribles, mais, á fin e ao remate, termi<nan por feneceren a mas dos seus perseguidores,
O caciquismo ou o cacique , que é o mesmo, ten que se poñer, forzosamente en retirada. O bon suceso electoral de PARADELA en cuxa elección non obtén a tradición cciquil ¡ nin un conelleiro ! dos 14 que compoñen tal Concello confirman o noso aserto. En Samos e en Láncara , aínda que non de xeito tan decisivo, perde o cacique autoridade para manexar aqueles lugares ao seu antollo e ten que ceder ostos aos seus contrincantes,
Os Centros Republicáns van medrando, o ambiente politico da nación vai chegando aos últimos confíns do chan patrio e o campesiño comeza a compreender que lle asisten outros dereitos que se, como foi en tempos pasados e non lan lonxanos, unha especie de semi-salvaxe, fanatizado en terrible circo de vizo, el mesmo labrba as cadeas coas que, había estar suxeitado e parecidamente a tempos de Fernando VII, descoñecía o significado da liberdade, e vivís baixo o imperio dos seus férreos elos.
Coidense , pois, os que de republicáns presumen - e no seu foro interno non o son - de non veren espellismos no horizonte, xa que poidera moi ben acontecer que o que lles pareceu liso e chao, fose ao pouco tempo difícil e fragoso e, sen querer cecais, poidan veren trabados os dedos nese complicado xogo das dúas caras.
E por hoxe non queremos ser nin ser máis claros nin máis extensos.
VICENZO PÁRAMO
( lOITA . Num 7. 6 de maio de 1933 )
************************************************************************************
( André Páramo Losada )
CONSELLO DE GUERRA CELEBRADO EN LUGO CONTRA VICENZO PÁRAMO LOSADA E OUTOS, INSTRUIDO POR PROCEDEMENTO SUMARÍSIMO .
SENTENZA
Na Praza de Lugo a vinte e oito de Agosto de mil novecentos trinta e seis . Reunido o Consello de Guerra ordinario de Praza para ver e fallar a causa instruida por procedemento sumarísimo contra os paisáns Xulio Pàramo Sánchez, Vicenzo Páramo Losada,, Emilio Golás Rodríguez , Clodio Garrido Lafo e Manuel Montero Montero, dada conta da causa en Audiencia publica Ouvida a acusación Fiscal e a Defensa.
RESULTANDO: Que o día dezasete de Xullo de mil novecentos trinta e seis iniciouse, polo Exército de Marrocos un movemento Militar de carácter Nacional prontamente secundado poola case totalidade das garnicións daspraza da Península , o que deu lugar a que por parte das autoridades militares que dende o primeiro momentonao declarar o Estado de Guerra nos territorios das súas respectiva Xurisdición fixéronse cargo do mando e goberno lexítimo da Nación tivéronse que desenvolver operacións de Campaña para combatir a elementos facciosos que con armas na man se opoñían e de feito se opoñenaínda á consecución dos patrióticos fins do Exército.
RESULTANDO. Que polo que se refire á provincia deb Lugo ao igual que nas que constitúen o territorio da oitava división orgánica foi declarado o Estado de Guerra o día vinte de Xullo e que nela os elementos Marxistas que dende o día dezasete viñan preparándose a tal evento enfrontáronse coas tropas dificultando as súas operacións e hostilizándoas en distintas partes,
RESULTANDO : Que na Vila de Sárria a preparación dos elementos revolucionarios levouse a cabo e foi directamente ordeada polo Alcalde Don Antonio Páramo, hoxe en ignorado paradoiro, coa colaboración directa do seu irmán Don Xulio Pàramo Sánchez, e o tío de ambos dous Vicenzo Pàramo Losads, principalmnete este último, que gozaba sobre dos dous de grande ascendente.
RESULTANDO : Que a tal preparacoón consistiu como noutras partes na reunión de automobeis, armas e explosivos e formación de grupos armados que foron despois enviados a lugo ( capital ) para enfrontalos co Exército e nela interveu directamente o Vicenzo Páramo , que na tarde do día vinte foi visto chegar á casa Consistorial nun coche turismo no que e na compaña ....... A Pobra de SAn Xiao e a Monforte, para recibir ordes e poñerse en contacto co coñecido cabecilla daquela comarca Tizón Herreros, estando igualmente ambos dous procesados na casa Consistorial intervindo na construción de Bomas e outros elementos de combate,
RESULTANDO.- Que o Vicenzo Pársmo ven na mañá do vinte a Lugo a onde chegan tamén os grupos armados que dende Sárria se envían ao dispor do Gobernador e que o Xulio vai persoalmente na noite da dezanove ao vinte a Samos nunha Camioneta con xente armada a requisar explosivos acompañando ao seu irmán Antonio cando este á fronte dos grupos trasporta dinamita ao Concello de Sárria.
RESULTABDO: Que os procesados Emilio Golàs Rodríguex e Clodio Garrido Lago, Gardas Municipais de Sárris, forman parte deses grupos armados que chegan a Lugo na mañá do vinte de Xullo e fanse fortes no Hospital de Santa María até que as forzas da Garda Civil declarado xa o Estado de Guerra failles desaloxar o edificio e fai que fuxan e que o Emilio Golás intervén tamén por orde do Alcalde na requisa de armas e automoneis efectuda en Sárria o día anterior así como no trasporte da dinamita á Casa Consistorial.
RESULTANDO :
FALLAMOS : Que debemos condear e condeamos ao procesado Vicenzo Páramo Losada á Pena de Mortr e aos procesados Xulio Páramo Sánchez , Emilio Golás Rodríguez e Clodio Garrido Lago -a pena de Cadea Perpetua que levará consigo m como accesoria a interdición civil durante................ responsibilidades civís que esixir.
Asímesmo absolvemos ao procesado Manuel Montero Montero por concurrir ao seu favor a exención de responsabilidade criminal á que nos referimos no correspondante considerano.
Así pola nosa sentenza pronunciámolo, mandamos e asinamos.
...................................................................................................................................................................
a d
Comentarios
Publicar un comentario