Sárria ( 1866 )
SÁRRIA ( 1866 )
O Concello de Sárria m neste ano, estaba presidido por don Xosé Lois Rivas , sendo tenentes de alcalde don Anxo Fernández Gallego e don Xoán Antonio Ulloa.
Os gastps sinalados no orzamento foron de 8.258 escudos , mentres que a estimación de nigresos era de 9.924 escudos.
O Camiño de Sárria a Aranza pola " Ponte Vella", fora declarado como da propiedade do Estado, e mentres este non se facía cargo quedaba baixo o coidado do Concello.
O día 1 de febreiro , diante da pouca uniformidade da aliñación das casas situadas extramuros dos arrabaldos , na estrada de Nadela a Valdeorras, " prnetendo que moi axiña chegará a se formar unha extensa e vistosa poboación ou rúa que pola súa localización ha proporcionar o maior desenvolvementi á industria e comerzo,,," acordan dirixirse ao Gobernador para que se consiga unha debida ordenación. Foi esta a partida de nacemenio da Sárria moderna , que en actuacións máis recentes careceu dese espítitu de visión a longo prazo que se desprende do acordo anterior.
Tamén se acordou na mesma data a suscrición a dous exemplares da Historia de Galicia en Murguía que "debe ser de glorioso recorda e tradición para todos os fillos de Galicia, " mais non se acha referenza posterior do destino que seguiron , nin se sabe do paradoiro de tal xoia bibliográfico. Seguramente levarían o mesmo camiño que moitos outros libros adquiridos polos sucesivos concellos ao longo dos séculos XIX e XX : Concelleiros ou outros munícipes , en nómina ou non, botaríanlles man e andarán agora en bibliotecas particulares.
Un acoroo curioso , incumprido como tantos outros, foi o de que había que facer encadernacións dos boletíns e libros de actas, e 134 anos despois seguían en pregos soltos. Grazas á presión do Seminario de Estudos Sarriaos , por fin, o alcalde Arturo Corral Guitián fixo posible que se encadernasen.
O chamamento e declaración de soldados facíase no ex-convento de Agostiños ( Santa María Madalena ). Era tallador Manuel María Rodríguez, sarxento licenciado do Exército, e médicos don Manuel Saco Quiroga e don Xosé Ramón de Castro. O tallador por ¡ dez días de traballo ! cobrou 8 escudos.
O 21 de xuño chegraon a Sárria catro tubos con vacinas para fillos de pais pobres.
En 1866 os prezos medios dos produtos eran: fanega de trigo, 48 reais; de centeo, 22 ; un porco cebado, 80 ; canado de viño, 30 ; un carro de herba seca, 40 ; unha arroba de la, 175.
Os depudados proocivnciias do Partido de Sárria eran Ramón Antonio Martínez e Waldo Gómez Quiroga.
O 30 de outubro de 1862 o Concello mercara un tarreo ( hoxe Rúa Maior nº 7 ) fronte á rúa principal, entre as casas de Losada ( actual nº 9 da Rúa Maior ), e en 15 e de Antonio Gómez Quiroga ( actual nº 5 da Rúa Maior ), e en 15 de xullo de 1866, acordaron destinar 1.761 escudos para construir un salón tarreo para evitar desgrazados accidentes como o que ocorrera o 3 de novembro de 1861, cando con ocasión de se celebrar o sorteo das quintas , se producira o fundimento do salón do Concello que estaba no primeiro andar da Casa do Concello ( actual nº 1 da Rúa Maior ).
O 23 de xullo acordaron conceder 320 reais para a exposición de gado que se celebraría na cidade de Lugo. Días despois aproban as contas de 1864, presentadas polo depositario Xoán Antonio Ulloa e o alcalde de aquel ano don Gaspar Yáñez Dorado.
Para renovación do Concello houbo un sorteo, tocándolle a chou deixar o cargo de concelleiro a Xoán Alfonsín.
Sárria non era senón unha aldea grande, con título de vila e dúas parroquias, con unha longa historia ás costas e por iso a nota pitoresca poñían denuncias como a de Xosé Viñas contra Pedro López, polo zurrio e augas inmundas que saían das cortes da casa deste último.
Mais, se teñen paciencia, esas serán outras historias.
XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS
Comentarios
Publicar un comentario