A Virxe dos Remedios ( Sárria )
A VIRXE DOS REMEDIOS
¡ Tan pouca cousa e tan grande !
En Sárria tiñamos a gracia da Nosa Señora de Gracia, no Mosteiro da Madalena, e no campo , tan lonxe e tan perto, a Nosa Señora dos Remedios.
Dende lonxe agora lembro,
cando o verán xa morría,
pregoando a invernía,
á Señora de Setembro,
a nosa Santa María.
Dos Remedios lle chamaban,
Raíña do doce colo,
cantos alí se achegaban
nela atoparon consolo..
Ela é o faro e guieiro
de todos os bos sarriaos
e dende a serra e dos chaos
percuran o seu vieiro,
nos anos bos e nos maos.
Santa María de Outono
abre para todos portas
nun mundo de chumbo e sono.
Remedios tén para pesares
menciñas para sandar feridas
e para almas adoecidas
abre ronseis nos mares.
¡ Virxe Nosa dos Remedios !
¡ Pombiña de branco veo,
despois desta noite escura
feita de loito e negrura
danos a gloria do ceo !
E xa que ledos estamos
e vivimos no teu couto,
na fontiña do teu souto
fai que por anos bebamos.
Ollos misericordiosos ,
dádenos dende ese cume
da verdade o nobre lume
para camiñarmos gaiosos.
¡ A ledicia da vida !. .... Entremetras a fuxidía presencia das tollemerendas madrugueiras pregoa que axiña as árbores voltarán á súa nueza....¡ A dura lección da vida !....A espranza.
XAIME F. LÓPEZ ARIAS
Aló enribam cara o Sur, camiño de Lemos, por onde as searas gallopan pola encosta de Cesár e onde o ouro fuxidío das xesteiras espallaese doce arrecendo campesio, está a Virxe dos Remedios.
En Sárria tiñamos a gracia da Nosa Señora de Gracia, no Mosteiro da Madalena, e no campo , tan lonxe e tan perto, a Nosa Señora dos Remedios.
A exclaustración do XIX deixounos namais a do Alto de Cesár. A da branca capela. A do souto vizoso. A da fonte frieira.
E pelengríns por dous días os sarriaos de tódalas bandas facemos o camiño novo e a verea vella. Pechamos o verán que morre coa devoción mariana . Nós, que acababamos de abrir o verán co lume sempre novo da noite de San Xoán.
E ano tras ano a ledaiña do subir e baixar. E a roseira da mocedade florece en cada setetmbro. Santa María de Setembro ve tamén de ano en ano cair follas que non mirarán o val dende o outeiro. Serán os novos , os que arrempuxan co frescor dos anos mozos os que levarán á campía a ledicia que en outros setembros foi froito dos que se foron.
Santa María de Setembro . E todos pasamos por baixo dos carballos. Por baixo dos carballos que outros puxeron e outros cortarán. Santa María de Setembro. E remata o verán e chega o outono.
Dende lonxe agora lembro,
cando o verán xa morría,
pregoando a invernía,
á Señora de Setembro,
a nosa Santa María.
Dos Remedios lle chamaban,
Raíña do doce colo,
cantos alí se achegaban
nela atoparon consolo..
Ela é o faro e guieiro
de todos os bos sarriaos
e dende a serra e dos chaos
percuran o seu vieiro,
nos anos bos e nos maos.
Santa María de Outono
abre para todos portas
nun mundo de chumbo e sono.
Remedios tén para pesares
menciñas para sandar feridas
e para almas adoecidas
abre ronseis nos mares.
¡ Virxe Nosa dos Remedios !
¡ Pombiña de branco veo,
despois desta noite escura
feita de loito e negrura
danos a gloria do ceo !
E xa que ledos estamos
e vivimos no teu couto,
na fontiña do teu souto
fai que por anos bebamos.
Ollos misericordiosos ,
dádenos dende ese cume
da verdade o nobre lume
para camiñarmos gaiosos.
Contanse por milleiros. Labregos e burgueses. Nenos e vellos. E como unha fogueira de labaradas de amor. E fica despois silandeira, isolada darredor de carballos fungóns , adurmiñada polo marmurio da fontiña.
XAIME F. LÓPEZ ARIAS
Comentarios
Publicar un comentario