Riada de 1909
A RIADA DE 1909
( 20, 21 e 22 de decembro)
(EL NORTE DE GALICIA:Periódico político y de información.; Lugo, 23/12/1909)
GRANDE INUNDACIÓN
( EL PROGRESO: diario liberal. Lugo, 23.12.1909 )
OS NOSOS CORRESPONDENTES
DESDE SÄRRIA ( por telégrafo )
O temporal de chuvias desencadeado na nosa vila é importantísimo.
Non se recorda de moitos anos a esta parte unha cousa así.
..................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO: diario liberal ; Lugo, 25/12/1909 )
...................................................................................................................................................................
( EL NORTE DE GALICIA: periódico político y de información ; Lugo, 26/12/1909)
O TREMOR DE TERRA
Porde ser confirmada a nova que demos no número anterior , respecto a que se sentiu un lixeiro tremor de terra.
A prensa de Ourense di que tamén alí se sentiu.
EN SÁRRIA
( 20, 21 e 22 de decembro)
(EL NORTE DE GALICIA:Periódico político y de información.; Lugo, 23/12/1909)
GRANDE INUNDACIÓN
.... O servizo da liña férrea quedou interrompido Desde Monforte a Bóveda había treitos de máis de cincocentos metros en condicións imposibles para circular os trens.
Desde Bóveda ao Oural ocorreu o mesmo e ademais caeu unha balancada na entrada do túnel do Oural.
Desde o Oural a Sárria e de Sárria á Pobra treitos de cen e de douscentos metros quedaron tamén intransitables.
Din que unha ponte máis aló do Oural caeu.
As augas asolagaron por completo a veiga de Sárra, parte da de Quiroga e o Val de Lemos chegando nalgúns puntos aos cinco metros por riba do nivel ordinario.
En Samos e en Bóveda caeron algunhas vivendas e a corrente tremenda , arrastrou gados, trebellos, árbores, froitos e din tamén que pereceron algunhas persoas, aínda á hora que escribimos estas liñas isto non estaba comprobado.
......O Gobernador civil , na compaña dos enxeneiros de Obras públicas , do Comandante da Garda civil e outros funcionarios saíu nun automóbil da Ferrocarrilana cara Sárria co obxecto de atenderen ao máis urxente e posible, e seguir o traxecto que lles permitisen as augas.
As chaves foron xerais e excepcionais.
O correo ascendente que pasou por Lugo ás 11 saeu da Pobra de San Xiao con catro horas de retraso e só puido chegar a Monforte e iso con toda clas de precaucións.
O paso do tren entre a Pobra e Sárria débese sen dúbida ningunha a que o persoal de vías e obras se multiplicou e traballando con heroísmo secundou ás ordes do sobrestante D. Felipe López, que amosou de modo completo que ten coñecemento total da liña e que a vixía e coida con detalle.Merecen os nosos parabéns.
Na parte máis baixa de Sárria son moitas as casas que están alagadas . So os danos do Sr. Zaera cuxa casa está perto da Estación do ferrocarril , calcúlanos en máis de 4.000 duros.
Sábese de familias enteiras ás que se lles inundou totalmente a casa e perderon todo o que tiñan , quedando na rúa sen recursos nin medios de subsistenza.
.................................................................................................................................................................( EL PROGRESO: diario liberal. Lugo, 23.12.1909 )
OS NOSOS CORRESPONDENTES
DESDE SÄRRIA ( por telégrafo )
O temporal de chuvias desencadeado na nosa vila é importantísimo.
Non se recorda de moitos anos a esta parte unha cousa así.
Algunhas rúas e avenidas presenta o aspeto de verdadeiras lagoas facéndose completamente imposible o tránsito.
Moitas casas de lugares de perto da vila foron asolagadas e a chuvia é de tal maneira intensa que ameaza converter esta comarca nun lago imenso.
Nos pobos de perto da vila , non é posible de maneira ningunha dar un paso.
Os danos ocasionados pola auga e o vento aciclonado son importantísmos, sobre de todo nos prados e sementeiras
Nestes últimos , as perdas son de grande consideración.
O pobo mantense afrixidísimo diante do importante do temporal e os considerables prexuizos por el ocasionados.
Tanto o Alcalde , como as demáis autoridades locais rivalizan na tarefa de prestar socorros, ou poñendo a salvo cantos obxectos se poderon sustraer ao furor da inundación.
No momento en que telegrafío seguen os veciños e as autoridades a traballar desesperadamente.
Iñoramos se nos pobos da contorna ocorreron desgrazas persoais.
Aqui adoptaron rigorosas medidas para evitalas.
O corresponsal
...................................................................................................................................................................
TERRIBLE TEMPORAL
NA PROVINCIA
..........Non hai datos concretos encol dos danos causados , pero sábese que estes alcanzaron grande importanza sobre de todo no que a Sárria e Quiroga se refire.
Aseguran que a fértil veiga sarriá está completamente inundadad pola choiva torrencial que riba dela descendeu sen que sexa posible , polo de agora, facer un cálculo, nin xiquer aprosimado, dos enormes danos que aquela sufriu.
Non se sabe se houbo desgrazas persoais. O que é cousa de certo sabida é que foron moitas as casas alagadas e que son grandes as perdas de gado.
Á vista das novas que anteceden e que, ao parecer, foron comunicados polos Alcaldes dos pobos dannificados , sairon para aqueles lugares , o Sr. Gobernador civil, don Modesto Sánchez Ortiz, o Enxeneiro xefe de Obras públicas , D. Indalecio Pérez Toresano , con persoal ás súas ordes e o inspetor de vixianza Sr. Mariñas. con persoal baixo as súas ordes.
Con motivo destes temporais interrompiuse a circulación dos trenss e é completa a incomunicación telegráfica con Madrid.
Sábese tamén que entre as estacións de Sárria e O Oural, a vía férrea con persoal baixo as súas ordes sufriu grades estragos , sendo probable que fagan falla varios días para reparala.
Isto é todo o que podemos comuniar aos nsoos leitores na hora en que escribimos estas liñas.
Ao xulgar o aspecto que ofrece o tempo, semella que a tempetsade de vento e chuvia aínda non parou,
...................................................................................................................................................................( EL PROGRESO: diario liberal; Lugo, 24.12.1909 )
DESDE SÁRRIA
UNA INUNDACIÓN
Ao amencer o día de hoxe advírtese nesta vila , un movemento extraordinario, producido pola inundación que se tiña á vista efecto das moitas chuvias destes días..
REBORDAMENTO DOS RÍOS
As augas que conducían os cauces , levantáronse a unha altura extraordinaria e espallaronse por parte da fermosa veiga desta comarca, alagándoa.
As chuvias seguen e témese que non diminuan as avenidas.
Vense alagadas moitas fiincas rústicas e bastantes urbanas.
A abundanza de chuvias causou danos e prexuizos de grande consideracón, de momento difíciles de calcular ,
Os comerzos e almacéns de don Emilio Zaera e outros establecementos , víronse invadidos inesperadamente por moita auga nas primeiras horas da madrugada..Botáronse a perder bastantes artigos , houbo desperfetos e producíronse danos de consideración ao gado.
Din que as augas invadiron tamén a Estación e a vía férrea e que dificultaron a circulación dos trens.
O activo e celoso comandante do posto da Garda civil desta vila, contan, que nas primeiras horas da madrugada, denantes de ser día, se portou como un heroi e secundado polos gardas baixo das súas ordes, trasladou a casas a varias persoas das ameazadas pola inundación para salvalas do perigo,
Fíxose acreedor o sarxento da Garda civil e números que o auxiliaron, a xustos e merecidos eloxios.
A contorna dos lugares da Ponte Ribeira, O Toleiro, Vigo e outros aparece convertida en mar que impide achegarse ás casas que se teñen ,a vista para salvar aos seus moradores do perigo.
Ao pouco de amencer o día , o alcalde Sr. Macía, o xuiz do Partido Sr. Elola, as demáis autoridades, os seus axentes e o mesmo algúns RRPP Mercedarios , acodiron a se interesaren polos puntos de perto alagados e a prestaren os auxilios que poideran.
Na estrada de Sárria a Samos houbo necesidade de faceren inxentes excavacións para procurar diminuir algún tanto a inundación, por se deter as augas no terraplén.
Polo dagora non hai novas de desgracias perosais.
Hai temor, emporiso, de que teñan ocorrido algúns.
Na mañá de hoxe , telegrafio dándolle conta , desta non agardada inundación.
A Cámara de Comerzo e o alcalde remiton algúns telegramas.
O Correspondente
Decembro 22 de 1909

...................................................................................................................................................................( EL PROGRESSO: diario liberal ; Lugo, 24.12.1909)
..... Polos despachos ( telegráficos) , lacónicos e truncados , que se poideron recibir , supónse que a liña férrea nunha lonxitude de 25 quilómetros quedou interrompida, a consecuencia das grandes chuvias e do rebordamento dos ríos.
A interrución comeza no quilómetro 388 , perto do Oural, e remata no 413 , perto da Pobra de San Xiao.
A enorme riada asolagou a vía e a ponte de Fondón.
A auga corre a cachón por dentro do túnel 73 , e todo ao longo da liña.
..... Polos despachos ( telegráficos) , lacónicos e truncados , que se poideron recibir , supónse que a liña férrea nunha lonxitude de 25 quilómetros quedou interrompida, a consecuencia das grandes chuvias e do rebordamento dos ríos.
A interrución comeza no quilómetro 388 , perto do Oural, e remata no 413 , perto da Pobra de San Xiao.
A enorme riada asolagou a vía e a ponte de Fondón.
A auga corre a cachón por dentro do túnel 73 , e todo ao longo da liña.
..................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO: diario liberal ; Lugo, 25/12/1909 )
......Os desperfetos ocasionados na vía férrea entre O Oural e A Pobra de San Xiao, foron grandes e grazas ás numerosas cadrillas de obreiros que traballan dun lado e do outro, puido ser habilitada a vía.
.... Noutro lugar deste número ampliamos as novas que demos onte referentes á vila de Sárria, onde o temporal causou grandes danos , o mesmo que no concello de Samos, de onde se reciben novas de que a auga destruiu moitas terras de sementeira e o río desfixo algunhas presas causando prexuizos considerables....................................................................................................................................................................
( EL NORTE DE GALICIA: periódico político y de información ; Lugo, 26/12/1909)
O TREMOR DE TERRA
Porde ser confirmada a nova que demos no número anterior , respecto a que se sentiu un lixeiro tremor de terra.
A prensa de Ourense di que tamén alí se sentiu.
EN SÁRRIA
O noso activo correspondente en Sárria envía ampla correspondenza con novas desta catástrofe.
O sobordamento dos ríos Celeiro e Sárria foi tremendo. Por riba da vía alcanzaba un metro o nivel da auga. Toda a Veiga completamente alagada semellaba unha inmensa badía, axitada e revolta.
As estradas do Lázaro e de Samos quedaron jnundadas ata máis aló do cruce das dúas.
Un fillo de D. Henrique Prado e outro dun forneiro da referida estrada portáronse como herois é,salvando aos habitantes das casas alagadas. Os empregados do ferrocarril puidéronse trasladar con grande traballo ao hospital , que está nun alto.
A familia do Sr. Zaera foi sacada da súa casa en carros e el foi levado ao lombo por un criado, dándolle a este a auga por máis arriba da cintura.
Houbo que destruir con dinamita a estrada de Samos no traxecto que vai da Ponte do Toleiro ao pobo de Vigo porque aquela servía de muro de contención das augas.
Un ousado mozo , criado do veterinario Sr. Alfonsín, coa auga ata o pescozo , conseguiu levar unha barca ás casas do Toleiro, sacrificio inútil porque os viciños temeron que as augas arrastrasen a barca e non quixeron sair.
As perdas son de importanza e quedaron moi prexudicadas as aceas dos Sres. Solance e Carreira,
EN SAMOS
Tamén en Samos causou grandes danos a inundación.
As hortas, os prados e os leiros quedaron destruídos.
Desapareceron muros, pontes, aceas e todo canto ao seu paso alcontrou a impetuosa corrente.
Pardiñeiros e reblo é o único que se olla por onde aquela pasou.
Grave risco de perderen a vida correron moitos viciños e o noso correspondente quéixase de que as autoridades locais non tomasen a intervención que debían tomar.
Calcula as perdas en máis de oitenta mil duros ( 400.000 ptas).
Reclama a proteción da Deputación e máis do Estado.
................................................................................................................................................................
O médico de San Fiz de Vilapedre, Ricardo Núñez Rodríguez, colaborador habitual de EL NORTE DE GALICIA , remitiu un solto que foi publicado o 31 de decembro de 1909.
DESPOIS DA INUNDACIÓN
Un dioibo.- O servizo público.- Estado no que quedaron as pontes.- Aos ministros de Fomento e da Gobernación,. Peticións urxentes.
O 21 do actual pasamos a noite na Pobra de San Xiao, obligados pola forte treboada da tarde.
Alarmounos o furacán e a chuvia a esta hora da noite. Blandíase nervosamente , axitábase o copudo loureiro prósimo á galería e as lousas e as tellas caían con bruído estrepitoso , infernal, no secular patio da casa en cuxas chemineas o vento rebramaba imponentísimo.
Algo inusitado- pensabamos- había de ocorrer nos ríos.
E nefecto, pola mañá , a grande pata de ganso que o tronco do Neira forma perto da Pobra medrara tanto que os seus catro ríos Sárria, Neira , Mazandán e Tórdea confluían moito máis arriba do punto onde o fan e convertían en imensa ría as veigas da Pobra. Este e os demáis pobos de perto quedaron non xa arredados dos ríos , senón convertidos en portos de mar, cuxas ondas embravecidas eran impetuosísimas, sobor de todo na direción do eixo das catro arterias e chocaba nas paredes das casas , amenazándoo todo.
Como parecía que a estrada que se dirixe a Sárria estaba aínda sen alagar na Pobra, nos nosos cabalos, entre eles o lexendario E. Keltoi, seguímola, e deixándoa despois , demos vista ao río Sárria en toda a longaniza ata a vila deste nome. O espectáculo que ofrecía era imponente. O mar prolongábase coa braveza do Orzán ou dos rochedos de Ortegal ou Fisterra, en toda a ribeira ata Sárria e máis aló. As pontes non abondaban para tragar a tola masa líquida . As da estrada e as do ferrocarril ían cheas de líquido... as augas con ritmo frenético levaban por diante todo o que encontraban... formando fervenzas copiosas e ata as penas das nosas montañas , cal as do deserto tocadas coa vara de Moisés, botaban auga a cachón.
Obxectos mil eran pola cor rente arrastrados , madeiras, chopos, ameneiros , castiros, carballos enteiros arrincados polo pé polas furias neptunianas , abanaban nas augas deslizábanse raudos , vertixinosos. Ao chegaren ás pontes da estrada e do ferrocarril como arietes de inconmensurable forza,topaban nos peares e nos arcos , Co golpe , reacionando, volvían as toradas atrás , topaban outravolta no arco e inclinándose ou non o estremo pola forza da corrente , daban a volta detrás da masa líquida , para traspasar de calquera maneira a estreitanza. Así seguiu horas este proteo nas seis pontes do Estado e nas seis do ferrocarril.
A todo isto nos momentos a que nos referimos de loucura da natureza , xa desapareceran as construcións rústicas das beiras do río, pontes, muiños fariñeiros, prados , terras de labor, todo se confundirá todo desaparecera quedando ata Sárria arrasada a ribeira polo dioibo parcial. As auga diferenza das do Nilo, non se tinguiran de sangue. En moitos pobos deixaron as casas, grazas a ter sido en varios deles progresiva a chea , non de sutaque, o que permitiu a moitos coller as cabalarías e carros e en barcas onde as había e puideron ser improvisadas cando o elemento era áinda vadeable. Non en todas partes puideron facelo, e coa auga ata os andares , refuxiáronse moitas familias nos faiados e bufardas, con terrible pánico, con voces, berros e prantos , ao non poderen sair daquela prisión de auga e ao ver chegar a morte. Tal pasou en Sárria, Manán, A Veiga e Céltigos e outros puntos , deixando o gado nos cuartos altos e fuxindo a xente, cada quen como podía ¡ Horrible espectáculo !. Non foron de tal maneira frecuentes as desgrazas persoais. As perdas materiais , pola contra, son moitas, grandes, incalculabes, Xa se sabe que as autoridades e particulares non han descansar ata realizaren unha información completa. iniciada con solicitude dina de todo eloxio polo Sr. Gobernador da provincia. Tanto dano non poderá ser reparado polos poderes públicos , mais interese grande e socorros prontos require desgraza e roiña tanta para esta comarca infortunada.
Isto no que toca aos danos nas propiedades . No referente ás pontes do Estado e do ferrocarril , ben merecen unha detida inspeción dos enxeneiros. Non vaiamos a ter máis cataclismos nestes sitios.
As augas . con medio metro máis que subisen, levarían de seguro a ponte magnífica sobre o Sárria, na Poba, construído pouco hai por destrución de outro. Alí necesita a ponte outro ollo, que vimos claro o que loitaban as augas por pasar polo único que ten. Pior será se se destrúe a que hai e despsis haberá que restablecela toda.
Das do ferrocarril , doutores ten a Compañía que saberán responder, as que se achan no rìo Sárria , na Pobra e Vilapedre, non inspiran confianza , polo menos máis de un ten separados os sillares de maneira que colle a man aberta polas fendas, están as pedras agarradas con gatos de ferro e movdías de antigo. Agora sufriu moito e é medida de hixiene pública velar pola seguridade, que pode ser a vida, e a súa falla, a morte de toda a xente dun tren.

Por outra parte , a fermosa ribeira e veiga , desde Sárria á Pobra , quedou sen pontes menores e só se salvou unha rústica fronte a Céltigos.
Se antes reclamaban os pobos espallados pola ribeira e outros prósimos, facilidades nas comunicacións e pedían eles e os Concellos un medio de acceso ao tren na volta da liña férrea , Km. 402, e outro na de Vilapedre , Km. 407 ¿ Non é agora ocasión oportuna na que o Sr. Ministro de Fomenro, para atenuar no seu tanto os grandes prexuizos sufridos, ordene que nos trens secundarios se permita apear e tomar viaxeiros nos puntos citados ?. Tránsito tan difícil e poboación de abondo , esixen estes accesos ao tren entre cinco quilómetros. Non se solicitaron do Sr. Ministro e ninguén ve motivos para que a Compañía do Norte se negue a establecer servizos tan útiles ao público e a ela mesma ¿ Por que os trens mercancías que levan viaxeriros han parar caseque unha hora en cada unha das estacións de Laxosa, A Pobra e Sárria e non han dispoñer de dous minutos para os apeadeiros necesarios entre Sárria e A Pobra ?. Ben merece a pena que o Sr. Ministro tome cartas no asunto, que de seguro , no seu alto criterio , resolverá con arranxo á conveniencia do ben público.
Nós, de medio ano para acó , vimos cantándolle á Compañía , as verdades do barqueiro e, nunca como agora, houbo necesidade maior de remar para vencer a resistenza desas augas toldas da empresa.
Se en moitas outras liñas están os accesos ao tren de un a cinco quilómetros de distancia . ¿ Por que aquí non se establecen ?. É este un tema de economía e de hixiene social, como outros moitos, se ben se ve, importante para Galicia.
Medida trascendental de hixiene pública , é tamén, na nosa e noutras ribeiras, o reglanentar polo Estado a construción futura da habitación humana nelas; de tal maneira que o emprazamento dos edificios grande distancia e altura co nivel da estiaxe dos ríos, Pola contra, o home irreflexivo e imprevisor vivirá ameazado de máis polos riscos do elemento fluvial.
Todo o exposto é de alta importanza para o ben deste país e para o ben xeral.
Os señores ministros da Gobernación e de Fomento , a quen van dirixidos estas mal escritas liñas, terán que recoñecelo así, no seu grande talento e patriotismo.
Son advertencias que por naceren dos feitos e afectaren á vida do pobo non deben quedar no valeiro.
Aquam pedere ?
Nequaquam .
Ricardo NÚÑEZ
...................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO. diario liberal, Lugo, 27/12/1909 )
OS NOSOS CORRESPONDENTES
DESDE SÁRRIA
Sr. Direitor de EL PROGRESO.
Cecais con retraso teña Vde. recibido a correspondenza que lle dirixín nas primeiras horas da tarde de onte, informándoo das consecuencias lamentables sufridas por este pobo e algúns lugares inmediatos pola inundación non agardada que acaba de se experimeatar.
Onte carecíamos aquí dun elemento tan importante como a auga potable por estar alagada tamén a única fonte que temos nas inmediacións da vila, situada na Ponte Riberia , a carón do río Sárria que rebordou.
Grazas aos pozos de varios propietarios, puido a viciñanza surtirse de auga, algunha dela de pésimo gusto,
Por sorte, a gravidade da inundación despareceu abondo.
O temporal reinante mellorou na noite anterior , parando algo a chuvia .
Consonte as augas van baixando e se descubren de audg as fincas, vense os danos e prexuizos causados pola abundancia das chuvias.
Nalgúns comerzos traballan con actividade para facer menos sensibles as perdas.
Seguimos sen ter novas de desgrazas persoais.
O Correspondente
Decembro,, 23 de 1909.

(EL PROGRESO: diario liberal ; Lugo, 27/12/1909 )
..... Como xa dixemos en números anteriores, unha das comarcas máis castigadas foi a fértil veiga de Sárria, onde a trebooada presentou proporcións verdadeiramente alarmante, causando graves e irreparables danos nas sementerias e vivendas.
O Sr. Gobernnador da provincia puido apreciar a importanza do sucedido e é de esperar que así llo faga ver ao Goberno co obxecto de que este auxilie a os damnificados.
......En Bóveda , Láncara, A Pobra de San Xiao e outros puntos, as perdas foron enormes.....
..... Varias persoas de Sárria , rógannos chamenos a atención ao Sr. Enxeneiro xefe de Obras públicas desta provincia para que se sirva comunicarlle rápidamente, as ordes oportunas a quen corresponda a fin de que se proceda , con urxenza á reparación da estrada de Sárria a Samos, de contino tránsito, nos sitios nos que aparecen feitas xancias , perto da citada vila para que se poida efectrar o tránsito de carros e carruaxes pola mencionada estrada, interceptada, evinándolles así os naturais prexuizos que se lle ocasionan ao público, sobre de todo ao comerzo, e ao propio tem o que ocorran acidentes desagradables ás persoas que pola susodita estrada pasan durante as noites......

( EL NORTE DE GALICIA: periódico político y de información. Lugo, 4/01/1910 )
DESPOIS DA INUNDACIÓN
EN TRIACASTELA. GRANDES DANOS
Sr. D. de " El Norte de Galicia" e da consideración máis distinguida:
O día 22 dos correntes , pódese ter neste termo como de triste recordación para os habitantes do mesmo , non só no que afecta aos grandes danos materiais experimentados senón tamén ás desgrazas persoais ocorridos con motivo do temporal declarado os días 20, 21 e 22 . A noite deste último día foi de constante ciclón que arrasou canto atopou ao seu paso.
Os tarreos acidentados con ou sen froitos foron arrastrados pola auga ata a ribeira , e estas, na súa maioría , arrasados polas augas e pedras que as cubriron, ata o extremo de deixalos inutilizados, ou onde alcanzou a auga unha altura de máis de 4 metros .
Na aldea do Teixo, unha balancada de terra arrastrou a dous rapaces de 13 e 14 anos , como un quilómetro, e foron achados perto da Vilavella, a carón dun muiño, mortos e sen marcas de ter sufrido golpe ningún.
No pobo de Trascastro , o vento derrubou a casa na que habitaba o viciño Manuel Belón, no intre que se dispoñía a cear coa súa familia e todos quedaron por baixo do reblo, perecendo un fillo do mesmo de oito anos de idade, resultando aquel gravemente feri do e salvándose miragrosamente ferido o resto da familia , sendo sacados do medio do reblo p olos viciños da aldea.
A corrente arrastrou todo o que atopou ao seu paso ; de 12 pontes do distrito , só deixou dúas en tan mal estado que a duras penas poden circular por eles cabalerías, así que estamos incomunicados aínda entre os pobos do mesmo Concello. As balancadas de terra foron tantas que non hai camiño no que haxa dez metros sen que estexa interceptado ; as represas para a rega de fincas agás raras excepcións , todas desapareceron e tamén grandes treitos de camiños veciñais.
Unha ponte de construción romana , que xamais foi movida pola auga, na presente ocasión quedou case que inutilizada.
Persoas vedrañas que contan a respectable idade de noventa anos afirman que non recordan enchente igual nin semellante.
Os muiños e aceas quedaron todos banzados de toma de augas e os prados na súa maioría sen rega.
Calculan que os danos causados neste Concello , que conta con 2.580 habitantes, chegan a máis de 100.000 pesetas,
Polo tanto é de imperiosa necesidade que o poder central veña no socorro dos prexudicados, coma fixo coa provincia de Jaén, e desta maneira aliviará algo a precaria situación destes sufridos labregos, tan castigados pola inundación, contribucións e impostos , que fan que non se sosteña a súa subsistenza, e máis se se ten en conta que a metade da colleita semeada cóidase estar perdida e o mesms a produción dos prados convertidos en sequeiros por ser imposible regalos a xeito.
De V. afmo. s.s.q.b.a.s.m.
Manuel CELEIRO
Triacastela- decembro de 1909

( Tomado de HISTORIA DEL MONASTERIO DE SAN JULIÁN DE SAMOS, de M. ARIAS CUBILLAS ).(pxnas, 461 e 462)
INUNDACIÓN DE 1909
No mes de decembro de 1909 ocorreu un suceso do que quedou triste recordo por moitos anos entre os moradores da contorona.
En todo o distrito samonense desatouse unha fortísima e imponente treboada, que arrastrou todo o que achou ao seu paso.
De doce pontes que había , só dous deixou en pé de maneira que quedaron incomunicados varios pobos e lugares. As balancadas de terra foron numerosas. As represas para a rega de fincas desapareceron na case totalidade: os muiños e aceas quedaron inutilizados e os prados na súa maioría sen rega. Nos baixos do mosteiro e en moitas casas o nivel da auga subiu perto de un metro de altura.
Os danos causados calculáronse en máis de 100.000 pesetas. Por iso pediron ao poder central que acodise con socorros para axuda aos damnificados , para dese xeito aliviar en algo a precaria situación dos sufridos labregos.
Un monxe poeta deixou refleciaoas as súas persoais impresións nuns versos que titulou "¡ Samos entristecido !" e que publicou no xorn al "La Voz de la Verdad ", de Lugo
( NB: E tamén en "El Norte de Galicia", da mesma cidade )
Un día triste de angustias lleno,
envuelto en mares de agua y cieno,
no ha mucho en Samos amaneció:
todo fue llanto, crueles dolores,
amargas penas y sinsabores,
todo ese día palideció
El cielo estaba como enlutado, Las aguas suben, todo lo arrasan,
de nubes negras encapotado, siembran la muerte por donde pasan,
no se veía la luz del sol : jamás el río nadie así vio:
rugía el viento cual brava fiera, para el no hay diques, cauces ni muros,
cuyo silbido va por doquiera derriba puentes de piedra duros,
veloz cruzando el pueblo español. y a viva fuerza todo cedió.
Cunden el luto, llanto y tristeza
y hasta la bella naturaleza
llorosa ostenta negro crespón:
en las praderas no hay las florecillas ,
han suspendido las avecillas
los dulces trinos de su canción.
Tan sólo se oyen roncos bramidos, Tan sólo se oye a horas tempranas
que se producen enfurecidos vivo tañido de unas campanas
por la violencia del huracán ; que nos invitan al cielo orar,
ayes profundos y lastimeros tiernas plegarias que a nuestros Santos
de hombres ¡ sin casa ! cual pordioseros , elevan monjes con dulces cantos de hombres ¡ sin tierras ! de hombres ¡ sin pan ! cesando presto la tempestad.
Oídas fueron las oraciones:
bajan las aguas, calman los vientos,
venció las furias la devoción:
el cielo envía sus bendiciones,
cesó el dolor, ya no hay tormentos
con las Reliquias en procesión.
( Plácido Mª Carreño , O.S.B., Samos XII-1909 )

,
Comentarios
Publicar un comentario