Sárria ( 1879 )
SÁRRIA ( 1879 )
A tradicional festa do Corpo de Cristo ( Corpus Christi ) , costeada polo Concello, saíu naquel ano por 125 pesetas.
Pasada a época do grande alcalde don Anxo Fernández Gallego, somente a actividade dun mecenas, don Matías López, e a doazón do sacerdote don Xoán María López de Almance imrprimirían un novo rumbo a unha vila que aparecía adurmiñada.
O ferrocarril faría o resto.
XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS
O ano 1879, de entre os do século XIX, non foi precisamente dos máis siñificativos. A vila, pasadas xa as conmocións e vaivéns que as "carlistadas" e os asuntos da polìitca produciran , sen esquecer os desordes da década anterior por cuestións do pagamento de impostos, nos que interviu mesmo a autoridade militar, entraba xa nun período que non era senón preludio do grande salto cara adiante que suporía o remate das obras do túnel do Oural, que traguería grande trasformación dunha vila señorial e castrexa por outra de signo ben diferente.
Abríuse o ano co tece e destece da formación dun novo Concello e as eleccións de Deputados a Cortes para as que sinalaron locais electorais no Oural, Sárria e Corvelle.
Conmoción en toda comarca produciu ao afundimento ás 11 da noite do 21 de febreiro " do arco maior da Ponte Ribeira, sito riba do río Sárria na inmediación desta vila, que enlaza a mesma cos distritos de Samos e O Courel e con Castela". Para o seu reparo pedíuselle axuda á Deputación Provincial , e esta respostou que non había recursos por non ser vía provincial o camiño de Triacastela. Ese arco nunca sería reposto e ata darredor de 1930 tivo un taboeir monatdo riba de graves de madeira, sustituído entón por traves de formigón e lousa do mesmo material. Cincuenta anos despois o Concello alargou a ponte con obra de formigón , e o ollo grande resultado desas obras foi eliminado en 2014 pola Confedaricón Hidrogáfica do Miño-Sil nunha discutida actuación coa que tenciona eliminar o estribo inmedato ao Malecón. Para unhas e outras actuacións non se tivo en conta que o Camiño de Santiago tem a súa entrada na vila de Sárria por esta ponte , e que como ben histórico debía ser obxecto de máis escrupulosa atención.
No mes de maio de 1879 invertiron 300 pesetas no arranxo da Rúa Principal ( que ainda tardaría anos en ser chamada Rúa Maior ) e 46,60 pesetas foron destinadas á única fonte pública permanente, e con auga potable, existente na vila: A Fonte Ribeira.
A tradicional festa do Corpo de Cristo ( Corpus Christi ) , costeada polo Concello, saíu naquel ano por 125 pesetas.
O día 1 de xullo de 1879 tomou posesión o novo Concello no que permaneceron oito concelleiros do anterior. Compoíano o alcalde don Manuel Vaamonde e os concelleiros Xusto Macía Vaamonde, Euxenio Neira Solance, André de Castro Laureano Álvarez Pereira, Anxo Fernández Gallego, Manuel López Valcárcel , Xosé Fernández Montenegro, Xosé Somoza Díaz, Manuel Bieito González, Antonio Grandas , Euxenio Álvarez Pedro Rodríguez, de Tribui Hilario Pombo, Antonio Vázquez e Xoán Carreira. Varios destes concelleiros foran alcaldes en concellos anteriores e existían elos familiaires entre un bon número deles. Fudamentalmente a vida administrativa local xiraba darredor da familia Macía, que viña ocupando tamén a Secretaría e a Oficialía do Concello a traveso de Antonio Vázquez Macía e Amador Macía. Esa circunstancia facía que moitas veces a metade dos concelleiros tivesen que abandoar a sala e as deliberacións por razón de parentesco , cando trataban asuntos que afectaban a algún deles.
A eoenza do secretario paralizou a actividade administrativa bastante movida en circunstancias normais, e en todo o ano tan só se reuniu tres veces , deixando de facelo a partir do 27 de agosto..
O ex-cpnvento de Agostiños ( Santa María Madalena de Sária ) seguía en estado de abandono que se iniciou cando o Estado llo entregou ao Concello. que non tiña moitos recursos e por esta razón non puido facer fronte aos gastos que para convertilo en Cuartel da Garda Civil sinalab como necesarios a o alférez da mesma, e aínda non colaborando para o seu mellor establecemento , ao mesmo tempo rogaban que a forza quedase acuarteladada na vila. . Inexplicable actitude. O desinterese do Concello por un amplo edificio que tería satisfeito todas as necesidades pùblicas en materia de equipamentos ( escolas, cárcere , xulgado, garda civil, cuartel militar... ) naceu, seguramente, do feito de que todas as familas ricas da vila colleran un ou varios espazos no convento para o seu uso particular, arbitrario e gratuíto, , e finalmente o Concello acabaría devolvendolloe a edificación ao Estado.
Como viña sendo habital o alumeado público ( por aceite ) foi adxudicado a Xoán Díaz de Castro en 425 pesetas, en tanto que polo alumeado dos cabozos do cárcere pagáronlle 250 pesetas a Xosé Monteagudo Castro.
Unha fanega de trigo pagábase a 18 pesetas; a de centeo a 13; un cocho cebado estaba en 40 pesetas; e un par de capóns, 2,50 pesetas . O Concello gastou naquel ano en atender as escolas 2.427 pesetas , 4.700 pesetas levounas o cárcere e 2.800 pesetas foron destinadas a obras públicas. Os gastos de represión no cárcere eran o duplo dos gastos de formación nas escolas.
Sárria era tan só a parte alta , na ruta antiga das peregrinacións ( A Vila ) . O antigo Hospital de San Lázaro quedaba extramuros da vila , na parroquia de San Pedro de Maside, e eran escasas as edificacións que apareceran nas estradas de Portomarín ( Barrio da Duquesa ) , de Neira de Rei ( só iniciada ) e na de Nadela a Campos de Vila.
Era aquel un mundo reducido no que tamén as aspiracións eran mínimas. Todos agardaban a chegada do ferrocarril.
Pasada a época do grande alcalde don Anxo Fernández Gallego, somente a actividade dun mecenas, don Matías López, e a doazón do sacerdote don Xoán María López de Almance imrprimirían un novo rumbo a unha vila que aparecía adurmiñada.
O ferrocarril faría o resto.
XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS
Comentarios
Publicar un comentario