SÁRRIA : OS MORTOS DA VALIÑA ( 1936 ) ( 780 )

                                  SÁRRIA: OS MORTOS DA VALIÑA ( 1936  )                 ( 780 ) 

                                                                                       Xaime Félix López Arias

Trinta e novre días despois da declaración do estado de guerra en lugo, por parte dos sublevados contra a Republica, cando xa en diversos puntos ían aparecendo  os corpos sen vida de cidadásn republicáns, recibiuse na vila de Sárria   a mala nova de que no Alto da Valiña  ( parroquia de San Pedro de Froián ) e na gavia da estrada de Nadela a Campos de Vila, foran descubetos os cadavres de tres homes descoñecidos,  na mañá do día 28 de setembro, mortos por disparos recibidos na cabeza.

E pasado un mes, o 28 de setembro,  apareceron outros tres homes mortos , á altura do quilómetros 30 da mesma estrada , na parroquia de San Fiz de Reimóndez. 

Os nomes e o lugar de residenza das infortunadas vítimas  acabaron sendo coñecidos  , resultando seren veciños de aldeas de Quiroga e Ribas de Sil,  que sendo detidos  por razón das súas ideas polticas foron " paseadas ,  e cecais  baixo pretexto do seu traslado ao Cárcere de Lugo,  en horas de alta noite  foron baixados dos autos onde os levaban grupos de falanxistas , que procederon a darlles morte   en paraxes isolados, lonxe de  núcleos habitados, e unha vez   levados adiante os crimes, seguros da súa total impunidade  os   salvaxes executores voltaron á base de onde procedías ( ¿ Quiroga ? ¿ Monforte ? )-

Estes actos de terror  causaron fonda impresión e medo , sendo recordados como arbitrarios , inxustos  e impropios de persoas  civilizadas.  Por décdas   as xentes da coamrca  falaban polo baixo dos " mortos da Valiña  ".  Non houbo actuacións xudiciais coas que se tratase de coñecer a autoría  desar mortes, levados adiante por una ou dúas das " Escuadras Negras "  que actuaban no sur da provincia de Lugo  e  que para reforzar a súa  impunidade  " mataban fora dos seus partidos xudiciais e nas altas horas da noite ".

                                          .................................................

Xa ben avanzado o período   democrático,  a primeira vez na que se  publicou    a identificación dos  quirogueses martirizados foi no BOLETÍN DO SEMINARIO DE ESTUDOS SARRIAOS, editado polo Cursso de  Historia Comarcal que se desenvolvía no Centro de Educación Permamente de Adultos , de Sárria, na Rúa Pedro Saco nº 4.

Hai un documento fotográfico no que aparece o cadavre dun dos " axusticiados  "  pola vía de feitos consumados , posto nunha escada, que sería a maneira de trasladalo ao cemiterio.

Andando o tempo, e coa decidida participación de André Páramo Casas,  entusiasta republicán sarriao,  c tivo lugar un acto de homenaxe, en San Pedro de Froián, á memoria dos falecidos no Alto da Valiña, que  contou coa participación dunha representación municipal do Concello de Ribas de Sil.  Unha placs  lembrando   sacrifiico  daqueles homes  desaparecios en plena xuventude  foi fixada no campo  de perto do Cnetro Social ( antiga escola ).

Esa placa , en acto incívico , foi retirada  por un persoaxe  da parroquia,  disconforme coa súa colocación. Recuperada  que foi  está agardado nova colocación , esta vez con maior aseguramento para evitar a súa profanación.

Por outra parte, no antigo cemiterio de San Fiz de Reimóndez  deberíase   poñer outra placa, esta  recollendo alembranza dos  "paseados asasiñados " á altura do quilómetro 30 da estrada de Nadela  a Campos da Vila ( agora coñecida como estrada de Monforte). 

                                        .................................................................

Para que sexan coñecidas as circunstancias persoais e como foron eliminados  aqueles cidadáns    vítimas da   intransixencia , a continuación recóllese o contdo das actas rexistrais obrante no Rexistro Civil de Sárria .

A desaparición  destes cidadáns  pode ser así coñecida . De outros " paseados"  non quedou memoria  ningunha porque nin xiquer forn obxecto de inscición  nin nos rexistros civís nin nos eclesiásticos. 

Do impacto  que na conciencia colectiva tiveron esas mortas, e na vertente puramente persoal  miñ, fala o feito de  que vindo a vivir a Sárria, procedente das terras de Manzaneda ( Ourense ) e recén cumpriods  os oitos anos, e alleo por  enteiro  xeográfiacomarcal, no ano 1958, e polos cmentarios de compañeiros da Escola Divino  Salvador, e da miñla idade, tiven coñecemento  de que " os falanxistas matara homes na Valiña", cando eu non sabía quen eran os falanxistas  e A Valiña era para min o nome dun punto do que eu  descoñecía situación e demáis circunstancias.

 

ACTAS DE DEFUNCIÓN OBRANTES NO REXISTRO CIVIL DE SÁRRIA  REFERIDAS AOS MORTOS  APARECIDS NO ALTO DA VALIÑA  VÍTIMAS QUE  FORON DE "PASEO" E EXECUCIÓNS  POR RAZÓN  DE REPRESALIAS POLÍTICAS

  

              A.-   MORTOS APARECIDOS  NO ALTO DA VALIÑA NUNHA GAVIA DA ESTRADA  DE NADELA A CAMPOS DA VILA QUE FORON ENTERRADOS NO CEMITEIRO DE  SAN PEDRO DE FROIÁN.

1.-   ( 22.08.1936).-  UN HOME DESCOÑECIDO (Rexistro Civil de Sárria,  Sección 3ª, Tomo 35 Páxina 95.

Na  vila de Sárria, ás dez e corenta minutos do día  vinte e catro de Setembro de miñl npvecentos  trinta e seis , perante D. Xosé Quiroga Vázquez . Xuiz Municipal e D- Xosé Rivas Viñas , Segredario suplente, procédese a inscribir  a defunción de UN SUXEITO DE PEL BRANCA  QUE VESTÍA  TRAXE AZUL como   de mahón , de camisa e calcetíns  azuis,  zapatos con sola de goma novos en cuxos petos  foi achada  unha cédula persoal  a nime de  XOSÉ CASAS MONTERO, de 20 anos , solteiro , habitante  en BARREIRO, municipio de RIBAS DE SIL ;  foi achado o seu cadavre no ALTO DA VALIÑA , o día vintedous de Agosto último  e faleceu  a consecuencia de " hemorraxia  cerebral producida  por proxectil de arma de fogo segundo resulta de comunicación do Sr, Xuiz de instrución deste partido e o seu cadavre  recibiu sepultura no Cemiterio de SAN PEDRO DE FROIÁN. Esta inscrición practícase  en virtude da comunicación expresada de data primeira do corrente, consinuándose ademais que se ignora se outorgou testamento, téndoa prsenciado  como testemuñas D. Anxo Torres Gallego  e D, Amador Caloto Iglesias, maiores de idade e veciños  desta vila e Vilar de Sárria respectivamente Lida esta acta sélase co do Xulhgad e asínaa o Sr. Xuiz e as testemuñas, que certifico.-  Xosé Quiroga.- Anxo Torres Gallego.-Amador Caloto.-  Xosé Rivas Viñas

************************************************************************************ 

2.- ( 22.08.1936 ).- BENIGNO MORILLO VIDAL (  NOCEDO-QUIROGA ) Rexistro Civil de Sárria. Sección 3ª, Tomo 35. Páxina 94.

Na vila de Sárria  , provincia de Lugo , ás dez e vite minutos do día  vinte e catro de Setembro de mil novecentos trinta e seis , perante D. Xosé Quiroga Vázquez, Xuiz Municipal  e D. Xosé Rivas Viñas, Segredario suplente, procédes a inscribir a defunción de D. BENIGNO  MORILLO VIDAL, de idade  de trinta e un anos, natural de Nocedo Quiroga ), provincia de Lugo, fillo de D. Xosé Bieito  e de Dores, profesi´ñon labrego, e de estado casado con María Martínez e deixa tres fillas chamadas Dores, Lucinda e Rosa ;  foi achado o seu cadavre no ALTO DA VALIÑA na mañá  do día vinte e dous de  Agosto último e faleceu a consecuencia de " hemorraxia cerebral  producida por proxectil de arma de fogo", segundo resulta comunicación  do Sr.  Xuiz de instrucción  deste partido  e o seu cadavre  recibiu sepultura no Cemiterio de SAN PEDRO DE FROIÁN . Esta inscrición practícaswe  en virtude da comunicación espresada data primeiro do corrente. ; consinuándose ademais que se ignora  se outorgou testamento, téndoo presenciado  como testemuñas  D. Anxo Torres Gallego e D. Amador Caloto Iglesias, maiores de idade e veciños desta vila e Vilar de Sárria respectivamente. Lida esta acta, sélase co do Xulgado e asínaa o Sr, Xuiz e as testemuñas.do que certifico - Xosé Quiroga.- Anxo Torres Gallego.- Amador Caloto.- Xosé Rivas Viñas

********************************************************************************* 

3 - ( 28.08.1936 ).-  MANUEL RODRÍGUEZ ARIAS (  PUMARES-RIBAS DE SIL ) Rexistro Civil de Sárri, Sección 3ª , Tomo 35, Páxina 93.

Na vila de Sárria, provincia de Lugo, ás dez e cinco minutos do día  vinte e catro de setembo  de mil novecentos trinta e seis , perante Xosé Quiroga Vázquez, Xuiz Munixipal e D. Xosé Rivas Viñas, Segredario  suplente,   procédese inscribir  a defunción de  D. MANUEL RODRÍGUEZ ARIAS, de idade  de vinte e seis anos, natural de PUMARES (RIBAS DE SIL ), provincia de Lugo, fillo  de Manuel e  de Concepción , domiciliado no dito punto, profesión  labrego e de estado solteiro , foi achado  o seu cadavre  no ALTO DA VALIÑA , na  mañá  do día vinte e dous  de Agosto último e faleceu a consecuencia  de " hemorraxia do Sr. Xuiz  producida por proxectil de arma de fogo" , segundo resulta  de comunicación do Sr. Xuiz  de instrucción deste partido e o seu cadavre  recibiu  sepultura  no Cemiterio  de  San Pedro de Froián . Esta  inscrición  practícase  en virtude  da comunicación  expresada de data primeiro do corrente; consinuándose  ademáis que  se ignora se outorgou testamento, tédoa presenciado  como testemuñas  D. Anxo Torres Gallego e D. Amador Caloto Iglesias, maiores de idade e veciños desta vila e de Vilar de Sárria respectivamentwe. Lida esta acta, sélase co do Xulgado e asínaa o Sr. Xuiz  e testemuñas, de que certifico.-  Xosé Quiroga.-  Anxo Torres Gallego.-  Amador Caloto.- Xosé Rivas Viñas.

************************************************************************************ 

************************************************************************************

B).- MORTOS  APARECIDOS NA GABIA DA ESTRADA  DE NADELA A CAMPOS DA VILA , NO SEU QUILÓMETRO 30, E FORON ENTERRADOS NO CEMITERIO DE SAN FIZ DE REIMÓNDE.Z 

4-  ( 28.09.1936 ).-UN SUXEITO DESCOÑECIDO, QUE RESULTARÍA SER  MANUEL PÉREZ PÉREZ CUXA MORTE FOI INSCRITA NO FOLIO 122 .- Rexistro Civil de Sárria, Sección 3ª, Tomo  35, Páxina 110..

Na vila de Sárria  , provincia de Lugo, ás catorce e trinta minutos do  día oito de Outubro  de mil novecentos trinta e seis, perante d. Xosé Quiroga Vázquez, Xuiz Municipal e D. Xosé Rivas Viñas, Segredario suplente, procédes  a inscribir  a defunción  de UN SUXEITO  descoñecido , de idade duns vinte e dousa anos, que vestía xersei de la gris, pantalón de pana castaño a raias, calcetíns gris azuados  e alparagatas  castañas  novas, tipo  moreno afeitado ; foi achado o seu cadavre no quilómetro  30 da estrada  de Nadela a Campos  de Vila o día vinte e oito de Setembro  último  gendo ocurrido a súa defunción a consecuencia de hemorraxia producida por proxectís de arma de fogo, segundo resulta de comunicación  do Sr, Xuiz de Instrucción  deste partido , e o seu cadavre  recibiu sepultura no Cemiterio de  REIMÓNDEZ, Esta inscrición pratícase  en virtude  da comunicación expresada data dous do corrente., consinuándose  ademáis que se ignora se outrogou testamento, téndoa presenciado  como testemuñas  D.Anxo Torres Gallego e D. Amador Caloto  Iglesias, maiores de idade e veciños desta vila e Vilar de Sárria  respectivamente.  Lida esta acta  , sélase co do Xulgado e asina o Sr. Xuiz, as testemuñas e o declarante  , de que certifico.- Xosé Quirga.- Anxo Torres Gallego.- Amador Caloto.-  Xosé Rivas Viñas

NOTA.- Ao folio  122 deste tomo practícase a partida de defunción  do suxeito ao que se refire esta inscrición  que resulta ser  MANUEL PÉREZ e PÉREZ.  E para que conste  e a efectos do artigo  83 da Lei de Rexistro Civil exténdese esta nota  que asina o Sr. Xuiz  e eu Segredario  certifico. Sárria, 19 de Outubro de  1936. O Xuiz Municipal : Xosé Quirga. O Segredaio :  Castor Fernández.

*********************************************************************************** 

 5.-  ( 28.09,1936 )  UN SUXEITO DESCOÑECIDO  QUE RESULTOU SER   DOMINGOS MARTÍNEZ NOGUEIRA (  PARADA SECA- 

QUIROGA )  Primeira inscrición. Rexistro Civil de Sárria,  Sección 3ª ,  Tomo  35 Páxina  111 ,

Na vila de Sárria, provincia de Lugo,  ás quince e cinco minutos  do día oito   de Outubro de mil novecentos trinta e seis, perante  D. Xosé Quiroga Vázquez, Xuiz Municipakl, e D.  Xosé Rivas Viñas, Segredario suplente, procédese a inscribir  a defunción  de  UN SUXEITO DESCOÑECIDO  de idade duns  18  ou vinte anos, que vestía  chaqueta  de pana castaña escura  mendado con pano azul,   pantalón  de pana castaño a raias  mendo , sen calcetíns , camisa gris  claro,  cinto de tea  coa  bandeira tricolar   e fivela  dourada e botas  de sola negras ; tipo  rubio  de pelo rizado ; fpi achado  o seu cadavre  no quilómeto 30  da estrada de Nadela a Campos da Vila, o día vinte e oito  de Setembro último  tendo ocurrido  a súa defunción  a consecuencia de " hemorraxia producida por proxectís  de arma de fogo, segundo resulta  de comunicaciñon  do Sr, Xuiz de instrucción  deste partido  e o seu cadavre   recibiu sepultura   no Cemiterio  da parroquia de Reimóndez,  consinuándose  ademáis  que se ignora se outorgou  testamento, téndoa presenciado  como testemuñas  D, Anxo Torres Gonález  e D. Amador Caloto Iglesias, , maiores de idade e veciños desta vila  e Vilar de Sárria respectivamente.. Lida esta acta , sélase co do Xulgado e asínaa o Sr. Xuiz  e as testemuñas, de que certifico. Xosé Quiroga.-  Anxo Torres Gallego.-  Amador Caloto.- Xosé Rivas Viñas. 

Nota.-Ao folio 170  deste Tomo practicouse  a partida de defunción  do suxeito ao que se refire esta inscrición  que resulta ser DOMINGOS MARTÍNEZ NOGUEIRA, natural e veciño  de Parada Seca- Quiroga,

E para que conste  e a efectos do artigo da Lei de Rexistro civil  exténdes esta nota que asina o Sr, Xuiz despois de selada e eu Segredario certifico. Sárria, dezaoito de Decembro  de mil novecentos trinta e seis. Xosé Quiroga.- O Segredaio:  Castor Fernández, 

                                         ............................................................... 

( 28.09.1936 ) INSCRICIÓN IDENTIFICADORA.-  DOMINGOS MARTÍNEZ NOGUEIRA  (  PARADA SECA - QUIROGA   . Rexistro Civil de Sárria ,  Sección 3ª, Tomo   35, Páxina 170.

Na vila de Sárria  , provincia de Lugo, ás dezaseis e dez minutos do día dezaoito de Decembro de mil novecentos trinta e seis, perante  D. Xosé Quiroga  Vázquez , Xuiz municipal,  e D. Castor Fernández López, Segredario, procédes  a inscribir a   defunción  de DOMINGOS  MARTÍNEZ NOGUEIRA , de idade de vinte e un anos , natural de Parada Seca ( Quiroga ) , provincia de Lugo, fillo de Faustino  e Elena, domiciliado no dito punto, profesión xornaleiro e de estado solteiro, Foi achado o seu cadavre  no quilómetro 30 da estrada de Nadela a Campos de Vila o dí vinte e oito de Setembro último , a consecuencia  de hemorraxia producida por proxectís de arma de fogo, segundo resulta de comunicación  do Sr. Xuiz  de instrución   deste partido  e o seu cadavre  recibiu sepultura no Cemiterio de REIMÓNDEZ . Esta inscrición practícase  en virtude da comunicación expresada , data vinte e oito de Novembro último, consnuándose  ademáis  que se ignora se outorgou testamento,  téndoa presenciado como testemuñas  d. Anxo  Torres Gallego  e D. Amador Caloto Iglesias, maiores de idade  e veciños  desta vila e Vilar de Sárria respectivamente, de que certifico. Xosé  Quiroga.  Anxo Torres Gallego.- Amador Caloto,. Castor Fernández,

*********************************************************************************** 

6.-  ( 28.09.1936 ).-   EMILIO RODRÍGUEZ  ( CASTRO DE ABAIXO .- RIBAS DE SIL ) 

Na vila de Sárria, provincia de Lugo, ás catorce e cinco minutos do día oito de Outubro de  mil novecentos trinta e seis , perante D. Xosé Quiroga Vázquez, Xuiz Municipal e D.  Xosé Rivas Viñas, Segredario suplente,  procédese a  inscribir a defunción de EMILIO RODSRÍGUEZ, sen segundo apelido, de idade duns 32 anos, natural de Castro de  Abaixo ( Ribas de Sil ) , provincia de Lugo, fillo de Margarida, domiciliado no dito punto, e de estado casado con Consuelo Rivera González e deixa dese matrimonio  catro fillos  chamados  Luis, Vicenzo, Raúl e Emilio . Foi achado o seu cadavre no quilómetro 30  da estrada de Nadela a Campos da Vila o día vinte e oito de Setembro último , tendo ocurrido  a súa defunción a consecuencia de " hemorraxia producida por proxectís de arma de fogo", segundo resulta de comunicación  do Sr, Xuiz de instrucción deste partido, e o seu cadavre  recibiu sepultura  no Cemiyerio da parroquia de REIMÖNDEZ. Esta inscrición practícase  en virtude  da comunicación expresada de data dous do corrente, consinuándose   que se ignora  se outorgou  testamento, téndoa presenciado  como testemuñas  D. Angel Torres Gallego e D. Amador   Caloto Iglesias , mayores de idade  e veciños desta vila e Vilar de Sárria respectivamente. Lida esta acta, sélase co do Xulgado  e asínaa  o Sr. Xuiz e   testemuñas   de que certifico.-  Xosé  Quiroga.-  Anxo Torres Gallego.-  Amador Caloto,. Xosé Rivas  Viñas.

************************************************************************************* 

*********************************************************************************** 

Comentarios

Publicacións populares