SANTA MARIÑA DE SÁRRIA : IMAXES E ALFAIAS DA IGREXA ( 791 )

       SANTA MARIÑA DE SÁRRIA : IMAXES E ALFAIAS DA IGREXA              (  791  )

(  10 de novembro de 1746 ) 

MEMORIAL  DAS  ALFAIAS  QUE TEN A IGREXA DE SANTA MARIÑA DA VILA DE SÁRRIA  ONDE É CURA DON XOÁN DE LA PEÑA, E SON AS SEGUINTES :

Primeiramente o ALTAR MAIOR  antigo coa figura de oito virxes  e os catro evanxelistas xa deslustrada, a imaxe da NOSA SEÑORA DO ROSARIO de vestir  e ten tres vestidos de raso de diversas cores co súa coroa de prata, e rostriño de diversas doas falsas e outras composicións.

A imaxe de SANTA MARIÑA de bulto, as imaxes de SAN PEDRO e SAN SEBASTIÁN de bulto ,  pintadas  de novo , unha imaxe dun SANTO CRISTO  xa vella  a súa talla e crebantado  en partes, dous candeeiros  de metal medianos , e outros dous de pau pintados antigos, un marco de pau pintado , un frontal morado coas súas cenefas encarnadas xa usado, unhas cortinas verdes de tafetán  , digo, de damasco branco coa súa cenefa encarnada coa que se cubre a porta da Custodia.

Hai catro colaterais , o un de SAN XOÁN BAUTISTA que é  onde están fundadas  as capelas  de San Xoám e Santa Mariña, chamadas don Guitiáns; ten un retábulo  dourado e pintado  e nek o señor San Xoán Bautista e ten tres vestidos de raso de diferentes cores; e ás beiras  dous santiños  baixos, o un ao parecer  SAN BIEITO e SANTA BÁRBARA ;  outro chamado de SANTA CATARINA , non ten retábulo , ten un  CADRO DO SANTÏSIMO CRISTO DE BURGOS  que o remesou don Xosé Álvarez , natural da dita  vila e veciño da vila e corte  de Madrid  e ten unha caixa pintada e dentro dela  a imaxe da NOSA SEÑORA DA SOIDADE  de vestir  e ás beiras as imaxes de SANTO ANDRÉ  e SANTA CATARINA, xa vellos , e teñen as súas táboas de manteis   e as súas aras, porén  a de Santa Catarina  privouse o que se diga misa con ela , o que se executa, Ten  uns frontais de augamazís  pintados e baixos, ten outros dous candeeiros de pau que serben aos ditos altares.

Ten outro colateral  no que está  fundada  a capela de Domingos Fernández e ten un retábulo  sen pintar  e nel unha imaxe do SANTÍSIMO CRISTO de bulto mediano , as imaxes  da NOSA SEÑORA"A PREÑADA", SAN DOMINGOS e SANTA ENGRACIA, todos pintados e dourados  e unha cruciña de pau,  patena, bulsa  e corporais.

Hai tres MISAIS . o un mediano que o deu Don Xoán  Díaz de Guitián , capelán que foi das capelas de San Xoán e Santa María ( )  para decir as misase para a capela de Domingos Fernandez , o seu pai, outros dous vellos  e todos teñen  un atril de pau; ten a  dita igrexa  un  PALIO  vello  de seda  que case non serve por ser moi antigo; un guión CRUZ  de metal antigo , que é a cruz da parroquia ; ten dous CONFISIONARIOS  , de táboas; dous BANCOS  de catro pés ; unha ANDIA  para poñer cera ; cando morre algún , un ESCANO para traguer os defuntos ;  unha escada para facer o o sepulcro , dúas ARCAS vellas coas súas chaves para o necesario ; dous CAIXÓNS  medianos  para os ornatos, unha CRUZ  na sancristía  está vella,

Ten un ornato de damasco encarnado coa súa cenefa branca e componse de manípulo . estola , alba , amito, cíngulo  e bulsa cos seus corporais  que alcanzou da Súa Maxestade  don Pedro Faustino  natural e veciño desta vila   a petición  de min dito Cura  por ser a igrexa pobre ; ten outro que o mandou facer o dito cura de Pevana  de seda verde  coas súas flores de diversas cores con estola  e manípulo forrado  en tafetán  encarnado  ; ten outro  de damasco encarnado coa súa cenefa  de easo verde  e branco  xa usado coa súa bulsa e ten os seus corporais  e o mesmo ten o de arriba, ten outro de damasco branco  xa vello ; ten un terno negro  que serve para as misas de defuntos  e a  todas tres iguais , componse de capa ,  casula , dalmáticas e o necesario para elas, bulsa dos corporais  e pano para o cálice  vellos  compuxéronse ; ten tres albas ademais  da do ornamento  novo, ten unha estela  vella cos seus encaixes , e algúns paniños  para limpar as mans ; ten peliz vella  cos seus encaixes, uns candeeiros  grandes vellos ; ten un cálice  grande coa súa patena  de prata  sen dourar que  din que a deu  para a igrexa María Rodríguez , natural  da vila  e freguesía  e veciña en Madrid  ; ten outros dous cálices  pequenos  dourados  en algunhas partes  coas súas patenas. O un din é das capelas de San Xoán, non sei por certo se  é asi  e para a dita capela hai un ornato de penasquiño  azul coa súa cenefa encarnada  co seu manípulo  e estola  e unha alba co seu amito ;  un copón grande ten a dita igrexa dourado en algunhas  partes que está no sagrario  coas súas  cobertas de tea  de raso ; ten un relicario pequeno  para  levar o viático  aos enfermos, e un roquete de tafetán  encarnado  coa súa puntilla de prata falsa   e  cordón dourado  para levalo ao colo  o sacerdote ; ten  tres panos  de cálice , dous encarnados e un verde ; unha lanterna  baixa , un botafumeiro antigo ;  unha lámpada  grande nova  que a deu don Xosé Álvarez para a igrexa ; outra pequeniña, unha e outra de metal que deu de esmola Eusebio López ao San Xoán ; un ropido onde  están os santos óleos nas súas caixiñas de prata; dúas campás no campanario , e  unha clocha grande no arco da igrexa e un pequeniño para tocar a santos, Unha caldeiriña baixa  de cobre  para a auga bendita, Unha aloba de baeta de cen fíos.

E para o colateral  da NOSA SEÑORA DA SOIDADE e a súa CONFRADERÍA   deu o dito don Xosé Álvarez as alfaias  seguintes  que están na igrexa  para o seu culto  e veneración  e consta neste libro  a folio 55 volta e 56 da que remesei tamén copia  e para que conste asínoo a dez días do mes de novembro do ano de mil setecentos e corenta e seis.

                                                    Xoán de la Peña Somoza 

.................................................................................................................................................................... 

 

Comentarios

Publicacións populares