Sárria ( 1822 )

                         SÁRRIA NO PRIMEIRO LIBERALISMO  ( 1822 )

       A  memoria dos pobos esmorece axiña. Pasan os tempos e a lembranza de homes e feitos vaise esluindo no tráfego cotián. Somentes algunhas follas cobertas de poo nos andeis de calquer mal chamado arquivo nos pode facer revivir  homes, nomes e estampas xa pasados.
  
       Froito de moitos intres adicados ao coñecemento do pasado na nosa vila son estas lembranzas do século XIX, que principan coas aportacións máis antigas  que, ata de agora, puiden achar, referidas todas elas aos libros dos acordos do Concello de Sárria no ano 1822, 
      O desamor aos propios valores fai que non se dea unha continuidade nas fontes documentais, mais a pesares de tales chatas en anos sucesivos verán a luz outros datos non menos interesantes.

    Xa nos seus comezos o Arquivo Comarcal é de desexar que todos os amantes das cousas sarriás faciliten datos e documentos que permitan , no seu día, levar adiante un Servizo de Publicacións Sarriás e sirvan de base para tesinas de historiadores vilegos.

       Centrándonos xa no noso traballo miremos cara o ano 1822, ano de fervenzas liberias, que deron en Sárria o primeiro grande pulo do século XIX.
            Cronolòxicamente os feitos relevantes foron como agora se contan:

      2 de xaeniro: Toman psesión como alcaldes constitucionais don Pedro López Valcarce e don Manuel Pardo.

      5 de xaneiro : Posesión dos concelleiros Xoán Díaz de Freixo, Agostiño López de Silva, Xoán Fernández Batallón,  Bieito de Arcos, Xosé Torres , Matías López e don Inacio Fernández. O concello axuntábase sábados e martes. O Duque de Alba concedeulle facultades ao Concello para encher con reblo os foxos da Fortaleza ( oficio de 1 de xaneiro ).

       6 de xaneiro: Adxudícase a sisa do viño a Sebastián de Armesto e Xosé Díaz en 12.0000 reais.
       12 de xaneiro: Nomeamento de Secretario a favor de don Xoán Araújo e Taboada, coa dotación anual de 200 ducados.

        Neste mes de xaneiro hai moitas comuncacións  darredor da constitución dos concellos constitucionais de Láncara, Reboiro, Somoza Maior de Lemos, Guntín de Lemos, , Paradela, Casro de Rei de Lemos, O Incio, Somoza de Vilouzán, Pinza e Meixente,  Vilapedre e  Lóuzara.

       16 de febreiro::  Don  Cibrao Saavedra , cura reitor de Santa Mariña de Sárria e 86 viciños máis da vila, piden que se estableza unha Escola,  nas aulas onde se ensinaba Gramática, dotándoa cos medios dos Hospitais de San Làzaro e Santo Antón Abade ( Obra Pía ) . O mestre, Manuel Vázquez, de Vilar de Sárria, dera xa escola dende o 7 de novembro de 1920, e tivera que parar  porque non lle pagaban.  Para completar  o  soldo solicítase tamén parte da consinación dos Ramos. Esta petición froi trasladada o 7 de febreiro , e pediuselle determinación á Deputación Provincial de Galicia ( con sede na Coruña ).

      12 de marzo :  Oficio sobre a celebración o día 19 , en San Salvador, dunha función relixiosa  para celebrar a promulgación da Constitución. Asistirán os párrocos, a comunidade de Agostiños e o alcalde e secretario de 1820: Manuel Xosé de Camba e Xosé Mº Pérez Feixóo.

     16 de marzo:  Comunicacións dirixidas aos Concellos da Somoza de Vilouzán ( ou Somoza Menor ) e Castro do Rei.

     26 de marzo :A Deputación aproba o expediente da escola. O mestre terá que pasar exame..

      30 de marzo:   Nomease a Xunta das Escolas da que era membro dela o cirurxano Pedro González Seijas.

      12 de abril : Pídeselles aos párrocos a  relación mensual de nacementos , mortes e casamentos.

          2 de maio : Aniversario do Día da Independenza, celebrado no Convento de Santo Agostiño ( Mosteiro da madalena ). Houbo desvcarga de pólvora seca..

         6. de maio :  Denuncias de que se vende viño aviñagrado.  Fixan os prezos : O de Valdeorias a 7 cartos, o de Quiroga , a 6 e medio e o de Monforte , a 6.
 
         7 de maio: Oficios dirixidos aos Concellos de  Castro do Rei, Samos, O Incio, Reboiro, A Pinza e   Paradela. Queren crear oito  escolas, pagas en grá polos pais.,

         18 de maio: O mestre Xoán Vázquez, ten que pasar exame " e para que no sucesivo non se iñore o día no que se principiou a poñer a escola neste ano , en virtude do mandado polo Señor Xefe Politico , acordouse estampalo aquí para eterna memoria. Don Manuel Vázquez principiou a poñer escola de primeiras letras na vila de Sárria aos nenos que quixeron concorrer  da vila como de fora delas en 22 de abrilde 1822".

          21 de maio: Multa ao alcalde  de Reboiro por non mandar  o parte de presos. O prezo do viño de Quiroga fíxase a 8 cartos o "aguartillado".

       4 de xuño : É obriga do Concello pagar ao gaiteiro, e dar cera a particulares e cregos que concorren á festa do Copo de Criito ( Corpus Chrisiti ) , festa oficial do Concello . Asiste a garda nacional.
Prezos de algúns produtos: fanega de pan, 21 cartos; un carneiro, 7 e medio; un cabirto, 6 ; par de capóns , 8 ; leitón cebado, 28 ; galiña, 2 ; libra de manteiga, 2 ; libra de cera en entena, 6 ; fanega de trigo, 20 e fanega de millo , 20.

          15 de xuño: Colocan o letreiro da Praza da Constitución, na casa de Xosé Novoa ( máis adiante foi alcalde absolutista)

           18 de xuño:  A propiedade o cárcere interino de Sárria  correspóndelle ao Conde de Lemos, e pídenlle permiso para retificar con seguridade outra casa.
.
        Orzamento  do Concello: Xuiz; 11.000; Alcaide carcereiro: 548 ; Secretario: 2.200 ; Pregos do condutor de valixa a Lugo: 480 ; Outros pregos, 300 ; gastos de escritorio; 500. Total: 15.028 reais de vellón..

         Outro orzamento: Xuiz: 2,200;  Secretaría; 300 ; Escritorio : 300 ; Aluguer da casa Conisstorial: 300 ; Dotación do mestre; 2.200 ; Arranxo da casa do Concello; 1.200 ; Compostura de rúas e pontes; 2.000;  Repasar obras de comodidade e adorno; 1.000; Porteiro: 548. Total: 9.748 reais de vellón.

      2 de xullo: Hai dar parte dos cregos que ao rematar as misas do domingo non explican a Constitución aos fregueses.

         6 de xullo: Reclaman os documentos e cretos do Hospital. de Santo Antón Abade, Hai unha partida militar acantonada na vila.

            30 de xullo: Decretan a venda libre do sal..

         Os acontecementos politicos daquel tempo traguerían máis adiante unha  volta atrás  na que Sárria, sen dirixentes axeitados, camiñou desnortada , máis iso é xa outro conto, para ser falado, se teñen paciencia, no ano vindeiro.                                                                                                                                                                            
                                                                                    XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS






ega

Comentarios

Publicacións populares