CONCELLO DE SÁRRIA ( 1855 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1855 )
SESIÓNS CORPORATIVAS
(4 de xaneiro ).- Leectura de boletíns oficiais--Evacuación de informe dirixido ao Gobernador Civil sobre existenzas e prezos dos cereais e caldos (( viño e asimilados). Certificado de boa conduta para o licenciado Manuel Díaz de Freijo.. Nomeamento de comisionados para o arranxo do Camiño de Castela ( da Ointe Ribeira de Sárria Triacastela ,por Pintín).
( 18 de xaneiro ).-Lectura de boletíns oficiais. Recarga riba do consumo de viño para atender a recarga provincial ( 1 real en arroba ).- Tema de quintos.- Sobre reforma na delimitación municipal.
( 25 de xaneiro ).- Lectura de boletíns parroquiais.- Certificado de boa conduta do licenciado Xosé Gabriel González Somoza ( avogado
( 1 de febreiro ).-Lectura de boletí ns oficiais- Xoán Alfonsín é ademitido na Milicia Nacional.- Cibrao Rodríguez , comisionado para levar os quintos a Lugo.
(8 de febreiro ).- Lectura de boletíns oficiais.- En 1836 con cargo á Obra Pía dos Hospitais de Santo Antón e San Lázaro non se lle pagara nada ao mestre Bernardo Arias López, Acordo de lle pagar á viuva 2.266 reais,
(15 de febreiro).,- Lectura de boletíns oficiais.-O Sarxento 1º da Milicia Nacional, Cibrao Rodríguez, comisionado para recolles fusís en Lugo.
( 8 de marzo ).- Lectura de boletíns oficiais.- Solicitan repartición para as recargas provinciais . Recibíronse 67 fusís, outras tantas baionetas , para a Milicia Nacional; precísanse algunhas baionetas máis , boinas, cartucheiras e os demáis efectos. Envío de 3.000 reias a Xosé Castro Freire, de Lugo.
( 22 de marzo ).--Lectura boletíns oficiais.- Repaartición do 20 % da recarga provincial.- Instan a Castro Freire a adqusición de material militar.
( 5 de abril ).- Lectura de boletíns oficiais.- Respóndelle á Deputación que xa foran prsentadas as contas de 1854.
(19 de abril ).- Lectura de boletíns oficiais.- Cibrao Rodríguez comisionado para a entrega de quintos.- Nomeado Mestre definitivo da Escola Pública de Nenos, a favor de Manuel Antonio López Quroga.
( 3 de maio ).-Lectura de boletíns oficiais.- Alistados na Miliicia Nacional, a petición dos veciños:Pascual Balsa, Domingos Yebra, Pedro Fernández, Xosé de Castro Rivas, Xosé Vázquez Díaz, Antonio García.- Xoán Colomo, Pedro Leiro, Xosé Carballido..
( 10 de maio ).-Lectura de boletíns oficiais.- Acordo de adquisición de "quepis" para vestir os elementos menos acomodados da Milicia Nacional,-. Denegación a André Abad, de Céltigos,sobre situación "laboral" como pai dun quinto.
( 31 de maio ).-Lectura de boletíns oficiais.- " O inteñlixente " Xoán Carreira recibe a encomenda de arranxar para Cuartel da Milicia Nacional o local de debaixo da Secretaría, na Casa do Concello. CEMITEIRO,- Para a construción do cemiterio novo poñen un imposto de dous maravedís en cuartillo de viño, 8 maravedís en augardente e licores,, e 2 en libra de carnes frescas, entre 1 de xuño e 30 de decembro.
( 14 de xuño ).-Lectura de boletíns oficiais.-Fixación valores dos froitos.- Anovación nun camiño na Vilanova., na Rega: Nomeamento de comisión.
( 21 de xuño ).- Lectura de boletíns oficiais.- Sobre contas: aprobación da imposición e subhasta.
( 12 de xullo ).- Lectura de boletíns oficiais.- Remisión das listas de Forza alistada.- Ao Primeiro Tenente da Milicia Nacional, Antonio Freijo, non se lle ademite a renuncia.-O 1 de xullo Plácido Ulloa psesionouse do cargo de Capataz de Camiños do Distrito.- Nomeamento da Xunta Pericial
( 9 de agosto ).-Lectura de boletíns oficiais.-Aprobación da repartición de impostos.-CEMITERIO: Aprobación do anuncio de subhasta de obras.
( 23 de agosto ).- Lectura boletíns oficiais.- Acordo de que se entreguen os quintos non incorporados.- Exclusión de peritos repartidores.
( 11 de outubro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Acordo de recoller na Deputación Provincial os impresos para os orzamentos de 1856. MILICIA NACIONAL.- Causan baixa por alegacións e traslados, Manuel Batallón, Bernardo Cedrón, Cesáreo Andrade, Bieito Gorostegui, Francisco Losada Aguiar, Xoán Alfonsín, Xoán Vázquez, Manuel Carreira, Melchor Monteagudo, Xosé Varela, Francisco García, Francisco López Toleiro,Xoán López Toleiro, Pedro Farias.
( 6 de novembro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Acordo para cubrir o déficit de 24.036 reais 25 maravedís do orzamento de 1856, LOBOS: Non lle dan premio a Pedro Rodríguez, de San Miguel de Piñeira, que matou nove lobos ( 9 ), porque non hai cantidade consnuada para pagamento como premio a matadores de animais dañinos.
( 8 de novembro ).-Lectura de boletíns oficias.- EXISTENZA DE CEREAIS NO PARTIDO XUDICIAL.- 30.000 fanegas de centeo; 6.000 fanegas de trigo; 10.000 fanegas de millo ; 1.500 fanegas de orxo (cebada); 2.500 fanegas de legumes; 28.000 fanegas de castañas; 90.000 fanegas de patacas; Son suficientes ata 1856.-Sobre alistamento.- Sobre contribucións.- Sobre o Camiño do Mazadoiro á Lamarrigueira , onde se invertirán 6.000 reais máis.- Inmediato arranxo do tellado do ex Covento de Agostiños..- Sobre a renda de propios.
( 6 de decembro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Sobre impostos.
( 9 de decembro ).- Insisten na vixianza e conservación de camiños.
( 20 de decembro ).- A Deputación Provincial esixe a presentación de cinco quintos. O Concello manifesta que "só debe 4 ".
( 27 de decembro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Don Xoán Antonio de Ulloa,. Arquiveiro de Protocolos, pide un local propio porque pensa redificar a casa na que vive. Pensan no Arquivo do Convento e o Cuarto da Torre " que está situado á esquerda do salón destinado ao servizo do Concello, e -a parte traseira do coro..- Arrendamento dos dereitoda abacería, manfirición e apoteo de pesos e medidas- Subminstro de aceite para o cárcere.- Alumeado público ( 400 reais ).- Nomean Porteiro do Concello a Francisco Saco co soldo de 3 reais diarios, de 1.01.1856 en diante,- Declaran prófugos aos catro quintos que tiñan que se incorporar aos cuarteis, e sospeitan que estarán agachados no país.
( 30 de decembro ).-- Acta de xuramento dos Xuíces de Paz : 1º.- Manuel Saco Quiroga. 2º Xoán Pazos-. Suplente: Xosé Beloso.
( 31 de decembro ).- Sesión extraordinaria. Sinalan definitivamente para Arquivo o local coñecido como Hospedaría,, no ex Convento de Agostiños, que está por baixo do que foi arquivo dos frades, onde despois de facer varias portas e reparos pódense gardar con comdidade e seguridade - Son os dous últimos cuartos e parte do claustro que as une, no que e na parde medianil que separa aquelas será colocada a porta de entrada.- A obra será paga con parte do deposito de fondos que ten Xoán Díaz de Freijo pola subhasta do Alpendre e da Caseta dos Carneiros feita en 1841.
Comentarios
Publicar un comentario