Sárria ( 1868 )

                                                   SÁRRIA ( 1869 )    

    Dende o punto de vista puramente político , de esa polítIca municipal e mesta, o ano 1868 foi máis ben movidiño.

        O Xuiz do Partido solicitoulle ao Concello a metade das dependenzas  do Consistorio, cara poñente, para sede xudicial. A casa municipal estaba  entón fronte a San Salvador, onde agora está o Xulgado. Os municipes non atenderon os seus desexos , mais o xuiz debía ser un pouco testán, e non tendo conseguido vivenda digna  logrou que o 26 de marzo acordasen que no edificio  común do Partido, habilitado para cárcere, pero utilizable  se lle deixase para  albergar o Xulgado . O dito edificio , pagado por todos os concellos do Partido Xudicial,é o desaparecido"Cárcere Vello", que estaba na trsaeira da entón Casa do Concello, e onde antes de ser derrubado estivo o Clube de Ancianos Anduriña. Resulta curioso que non valendo para cárcere se pretendese instalar alí o Xulgado. E para  máis contentar ao xuiz acordaron ademáis enadirlle un andar máis  á casa  para que os xuices tivesen  casa, e iso  non pasou dunha promesa politica máis, porque esas obras nunca se fixeron, e o Xulgado pasou por varias casas de aluguer  antes de rematar no antigo Hospitalde Santo Antón. Abade ( hoxe Rúa Maior nº 1 ).

       Don Anxo Ferreira que era o párroco de San Salvador, pediu que lle cederan en uso a cela prioiral do ex-convento de agostiños , os gabinetes de a carón  e o baixo. Esta edificación ( Mosteiro da Madalena ) devolvérallo o Concello ao Estado "por ser onerosa a súa conservación". Parte dos baixos estaban habitados polo Alcaide do Cárcere do Partido, que estaba alí instaldaa.

          O 30 de abril o Concello solicitou que se sinalase a Sárria  para sede da Garda Rural, para o que dicían podería valer a parte que pedira o párroco de San Salvador. Os útiles e  a menaxe precisos comprometíase o Concello a poñelos.

         Para tallar aos 35 solados de cupo utilizaron 8 días  co xa sabido desembolso de 8 escudos a favor do tallador.

        A fanega de trigo custaba 6 escudos;  3,4 a de centeo; 8,4 un porco cebado ; 4 o canado de viño; 4,6 o carro de herba seca e 12,5 a arroba de la.

         O 22 de outubro tomou posesión o novo Concello , que se reuniría todos os xoves ás dez da súa mañá.

     O novo alcalde era don Manuel Vaamonde ( García Vaamode ); tenentes de alcalde: Xosé Macía de Neira e Antonio Peña Villamarín ; ,concelleiros:Xosé Lois Rivas, Xoán Carreira , Xosé García, Manuel de la Vega, Frutuoso Rodríguez, Pedro Perdo, Antonio López de Freijo, Francisco Castro, Antonio López Valcarce, Ramón Moreira, Xoán Sarry, Bieito  de Arcos, Xosé López Vázquez.

        Na primeria sesión ordinaria acordan alargar a praza do mercado . Situada esta xunto á vella igrexa de Santa Mariña ( derrubada en 1880)  e como había que m mercar tarreos  compraron un leiro e unha casoupa a Xosefa Solance, viuva de Neira, a esquerda da igrexa.

     No  verán produicíroese  grandes encehentes  nos ríos  e houbera chuvias  a cachón  que desfixeran os camiños  veciñais. Oficiaron aos pedáneos para que  fixesen os arranxos  as parroquias . O pedáneo de San Salvador de Vilar de Sárria tería que se encargar dos arrarnaos das alcantarillas e pretil da Ponte Vella, con cargo aos alugueres da Casa Taberna  que a dita  freguesíaa tiña na entrada da ponte , impoñéndolles aos viciños a obriga do carreto dos materiais necesarios.,

      As conmocións politicas do país  ( Revolución do 68 ) trouxeron como consecuencia  a celebración de eleccións municipais.
       Houbo colexios eletcorais  en Sárria ( Mosteiro da Madalena    e en Vilar do Monte ( casa de Salvador García ).
   Sárria entrou  nun apaixoado momento da súa vida municipal.
   Laureano Álvarez Pereira, Manuel Sanjurjo, Bernardo López Saco e Pedro Peñamaría  presentaron en 27 de decembro reclamación por coaccións  exercidas na votación por parte dos aguacís do Cocello.   O Concello desestimou a petición destacandio que houbera plena liberdade  na elección.. Voltaron á carga  e contestáronlles que a elección fora froito da vontade popular:  Nun Colexio 
dérase unanimidade  e no outro a lista gañadora levara 500 votos fronte aos 85 da outra.
     E rematou o ano na agarda da toma de posesión do Concello popular  recén elixido. 
      O liberalismo triunfaba por vez primeira dun xeito amplo.

                                                                                         XAIME F. LÓPEZ ARIAS





Comentarios

Publicacións populares