SÁRRIA : OS FERNÁNDEZ DE MOURE ( 788 )
SÁRRIA : OS FERNÁNDEZ DE MOURE ( 788 )
Xaime Félix López Arias ( " Tesauro Sarriense"
GREGORIO FERNÁNDEZ DE MOURE.- Escribán de número na Vila de Sárria , do que se conservan protocolos no Arquivo Histórico Provincial de Lugo, doas anos 1578, 1586, 1592,1594 , 1599, 1601,1610, 1613.. e outros. * ( 7-01.1578 ) O crego de Santa Mariña de Sárria Xoán de Valecillo casou a Gregorio Fernández de Moure , escribán, con María Díaz, e xuntamente bautizoulles un fillom do que foron padriños Xoán López do Barrio e Leonor Salgada, sendo testemuñas Antonio Díeze Diego Fernández. * ( 14.04.1578 ) Tomou en arrendamento a Cortiña de San Lázaro, propiedade de Pedro Pardo de Ribadeneira, dono do Couto de San Vicenzo de Maside. ** ( 20.05.1596 ) Perante o escribán Xoán López comprou dúas fanegas de pan de renda hipotecadas riba das casas novas e alargos de Domingos López e Clara López de Santalla de Arxemil.. ** ( 12.03.1590 ) Vendeulle en 220 reais renda a Cristovo Pizarro , que a recibe "para o Hospital que don Dinís de Castro e Portugal , que sexa en Gloria, mandou facer nesta Vila de Sárria e na colación de San Salvador da dita Vila e consonte coa cláusula do seu testamento co que morreu".* ( 2.03.1603 ) Recibiu por foro perpetuo do prioiro do Mosteiro da Madalena de Sárria , Felipe de Palacios, a Casa e Souto de San Fiz de Reimóndez que a traía Xoán de Outeiro de Callás, un anaco de devesa no Morelle en San Xulián da Veiga que a levaba Inés Calva , anexa aos lugares de Lezoce e a Leira do Morelle , todo en renda de unha fanega de trigo posta en San Fiz . Levaba tamén por foro do Convento de Agostiños de Sárria os lugares de Lezoce. Tamén tiña por foro bens en Vilasante do Camiño, na parroquia de San Martiño do Fontao.
Presenza de Gregorio Fernández de Moure en documentos
( Sárria, 21.01. 1589 ).- Inés Capoa, viuva de Diego Vázquez , e o seu fillo Sebastián Vázque, xunto con María Fernñandez, apoderada do seu marido Bartolomeu Vázquez, venden a Cristovo Pizarro , crego de San Salvador de Sárria e San Salvador de Vilar de Sárria , en nome de Bernardo de Torres , que a comprpu para o Hospital que mandou facer don Dinis de Castro e Portugal, a renda de seis fanegas de centeo.
DIEGO FERNÁNDEZ DE MOURE.- Escribán da Vila de S
árris con referenzas en protocolos de 1631, 1637 e outros, conservados no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.* En 1629 comproulle a Pedro de Folgar Vaamonde e María Sánchez da Somoza a terza parte da Viña do Valdouro, de vinte cavaduras, np Couto de San Xulián de Tor , en Lemos. * En 10.04.1634 comproulle a Xoán de Losada Cadórniga dúas sortes de viña de tres cavaduras no Agro do Valdouro. * En 2.06.1637 vendeulle a Alonso López de Saavedra 16 reais e 3 cuartillos de censo redimible de 338 reais , hipotecando para a súa seguranza o lugar de Bartolomeu da Rañoá en San Fiz de Reimóndez , o lugar de Vilasante no que vivía Pedro de Lousado e o lugar de Vilariño.
ALONSO FERNÁNDEZ DE MOURE.-
*********************************************************************************
MEMBROS DA FAMILIA FERNÁNDEZ DE MOURE BAUTIZADOS EN SANTA MARIÑA DE SÁRRIA.
AGUSTINA FERNÁNDEZ DE MOURE GONZÁLEZ .-
CATARINA FERNÁNDEZ DE MOURE. GONZÁLEZ .-
MARÍA FERNÁNDEZ DE MOURE GONZÁLEZ .-
XOAQUINA FERNÁNDEZ DE MOURE.-
Comentarios
Publicar un comentario