Plano de Poboación de Sárria ( 1930/1939 )
PLANO DE POBOACIÓN DE SÁRRIA ( 1930/1939 )
Sesión do Concello de Sárria de 8 de setembro de 1939.- ( Alcalde: Manuel López Mosteiro )
Sesión do Concello de Sárria de 8 de setembro de 1939.- ( Alcalde: Manuel López Mosteiro )
"......... PLANO DE POBOACIÓN.- " Posto riba da mesa o proxecto de urbanización parcial desta Vila, feito hai anos, pois data de marzo de 1930, asinado polo Arquitecto do Colexio Oficial de León, Don Francisco Sanz e Fernández, ao que se xuntan a correspondente memoria explicativa e conseguintes relacións de fincas urbanas e soares que o mesms comprende, o Sr. Alcalde-Presidente dalle azos ao interese da Comisión Xestora para que esta examine detidamente estes documentos e estude a súa utilidade ou non e a conveniencia de aceptalo e na súa consecuencia aprobalo, ou ben desbotalo. Os Sres. Xestores , achando plausible o interese da Presidenza pola inmediata urbanización desta Vila, que tanto a require e compartindo co mesmo eses propósitos , estudan detidamente o indicado proxecto parcial de plano de poboación, segundo dito queda o interesou a Alcaldía-Presidenza e prestanlle a súa aprobación en principio, sen prexuizo das modificacións que suxira máis adiante un máis maduro e detido exame do mesmo, por non ser labor de momento, cuxas modificacións , se fosen procedentes, podería levar a efecto o propio autor do aludido proxecto ou ben outro técnico , en defecto deste, para o caso de que cheguen a xurdir dificultades neste aspecto. E tamén acorda a Comisión Xestora , por unanimidade, que se estude a conveniencia ou non de sustituir o citado proxecto parcial por un xeral desta Vila, que abranga todo o casco de poboación da mesma , delimitando antes este con puntos de referenza que separen debidamente a zoa urbana do extrarradio. E polo que fai ao pagamento de honorarios, en calquera forma que en definitiva se resolva en relación ao proxecto parcial a que queda feita referenza, queda facultado o Sr. Alcalde -Presidente , para que en nome e representación da Comisión Xestora , acorde co autor os honorarios a satisfacer dentro da consiación ao efecto existente no orzamento.,,,,....................."
PROXECTO DE CASCO URBÁN
Sesión do Concello de Sárria de 13 de outubro de 1939, supletoria da do día 8 anterior.
"........................PROXECTO CASCO URBÁN.- Posto riba da mesa o gráfico do proxecto de casco urbán desta Vila e, previo o estudo que do memso se fixo detidamentem e visto o informe favotrable emitido con anterioridade poloa Comisión Muncipal de Fomento, ao que se lle deu leitura, a Comisión Xesora acordou por unanimidade en votación regiulamentaria, prestarlle a súa aprobación en principio, quedando delimitado por un poligono irregular de dez lados , cuxos vértices están repesentados na seguinte maneira:
Número 1 : Estación do Ferro-carril do Norte.
Número 2 : Ponte do Mazadoiro
Número 3 : Cruzamento da "Corga de Formigueiros" pola estrada de Nadela a Campos de Vila Número 4: Saída da "Corga de Formigueiros" na Estrada de Sárria a Becerreá
Número 5 ; Ponte de Ferro da Estrada de Sárria a Samos.
Número 6 : Ponte Ribeira
Número 7 : Empalme do camiño de subida á feira coa Estrada do Mazadoiro a Lamarrigueira
Número 8 :Ángulo que forma a Avenida da Feira , coa liña divisoria desta con fincas de propiedade particular.
Número 9 : Convento dos RRPP Mercedarios
Número 10 : Ponte de Celeiro
.....................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario