PONTE DE SÁRRIA PONTE VELLA PONTE RIBEIRA ( 789 )
PONTE DE SARRIA- PONTE VELLA - PONTE RIBEIRA ( 789 )
A PONTE DE SÁRRIA , na vila de Sárria , situada no " Camiño de Santiago" , é de orixe medieval e foi obxecto de reformas e actuacións ao longo dos séculos é un ben patrimonial de singular importancia , xa que na súa construción a finais do século XII está a orixe da VILANOVA DE SÁRRIA como vila real baixo do patrocinio de Alfonso IX de León e Galicia , sendo lugar de paso para peregrinos,, "viatores" , traxinantes, correos , cabaleiros e camiñantes das máis variadas procedencias,
Ademais de ser chamada PONTE DE SÁRRIA foi chamada PONTE VELLA , sendo tamén acreedoras dese apelativo a PONTE VELLA DE VILAR DE SÁRRIA , na parroquia dese nome, e a PONTE VELLA DO MAZADOIRO, na parroquia de San Pedro de Maside. No século XIX xeralizouse a denominaciòn de A PONTE RIBEIRA, cecais por estar a carón da Fonte Ribeira, ou ben porque augas arriba dela o espazo era coñecido como " Ribeira dos Cucos" e augas abaixo era " Ribeira das Ameneirizas "-
Como A PONTE DE SÁRRIA é citada polo Padre Sarmiento cando camiño de Sorriba de Barbadelo pasou por ela na súa viaxe de Madrid a Pontevedra.
Está situada na parroquia de Santa Mariña de Sárria a carón das casas do barrio da Ponte , que eran do direito dominio do Arcediago de Sárria , dignidade da Catedral de Lugo , a carón da " Fonte da Ribeira", único manancial do que se surtían os vilegos até 1920 , Á súa beira estiveron a " Casa-Carnizaría ", macelo propiedade do Concello alzado en 1860 e o lavadoiro publico construido darredor de 1910.
Era propiedade da Xurisdición de Sárria e coidaba dela o Rexemento da Vila, que por concesión real cobraba o dereito de pontaxe , do que estaban exentos os peregrinos. e a xestión estaba arrendada a particulares. No século XIX os sucesivos Concellos Constitucionais adicaban en cada un ano fondos para o seu arranxo e conservación.
Propiedade actualmente do Concello de Sárria foi obxecto de alargamento en 1981 enadíndolle un corpo feito de formigón e de novo acondicionamento coa ocasión das obras de arranxo da rúa do Peregrino , realizándose obras de instalación de obras artísticas , da autoría da escultora María Carretero. promovidas pola Xunta de Galicia, destacada polo chamado " Monol.Hito" e a escultura " Homenaxe ao Peregrino".
Secular entrada , vindo de Leste , ao Burgo de Sárria, Vilanova de Sárria , A Pobra de Sárria e agora Vila de Sárria, nela tiveron comezo o Camiño de Sárria a Samos, o Camiño de Sárria ao Courel, o Camiño de Sárria a Triacastela ( Camiño de Santiago ) , o Camiño de Sárria ao Incio e o Camiño de Sárria a Monforte de Lemos por San Fiz de Reimóndez e Noceda.
Até o ano 1853 , coa chegada da estrada de Nadela a Valdeorras, pasada a Ponte Ribeira saían tres ramais, un deles en direción á Costa da Fonte e o Arrabaldo, outro pasando polo barrio da Pedreira e Os Esqueiredos seguía á Veiga do Pozo ( Veiga de Arriba ) e o terceiro , por Pacios de Casteledo e a Lama da Rigueira seguía cara Rubián. Os dous primeiros deses camiños foron eliminados e entremedias dos trazados suprimidos abriron unha nova vía coñecida como Corga da Fonte ou Corga da Ponte Ribeira, que coincide agora co primeiro treito da Rúa do Peregrino. E ademais a supresión do Matadoiro Municipal e obras de urnamización deron por resultado a peonilización da Ribeira dos Cucos até a Praia Fluvial do Chanto e ao nacemento do Paseo do Malecón do Río Sárria e da Rúa Celso Emilio Ferreiro, xunto coa nova ordeación espacial da antiga Fonte Ribeira.
REFERENZAS DOCUMENTAIS
1252
** O coengo lucense Martinus Lopi en escritura de 1252 vendeulle ao Cabido de Lugo entre outros bens os que tiña na Vilanova de Sárria e no seu alfoz e " a cuarta parte dos muiños da ponte ".
1627
** En 7 de setembro de 1627 a Xustiza e Rexemento da Vila toman a censo da Obra Pía don Hospitais de Santo Antón Abade e San Lázaro 500 reais", atendendo a que "a PONTE VELLA que está a carón desta dita Vila está para caer que ten as catro agullas dos catro arcos caídas e é necesario reparalas para que non caia a dita ponte, que sería grande daño e perxuizo a esta república e que ao non ter como non ten ao presente este concello diñeiros vencidos para reparala é necesario mentres van caíndo os propios e alcances que están feitos tomar diñeiro a censo para o dito reparo e así polo dito como por estar
concertada a dita obra con XOÁN DE LA VEGA en sesenta ducados , dende logo dixeron que no nome do dito concello vendían e daban en venda de censo redinible ao quitar ao dito Hospital da dita vila e p seu mordomo no seu nome que é ou o sexa 25 reais que o son por razón dos fitos 600 reais.... "
( No século XVII a Ponte de Sárria tiña só catro arcos).
1706
** En 20 de agosto de 1706 , sendo Correxedor e Alcalde Maior don Francisco Amtonio Saavedra e Figueroa , tomaron a censo do Hospital de Santo Antón 1.460 reais de veludo para axuda da mellora da portaxe , que quedara autorizada en 4 maravedís fronte ao mrdio maravedí anterior e que se cobrana nas catro pontes da vila ( Ponte de Sárria, Ponte de Vilar de Sárria, Ponte da Áspera e Ponte do Mazadoiro ).
1711
** En 1 de setembro de 1711 o Correxedor don Fadrique de Losada Ribadeneira manifesta :...." que por canto a Súa Maxestade que Deus garde e os SEñores do seu Real Consello de Castela foi servido conceder a esta Vila por finais do ano pasado de 1705 real previlexio para as PONTES DESTA VILA e oas súas agregadas cobrar unha portaxe de a catro maravedís por cabaleríam carro e galeira que que polas ditas pontes e o seu distrito pasase e ás persoas de comerzo e máis que se expresa na dita real cédula e que o produto da dita portaxe se convertise para os reparos das CATRO PONTES QUE ESTA VILA TEN NOS DOUS RÍOS QUE A CIRCUNDAN , fontes , empedrados e calzadas da dita vila , segundo tamén se expresa na dita real cédula, e por canto unha das ditas catro pontes e que se chama A PONTE VELLA fundada no río maior desta Vila, e útil e necesaria para o comerzo dela e para os correos de posta e máis comerciantes que pasan a SANTIAGO . Pontevedra e máis partes do Reino, áchase totalmente arruinada sen que por ela se poida andar por canto o arco principal da entrada desta Vila áchase caído o arco e bóveda del hai anos , e ademais disto as cepas dos " cinco arcos" , digo, dos tres arcos dos cinco están escalabrados e os tallamares desplomados e os estribos da parte de abaixo o mesmo , e por canto a dita ponte ameaza maior ruina , e que se non se acode ao seu reparo a continuación das augas levaráa e fará o seu reparo , por ser precisos máis de 20.000 ducados...."
( Nese tempo a Ponte de Sárria tiña cinco arcos ).
"...... Visto polas súas mercés mandaron chmar a ALONSO DE CASAL , mestre de arquitectura que como tal traballa na Igrexa Catedral da cidade de Lugo para que , como tal mestre, recoñecese a dita obra e do que necesitaba para a súa seguridade "........" O que, vindo a Sárria fixo despois de rexistrar Ponte , a planta dos arcos e máis que ten e que precisa de remedio que é a mesma que se mandou poñer por cabeza desta escritura ",
".....É agora saiu DIEGO DE CASTRO , mestre de arquitectura , e con MATÍAS DE FONTELA , veciños da freguesía de Santa María de Cequeri, no arcebispado de Santiago , e os ditos dous mestres tendo visto e recoñecida a dita Ponte e planta que fixo o dito Alonso do Casal , puxeron a dita obra por todo o que nela se recoñece en 5.550 reais de veludo , que dándolles a Vila a dita obrigaron as súas persoas e bens mobles e raíces habidos e por haber que de hoxe nun ano darán a dita ponte composta e segura do que hoxe nela se acha manifestado pola dita planta a vista do dito Alonso do Casal ou doutro mestre de obras, e máis coas condicións seguintes :
Que o terceiro tallamar indo desta vila ten que se subir máis media vara para asegurar a cepa o arco por precisar do dito reparo como tamén os outros dous tallamares que seguen aos outros dous arcos ao que se ha facer , os ten que asegurar e os estribos da parte de abaixo segundo vai declarado na planta e facer o petril ou repeito da parte de abaixo segundo xa vai declarado na planta e facer o petril ou repeito de riba da Ponte dos dous lados con capas de cantaria desbastada e o altor necesario e conforme ao que aínda hoxe hai en parte da dita ponte dende a entrada até o saído da dita ponte terá que facer unha calzada para que os carros entren ao río de máis de doce varas de longo ne pouco máis dunha vara de largo".
" E os ditos Diego de Castro e Matías de Fontela para a dita obra teñen que arrinbcae toda a pedra necesaria así de cantaría como de pizarra necesaria e facer as xancias segundo vai declarado na planta referida para quitar a auga da dita ponte e asegurar as cepas. Digo que en canto ás ditas xancias é e se entende queda a cargo desta dita Vila todos os carretos de toda a pedra , cal e area , como tamén o custe do dito cal , por canto pola conta do dito Diego de Castro non queda máis que a obra de man e arrincar a dita pedra e a madeira que precise para as cimbras do arco e asegurar a dita Ponte, e aproveitarse do teblo para a dita obra,,,, "
( Como consecuencis deste contrato e obra a Ponte de Sárria pasou a ter seis arcos, o máis pequeno, o último en direción a Vigo de Vilar de Sárria tiña servidume de acueduto en beneficio dun desaparecido muiño existente augas abaixo da Ponte )
1725
** En 13.03.1725 o Procurador Xeral da Vila, Pedro de Losada e Quiroga, para poder completar o pagamento dos gastos xerados en 1705 pola confirmación da Portaxe obtivo do Hospital de Santo Antón Abade un censo de 700 reais.
A FONTE RIBEIRA
** No século XVIII alzouse a FONTE RIBEIRA ( Fonte da Ribeira dos Cucos ) que dende o nacemento da Vila Nova de Sárria foi a maceda na que a poboación se surtiu, até que en 1918 /1020 a vila tivo graída de augas dende Rego de Cervos e se puxeron fontes con billas que vertián as augas procedentes do depósito construido no Campo da Feira. Para recoller a auga necesaria para o consumo familiar había que carretala diariamente con olas, sellas, caldeiros , baldes e mesmo con cubetos, labor maiormente de conta de mulleres , nenos e nenas, mozas e mozotes. As mullerres levaban as olas e cántaras riba das súa cabezas , encaidas nunha rodela de tea , nun dificil equilibrio. Para atallar , dende a Rúa de Ferradores. Praza de Vista Alegre baixaban e subían pola Costa da Fonte, que arredor de 1853 foi mellorada coa obra da Escaleira da Fonte, que unha mala información municipal deu en chamar " Escalinata Maior " desbotando a denominación histórica.
** Nos anos 1960, para faciltar a entrada de coches á nacente Praia Fluvial do Chanto ( ¡¡¡ ) a histórica Fonte Ribeira, blasonada co escudo dos Condes de Lemos, foi reducida á mínima expresión e puxérona pegada ao edificio do Matadoiro. Anos despois foi restaurada e posta perto do espazo orixinaria, con modificación de volume , con un só cano , cando históricamente tiña dous, e ao ser obxecto de vandalismo foi suprimida a billa e dende entón deixou de ser fonte.
** En 1860 / 1862 empezaron as obras de acondicionamento dunha proxectada estrada entre Sárria e o Courel , con orixe na estrada de Valdeorras- hoxe Rúa Benigno Quiroga- seguindo pola Corga do Río, Ponte Ribeira , Campo do Rolo , As Pedredas e por Vilasante. Por falla de fondos económicos quedaron suspendidas as obras ao chegar a Fontao, e ese vial nunca se fixo . Os operarios que quedaran en paro pasaron a facer obras de rebaixo na parte do soar da Fortaleza Nque mercara o Concello para destinala a ancheamento do Campo da Feira.
** Na década dos anos 1860 o Concello alzou a carón da Ponte Ribeira e do río unha Casa Carnizaría ( Matadoiro Municipal ). Para a construir o macelo foron eliminados dous arcos , de maneira que a Ponte de Sárria -Ponte Vella-Ponte Ribeira quedou só con catro arcos .
** ( 24.06.1877 ) .- Sesión do Concello de Sárria... " O Concello examinou a conta das obras practicdas para para reparo dos pretís, muro de contención e firme da Ponte Ribeira, sita do Rio Sárria" , a carón desta Vila, e achándoa conforme cos traballos expresados, acordou prestarlle a súa aprobación, e dispoñer que o seu importe de trescentas pesetas con cincuenta céntimos sexa pago por contado autorizado para a dita obra no Orzamento municipal vixente ".
AFUNDIMENTO DO ARCO CENTRAL DA PONTE RIBEIRA ( 21.02.1879 )
** ( 24.02,1879 ).- Sesión do Concello de Sárria., presidida polo Alcalde Manuel ( García ) Vaamonde.- " ....o sensible acontecemento , acaecido ás once da noite do día vinte e un do corrente , que consiste no afundimento do arco maior da Ponte Ribeira, sita riba do Río Sárria a inmediacións desta vila, que enlaza a mesma cos Distritos de Samos e O Courel e con Castela ; e na súa vista e tendo prsente a escaseza de consinuacións que figuran no Orzamento Municipal para un reparo desta clas , acordou se impetre da Comisión Provincial os auxilios necesarios para a súa inmediata habilitación provisoria , polos imensos perxuizos que irroga a incomunicación da Cabeza do Distrito e Partido cunha porción de pobos ; rogándolle , ao tempo que se digne a reconstrución da mesma , recoñeza o sinistro o Sr. Direitor de Camiños Veciñais e propoña os medios de subsanar extensos prexuizos , dispoñendo canto a súa ilustración crea convinte á reparación provisoria e definitiva da mesma..."
** ( 1879 ) Ao non contar con axudas da Deputación Provincial a corporación sarriá acordou , con carácter de provisionalidade, poñer trabes e taboeiro de madeira para o paso de persoas e animais. Esa negativa da Deputación, que correu parella coa nugalla da administración provincial na Ponte de Portomarin, e non será até os primeiros anos da década de 1930 non sería dada unha solución sólida para a Ponte Ribeira e a construción da Ponte Nova de Portomarín permitiu a desaparición da barca posta para pasar de San Pedro a San Xoán dende que o Río Miña levara por diante a histórica " Ponte Minea".
LAVADOIRO COBERTO
** As mulleres da vila para lavar a roupa no río Sárria ocupaban un resió de terreos entre o río e a Horta de Florido, na banda esquerda , que cecais fose resto da rampla pola que forzosamente tiñan que pasar os carros, que pasaban polo vao, xa que non podían facelo pola ponte.
O Concello, na primeira década do século XX , acordou montar un alpendre metálico no que instalou un lavadoiro, que non durou moito tempo.
( 22.07.1927 ) O Concello de Sárria acordou a enaxenación do " Camiño Vello" que ía dende a Rúa Benigno Quiroga e a Ponte Ribeira, pouco usado dende que se abrira o "Camiño Novo da Ponte" entre a Casa de Florido e a Casa do Barrio ( Casa de Nullán )
** ( 1931 ) O Concello acorda arranxar a Ponte Ribeira,
** ( Anos 1960 ) SUMINISTRO DE AUGA PARA A FACTORÍA DE CEMENTOS DO OURAL.- Mentres non boubo un sistema de augas destinado á factoría de cementos do Oural , durante varios anos un camión cisterna cargaou auga do río Sárria , para o que instalaron unha bomba no espazo de folganza que había entre o río e a Horta da Casa de Florido Tamén houbo bomba instalada para ese fin na riba alta do río en Pacios, a carón da factoría de Manosa .
**( 1932 ) As trabes e a plataforma de madeira que susistían dende 1879 coa axuda da Deputación Provincial foron sustituidas por outras de formigón , que se manterían até o ano 2014.
** ( 1981 / 1982 ),. O Camiño da Ponte Ribeira fixo o Concello obra para o seu alongamento enadíndole ancheamento que acabou facendo desaparecer o Matadoiro Municipal , e correu parello coa urbanización do vello Camiño de Triacastela ( Camiño de Santiago ), para facilitar o acceso á Zona Escolar.
** En 1993 , o Concello conseguiu autorización dos propietarios da Casa do Barrio e da Casa de Florido para o alargamento do Camiño da Fonte, ao que , co Camiño de Triacastela , recibiran o nome de Rúa do Peregrino . Ao tempo a Xunta de Galicia concedeu axuda para acondicionar a rúa e dotala de elementos artísticos , entre os que destacan o Monol-hito, a escultura " Homenaxe ao Peregrino" e fitos e pedras deitadas de granito de Zimbawe, da autoría da escultora María Carretero.
** En 2014 unha desafortunada actuación promovida pola Confederación Higrográfica do Miño-Sil fixo desaparecer a plataforma que sustituira a provisoria de madeira e a da parte enadida en formigón, pretendendo retirar uns metros o estribo do vao grande. E diante da oposición veciñal ese proxecto foi esquecido, e o paso pola Ponte Ribeira non foi posible até que coa axuda da Deputación foi instalada unha plataforma metálica apoiada na estrutura nova de formigón, con separación entre o paso de peóns e o estreito para paso de automobeis que fixo necesaria a instalación de semáforos para a regulación do tránsito coa debida seguranza.
** ( 2026 ) Prantexada como solución provisoria a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil aprobou un proxecto para eliminar a parte en formigón enadida á ponte histórica que con plataforma metálica quedaría só practicable para o paso de peóns.
***************************************************************************************
O MUIÑO DA PONTE RIBEIRA
É un muiño que move os seus rodicios na marxe dereita do río Sárria, a man dereita do camiño que ía da Ponte Ribeira a Vigo de Vilar de Sárria ( hoxe Rúa do Peregrino ), na parroquia de Santa Mariña de Sárria.
Hai documentación que se refire a este muiño nos anos finais do século XV. Acabou sendo propedade da famila da Cas,a de Neira , e foi coñecido como Muiño de Solance, tomado o nome do apelido da viuva Sr. Neira , nas décadas finais do século XIX.
Comentarios
Publicar un comentario