SÁRRIA : OS DÍAZ DE GUITIÁN ( 786 )
SÁRRIA : OS DÍAZ DE GUITIÁN ( 786 )
LUCIANO MACÍA VÁZQUEZ
Este antigo e noble apelido tivo a súa orixe na comarca de Sárria, no lugar de Guitián, onde houno unha importante Casa hoxe desaparecida. Da Casa de Guitián pasou o apelido ao Pazo de San Sadurniño . Ambas dúas casas ( Guitián e San Sadurniño ) permaneceron unidas durante bastante tempo.
O apelido DÍAZ DE GUITIÁN entrou na maior parte das casas importantes de Sárria, Lemos, Neira de Xusá e outras bisbarras.
A esta familia pertenceron :
ANTONIO DÍAZ DE GUITIÁN , " O Vello, fillo de Fernán Díaz de Guitián e da súa muller Inés Ares de Guitián ( chamada Inés Ares de Bascos ? ou Balboa ) que era filla de Rodrigo de Páramo , Meiriño da Somoza Maior de Lemos , e da súa muller Leonor Díaz de Guitián .
ANTONIO DÍAZ DE GUITIÁN, " O Vello ", ,estivo casado con MILIA VÁZQUEZ DE QUIROGA, filla de Pedro Díaz de Sárria e da súa muller Xoana Vázquez de Piñeiro.
O citado Antonio Díaz de Guitián outorgou testamento , en Sárria en 6 de novembro de 1582, perante Gómez Ares, escribán. Funda un importante maorazgo . Dispón, entre outras cousas, que as súas roupas de vestir sexan repartidas entre os fidalgos pobres dos arredores da vila. Dota unha cama para o hospital de Sárria . Ordena que se faga un retábulo para a igrexa de San Salvador de Sárria , onde ten sepultura propia, dispoñendo se realicen varias obras na dita igrexa, entre elas o alargamento da tribuna. Ordena que no retábulo se poñan as súas armas e as da súa muller e se sustitúa a pedra de armas da súa sepultura por outra na que deben figurar as seguintes arma: " Unha cerva atada a un carballo que me ven por Gonzalo Blanco ( ou Blanes de Cervela ) e de Aldara López a súa muller , e poñan as armas de Rodrigo de Páramo e Guitián , avó meu, que é un gavián nunha alcándara con unha luva colgada , e poñan máis as armas que me veñen por Fernán Díaz de Guitián e Inés Arias de Bascuas ( ou Balboa ) a súa muller que están enterrados en San Martiño de Louseiro e son a cerva e seis dados , armas dos Guitiáns e unha cruz e un león pola dita Inés Ares de Bascos". O citado Antonio Díaz de Gutián " O Vello" e a súa muller Milia Vázquez de Quiroga tiveron os seguintes fillos, cando menos :
1º.- O Licenciado XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN, cura de San Salvador de Sárria, que instituiu unha fundación chamada "OBRA PÍA DOS GUTIÁNS" da que participaron moitas señoras de importantes casas da comarca.
2º.- XOANA PÉREZ PIÑEIRO, chamada tamén " Xoana de Quiroga", casada en primeiras nupcias co Licenciado Diego Fernández de Cedrón e en segundas con don Álvaro de Villaseu e Ribadeneira . Do primeiro tiveron ao Licenciado Antonio Díaz de Guitián e Cedrón , que casou con dona María Mariñas e Quiroga , da que non tivo sucesión . Dona María casou en segundas nupcias con Xoán Saco de Quiroga. señor de Bóveda, sen sucesión.
A principios do século XVII vivía ANA DÍAZ DE GUITIÁN E ARMESTO casada con Diego Sánchez Somoza, Alcalde Ordinario de Sárria en 1617. Ambos dous foron pais de :
1º.- MARÍA DÍAZ DE ARMESTO E GUTIÁN que se acolle aos beneficios da Fundación dos Díaz de Guitián, para casar con Diego Sánchez de Balboa e Orozco , fillo de X González de Balboa e de Inés Valcarce , fidalgos veciños de Lier.
2º.- LEONOR DÍAZ DE GUITIÁN E ARMESTO , na que o Licenciado Diego de Valcarce e Quiroga tivo a don Xoán de Valcarce e Quiroga , casado con dona Beatriz de Bolaño e Ribadeneira , filla do capitán Xoán de Pedraza e Figueroa e da súa muller dona Francisca de Bolaño e Pimentel . De don Xoán de Valcarce e Quiroga e dona Beatriz de Bolaño e Ribadeneira descende unha rama dos MACÍA DE NEIRA.
**************************
O Licenciado DIEGO DÍAZ DE GUITIÁN foi Alcalde Maior de Pontedeume polo Conde de Lemos e era, segundo se le nunha información descendente da Casa de Guitián no Marquesado de Sárria . Estivo casado con Antonia de Quiroga e Losada , da Casa de Castros na terra de Quiroga e ambos dous tiveron a dona Francisca de Lsada , natural de Santo Estevo de Grixalba ( ? Non será Eirexalba ) no Bispado de Lugo . Neto de don Diego e dona Antonia foi don Francisco de Sejas e Losada , Arcebispo de Santiago.
****************************
ELVIRA DÍAZ DE GUITIÁN , máis coñecida como "Elvira de Almansa, foi a terceira muller de Domingos Fernández de Barrio e Estrada , Señor de Cabezais e da Casa.Torre do Barrio.O matromonio tivo entre outros a dona María de Losada e Valcarce , casada con Antonio López de Arm esto, sucesor na Casa de Castragude , en San Cristovo da Cervela , actual concello do Incio , cuxo derradeiro propietario descendente dos antigos donos foi don LUCIANO MACÍA DE LA VEGA
***************************
En 1650 vivía PEDRO GONZÁLEZ DE GUITIÁN e o seu irmán RODRIGO DÍAZ DE GUITIÁN , crego. O primeiro estivo casado con dona María Ares de Valcarce e Baamonde , veciños de San Cosme de Fiolleda ; filla deste matrimonio foi dona ANTONIA DÍAZ DE GUITIÁN , casada co Licenciado don Agostiño Pardo Cacho e Ribadeneira.
*************************
ÁLVARO DÍAZ DE GUITIÁN foi a mediados do século XV SEÑOR DO COUTO E PAZO DE SAN SADURNIÑO DE FROIÁN, en terras de Sárria. Foi un dos seus fillos NUNO ÁLVAREZ DE GUITIÁN , Mestrescola da catedral de Ourense .Está enterrado no Convento de Mercedarios de Sárria , antigamente Mosteiro da Madalena.
**************************
CATARINA DÍAZ DE GUiTIÁN , a mediados do século XVI, estaba casada co capitán ARES MACÍA ( tamén chamado Ares González ) que co seu irmán Gonzalópez de Castragude eran moradores ben Castragude en 1553 e antes de 1536 Ares Macía e a súa muller Catarina Díaz de Guitián tiveron a :
1.- GREGORIO DÍAZ DE GUITIÁN
2.- XOÁN LÓPEZ DE GUITIÁN
3.- PEDRO DÍAZ DECASTGRAGUDE
4.- DIEGO DÍAZ DE GUITIÁN, tivo unha filla chamada CATARINA DÍAZ DE GUITIÁN.
A CATARINA DÍAZ DE GUITIÁN, casada con Ruy López de Saavedra , Alcalde Ordinario de Sárria, da Casa Grande de Sárria . O matrimonio tivo, cando menos a :
1.- MARÍA LÓPEZ DE SAAVEDRA, casa en primeiras nupcias con Pedro Díaz de Guitián , Administrador do Conde de Lemos no Marquesado de Sárria , e en segundas nupcias con Fernán Ares de Valcarce , rexedor de Monforte. Do primeiro matrimonio tiveron os seguintes fillos ;
a).- ANTONIO DE SAAVEDRA E GUITIÁN, Aguacil Maior de Sárria, casado con X de Córdoba . Unha filla do matrimonio casou co dono da Casa de Vilasante, perto de Sárria.
b ).- XOANA DE SAAVEDRA E GUITIÁN , que casou co Licenciado Xoán de Gayoso e Taboada, abogado. O matrimonio tivo :
b ).- XOANA DE SAAVEDRA E GUITIÁN
1.- Dona María de Gayoso Saavedra e GUITIÄN, chamada tamén María Álvarez de Parga, casada con Pedro López de Armesto, de Castragude, sucesor nas casas e vínculo da Vilerma. Con sucesión.
2.- Don Francisco de Gayoso e Taboada
3.- Dona Dionisia de Quiroga e Correa
4.- Don Antonio Taboada
5.- Dona Mónica de Gayoso e GUITIÁN , con Don Pedro de Valcarce e Somoza.
6.- Dona Madalena de Quiroga
7.- Dona Sabela González de Taboada
8.- Dona Inés Álvarez de Quiroga
Todos eran menores de idade en 1617
c ).- CATARINA DE SAAVEDRA E GUITIÁN, casada en primeiras nupcias con Miguel Sánchez de Cervela ( parece ser que era Rexedor en A Coruña, e en segundas nupcias con FRANCISCO DÍAZ DE GUITIÁN E OSORIO.d ).- O bacheler AMARO DÍAZ DE GUITIÁN . Crego. Vivía en 1630
Algunhas das señoras citadas solicitaron e obtiveron o benedicio da Fundación dos Díaz de Guitián ( * ) . como parentes achegadas ( sobriña di nalgún documento ) do fundador-
( * ) " Obra Pia dos Díaz de Guitián", que compartía espazo coa Tulla dos Díaz de Guitián, para axuda de pobres, na casa e cámara para pousada de cregos pasaxeiros que había na actual casa número 16 da Rúa Maior )
*****************************
DONA MARÍA DE VALCARCE E GUITIÁN , da Casa das Casdónegas , solicitou e obtivo os beneficios da Fundación dos Guitiáns , para casar co don Xoán de Neira, do estado nobre, Tenente de Correxedor de Sarria a mediados do século XVIII . Do matrimonio descenden os Neira Solance de Sárria. Irmán de Xoán Neira , foi Pedro de Neira, ascendente dos Macía de Neyra de Sárria.
******************************
Dos DÍAZ DE GUITIÁN DO PAZO DE SAN SADURNIÑO descenden entre outros, segundo se le nun documento da dita casa motivado pola provisión do curato de Chorente.
SANTA MARIA DE POL O Licenciado Don Xoán Antonio Díaz de Guitián ( 1715 )
TREBOLLE Dona Inés Somoza Quiroga e Osorio , Señora de Trebolle ( viviu aproximadamente nos anos finais do século XVI )
CADOALLA ( BECERREÁ ). Dona Xacinta Díaz de Neyra, filla de Pascual Díaz de Guitián.
PERUCO. Dona Catarina de Páramo , filla de Don Agostiño de Pàramo, neta de Pedro de Páramo.
MORINOS. Dona Vicenta Somoza ( viviu en 1715 ) descendente de Sabela Díaz de Guitián, de Laiosa.
MORGADE. Don Sebastián de Losada ( casado cunha señora de Castragude ) fillo de Alonso de Losada , neto de Antonio Díaz de Guitián , segundo neto de Pedro Díaz de Guitián,
SANTA ICÍA DE FROIÁN ( FREÁN ). Dona Ánxeles Losada, filla de Don Xoán Saco e Quiroga, neta de Pedro Saco , descendente da Casa de Rubián.
CASA DE CEDRÓN. Don Fernando Saco de Cedrón , segundo neto de Xil Gómez e de Dona Catarina Osorio. Dona Xosefa Rivera , filla de Don Antonio Rivera de Vilaesteva , neta de Ana de Rubián e Men da Ribeira.
CASASOLA. Don Xoán de Pedraza, fillo de dona Francisca de Ribadeneyra.
VILAESTEVA DE HERDEIROS . Don Xoán de Rivera e Figueroa , fillo de Dona Maria Seso, neto de Pedro Saco de Ousende.
VILAPEDRE. Don Mendo Pardo , descendente da Casa de Sabari e Dona María Taboada, a súa nora, filla de Domingos Díaz de Guitián.
RONFE. Don Antonio de Camba, fillo de Domingos Díaz de Guitián e de Dona Inés de Taboada, da Casa da Ribeira, de Teilán,
SARRIA. Dona Beatriz de Bolaño ( 1715 ) viuva de Don Xoán de Valcarce.
" Son bons"
SAN FIZ DE REIMÓNDEZ.- Dona María Díaz de Guitián e Somoza , muller do escribán Marco Antonio, filla de Dona Ana María Díaz de Gutián, do Couto de Seador
CASA GRANDE DE SÁRRIA. Don Antonio de Saavedra e a súa filla Dona María de Saavedra e Guitián
REQUEIXO.- Don Diego Bolaño, Señor de Requeixo e Gaibor.Cedeu....
LÁNCARA. Don André Díaz de Guitián
SANTA MARÍA DE FRANCOS.- Don Pedro Rivera e Figueroa, crego, fillo de dona Sabela González de Balboa. Dona Manuela Rivera, sobriña súa, filla de don...... e neta da dona Sabela. Naceo no Barrio e nunca presentou.
SAN LOURENZO DE SUAR,- Don André López de Armesto, fillo de Antonio López de Castragude , segundo neto de Elvira Díaz de Guitián. " Non se sabe de onde foi esta Elvira nin presentou xamais Castragude. ( Esta señora de que a información di non se saber de onde é, é Elvira de Almansa, tamén chamada Elvira Díaz de Guitián, terceira muller do Señor de Cabezais , filla de Pedro Díaz de Guitián e de dona Leonor de Valcarce e Losada, a súa muller. É, sen dúbida, a Elvira de Almansa que no comezo da información á que se fai refeenza, din se cedeu ao Conde de Lemos. Polo que se refire a que "Castragude non presentou nunca ", en 1696 dona Catarina e dona María de Valcarce como fillas de dona María de Losada e Valcaece ( muller de Antonio Lópeze Armesto de Castragude ) e netas de Elvira de Almansa, emiten o seu voto perante o escribán Pedro de Losada e Quiroga para a Provisión do Curato de San Martiño do Río, presentación dos Díaz de Guitián, da Casa Soar de Louseiro.
CASTRAGUDE.- Dona María Xosefa Montenegro , filla de Filipe Ares de Estraxiz, é boa como irmá dos do número 55, mais non está ben entroncadsa ( a relación mutilada comeza no número 85, fallando os anteriores ) ( Dona María Xosefa Montenegro , máis coñecida por dona María Xosefa de Ribadeneyra e Montenegro , foi muller de don Baltasr Antonio de Armesto e Losada , sucesor no vínculo maorazgo de Castragude.
CASTRAGUDE.. Dona Xoana Rosa de Armesto Somoza e Guitián, filla de dona María Somoza" Non se sabe ",. ( Dona Xoana Rosa de Armesto Somoza e Guitián era filla de don Matías López de Armesto e Somoza e da súa muller dona María Manuela Somoza e Guitián sucedeu nos vínculos de Eimer e Freixo e contraeu matrimonio co seu parente don Filipo de Armesto Ribadeneyra , sucesor no vínculo de Castragude e Torre de Vilar.
TOR .- Os Señores de Tor.
OUSENDE.- Don Xoán, don Pedro e dona María de Lousada, irmáns, segundos netos de Domingos Mendes Saco.i
RUBIÁN DE CIMA.- O Licenciado Antonio Macía , cura de Rubián, fillo de Pedro Macía Núñez, neto de Catarina Díaz de Guitián.
SAN MIGUEL DE VILA DE MOUROS.- Don Antonio de Guitián fillo de María Díaz de Guitián , descendente de Xoana Díaz de Guitián , Señora de San Sadurniño.
OUSENDE.- Don Pedro Mendes Saco. fillo de Gregorio Mendes Saco .- María de Losada Saco e Guitián, neta de Pedro Saco de Guitián " O Vello".
SAN XOÀN DE XOVENCOS.- Don Pedro Saco e Somoza, fillo de Gregorio Sánchez e Ana Álvarez , neto de Lope Saco Vizcaíno , descendente de Teilán.VILASANTE.- Dona María de Saavedra e Guitián , muller de don Diego Rivera , presentada como filla de don Antonio de Saavedra ( Aguacil Maior de Sárria )
Bon
SAN MARTIÑO DE RÍO.- Para provisión do Curato que quedou vacante en 1696 , San Martiño do Río, emiten voto perante o escribán de Sárria Pedro de Losada e Quiroga , elevando ao Bispo de Lugo a correspondente terna , entre outros os seguintes.
LUGAR DE VALES, parroquia de Santa María do Piño, don Francisco de Balboa Rivera e Orozco e a súa irmá dona Ana de Rivera e Orozco, fillos de don Xulián de Rivera e Orozco e de dona María de Valcarce e de dona María de Valcarce, netos de Gómez da Rivera e Orozco , dono da Casa de Aián na Abadía de Samos.
SAN XOÁN DE NOCEDA.- Don Antonio de Quiroga e Guitián e de dona Mariana Taboada e neto de Miguel de Quiroga e Guitián , bisneto de Alonso López Robledo e de Sabela Sánchez de Gutián , filla da Casa de Guitián.
PARROQUIA DE SAN MAMEDE DE VILASOUTO , Antonio Díaz de Gutián , presbítero , neto de Lope Díaz de Guitián, dono da Casa de Balboa ?. E dona Benita de Guitián e Montenegro , neta de Catarina Vázquez de Guitián e Montenegro, veciños que foron do lugar de Guntín, descendente da Casa Soar de Rubián de Baixo,
PARROQUIA DE SAN XOÁN DE BARDAOS , don André de Somoza e Quiroga m fillo de dona Tereixa Pardo e Ribadeneyra e de Pedro Sánchez Somoza e neto de Antonio Feijóo Enríquez e de María Pardo Ribadenyra e Guitián , e bisneto de María Sánchez de Guitián, da Casa de Piño E dona María de Balboa Sarmiento , a súa muller, veciña deste dito lugar, filla de don Alonso Díaz de Guitián da Casa de Guitián da parroquia de San Pedro de Froiàn e de dona Marñia de Balboa Guitián e Monseiro e neta de Matñias de Balboa e Monseiro da Casa de Perros.
SAN CRISTOVO DA CERVELA. O Licenciado André de Armesto e Guitián e dona Gregoria Díaz de Guitián . irmáns, fillos de Pedro de Armesto ( dono da Casa da Pereira ) e de dona Madalena de Balboa e Guitián , agora defunta, netos de María Díaz de Guitián e Balboa, da Casa de Gutián , da parroquia de Froián.
SAN FIZ DE LAPA. SABIÑAO. Don Xosé Somoza e Guitián e a súa muller dona Catarina de Somoza e Rivera, veciños do dito lugar , e o dito don Xosé como fillo de Nicolau González Somoza e neto de Domingos González de Guitián , bisneto de Pedro Gonález de Guitián , da Casa de Pacio de Santalla de Teilán. E dona Catarina , filla de Sabela González de Balboa, da Casa de Ribeira de Toimil á da Veiga de Castelo.
SAN MARTIÑO DE VILELOS, xurisdición do Sabiñao . Dona Madalena de Valcarce e Guitián , fillo de Pedro de Valcarce e Somoza, neta de dona Mónica de Valcarce e Guitián , do lugar da Vilerma ( en Sárria ) e neta do Licenciado Gayoso , muller que é do Capitán don Bieito de Valcarce . E dona Sabela Elvira de Valcarce , veciña do lugar de Morgade e muller de don Sebastián de Losada , como filla de Pedro López ( erro : é Antonio López de Armesto ) e de María de Losada de Castragude , neta de Elvira de Losada , defuntos.
SANTA MARÍA DE BAAMORTO
SAN COSME DE FIOLLEDA
SANTA MARÍA DE BAAMORTO
SANTALLA DE TEILÁN
SANTIAGO DE RUBIÁN
SAN XOÁN DE REMESAR
SANTIAGO DE NESPEREIRA . LUGAR DE LAMAS.- Dona María Rosa e Catarina Somoza Guitián Balboa Rivera , irmás, veciñas da dita freguesía , fillas de Francisco López do Candedo , escribán da Súa Maxestade e veciño da dita freguesía e de dona María Somoza Guitián Rivera e Balboa , agora defunta, e netas pola súa nai de Sabela Somoza Guitián Rivera e Balboa , veciña qye foi da Granxa da Veiga ? , e bisneta de Álvaro López Somoza e Guitián , descendente da Casa e Granxa da Abelleira e de Mariana de Balboa Rivera e Reimóndez, descendente da Casa de Lagos e Casanova e veciños que foron da Ribeira en Santalla de Toimil.
FIN
************************************************************************************
O APELIDO DÍAZ DE GUITIÁN
XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS
ÁLVARO DÍAZ DE GUITIÁN.- Señor do Couto de San Sadurniño de Froián ( 1500 ) Fillo de Diego Ares de Guitiám . Casou con María de Balboa - Fillos: Vasco Díaz de Guitián e Nuno Álvarez de Guitián,
ÁLVARO DÍAZ DE GUITIÁN.- Señor do Couto de San Sadurniño de Froián, Dillo de Vasco Díaz de Guitián . Casou con Catarina Osorio. Fillos: Xoana Díaz de Cadórniga e Osirio, Diego Díaz de Guitián e María Díaz de Guitián . Testou en 19.11.1538 . Foi nomeado vinculñeiro do Couto polo seu tío o coengo ourensán Nuno Álvarez de Guitián.
ÁLVARO DÍAZ DE GUITIÁN.- Señor do Couto de San Sadurniño de Froián. Fillo de Duego Díaz de Gutián e María ( Ana ) de Setién. Foi mellorado en tyerzo e quinto vincular e declarado sucesor no vínculo da casa e couto de San Sadurniño para casar con María Ribadeneira. Pasou a vivir con ela en Monforte, falecendo alí por pesete os dous esposos en 1679 , quedando encargado o seu fillo, Diego ao seu avó.
ANDRÉ DÍAZ GUITIÁN.- Veciño de Rendar ( O Incio ) . Recibiu a tonsura eclesiástica o 7.06.1805.
ANTONIO DÍAZ DE GUITIÁN.- Veciño da vila de Sárria. Casou con Milia Fernandez de Quiroga- Foi curador "ad litem" de Leonor Díaz de Sárria e outros. Fixo concordia sobre o reparto de bens da herdanza do prioiro perpetuo de Santa María Madalena de Sárria, frei Álvaro Pérez de Sárria, recoñecendo para o convento os seguintes bens e dereitos : En Guimará e Ferreios do Loio, xunto do Camiño Francés cinco partes de nove; en Ortoá cinco novenas partes da casa de Barttolomeu do Currial ; en Callás no lugar levado por una neta de Gonzalo Pérez, tiña esta 10 fanegas e unha fanega e un porco, d que as cinco novenas partes eran do Convento; con relación á casa de Farncisco Díaz acordaron que quedase enteira para o Convento , dando 20 ducados a Antonio Díaz ; no lugar de Peruscallo que o levaba Xoán de San Pedro, tamén 5 / 9 ; no lugar de Sebastián de Callais, que o levaba Xoán da Rañoá, se se denostraba que o comprara o prioiro sería para o convento, e se non só 5 /9 ; En Surriba de Barbadelo , no lugar que levaba Pero López , do que dicián que frei Álvaro comprara , un quinto e dúas ganegas de pan que eran de Samos, e as trocara por outras comprándolle o lur ao caseiro do lugar , e do demais sinalaron 5 / 9 ; no lugar da Fonte, onde vivía Pedro Conde, tiña o convento 2 fanegas e frei Álvaro catro e o dereito dun carballo , e do restanto 5 / 9; ; máis a vila de Laiosa que quedara a poulo e parte dela fora comprada por frei Álvaro no que fose de comrado 5 / 9; no llugar da Salgueiriña , tres tegas de trigo eran do común ; no Souto de Santalla tamén fixaron os 5 /9 ; no Camiño Francés un pouco de renda que a levaba Rodrigo Belante; máis no lugar de Nabáis ,. 5 fanegas de pan e 6 que comprara Gonzalo Pérez, no que o convento tiña 5 partes. ** Por escritura de 6.11.1582 fai doazón dunha cama con roupa para o Hospital de Sárria ( Hospital Vella no actual número 16 da Rúa Maior 16 ) e pagou a fabricación unha cámara para poñela na parte alta do altar, pechada, para que " poidan usala algúns pobres limpos que viñesen a este hospital" e aclarando que esta cama sempre polo vínculo da súa familia e mentres viva a súa muller, Milia Vázquez Quiroga e despois os herdeiros que levasen os bens e que o fagar cumprir a Xustiza e Reximento da Vila ". Foi tesoureiro de Francisco Ruiz de Castro e Portugal Osorio, marqués de Sárria, e en 23.12.1572 tomoulle contas a Xoán de Alén, notario do Hospital Real de Santiago, en relación a un xuro cobrado en Santiago e Pontevedra. ** En 21.12.1580 fixo testamento no que sinalou todo o relativo ás melloras que se necesitaban facer no edificio do Hospital Vello. ** Xunto con Xoán Álvarez e outras púxolles pleito ao Cabido de Lugo e ao Arcediago de Sárria por reivindicación de bens en Santiago de Farbán , e tamén con el pr reivindicación de bens da Capela de Santiago do Mercado.
........DÍAZ DE GUITIÁN.- Natural de Monforte de Lemos . Fillo de Manuel Rodríguez e de Ana Díaz de Guitián. En 1609 embarcou para a illa de Santo Domingo.
ANDRÉ DÍAZ GUITIÁN .- Faleceu en Chorente o 3.05.1873 aos 78 anos.
ARES DÍAZ DE GUITIÁN .- En 1457 o arcebispo de Santiago de Compostela, Rodrigo de Luna, mandou que o Conde de Trastamara soltase e lle entregase o Couto de San Sadurniño de Froián que " é xurisdición apartada e non suxeita á Vila de Sárria".
ARES DÍAZ DE GUITIÁN .- Cura pàrraco de Santa María de Vilar- En 6.06.1590 , perante o escribán de Sárria , Xoán López, aforou as fincas do igrexario en renda de 6 fanegas de centeo.
BARTOLOMEU DÍAZ DE GUITIÁN.- Escribán da Súa Maxestade en Sárria ( 1703 ) Fillo de Bernabé López. Naceu darredor de 1661. Casou con María Sebastiana de Burgos e Oviedo . Fillos: Xulián Díaz de Guitián ( escribán ), Manuel Díaz de Guitián Eufemia e Francisca de Burgos Díaz de Freijo . Pola Casa do Arrabaldo ocupada por Alonso Barallobre, ferrador, e este da súa orde , pagaba 24 reais , para axuda da lámpada do Santísimo , a Fábrica da Igrexa de San Salvador de Sárria, por manda de Xoana de Guitián e Quiroga . Arrimado á casa vella alzou o Cuarto Novo . Faleceu en Santa Mariña de Sárria o 10.02.1732 . Deixou unha manda de 30 misas.
BIEITO DÍAZ GUITIÁN .- Escribán en Sárria. Consérvanse protocolos entre 1687 e 1731.
BIEITO DÍAZ GUTIÁN.- Fidalgo , veciño de Santa María da Pen, Xuiz di Couto do Caritel ( 1753 ) Declarou ser de 56 anos, casado, e ter con el na súa casa dúas sobriña, dúas criadas maiores, dúas menores e tres criados.
BRAIS DÍAZ GUITIÁN.- Veciño de Vilarello ( Láncara ) .Ordeado subdiácono en Lugo o 18.12.1761.
BRAIS DÍAZ GUITIÁN.- Escribán ( 1814 )
CAETANO DÍAZ DE GUITIÁN.- Fidalgo de Santo Estevo de Eirexalba,
CARLOS DÍAZ DE GUITIÁN .- ( ou Losada Ribadeneira ) Da Casa de San Sadurniño de Froián . Fillo de André Díaz de Guitián Losada e Ribadeneira e Inés Somoza de Orozco ( século XVIII ).
CATARINA DÍAZ DE GUITIÁN.- Filla do escribán Bartolome López e de Inés Díaz de Gutián. Casou co escribán Bartolome Vuelta de Teza. O 24.11.1592 xunto cos seus irmáns Pedro e María vendeu ao Reximento da Vila o Leiro e Cortiñeiro de fronte San Salvador para o hospital que mandou facer don Dinís de Castro e Portugal
CATARINA DÍAZ DE GUITIÁN.- Casou con Rui López de Saavedra , da Casa Grande de Sárria. Testou en 1620 perante Diego Álvarez de Riba Martín, " O Vello", e morreu en 1620. Pleiteou con Xoán López do Barrio sobre pagamento de maravedís pola Escribanía de Número da Vila de Sárria, que era do Conde de Lemos.
CLARA DÍAZ DE GUITIÁN.- En 20.03.1616 , estando viuva de Gómez Aresm como titora dos seus fillos menores , vendeu a renda de 20 reais que lles pagaban Domingos López e a súa muller Catarina Díaz, a Alonso López de Saavedra e María Díaz de Guitián , en prezo de 20 ducados .Foi enterrada na igrexa do mosteiro da Madalena de Sárria.
CLARA DÍAZ DE GUITIÁN .- ( 1641 ) Tiña bens urbáns e rústicos en misturas con Gómez Ares do Páramo e María Ana Saavedra e en rendas de 2 fanegas de trigo, 74 e media fanegas de centeo, 6 leitóns , 34 capóns e 1 carga de viño-
DIEGO DÍAZ DE GUITIÁN. .Señor do Couto de San Sadurniño de Froián, casao con Ana ( María ) e Setien e con Milia Losada . Foi enterrado no arcosolio existente na igrexa de San Sadurniño de Froián ( primeira metade do século XVI )
DIEGO DÍAZ DE GUITIÁN.-
DIEGO DÍAZ DE GUITIÁN.-
FERNANDO DÍAZ DE GUITIÁN.-
FRANCISCO DÍAZ DE GUITIÁN.-
FRANCISCO DÍAZ DE GUITIÁN.-
FRANCISCO DÍAZ DE GUITIÁN.-
FRANCISCO ALONSO DÍAZ DE GUITIÁN.-
GREGORIO DÍAZ GUITIÁN .-
GÓMEZ DÍAZ DE GUITIÁN.-
GONZALO DÍAZ DE GUITIÁN.-
INÉS DÍAZ DE GUITIAN.- Casou co escribán Bartolomeu López. Fillos. Pedro, Catarina e María Díaz de Gutián. Era dona do Leiro e Cortiñeiro de fronte da igrexa de San Salvador, Morreu antes de 1592,
INÉS DÍAZ DE GUITIÁN.- Morreu o 3.02.1655 , intestada.
LEONOR DÍAZ DE GUITIÁN.-
LOPE DÍAZ DE GUITIÁN.-
LOURENZO DÍAZ DE GUITIÁN.-
LUCAS DÍAZ DE GUITIÁN.-
MANUEL DÍAZ DE GUITIÁN.-
MANUEL DÍAZ DE GUITIÁN.-
MANUEL DÍAZ DE GUITIÁN.-
MANUEL DÍAZ DE GUITIÁN.-
MANUEL DÍAZ DE GUITIÁN.-
MANUEL DÍAZ DE GUITIÁN.-
MARÍA DÍAZ DE GUITIÁN.- Filla do escribán Bartolomeu López e de Inés Díaz de Guitiá, O 24 de novembro de 1592 xunto cos seus irmáns Pedro e Catarina vendeulle ao Reximento da Vila o Leiro e Cortiñeiro de fronte San Salvador para o hospital que mandou facer don Dinís de Castro e Portugal.
MARÍA DÍAZ DE GUITIÁN.-
MARÍA DÍAZ DE GUITIÁN.
MARÍA DÍAZ DE GUITIÁN.-
MELCHOR DÍAZ DE GUITIÁN.-
PEDRO DÍAZ DE GUITIÁN.- Fillo do escribán Bartolomeu López e Inés Díaz de Guitiá, O 24.11.1592 xunto coas súas irmás María e Catarina vendeu o Leiro e Cortiñeiro de fronte San Salvador para o hospital que mandara facer don Dinis de Castro e Portugal ,
PEDRO DÍAZ DE GUITIÁN.-
PEDRO DÍAZ DE GUITIÁN.-
PEDRO DÍAZ DE GUITIÁN.-
PEDRO DÍAZ DE GUITIÁN.-
PEDRO DÍAZ DE GUITIÁN.-
RAMÓN DÍAZ DE GUITIÁN.-
VASCO DÍAZ DE GUITIÁN.-
XESÚS DÍAZ GUITIÁN.-
XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOÁN ANDRÉ DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOANA DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOAQUÍN DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOSÉ DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOSÉ DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOSÉ DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOSÉ DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOSÉ DÍAZ DE GUITIÁN.-
XOSEFA DÍAZ DE GUITIÁN.-
XULIÁN DÍAZ DE GUITIÁN.-
XULIÁN DÍAZ DE GUITIÁN.-
ANTONIO DÍAZ DE GUITIÁN E CEDRÓN.- Sobriño de Xoán Díaz de Guitián ( século XVII ).
ANDRÉ DÍAZ DE GUITIÁN LOSADA E RIBADENEIRA.- Señor do Couto de San Sadurniño de Froián . Fillo de Diego Díaz de Guitián e Xoana de Ribadeneira . Casou con Inés Somoza Orozco . da Casa de Dompiñor. Fillos: Pedro, Carlos, Diego e Santiago Antonio Losada Ribadeneira ( século XVIII )
...............................
XOÁN DÍEZ DE GUITIÁN.- Frade do Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria. En 1568 ao se prodiucir a redución da Orde dos Venerables Mártires de Cristo ( "Madalenos" ) á Regular Ouservancia da Orde de Santo Agostiño declarou ter por bens propios 3 reais , unha cama e o seu hábito. Era un frade pobre que non tiña rendas nin bens propios. Exercía como mordomo do mosteiro.
*************************************************************************************
MEMBROS DA FAMILIA DÍAZ DE GUITIÁN BAUTIZADOS EN SANTA MARIÑA DE SÁRRIA
( 12.03.1656 ) XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN.- Fillo de Leonor Díaz de Guitián Armesto, muller libre , que deu por pai a Diego Valcárcel de Quiroga , mozo libre .
( 7.02.1703 ) XULIÁN DÍAZ DE GUITIÁN .- Fillo de Bartolomeu Díaz de Guitián , escribán, e de María Sebastiana de Burgos. Naceu o 27.01.1703.
( 8.10.1731 ) XOÁN ANTONIO DÍAZ DE GUITIÁN CASTRO.- Fillo de Xoàn Díaz de Guitián e María de Castro . Avós paternos; Bartolomeu Díaz de Guitián e Manuela de Burgos. Naceu 9 8.10.1731.
( 6.09.1738 ) AGUSTINA ANTONIA DÍAZ DE GUITIÁN VARELA.- Filla de Diego Varela e Antonia Díaz de Guitián. Avós paternos: Xosé Rodríguez Varela e María Antonia Arias. Avós maternos: Martiño Díaz de Gutián e María Taboada ( de Portomarín ).
( 16.05.1742 ) XOSEFA XOANA DÍAZ DE GUITIÁN DE LA PEÑA.- Filla de Xulián Díaz de Guitián e Xosefa María de Burgos. Avós paternos : Bartolomeu Díaz de Guitián e Xosefa María de Burgos. Avós maternos : Marco Antonio de la Peña e María Díaz de Somoza.
( 11.09.1775 ) XOSÉ ANTONIO DÍAZ DE GUITIÁN DE LA `PEÑA.- Fillo do escribán Antonio Guitián e de María de la Peña. Avós paternos : André López Guitián e Xoana Díaz ( de Paradela ) Avós maternos: O escribán Xulián Díaz de Guitián e Bárbara de la Peña. . Nacdeu o 4.09.1775.
Comentarios
Publicar un comentario