XELIÑA FALA GALEGO
XELIÑA FALA GALEGO
No Libro Programa das Festas do San Xoán de Sárria do ano 1968 VALENTÍN ARIAS LÓPEZ, pai de XELA ARIAS CASTAÑO, publicou unha colaboración na que por vez primeira en letra impresa figura o nome da poeta á que en 2021 se lle adicou o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
No número 20 do BOLETIN DO SEMINARIO DE ESTUDOS SARRIAOS ( ano 2013 ) ese texto foi publicado , xunto con outros da mesma autoría ( páxinas 308-320 ) alí reunidos , como PRESENZA DE VALENTÍN ARIAS LÓPEZ NOS LIBROS-PROGRAMA DAS FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA.
Coñecdio o feito de que no ano 2021 se ía homenaxear a XELA ARIAS, o Seminario de Estudos Sarriaos enviou ese texto , no desexo de que gozase de xeral coñecemento xunto , con copias da partida do seu nacemento á Real Academia Galega e a Xulio Xiz, que o incluiu na exposición "AQUELA NENA DE SÁRRIA. XELA ARIAS.LETRAS GALEGAS 2021"
Como homenaxe a Xela Arias ( que nos papeis foi María de los Ángeles, María dos Anxos e Xela) "sarriaacentogalego" ofrece o contido da súa primeira presenza no mundo das letras, da man o seu pai.
XELIÑA FALA GALEGO
Por Valentín Arias López
A Xeliña é unha nena pizparrela. Que naceo nunha aldea, a carón da fermosa vila de Sárria. Vay xa pra sete anos.
Os pais da Xeliña son galegos.O mesmo que a sua familia toda.
E consideraron moi natural falar ca sua nena na língoa galega que iles adoitan a cotío. A Xeliña, pois, deprendeo a falar na língoa nai dos galegos.
Pesie a que ista determiñación dos pais da Xeliña non foi ben vista por moitos. Lémbrome moi ben de un día que estando os pais e a nena nun comerciucho da vila, ó decatarse que a nena falaba galego, moi aflixida e compunxida, chea de lástemas pola nena e de noxos polos pais, escramou a tendeira:
"¡ Oh ! ¡ Y le hablan gallego !. Que pena que no le hablen castellano. ¡ Con lo riquiña y fina que es la niña! Si fuese un niño, aún pasaba; pero enseñarle gallego a una niña tan guapa...."
O tempo foi pasando. Deica que a Xeliña tivo catro anos, Entón, seu pai fíixolle ver que cada pobo ten a sua lingoa. E que compre coñecer moitas língoas pra se entender con moita xente, En consecuencia, acordaron falar todos castelán perante unhos días pra que a nena adeprendera ista língoa; igoal ca francesa, E tamén con algunhas outras língoas.
Cando andaba nos cinco anos a Xeliña emprencipiou a ir á escola coma tódolos nenos.
Hoxe, que anda nos sete, como xa queda dito , prégalle a seu pai que merque contos pra ila lelos, En galego e mais en castelán.Por certo que gosta moito dos nomeados : "A filla do rei ", "Graumillo", " Polo mar van as sardiñas ", " Blanca Nieves", "Ricitos de oro,"Patito feo"...
Eu, que coñezo a ista nena dendesde que naceo, son testigo que niste intre- cos seus seis anos recén estrenados, a Xeliña " domina " a lingua castelán como calquer outra nena ( da sua edade , intelixencia e condición social semellantes ), que falara sempre non mais que na lingoa de Castela. E mais "domina" tamén a lingoa galega de igoal xeito.
Co que, eu entendo, non se atopa e inferioridá de condiciós a Xeliña. Se non, mais ben, todo o contrario :
Por unha banda, entenderase cos cento cincoenta millós de persoas castelán falantes que somos no mundo. I entenderase ,a semade , cos cen mil milleiros de portugueses e brasileiros , cuia língoa nai é a portuguesa , ó cabo tan perto ista da galega ainda que antre portugueses e galegos non hai cuestión por mor da língoa.
De outra banda, teño pre min que a Xeliña e un pouco menos rutineira no adeprendemento lingüistico do que os rapaces monolingües, pois está arreo a facer comparanzas antre as dúas lingoas que ila coñeze, refleisionando constantemente sobor dilas.
I é ben sabido que é mais doado adeprender unha nova lingoa cantas mais língoas se coñecen, A quen fala sete idiomas cústalle menos traballo deprender o oitavo do que lle custa deprender o terceiro ó que fala tan soio dous. E por iso, a Xeliña que xa coñece duas lingoas, a galega i a castelán - terá unha miaxa mais de facilidade pra adeprender outras que si coñecera non mais a lingoa de Castela, poñamos por caso.
Ademais compre que non esquezamos que xustamente a língoa é o meirande logro coletivo de un pobo. Aquilo que lle dá carácter. O pobo que renunciase á sua língoa renunciaría ó seu mesmo ser, E coste que non é doado pra ninguén conquerir o ser de outro, Polo que, quen renuncia á sua lingoa normalmente renuncia a "ser".
E chegado eiquí eu prégolles un favor; non se teña o dito por louvanza ou defensa da nosa língoa galega. Porque non é preciso. A língoa galega é dabondo louvada polos alleos que establecen contaito con ela . E xa ila soíña tense defendido o longo dos moitos séculos en que foi obrigada a o silenzo, anoxada asoballada por todos, coido que sóbranlle azos pra sobrevivir por moitos séculos máis. Aínda que lle doia ós comodós que laian por unha língoa universal , única, quenes , dito seia ó paso, non haberán de conquerir o seu antoxo pois aínda que isa se dera sería unha metalingoa , por ila non poderían as lingoas deixar de eisistir.
En vista do dito, nistes días de festa maior en Sárria preguémoslle a o San Xoán nosos padroeiro que faga unha chisca de lus nos miolos de cantos galegos. por consideralo mais " fino" - priban a os seus fillos das recoñecidas e indudabres ventaxas que ten pra istes adeprenderen a falar na língoa galega.
En Lugo, polo San Xoán de 1968.
( * ) Cando se producen "as lástemas" da tendeira de Sarria , Xeliña vivía cos seus pais na Casa-Escola da Granxa de Barreiros, na parroquia de Ortoá, a uns catro quilómetros da vila de Sárria, e a situación produciuse con anterioridade ao traslado da familia á cidade de Lugo.
Ademáis de baixar cos pais á vila en moitas ocasións, tamén visitaban adoito aos seus avós maternos que vivían na Casa de Castaño da Rúa do Porvir, a os avós paternos na "Casa d Roxo" da Vilerma , na parroquia de San Pedro de Maside.
A Acta de Nacemento de " María de los Ángeles" ( Xela ) Arias Castaño obrante no Rexistro Civil de Sárria ( Sección 1ª, Tomo 766, páxina 261 ) recolle, coa correspondente comprobación médica, que a nena naceu ás cinco horas do día 4 de marzo de 1962, na Granxa de Barreiros ( na Casa Escola onde seu pai exercía de mestre ), na parroquia de Santa María de Ortoá, e que o seu nacemento foi inscirto por declaración do seu pai do día 5 de marzo.
Por nota marxinal de 22 de abril de 1984 consta que "no sucesivo o seu nome será María dos Anxos ( o seu equivalente en galego ).
E por anotación de 20 de xaneiro de de 1995 consta " no sucesivo o nome da inscrita será o de XELA, no lugar de Mª dos Anxos", por see o de Xela o usado habitualmente".
E por razón deses cambios de nome figuro nos seus DNI como "María de los Ángeless ( 1977 ), María dos Anxos ( 1984 ) e Xela ( 1995 )... Tres identidades oficiais diferentes .... e para ela propia e para os demáis sempre foi Xeliña-Xela.
Comentarios
Publicar un comentario