Sárria ( 1612 )
SÁRRIA ( 1612 )
O PASO DO COENGO CORDOBÉS ALDRETE POLA VILA DE SÁRRIA
Cheguei cousa das once. Dixen de seguido misa e acudiu moita xente a oila. (....). Aquela noite os rapaces do lugar amosaron que non son menos travesos que os de Córdoba, pois facendo un frío e vento intolerables , cunha "gaita zamorana" ( - galega- ) ," caracolas" (-bucinas-) e moitas voces e ruodo inquedáronnos toda a noite ".
Se a Fortaleza no ano 1612 "ten unha boa casa dentro" e ten muros con edras, evidentemente era que levaba moito tempo en pé.
E tamén é curioso o xeito de se divertiren , con gaita e bucinas, en noite fría e sen alumeado público , que tiñan os mozos da vila.
Velaí a orixe da celebrada "movida sarriá" dos tempos de hoxe".
XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS
O PASO DO COENGO CORDOBÉS ALDRETE POLA VILA DE SÁRRIA
Un pelengrín de 1612, que viaxou de Córdoba a Santiago pola rota mozárabe e de Santiago a Córdoba segundo parte do Camiño Francés, cóntanos as súas impresións e adícalle ao treito Portomarín-Sárria este comentario:
" Xoves pola mañá saímos e a unha légoa está "La Hujada " (-Laxe- ). Camíñase por grandes montañas e hai polo camiño e ás beiras moitos pobos e escoitamos o repenique das campás e a xente ía vestida de festa por se celebrar a do Santo Anxo Custodio.
E a dúas légoas descobrimos o castelo de Sárria nun alto e unhas fermosas veigas nun grande val co seu río e moitas arboredas, Baixamos unha grande costa ( - entre Santa Marta e A Áspera -) e pasado o río subimos a Sárria, que é un bon lugar en forma de cidade , coa súa rúa principal que ven dende abaixo da costa do castelo ata o cabo do lugar, onde está unha igrexa parroquial ( - San Salvador - ) e outra no comezo ( -Santa Mariña- ). No castelo ( - A Fortaleza- ) están as murallas por moitas partes cheas de edra e ten unha boa casa dentro.
Cheguei cousa das once. Dixen de seguido misa e acudiu moita xente a oila. (....). Aquela noite os rapaces do lugar amosaron que non son menos travesos que os de Córdoba, pois facendo un frío e vento intolerables , cunha "gaita zamorana" ( - galega- ) ," caracolas" (-bucinas-) e moitas voces e ruodo inquedáronnos toda a noite ".
O coengo Aldret dá así unha curiosa imaxe da Sárria que na estancia dun só día coñeceu. E este documento axuda a que, dunha vez por todas, se desfaga a falsa información tantas veces copiada , recopiada e repetida de que a Fortaleza de Sárria desapareceu no tempo da Revolta Irmandiña, cando o certo é que aínda darredor de 1730 era residiencia oficial dos meiriños e sede da Xustiza da Vila e Marquesado de Sárria estando en pé na súa maior parte ata 1860.
E tamén é curioso o xeito de se divertiren , con gaita e bucinas, en noite fría e sen alumeado público , que tiñan os mozos da vila.
Velaí a orixe da celebrada "movida sarriá" dos tempos de hoxe".
XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS
Comentarios
Publicar un comentario