Festivais folclóricos en Sárria
FESTIVAIS FOLCLÓRICOS EN SÁRRIA
I FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL "VILA DE SÄRRIA" ( 23 de xuño 1990 )
I FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL "VILA DE SÄRRIA" ( 23 de xuño 1990 )
Tivo lugar no desaparecido Campo de Fútbol das Insuas coincidindo coas festas do San Xoán, como primeiro acontecemento desas xornadas festivas.
Tivo una duración de tres horas e contou coa participación do Ballet Folclórico da URSS, o "Grupo de Baile do Pazo da Cultura Rostselmash" da cidade de Rostov, o conxunto de instrumentos rusos "Kalinka" e o grupo de voces "Rudichenco". Estes grupos rusos estiveron acompañados polo " Ballet Folkclórico de la Universidad de Veracruz ( México ), o Ballet Andaluz de Paco Ferrer , de Almería, e o grupo galego "Lembranzas" de Vigo.
Programa: Recepción o dia 23 ás 13 horas na Casa da Cultura; ás 13:30 os grupos instrumentais e coros de voces ofrecron un recital no Malecón; ás 20 horas houbo pasarrúas cos diferentes grupos, e ás 21 horas deu comezo do festival.
A organización correu a cargo da Federación Galega de Grupos de Danza, en colaboración coa Consellería de Cultura e Xuventude e do Concello de Sárria. A entrada foi libre.
Comentarios
Publicar un comentario