CONCELLO DE SÁRRIA ( 1866 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1866 )
SESIÓNS DO CONCELLO
Alcalde : Xosé Lois Rivas
( 16 de xaneiro ).- Orzamento; 8.258,991 escudos. Ingresos : 9.924,205 escudos.
( 1 de marzo ).- Rexdeitan subsribirse á Novísima Recopilación ( corpo xurídico ).- Alistamento e sorteo de soldados.- Mal estado de taxeas e alcantarillas do Camiño de Aranza, vía declarada do Estado ( só chegaba ata Corvelle ). e que debe ser coidada polo Concello mentres tanto.- Nicolau González, cura de Piñeira, denuncia a ocupación dun camiño en Callás.. Un xornaleiro do Fontao pide que o eximan da prestación persoal para arranxo de camiños, non lle dan a razón.- Reposición de árbores no Camiño do Mazadoiro a Lamarrigueira, chantados no ano anterior.- Arranxo do alpendre existente diante da casa da escola pública nenos, na traseira da Casa do Concello.- ESTRADA DE NADELA A VALDEORRÁS POR BAIXO DA VILA.- " Diante da pouca uniformidade nas aliñacións das casas situadas extramuros, nos arrabaldos, na estrada de Nadela a Valdeorras, prometendo que moi axiña chegará a se formar unha extensa e vistosa poboación ou rúa que pola súa localidade e situación ha proporcionar o maior desenvolvemento á industria e comerzo, e opinión do Concello dirixirse ao Gobernador para lograr a debida aliñación ( ....Estaba a se formar a urbanización da vía que acabaría sendo a Rúa Matías López ....).- Suscrición a dous exemplares da Historia de Galicia, de Manuel Murguía., " que debe ser de glorioso recordo e tradición para todos os fillos de Galicia....( esta publicación acabaría desparecendo a man dalgún munícipe que a levaria para formaa biblioteca prppia... )
( 2 de abril ),. Formación dunha Comisión para seguiimento dunha ocupación de camiño en Vilaesteva.
( 8 de abril ),.- Noemmento de repartidores da contribución.- Convocatoria de asociados.
( 11 de abril ),. Reunión do Concello e os maiores contribuíntes.
( 1 de maio ).- A repartición veciñal dos impostos como medio máis axeitado de reccadación-
( 3 de maio ).-- Acordo de encadernación de boletíns e Libros de Actas.
( 24 de maio ).- Comunicación dunha Exposición de Gado en Lugo.- Execución inmediata da repartición de impostos.- Os pedáneos de Manán, Ferreiros e Vilar de Sárria piden a exención de venda pública dos seus montes veciñais.- Dúas renuncias á función de repartidores.- Comisión informattiva pola ocupación dun camiño en Ferreiros.
( 31 de maio ).-Chamamento e declaración de soldados no ex Convento de Agostiños.- Tallador: Manuel María Rodríguez, sarxento licenciado do Exército< Médicos: Manuel Saco Quiroga. Xosé de Castro ( este pide ser médico de pobres )
( 5 de xuño ).- Xosé de Castro ve creada a praza de médico de pbres.
( 8 de xuño ).- Sobre a declaración de soldados.
( 21 de xuño ),. Rectificación das listas electorais,. Comisionado para entrega de presos, Francisco Cabarcos, con 4 escudos por día.- . Francisco Saco, tallador de quintos ( 8 escudos).- Comisión para averiguación da supresión dun pontón, por un veciño, no Camiño da Feira de Castroncán-- Recepción de 4 tubos de vacinas para os fillos de pobres.- Adqusición da publicación Diccionario de Bibliografía Agronómica de Braulio Antón Rodríguez Ramírez ( 6 escudos ),
(12 de xullo ),. Cuestión de competencia sobre alistamento dun residente.- Prezos de froitos,
( 15 de xullo )..- Sobre as eleccións a Deputados do Partido : Ramón Antonio Martínez e Waldo Gómez Quiroga Acordo de construción dun SALÓN TERREIRO no soar adquirido a Vicenzo Losada o 30.10. 1862, dando fronte á Rúa Principal ( Rúa Maior ), entre as casas do Losada e Antonio Gómez Quiroga, destinando para iso os 1.761 escudos dunha subvención, e así evitar desgrazados accidentes como o ocorrido o 3 de novembro de 1861 cando se celebraba o sorteo de soldados ao se afundir o salón alto da Casa do Concello,
( 26 de xullo ).- Conceden 320 reais para a Exposición de Gado de Lugo,
( 31 de xullo ).- Nomeamento de cobrador interino de impostos. Ofrecemento do alcalde a persoas idóneas.- Aprobación das contas de 1864 presentadas polo depositario Xoán Antonio Ulloa e Alcalde , Gaspar Yáñez Dorado<
( 5 de agosto ).- Ninguén se presentou para o cargo de recadador de impostos,
( 9 de agosto ).- Nomeamento de recadador interino: Anxo Fernández Gallego. Comisión para o estudo da situación dos edificios públicos.
( 6 de setembro ).- Anovación do Conceelo.Deixa de ser rexedor, Xoán Alfonsín- Denuncia de Xosé Viñas contra Pedro López por zurrios que saen da súa casa á rúa.
( 10 de setembro ).- Sobre unha alegación para exención do servizo militar.
(29 de outubro ).- Comunicación de que ten que se someter a elección a totalidade dos postos de rexedores.
( 13 de decembro )- Autorización para que se podan retirar na Tesorería de Facenda, en Lugo, diferentes partidas correspondentes ao Concello de Sárria-
Comentarios
Publicar un comentario