CONCELLO DE SÁRRIA ( 1852 )
O CONCELLO DE SÁRRIA ( 1852 )
ACORDOS CONTIDOS NO LIBRO DE ACTAS DO ANO 1852
Concello cesante:
Alcalde Presidente: Manuel Vaamonde ( Manuel García Vaamonde )
Primeiro tenente: Xose Guitián Salcegma
Segundo tenente: Xosé García
Rexedores cesantes: Frutuoso Rodríguez, Xoán García Capón, Bernardo Díaz Corujo, Felipe López de Páramo,Antonio López Valcarce,Manuel Ferreiro Díaz . Síndico: Manuel Macía de Neira
( 1 de xaneiro ) NOVO CONCELLO
Alcalde: : Manuel Vaamonde ( Manuel García Vaamonde )
1º Tenente: ; Xoaquín Leirado
2º Tenente :Xosé García
Concelleiros: Xosé Bolaño Ribadeneira, Damián Novoa,Xoán Antonio Ulloa, Antonio López Valcarce, Xoán García Capón, Francisco Vázquez, Xosé María Guitián Salcegama, Xosé Lois Rivas, Vicenzo López,Manuel Ferreiro Díaz, Antonio Piñeiro, Xosé Macía de Neira.
( 8 de xaneiro ).- Prourador Síndico: Xosé Bolaño Ribadeneira
( 15 de xaneiro ).- Repartición de impostos
(22 de xaneiro ).- Certificado de boa conduta de Anxo López Pallín
(29 de xaneiro).- Reclamacións de Antonio González,Xosé Macía de Neira e Xosé Fernández por estaren incluidos como mercaderes de panos.
( 5 de febreiro ).- Coñecedores de que houbo un atentado contra a raiña Sabela II os concelleiros de rexeitamento e alegría por non se alcanzar os propositos delictivos , e feliciándoa polo nacemento da Princesa de Asturias.
( 12 de febreiro),- Lectura de boletíns oficiais.- Nomeamento de Mestra de Nenas da vila de Sárria a favor de María Dores Trigo de Torveo, viuva, de San Martiño de Quroga, desbotando a proposta de Dores Somoza.-Aprobación de que se cree unha Feira na vila de Samos, a petición do Gobernador civil.
(19 de febreiro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Abren suscrición para apotacións de diñeiro para afcer en Madrid o Hospital da Princesa.
(23 de febreiro ).- Estudo de impostos.
( 26 de febreiro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Publicación da lista de doantes para o Hospital da Princesa, e entrega das aprtacións no Banco de San Fernando.- A suxerenza do Gobernador civil acordan suscribirse ao xornal " El Orden", por tres meses.
( 28 de febreiro ).- Acordo da repartición individual de impostos-
( 3 de marzo).-Solicitan anticipar o pagamento de impostos con cargo aos fondos destinados ao aloxamento de tropas na vila, depositados no poder de Xosé Lois Rivas.,
( 11 de marzo ).- Acordo sobre consumos.- Concereto co editor lucense Soto Freire do franqueo do Boletín da Provincia.- CIRURXANO-- O Concello sinte a necesidade de que na vila de Sárria haxa un cirurxano; a ).- Para atender aos pobres que estean no cárcere b) Para asistir a quen pasen pola poboación custodiados pola forza pública c) Asistenza nas invasións ccontaxiosas, epidemias e endémicas, d) Asistenza aos absolutamente pobres e ) Para emitir informes para o Concello.- A Corporación recoñece "a dor de ter que gravar o orzamento e fixa en 2,200 reais ao ano a retribución ofrecida ao facultativo de cirurxía médica que sexa nomeado para tal fin.
( 18 de marzo ).- Dilatación das resolucións de consumos.-Manuel Soto Freire cobrará 4 maravedís por cada prego do Boletín da Provincia, cunha rebaixa de 73 reais.
( 25 de marzo ).- Fixan en 400 reais o gasto en selos para franquicia dende 1 de abril en diante.
( 1 de abril ),- Orzamento para 1853.-31.908 reais. Ingresos ordinarios: 2,398 reais e 19 maravedís, Deficit 29,509 reais 19 maravedís. Para nivelación propoñen un arbitrio de 2 maravedís por cuartillo de viño de 22 onzas e recargar as contribucións.- Para pagamento do facultativo cirurxano fixaron a cantidade de 3.800 reias, e botar man das existenzas en poder do depositario.
( 8 de abril ).- Lectura de boletíns oficiais. Coñecemento da formación de remprazo para o Exércto dun total de 10,000 homes.
( 22 de abril ).- Lectura de boletíns oficiais.- CIRURXANO.- Por maioría absoluta o Concello nomeou, por maioría absoluta, para a praza de cirurxano a Xoán García Capón, coa retribución de 2.200 reais.- Foi rexeitada a petición de Manuel Saco Quiroga, Denuncia de Xosé González contra Xoán García por abrir un acueduto dende " o común da casa" á rúa. O Concello obrigouno a " que elimine toda asquerosidade e maos cheiros".- A Escola de Nenas instalarase na casa de Xosé García, entre as de Xosé García e Xosé González , coa renda de 400 reais en cada un ano.
( 13 de maio ).- Lectura de boletíns oficiais,. Acordo sobre consumos.- Cuestión dos veciños de Vilapedre sobre apresos no Monte Común feitos polos veciños de Calleiros e ,Pacios.- Pedindo imparcialidade Xoán García denuncia a veciños polos acuedutos que verten augas suxas na rúa.- Acordo de pagamento de impostos riba de bens embargados a Xosé López, de Vilaesteva, veciño de Bóveda.
( 20 e 27 de maio; 3, 10 e 17 de xuño ).- Lectura de boletíns oficiais.
( 24 de xuño, Día do San Xoán ).- Lectura de boletíns oficiais.- Toman coñecemento dunha exposición de Pedro López, veciño do lugar de Céltigos, na parroquia de Santiago da Veiga, que tencionba a redención dun censo de 36 reais coa que contribuía en cada ano aos Hospitais de Santo Antón e San Lázro desta vila polo capital de 1.200 que recibiran dos fondos do dito establecemento en 28 de xaneiro de 1797 Inacio e Pedro Lópes, avó e pai do solicitante.- Outra petición semellante fíxoa un veciño de Manán.
( 1 de xullo ).- FIXACIÓN DE PREZOS.- Prezos do viño: ( cuartillo de 22 onzas )Ribeiro de Lemos: 16 maravedís; Viño de Quiroga, Amandi, Valdeorras e Caldelas : 18 maravedís; Cuartillo de vinagre: 20 reais; augardente do país: 32 reais; augardente de anís, holanda e caña ; 1 real 30 maravedís.
1 libra de carne fresca: 24 maravedís. Prezos fixados ata fin do ano.
( 8 de xullo ).- Lectura de boletíns oficiais.- Repartición de consumos.- BANDO.- 1º.- Os porcos e as vacas non poden estar detidos nas rúas. 2ª,. Proibición de correr a gallope . 3ª.- Non poden baixar cabalerías e vacas pola Escaleira da Fonte. 4ª.- Varrido das rúas nas frenteiras das casas os Domingos, Martes e Xoves, ás 9 da mañá de inverno, e ás 8 no verán, 5º.- Proibido tirar augas suxas polas fiestras, as varreduras e as augas de baño podense sacar á rúa pola porta. 6º,. Proibido limpar gra e facer tendidos nas rúas, 7º.- Proibición de facer moreas de esterco na rúa. 8º.- As leñas non poderán estar depositadas nas rúas. 9º.- Cando morran ñporcos, cans ou gatos haberá que enterralos en lugares arredados da vila. 10º.-Poñeranse multas de 1 real por cada vez ou por animal solto. 11º.- Os pais son responsables das fallas dos seus fillos. 12º.- Un aguacil do Concello vixiará o cumprimento do Bando,
( 15 de xullo ).- Lectura de boletíns oficiais.- Prorrogación de repartimentos.
( 22 e 28 de xullo ).- Lecturq de boletíns oficiais.
( 31 de xullo ).- Aprobación das contas de 1850 e 1851.
( 5 de agosto ).- Lectura de boletíns oficiais.- Recarga do 20 % en inmobles. Recarga riba de porcos cebados, etc.
( 26 de agosto ).- Orzamento dos alimentos a presos pobres.- Formación da Xunta para o amillaramento de terras.
( 9 de setembro ).- Lectura de boletins oficiais.- Presidente da Xunta de Amillaramento : Xoaquín Leirado. Encárganlle a Cibrao Rodriguez a condución de soldados. Sacan a arrendamento as rendas de centeo que se perciben como bens de propios.
( 23 de setembro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Causas de prófugos.
(14 de outubro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Nomeamento de María Trigo Salgado como mestra, definitiva, da Escola de Nenas.- Gregorio de Castro, de Guitián, en San Pedro de Froián, presenta reclamación polos danos causados polos fauciosos na última guerra civil.
( 21 de outubro ).- Petición de que o Camiño Veciña de Primeira Orde de Sárria a Ribadeo se faga por treitos ( Camiño con orixe no Arrabaldo ata a Ponte Vella, actual Rúa Diego Pazos ).
( 8 de novembro ),. Lectura de boletíns oficiais.- Acordo de fixación da prestación persoal para camiños.- Pagamento de 500 reais polas funcións relixiosas de Xoves Santo e Corpus Christi. Informe de boa conduta de Xosé Franco Viñas , da Nogueira, en Vilar de Sárria.
( 21 de novembro ).- Arrendamentos de dereitos de consumos, propios,subhasta do alumeado publico e aceite para o cárcere.
( 9 de decembro ).- O excedente do suministro de tropas pásase para o pagamento do Boletín.- Manuel Fernández, alcaide do cárcere, pide papel para os libros de entrada e saída de presos.- Pedro Rodríguez e Evaristo Guitián presentan contas por recompoñer ferramentas e carriñas empregadas en facer o Camiño de Primeira Orde de Sárria a Ribadeo ( Camiño do Arrabaldo á Ponte Vella).
( 30 de dembro ).- Lectura de boletíns oficiais.
( As actas das sesións do Concello nos meses finais do ano están moi irregularmente asinadas )(
Comentarios
Publicar un comentario