SÁRRIA : NOVO SANTORAL DO POBO ( 782 )

                                                             NOVO SANTORAL  DO POBO                  (782 )

                                                                                  I

                                                                    SAN BANDULLO

                                                                                                        XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS 

A crecente secularización da nosa sociedade , á que tantas veces  aluden cartas pastorais  de  acó e de aló , vai minando a e procil equelas inocentes romarías con baile agarradiño , esmolas para o "santo" ( e comisión para o sancristán ) , venda ao miudo de velas ou candeas con entrada por unha porta e saída pola outra, confesión xeral e procisión  darredor da capela, billetes no manto da santa   e nenas bonitas levando  unha ducia de roscas  na man 

Eses  xeitos van xa esmorecidos , porque eran  romaxe de aldea, onde o sacrificio  de teren que ir andando  varias légoas, daba lugar a unha pequena merenda reaparadora de forzas, que se levaba nunha carabela  de vimbio ,,, e todo remataba  cando a noite caía. Había moito de rezar , algo de papar e  pouco de bailar , e ás veces dores e bágoas a nove meses vista

Hoxe as forzas vivas dos concellos galegos deixaron  por trasnoitados  os eventos lúdico-relixiosos ( que a tanta teimas entre cregos  e  ramistas teñen dado lugar )  , para ao amor  do orzamento  e da subvención , artellar a nova devoción   SAN BANDULLO  , que até as festas de vilas e cidades  están de capa caída.

Nestes intres nos que a espiritoalidade occidenta1  coxea, como auga de maio chegou para todos nós o redentor exemplo de SAN BANDULLO .

¿ E quen foi San Bandullo  ?. En realidade evos santo vello  de devoción nova. Santo pousón e caladiño  que ninguén o subiu aos altares , e que, emporiso  estaba como quente remol gardadiño nos miolos e nos corazóns  desta e  das anteriores xerazóns. 

San Bandullo é  santo noso, santo enxebre, cos pés ben postos na terra,  e que soubo agardar a súa hora.... ¡ Eis o triunfo do ben nado e mellor louvado San Bandullo !.

Nos aspectos teolóxico  non entramos  porque todo o relacionado  con el é un misterio,  ben máis prfundo ca o da Santísima Trindade, xa que San Bandullo é polifacético , polidiversificado e poliédrico..

San Bandullo é hoxe  xeralizada devoción dos galegos, e dos sarriaos en particular, e segundo  as localidades e comarcas , ten varios nomes, e no seu louoor  deses nomes faise a correspondnete Festa Feira: Lamprea, Cocido, Grelo  , Carnerio ao Espeto,  Trota ,Porco Celta, Tenreira Galega, Longueirón, Marisco... son algunhas das advocacións  baixo das que se agocha   unha mesma devoción. 

Co pretexto de fomentar o turismo , ao longo do ano,  SAN BANDULLO  e baixado das andias  en centos e centos de ocasións , sendo obxecto de  veneración en rúas, prazas,,  restaurantes, carballeiras  , encoros e praias .... nun democrático  estouro de fraternidade  compartida darredor  de mesas de degustación  ( As veces, poucas, até de moca se poden alcanzar beneficios do santo )  e en banquetes de sete estalos , aos que só chegan os eleitos  do Olimpo rexional..provincial, onde se saborean  trasmutadas en materia culinaria as virtudes do santño , entre xeralizado consumo  de augas mireais  e chupetiños dixestivos, que a devoción  xeralizada págase  con ardores nas tripas,

Fermosos  carteis,  dípticos, tríticos , cinceiros, barallas, chisqueiros  conmemorativos, chaveiros, rifas e toda  unha parafernalia  de obxectos de promoción , levan dentro deles  o prebe da farra , o sal da vida e os zumes gástricos  das multitudes e.... até o ano seguinte, que a vida é breve e o colesterol é sinal de identidade e autodeterminación.

Iso sí, o sermón tradicional foi sustituido por un pregón no que SAN BANDULLO , baixo a forma de Grelo  ou do que cadre, é louvado por calquera fillo predileto da localidade , ou por calquera home ou muller   de presente ou futuro político, munguidores a quen  se lles dá un galano de prta ou unha peza de Sargadelos, para que manden un Instituto novo, ou os cartos  para arranxar a praza , ou para facer un pavillón  deprtivo , segundo ao caso sexa, que xa se sabe que estómago agradecido é sinónimo de corazón xeneroso.

As misas  deron paso ás mesas, máis ou menor limpas , por onde vaiaxan sardiñas, nécoras, zorza, queixo de tetiña  ou do Cebreiro  , callos e longueiróns, berzas  e ameixas bicudas, ou calquera outra  das marabillosas  materializacións de SAN BANDULLO ; mesas darredor das que  unha ou varias multitudes  enfervecidas  ( pode haber varias programacións   ao longo do día ) , e de bon apetito,  danlle ao dente  con grande ledicia e aplicación. 

Os xornais sempre din  que a celebración é un grande suceso , xa que or organizadores teñen bon coidado  de reservaren mesas  para a prensa,  a radio e a televisión , e iso fai gañar  moitas indulxenzas , e falan varios días de milleiros de almas   como quen apaña coaños nun eirado.

A misa maior  das romarías ten  correspondencia agora  coa anunciada presenza  dalgún  alto cargo que quere comprobar " in situ"  que SAN  BANDULLO  ten siareiros  de seu e aproveita  a ocasión  para que o vexan en vivo e en directo , e para chupar cámara, en especial cando se  anda en periodos preelectorias ou electorais, que o segundo  de publicidade  televisiva  de moca hai que aproveitala , e hai que pensar no futuro  da prole e das adheeencias.

Despois do café, chupitos e copas  hai tamén algún premio  para os fabricantes da materia  prima   baixo a que se presenta  SAN BANDULLO ( isto  ás veces suprímeno   porque hai moitos piques ....que todos queren levar o primeiro premio ) , e ao remate  faise o balanzo do que resulta  que non hai mellores grelos   ca os nosos , nen mellor longueirón  ca os longueiróns de Areamensa , nen mellor queixo de tetiña ca o de Serrapedrosa.

Reafirmados  todos nos nosos valores tradiicionais, somos sabedores de que para o ano vindeiro , San Bandullo vai ter un novo triunfo e novos adeptos,  pois en calquera esquecido  recuncho  vaise a producir o miragre  unha nova aparición do santo que lle diá a algún alcalde  descreído e que aínda anda nas berzas . " Quero que fagas unha Festa do Marmelo Picón , que hai que promocionar o  autóctono , borricán, que xa deixaches  escapara Festa da Androlla, e olla que che dixen  que eran ben mellores as vosas ca as de  Soutelo de Baixo. E de pentenza póñche que o Pr, quegón o botr o Subsegreadrio  de Fomento do Cultivo de Verme , que ten máis rollo que Calleja e  por riba é do sector crítico".

E o bon do  Alcalde ( a presunción de inocenza  non nos ten que levar a outras calificacións  ), tocado pola graza santificadora , traducirá en graxa   a súa actuación  e botará a andar   a maquinaria   politico-amigusita.  administrativa   e fará navcer unha tradición  con precedentes no Paleolitico Supeiror , segundo ha aformar  todo fachendoso o Sr.  Subseguedario  de Fomento do Cultivo de Vermes , íncola comarcano  e Fillo Adoptivo da Vila, dende que concedeu unha subvención extraordinaria   para limpeza de beirarrúas  e para alzar a feromsa escultura  , representativa da Mioca Viuva , chantada doante  das  portas da Casa do Concello , feita por un curmán   da súa forzosamente santa , sofrida e casta esposa  .

                   E para o  15 de marzo xa teremos a Festa do Marmelo Picón na honra de  SAN BANDULLO.

                                     E nestas andamos  , e ben que nos loce o pelo.

                                                         ¡  VIVA SAN BANDULLO !

   DÍAS DE CULTO:  Os de todo o ano.  Especialmente sábados e domingos

************************************************************************************ 

                                                             II

                                            SANTA PAPONCIA

Irmá xemelga de San Bandullo, SANTA PAPONCIA  corre parella con el  nas devocións populares , e non hai vila  ou parroquia  na que non se lle dea honra e culto, tanto nas festas de gardar como en calquera outra ocasión, que todas son boas para que os seus siareiros movan ritmicamente o queixelo (que é a maneira en como amosan a súa veneración ).

Os devotos de Santa Paponcia teñen un perfil ben diferente dos que seguen a San Bandullo, xa que os seus lugares de culto son máis discretos das grandes manifestacións, e dos actos multitudinarios.

As capelas e ermidas onde se lle da cuklto son os chamados churrascos, fondas, casas de comida, mesóns  e restaurantes, entre outras denominacións, e que se caracterizan pola xerarquización do rito, de xeito tal que segundo sexan as aportacións  en diñeiro así reparte Santa Paponcia os seus dons.

Iso non quere decir que non ache ocasións dun culto masificado como é o caso das feiras, ceas de empresa ou de amigos, vodas e bautismos, onde corren a fartar as  máis abondosas  viandas, que prometen as mellores benzóns , que se non toca pagar  teñen por riba indulxenza plenaria.

Santa Paponcia  ten como devotos  a xente pacífica , que levan con dignidade  a carga do colesterol  que como anexo  e pena  mortificante  soe mandar a santa , para que tamén   haxa un pouco de purgatorio , que non todo  vai ser  rir e fartar.

Un dos piores inimigos  que lle ten saído á nosa santiña  son moitos deses oficiantes  que se nomean voceios da " Nova Cociña" , que se adican á comida fotográfica , e os americantizantes  hamburguesistas  e kebaistas  pirateadores , que son outras tantas desviacións  heterodoxas  que queren que morra  o culto a Santa Paponcia , meténdonos  de cheo   en  devocións alleas,  entre tamén hai que incluir  as modas procedentes  das terras orientais do continente asiático..

Hoxe, pois,  o culto á máis venerada  das santas piopulares . por mor de herexías  que van xurdindo  cos  tempos novos,  está en grave perigo , e precisa dun amplo movemento de anovación e reformación  para que sen descoidar  os aspectos  económicos   que esta devoción encerra  se consiga que  , con pouco  sofrimento  para estómagos e carteiras , se popidan recibir  as enxebres dadivosas grazas  da santiña  e disfrutarmos   todos, moi beatíficamnte  , da mística   que xeneran empanada e polbo , churrasco   e chuletón  , vitela e xarda.....sen esquecer  a  a grande comuñón do persoal coas filloas,  freixós, leite fritido, bica  de Trives, torta de Santiago , arroz con leite , roscas, roscóns e rosquiñas  que santifican os padais dos devotos.... sen esquecermos   os ortodosos, e cada vez máis  escasos, consumidores de  filloas de sangue con azucre ou mel,  irreductibles   no gozo da beatitude no tempo das matalotas.

¡ Que Santa Paponcia  nos protexa fronte as pragas de hambuerguesas, " canciños quentes " e nos  reparta  os seus tradicionais dons , símbolo e realidade   de fartura , pois o que contan e o que nos dan  sexa  cal sexa a factura final !. Amen.

 Días  de culto a SANTA PAPONCIA :  Todos os do ano, e tamén o 29 de febreiro.  Días con indulxenza plenaria: 1 de xaneiro,  Día de Reis.,  semanas anteriores  ao Domingo de Entroido e Martes de Entroido, Día do Pai, Día da Nai, Domingo de Pascua,  festas  parroquias, festas de barrio e  patronais das vilas e cidades,  feiras   e mercados, magostos, matalotas,  Noiteboa, Nadal e Fin de Ano,..... e todos os demáis días nos que corpo e carteira aguanten.

************************************************************************************* 

                                                             III .-   SANTA BEBONCIA

                                                                                                   XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS 

Na súa mocidade SANTA BEBONCIA viviu no  deserto , beira dunha fonte amara, alimentándose de fíos de bacallau , todo iso por sacrifizo  e para facer méritos, que ela era de boa familia, dunha familia que nadaba en leite e mel, aínda  que para algún autor  o leite era de camela  e non de vaca , o que pode darlle explicación ao  seu debezo polo bacallau.

De tanhumidificar  a gorxa ta abundancia  de leite foi de onde lle veu unha grande fobia á auga, e así, cando volveu ao mundo civilizado  pasou a mollar a palleta  en vanto liquido achaba , agás leite e auga, e era quen de  lle humidificar a palleta  en auga de colonia, tamén por sacrificio, dando así evidentes mostras de que lle producía un estado de misticismo  moi elevado no que pasaba  días e horas  ausente das cousas deste mundo. 

Tiña, evidentemente, problemas  para conseguir os diferentes líquidos  elementos  cos que achar fartura o seu degoro espiritoal, e por iso matinou  en crear un circuito  de romaxes, algo así como unha Rota Místico- Etílica, para o que  convenceu a algúns alcaldes e viñoteiros da bis de que tendo agochados os  seus tesouros  en recónditas adegas nada ían  conseguiren, e que se facía necesario  levar a ambrosía dos deuses á xeralidade  dos mortais.

E tivo bon suceso  na súa predicaina , porque actuou  en dúas fronte  : Pola vía dos minoristas e venda ao miudo , creou unha mesta rede de tabernas, furanchos, cantinas, bares, cafetarías, adegas, bodegóns ....onde ofician  o copeo , e logo aplicando  unha polìtica de achegamento  ás grandes masas de poboación  fixo reañlidade  grandes  concentracións humanas , onde   despois de escoitar  o louvor  literario do pasto , os siareiros , no mellor dos casos , son quen de botar man de botellas de todas as formas e tamaños, a doce euros os tres cuartos, " que aínda así non compensa" , segundo todos os anos din os donos das adegas, que Santa Beboncia está a se converter  en santa para minorías pevistas de boas carteiras. 

As andanzas e miragres  de SANTA BEBONCIA  non foron  cousa dun día. O seu ardimento  fundador levouna a todas as ribeiras, sen deixar fora avesedos bretemosos  e carrionzas escuras, e o seu triunfo  chegou cando  o seu ensino a levou a fundar , baixo regulamentacións  específias, un orde  que institucionalizou  darredor dos chamados Consellos de Denominación de Orixe, que son quen expenden a  bulda acreditativa  das bondades das grazas dispensados.

 Iso trouxo que, deixando á beira o mercantilismo  que de polo medio anda, o que nalgún tempo poderñia semellar  un culto masificado, sufrise unha forte contracoón, vía prezod, de xeito tal que agora a certificación acreditativa  da calidade dos caldos  sae por un ollo da cara, e que as adegas silandeiras, onde os viños achaban acougo    a carón do xamón de porco pendurado dunha trabe , vaian esnorecendo, sustituidas   por  asépticos templos cooperativos , onde entran uvas  polo portón grande  e dín que despois sae viño por un tubo.

É ben sabido  que estas desviacións  sempre se producen,  mais con todo a devoción a Santa Beboncia , malia  ás transformacións de culto que anda a sofrer , segue en pé.

O que está a suceder  é  que as libacións   rituais,  outrora en forma de chanqueiro , neto e chisca , van dando paso  a novos usos  e costumes , é baixo advocacións  foráneas  as dadivosas  aportacións dos fieis , converidas en divisas estranxeiras  foxen dos noso lares, traendo o  abalo  dos cultos  locais.

Con todo , en cada primavera , un exército  de catadores , bebedores de gorra , rexedores e rexentes , moinante de pouco pelo , e excelentìsimos   señores que presumen  de padal prateado , andan a grolos con  cuncas e copos , no louvor e honra  da nosa  santiña.-

Mesmo ás veces , para dar proba  da cristiandade  do produto, algún  Concelleiro  de Cultura  subsistúe  por unhas  horas as augas do chafarís  vilego , por billas  que botan millo  matute  a cachón  e neses días as masas lembran os tempos nos que Santa Beboncia  facía gala de conciencia  democrático-popular  e daba  viño de balde ( cousa que, como é de supoñer , poucas veces pasaba ).

 E así por puro  sacrificio , no desexo de alcanzar alturas místicas  considerables  nas Feiras do Viño, nas Feiras da Augardente, nas Feiras do Tostado  e do Licor de Guindas, Santa Beboncia recibe culto de  duplo rito  e solemnidade  manifesta ,  e por simpatía, cando se honra, ben a San Bandullo, ben a Santa Paponcia , quí con rito ordinario  e sinxelo, tamén se lle bota  unha man oracional , porque "dar de beber ao sedento " foi lema asumido pola nosa santiña, e taberneiros , hostaleiros  e demais tropa  química e de empirismos  sintéticosm que todos eles ben saben  que das uvas tamén se fai viño  e andan a nos axudar  a que a nosa fe non esmoreza.

¡ E que  carafio !  ¿ A quen non lle gusta mollar a pallea ? 

                                           ............................................

Días  e horas de culto a SANTA BEBONCIA  : Todos os  do ano antes e despois  da parva, do almorzo, do taco, da xantar. da merenda, da cea e da sobrecea ( mentres o peto o permita )

************************************************************************************

                                  IV.- SAN TROCOCOVENTO

                                                                               XAIME FÉLIX  LÓPEZ ARIAS 

Este é  santo politico.  É decir  que goza de moita devoción entre os políticos , e entre os que, sen selo, se tiveran ocasión farían o mesmo  ca os políticos fan.

Segundo conta a tradición , SAN TROCOCOVENTO  naceu nunha pequena aldeiña  arredada das vías de  comunicación, alleo aos moitos perigos  do mundanal ruxir, e que na súa infancia  andivo a gardar o armentío  do Señor do lugar , que era un castrón de sete solas que empr4estaba cartos ao trinta por cento  e empreñaba mozas por patriotismo , quen polo seu traballo de pegureiro dáballe  catro patacos de soldada  e unhas presadas de castañas e  mazás  por todo alimento.  É dicir, que na súa infancia  nunca comeu quente , en non sendo  cando o amo lle quentaba as orellas por descoidar  a garda das arreses, suceso este que adoito se producía  tendo en conta a tendencia  a se asolagar  na meditación  trascendental  e no estudo das concomitancias pragmáticas dos entes metafísicos  transversais  riba dos penedos , ou da contumelia dos  elementos oníricos e as baleas dos  paraugas  empoleirada  en rexas ponlas de carballos centenarios , profundandp nestas  básicas cuestións : ¿ Quen son ? ¿ De onde veño ?. ¿ Para onde vou ?-

Á primeira pregnta podía darlle axiña resposta ; " Un ninguén "

Á segunda non precisaba  retorcer os miolos :  " Da casa.... e sen almorzo  "

Mais para a terceira había moitas posibles contestacións, resumidas  nunha . " Non para moi lonxe, que polo monte non ha estrada e o coche de liña   fica por tras das serras penedías. 

Como era un pouco tardón. o  taravelo do noso santo, que daquela non sabía que o era nin xiquer que transitaba cara a santidade por camiño frafodo , demorou un   certo tempo  en achae respostas  aos seus inquéritos,

TROQUIÑO ,  que dese  xeito o coñecía  todo o mundo , non tivo tempo nin vagar  para andar perdendo  horas nas escolas , mais de tanto falar e tanto afalar coas ovellas, e de tanti levalas arriba e abaixo, e  de tanto mandar  nos cans que para  garda de pècorasm, carneiros e años   tiña,   deu en alcanzar  grandes dotes otratorias, e el que era  quen de lles prometer  ás súas ovellas fontelas saudosas no mrdio dos penedos , ou herba verde  para pacicar  nos quentores  de agosto, coa mesma facildade  coa que  outros limpan os dentes con fías de seda natural. 

Hoxendía  SAN TROCOCOVENTO  , padroeiro maior do sindicato  de politicos  de medias ou longas guedellas , está presente  nas oracións e pregos de todos eles, 

 

 

 

 

 


 

Comentarios

Publicacións populares