SÁRRIA: FALECEMENTOS DE HOMES DESCOÑECIDOS. ( 790 )

                     SÁRRIA: FALECEMENTOS DE HOMES DESCOÑECIDOS.             ( 790 )

 * (                         ).-HOME DESCOÑECIDO.-  Foi enterrado na igrexa de San Salvador de Sárria un peregrino do que non se coñeceu orixe nin datos persoais.

* ( 1638 ).- HOME DESCOÑECIDO.-  Foi enterrado na igrexa de San Salvador de Sárria. Tratábase dun home  de máis alo de Santago de Compostela. 

* ( 1713 ) .-  HOME DESCOÑECIDO.- Foi enterrado na igrexa de San Salvador de Sárria  .  Era tratante de bois e non se souberon nin as circuntancias persoais nin de onde era veciño. 

* ( .... 10. 1714 ) .- HOME DESCOÑECIDO.-  Un peregrino  enterrado na Capela de San Lourenzo   do Mosteiro da Madalena de Sárria.  

* (... 09.1715 ).- HOME DESCOÑECIDO.-  Un peregrino que morreu no Hospital de San Roque  ( A Madalena de Sárria ).

* ( ....11.1726 ).- HOME DESCOÑECIDO.- Peregrino morto no Hospital de San Roque ( A Madalena de Sárria ). 

* ( 3.06.1728 ) .- HOME DESCOÑECIDO-   En Calvor  morreu un pobre peregrino francés  ....." peregrinando , dos que veñen en romaría  ao Apóstolo Santiago , e non recibiu máis savramento  ca o da ectremaunción por non lle dar máis tempo a enfirmidade , dicía  que era de Saboia, e nos despachos  consta ser francés  e foi sepultado  no cabido  da igrexa de Santo Estevo de Calvor , por non ter para pagar a sepultura e consta segundo despachos ser cristián católico, Ao seu enterro asistiron  dous sacerdotes e dixémoslle dúas misas de esmola "-  Filipe de la Torre, cura de Calvor - ( * por ser pobre non o enterraron   no interior da igrexa e non haber xeito de cobrar  o dereito de foxoiro ). 

* ( 22.08.1729 ).- HOME DESCOÑECIDO.-   Enterraron na igrexa de Santa Mariña de Sárria  a un home que "viña do reino de Castelo"  enfermo  e dixo era apartado da Cidade de Santiago catro légoas e que era criado e tiña dous fillos, un chamado Manuel, e a muller María, e que era do lugar de Vilar Novo, freguesía de San Vicenzo da Aña.  Non puido articular máis por estar  delirado , Dixo tamén que non podía confesar  a menos que o sangrasen  e aínda que llo aconsellaron os señores sacerdotes, non quixo e quedou  morto de sutaque. Foi absolvido  baixo de condición, Acharon que levaba con el 111 reais e medio. Devengou 4 reaos  para a Fábrica  da Igrexa por razón do dereito  de foxoiro. 

* ( 18.11.1729 ).-   HOME DESCOÑECIDO.-  Un peregrino falecido no Hospital de San Roque ( A Madalena de Sárria 

* (........... ).- HOME DESCOÑECIDO.-   Un peregrino enterrado na Capela de San Lourenzo do Mosteiro da Madalena de Sárria.

* (......... ).- HOME DESCOÑECIDO.-  Un peregrino francés enterrado  na Capela de San Lourenzo  do Mosteiro da Madalena. 

* ( ..........).- HOME DESCOÑECIDO.-  Un peregrino do Conde de Francia enterrado na Capela de San Lourenzo da igrexa do mosteiro da Madalena de Sárria.

* ( .........).- HOME DESCOÑECIDO.-  Peregrino  acollido  no Hospital de Santo Antón Abade , enterrado na igrexa de San Salvador de Sárria.  

* ( 1.07.1872 ).- HOME DESCOÑECIDO.-  Morto en Piñeira  ( Sárria ) . Aparentaba ter 40 anos. 

* ( 6.11.1873 ).- HOME DESCOÑECIDO.- Morreu na Pena ( Sárria ). era xordomudo e  aparentba ter 40 anos. 

* ( 19.06.1878 ),. HOME DESCOÑECIDO.-   Faleceu en Chorente ( Sárria ).  Aparentaba ter 80 anos. Foi achado " no punto denominado da Revolta , como a douscentos metros de distancia da aldea  de Vilaverde  e camiño que  xira á Cervela .  Achouse o cadavre que representaba  ser duns oitenta anos  de idade, de estatura regular, pelo e barba  moi pouca e branca , ollos azuis, nariz afiado e era moi delgado  de cara e corpo; parece ter falecido como ás 12 horas do día 19  dos correntes; estaba tirado  ao longo do camiño en dirección  de nacente a poñente, co brazo esquerdo e a man dereita  debaixo da cabeza e apoiado no valado  que existe no mesmo camiño. Vestía  chaqueta e chaleque  de burel de mediano  uso , pantalón de tea curto , albarcas e zocas, camisa de estopa  e na cabeza  gorro de la ordinario. Encontraronlle no peto  un coitelo de mango de pau moi vello, tabaqueira de madeira  redonda e dúas onzas de sal.  Nas inmediacións  había  un pau de cinco cuartas de longo , un sombreiro  de pana  ordinario, un saco de estopa  e un mandil  de la moi usados " ,Así describiu o achado do cadavre o aguacil do Xulgado de Sárria , Bernardo Varela, na acta de defunción.

* ( 21.03.1879 ).- HOME DESCOÑECIDO.-  Morreu en Sárria. Non determinaron a súa idade.

* ( 7.04.1916 ).-  HOME DESCOÑECIDO.-  De  idade aproximada de 30 anos, de regular estatura, cunha opacidade na córnea do ollo dereito, Foi  achado morto en termos de Treilán.Sn Martiño de Requeixo ( Sárria ) . Faleceu como consecuencia de sección das carótidas primitivas e veas xugulares. Tiña bigote e pelo castaños, pantalón de pana raiada , camisa de lenzo branco e calzaba zocos. 

* (  2.08. 1925 ) HOME DESCOÑECIDO.-  *Morreu na Costa, San Sadurniño de Froián ( Sárria ) .

* ( 2.03.1928 ).- HOME DESCOÑECIDO.-  Morreu en San Mamede da Chanca ( Sárria ) , aparentando a idade de 32 a 35 anos,

* ( ¿ 23.10.1933 ? ) HOME DESCOÑECIDO.-  Nese día apareceu morto  un home que aparentaba ter  60 anos  , estatura regular , máis ben alto , pelo  grisento  e escaso, con falla de case  toda a dentamia  , vestía chaleque  e pantalón de pana  raiada de cor castaña clara , camisa de baeta branca , sen chaqueta , cos pés sen zapatos  que sustituira por envoltura de saco ; o cadáver apareceu  no túnel nº 77 , quilómetro  388,140 da liña férrea de Palencia-A Coruña . debéndose a súa morte  a lesións no queixo  inferior  e cabeza producidas  posiblemente ao ser alcanzado por un tren.

* ( .... .07. 1936 ).- HOME DESCOÑECIDO.- En día de momento descoñecido  apareceu en Santa María de Vilafiz ( O Páramo )  nunha gavia da estrada de Sárria a Lugo o corpo sen vida  dun home no que se apreciaban  numeroas lesións e feridas.   Nunha nota posta polo párraco , no Libro de Enterramentos ( pàxina do ano 1937 )  aparece sinalada a  dita morte e a condición de persoa descoñecida. En realidade tratábase do corpo maltreito de Antonio López, da parroquia de Vilapedre ( Sárria ) que fora trasladado á Casa  do Concello de Sárria, en cuxa fornela da calefacción  foi martirizado, e  levado a forza cara Lugo, despois de ser arrastrado pola estrada, de ramal dun coche,  ao chegar á altura de Vilafiz  disparáronlle tiros  co resultado de morte. Abandoado ali o cadáver  foi enterrado polos veciños sen que  houbese documentación  ningunha recollida na parroquia,  nin con sta intervención das autoridades xudiciais do partido de Sárria, nin inscrición no Rexistro Civil do Pàramo. A familia , temerosa de sufrir represalias, non fixo actividade ningunha para  documentar a súa desaparición, nin nese  monento, nin xiquer para documentar os fectos civís de tan brutal acción  derivadas.

* ( ...7,1937 ).-  HOME DESCOÑECIDO.- En día de momento descoñecido apareceu un cadáver en Santa María  de Vilafiz ( O Páramo)  , feito que como nota "curiosa" e xutamente coa anterior  anotou por simple  anotación, tratándose dun novo tráxico abandono doutro corpo sen vida no dito lugar .

* ( 9.01.1938 ).- HOME DESCOÑECIDO .-  Morreu no Hospital Municipal  de Sárria  un pordioseiro natural do  duns 70 anos de idade , do que non se coñeceron máis datos da súa persoalidade, 

 * ( 20.01.1943 ).-  HOME DESCOÑECIDO.-  Faleceu en Santiago da Veiga ( Sárria )  e aparentaba unha idaxe de  entre 60 e 70 anos.

Comentarios

Publicacións populares